{"id":21502,"date":"2026-10-13T22:44:20","date_gmt":"2026-10-13T21:44:20","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21502"},"modified":"2026-10-13T22:52:53","modified_gmt":"2026-10-13T21:52:53","slug":"alba-flores-protagoniza-libres-un-dos-pratos-fortes-do-fiot35-que-encara-a-sua-cuarta-semana-de-programacion","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21502","title":{"rendered":"Alba Flores protagoniza LIBRES!!!, un dos pratos fortes do #FIOT35, que encara a s\u00faa cuarta semana de programaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1900\" height=\"1268\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21503\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega.jpg 1900w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Libres-Copy-Lau-Ortega-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1900px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>A montaxe escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida por Andr\u00e9s Lima chega este s\u00e1bado a Carballo en estrea en Galicia, xunto a outras interesantes propostas como&nbsp;<em>Cosas peque\u00f1as<\/em>, de PSiRC, e&nbsp;<em>Doce metros cuadrados de piel<\/em>, de La Rueda Teatro Social<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>Do m\u00e9rcores 14 ao domingo 18, o FIOT ofrecer\u00e1 teatro, creaci\u00f3n experimental, micro-escenas, propostas para a mocidade e o p\u00fablico familiar, ademais dunha homenaxe a Manuel Lourenzo e actividades de encontro coa comunidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>No marco das Residencias Para\u00edso de RPM, este xoves 15 de outubro, \u00e1s 20.00h, no Pazo da Cultura, con acceso libre, chegar\u00e1 o \u2018work in progress\u2019&nbsp;<em>Asoballada por fentos<\/em>, do artista e investigador galego \u00c1lvaro Corral Cid, unha revisi\u00f3n cr\u00edtica da memoria folcl\u00f3rica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>O X Certame de Micro-Escenas M\u00b2 contin\u00faa este s\u00e1bado 17 con novas propostas de microteatro en espazos non convencionais, mentres que o FIOTeen ofrecer\u00e1 este m\u00e9rcores 14 unha funci\u00f3n escolar do multipremiado espect\u00e1culo&nbsp;<em>Caballito de mar<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>No marco das actividades paralelas do festival, o s\u00e1bado 17 o FIOT festexar\u00e1 unha sentida homenaxe a unha figura fundamental do teatro galego, coa inauguraci\u00f3n dunha exposici\u00f3n e unha conversa&nbsp;<em>Arredor de Manuel Lourenzo. A pegada que contin\u00faa<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:16px\"><strong>Todos os detalles desta 35\u00aa edici\u00f3n do FIOT poden consultarse na p\u00e1xina web do festival,&nbsp;<\/strong><a href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" class=\"\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>www.fiot.gal<\/strong><\/a><strong>, mentres que as entradas para as diferentes li\u00f1as da programaci\u00f3n a\u00ednda dispo\u00f1ibles poden adquirise a trav\u00e9s de&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/entradas.ataquilla.com\/es\/minisites\/35-fiot-carballo\" class=\"\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>Ataquilla.com<\/strong><\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, afronta a s\u00faa cuarta semana de programaci\u00f3n cunha axenda que, do m\u00e9rcores 14 ao domingo 18 de outubro, volver\u00e1 reunir en Galicia destacadas propostas da escena contempor\u00e1nea, creaci\u00f3n emerxente e actividades para p\u00fablicos de diferentes idades. Un dos grandes momentos chegar\u00e1 este s\u00e1bado coa representaci\u00f3n de&nbsp;<em>Libres!!!<\/em>, unha montaxe escrita por Esther F. Carrodeguas, dirixida polo Premio Nacional de Teatro Andr\u00e9s Lima e protagonizada por Alba Flores, que se poder\u00e1 ver por primeira vez en Galicia da man do FIOT.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A semana contar\u00e1 tam\u00e9n coa estrea en Galicia de&nbsp;<em>Cosas peque\u00f1as<\/em>, de PSiRC, unha proposta multidisciplinar que combina circo contempor\u00e1neo, teatro de obxectos e poes\u00eda visual; e con&nbsp;<em>Doce metros cuadrados de piel<\/em>, de La Rueda Teatro Social, unha interesante creaci\u00f3n de teatro comunitario e interxeracional arredor dos corpos, os afectos e a sexualidade. O programa compl\u00e9tase con novas propostas do OTNI, o FIOTeen, o Certame de Micro-Escenas M\u00b2 e o FIOT en Ruta, ademais dos obradoiros en paralelo e unha homenaxe a Manuel Lourenzo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O FIOT35 contin\u00faa as\u00ed cunha resposta moi positiva do p\u00fablico, que xa desde os inicios do festival agotara m\u00e1is do 90% do aforo dispo\u00f1ible para as s\u00faas propostas esc\u00e9nicas e de mediaci\u00f3n nesta 35\u00aa edici\u00f3n. O FIOT quere agradecer a confianza e a fidelidade das persoas espectadoras que, desde finais de setembro, est\u00e1n a acompa\u00f1ar esta nova entrega do \u2018coraz\u00f3n do teatro en Galicia\u2019 e a contribu\u00edr a converter Carballo nun punto de encontro arredor das artes esc\u00e9nicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>ALBA FLORES PROTAGONIZA UNHA REIVINDICACI\u00d3N DA UTOP\u00cdA E DA LIBERDADE<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O s\u00e1bado 17 de outubro, \u00e1s 20.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura, o Programa de Sala recibir\u00e1&nbsp;<em>Libres!!!<\/em>, de Teatro del Barrio e do Comisionado para a Celebraci\u00f3n dos 50 anos de Espa\u00f1a en Liberdade, unha montaxe que chega a Galicia por primeira vez.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A obra recupera a memoria de Mujeres Libres, a organizaci\u00f3n anarcosindicalista que, durante a Guerra Civil, defendeu a emancipaci\u00f3n feminina, o antifascismo e a revoluci\u00f3n social. Nun presente saturado de discursos de colapso e distop\u00eda, a dramaturga galega Esther F. Carrodeguas reivindica a potencia da utop\u00eda alegre e trae ao escenario a aquelas mulleres ousadas e rebeldes que desafiaron as normas e loitaron pola liberdade e a igualdade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con direcci\u00f3n do Premio Nacional de Teatro Andr\u00e9s Lima e coa actriz Alba Flores \u00e1 fronte do elenco, a proposta constr\u00fae un cabar\u00e9 anarcosical\u00edptico no que se mesturan humor corrosivo, m\u00fasica e canci\u00f3ns para recuperar a memoria dunha loita colectiva e preguntarse que queda hoxe daquela rebeld\u00eda, daquela alegr\u00eda de vivir e daquela vontade de cambiar o mundo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xunto a Alba Flores, forman parte do reparto Laura Gal\u00e1n, N\u00fcll Garc\u00eda e Eva Valdelomar.&nbsp;<em>Libres!!!<\/em>&nbsp;conecta as\u00ed coa li\u00f1a tem\u00e1tica do #FIOT35, que baixo o lema \u00abCando todo cae, ven ao teatro\u00bb prop\u00f3n mirar o colapso non s\u00f3 como unha ca\u00edda, sen\u00f3n tam\u00e9n como unha oportunidade para imaxinar outras realidades e transformar o presente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O OTNI ACHEGA \u2018ASOBALLADA POR FENTOS\u2019, DA MAN DO COLETIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O xoves 15 de outubro, \u00e1s 20.00 horas, no Pazo da Cultura, o ciclo OTNI presentar\u00e1 o \u2018work in progress\u2019&nbsp;<em>Asoballada por fentos<\/em>, no marco das residencias Para\u00edso de RPM, do artista e investigador galego \u00c1lvaro Corral Cid, unha mostra aberta do proxecto desenvolvido durante a s\u00faa residencia art\u00edstica en Carballo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A proposta, situada entre o concerto e a conferencia performativa, combina arquivo e performance co acompa\u00f1amento musical de Gabi Reboredo para convidar o p\u00fablico a revisar os materiais da memoria folcl\u00f3rica galega e os arquetipos constru\u00eddos arredor da identidade cultural. A trav\u00e9s de elementos como as mui\u00f1eiras, os bordados ou os noticiarios cinematogr\u00e1ficos, Corral Cid investiga a instrumentalizaci\u00f3n das m\u00fasicas, as danzas e o folclore durante o franquismo e a s\u00faa proxecci\u00f3n nos modos contempor\u00e1neos de reproducir culturas enxebres.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Asoballada por fentos<\/em>&nbsp;representa o esp\u00edrito do OTNI, unha das li\u00f1as m\u00e1is singulares do FIOT, dedicada a propostas que exploran os l\u00edmites da creaci\u00f3n esc\u00e9nica e que permiten ao p\u00fablico achegarse a procesos art\u00edsticos en desenvolvemento. A entrada \u00e9 gratu\u00edta.<strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u2018COSAS PEQUE\u00d1AS\u2019, CIRCO CONTEMPOR\u00c1NEO E POES\u00cdA VISUAL NO OTNI<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O venres 16 de outubro, \u00e1s 21.00 horas, no Pazo da Cultura, ser\u00e1 a quenda de&nbsp;<em>Cosas peque\u00f1as<\/em>, de PSiRC, unha proposta que chega por primeira vez a Galicia e que combina circo contempor\u00e1neo, teatro, teatro de obxectos, microcine e poes\u00eda visual.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nun soto cheo de pantallas e c\u00e1maras ocultas, un home de corenta e tantos anos, c\u00e1mara fracasado e malabarista l\u00edquido, observa o mundo a trav\u00e9s das s\u00faas lentes dixitais e anal\u00f3xicas. Ante o avance das m\u00e1quinas e o poder dos algoritmos, prop\u00f3n unha reinvenci\u00f3n e unha nova maneira de mirar. A pregunta que atravesa a peza \u00e9 tam\u00e9n unha das grandes cuesti\u00f3ns do noso tempo: mentres as m\u00e1quinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Interpretada por Adri\u00e0 Monta\u00f1a, a montaxe constr\u00fae un universo \u00edntimo e inquietante que combina movemento, humor delicado e experimentaci\u00f3n visual. PSiRC conta cunha s\u00f3lida traxectoria no circo contempor\u00e1neo, con espect\u00e1culos premiados e xiras por Europa e Am\u00e9rica.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O X CERTAME M\u00b2 CONTIN\u00daA CON \u2018FOGAR\u2019 E \u2018A CASA DO AV\u00d3\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O s\u00e1bado 17 de outubro, o FIOT volver\u00e1 levar as artes esc\u00e9nicas a espazos coti\u00e1ns de Carballo coa segunda xornada do X Certame de Micro-Escenas M\u00b2, unha iniciativa pioneira en Galicia que aposta polos formatos de pequeno tama\u00f1o, a experimentaci\u00f3n e a proximidade entre artistas e espectadores. Entre as 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 horas, poder\u00e1n verse d\u00faas novas pezas finalistas, ambas en estrea absoluta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No Xard\u00edn Rosal\u00eda de Castro, a compa\u00f1\u00eda La Tercera presentar\u00e1&nbsp;<em>Fogar<\/em>, unha creaci\u00f3n colectiva que parte da historia de Claudia, unha muller farta da cidade que decide mudarse ao campo. Al\u00ed at\u00f3pase con personaxes e situaci\u00f3ns inesperadas que lle permiten cuestionar os prexu\u00edzos e estereotipos asociados ao choque entre o rural e o urbano. A trav\u00e9s da comedia, as m\u00e1scaras e o teatro f\u00edsico, a compa\u00f1\u00eda prop\u00f3n mirar os demais desde unha perspectiva diferente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Na tenda de segunda man Buy &amp; Sell, Candil Teatro presentar\u00e1&nbsp;<em>A casa do av\u00f3<\/em>, de Jimmy N\u00fa\u00f1ez. A peza parte da venda dos obxectos dunha casa familiar tras o falecemento do av\u00f3 para reconstru\u00edr a historia dunha familia rota por unha herdanza e dun home que trata de comprender o pasado mentres carga co peso das lembranzas. A trav\u00e9s dos obxectos que atopan \u2014ou non\u2014 un novo dono, a montaxe convida a reflexionar sobre a memoria, o consumo e as vivencias que permanecen nos bens aos que damos unha segunda vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Certame M\u00b2 reafirma as\u00ed a aposta do FIOT pola creaci\u00f3n emerxente e polas experiencias teatrais inmersivas, que sit\u00faan o p\u00fablico a poucos metros da escena e transforman os espazos habituais da vila en lugares para a ficci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>UNHA HOMENAXE A MANUEL LOURENZO E A PEGADA QUE CONTIN\u00daA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O s\u00e1bado 17 de outubro, \u00e1s 17.00 horas, no vest\u00edbulo do andar 0 do Pazo da Cultura, inaugurarase a exposici\u00f3n&nbsp;<em>Manuel Lourenzo. A pegada que contin\u00faa<\/em>, unha homenaxe a unha figura fundamental do teatro galego.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A mostra enm\u00e1rcase nas actividades paralelas do FIOT e s\u00famase ao reco\u00f1ecemento da traxectoria dun dramaturgo, actor e director cunha profunda pegada na creaci\u00f3n esc\u00e9nica e na cultura galega. A exposici\u00f3n poder\u00e1 visitarse durante os d\u00edas de programaci\u00f3n, xunto \u00e1 mostra&nbsp;<em>Zoom FIOT 2025<\/em>, que contin\u00faa aberta de 17.00 a 21.00 horas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u2018CABALLITO DE MAR\u2019, SOBRE A DIVERSIDADE, OS AFECTOS E A LIBERDADE DE SER<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O m\u00e9rcores 14 de outubro, \u00e1s 11.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura, o FIOTeen ofrecer\u00e1 unha funci\u00f3n escolar de&nbsp;<em>Caballito de mar<\/em>, de Flyhard Produccions, unha proposta que aborda a diversidade, os afectos e a liberdade de ser.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Mart\u00ed ten vinte anos e iniciou a s\u00faa transici\u00f3n hai un ano, cando comezou a tomar testosterona para modificar o seu corpo. A s\u00faa vida d\u00e1 un xiro inesperado cando descobre que est\u00e1 embarazado. Mentres toma unha decisi\u00f3n, reflexiona sobre o seu corpo, a s\u00faa transici\u00f3n e os c\u00f3digos de x\u00e9nero establecidos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Escrito por Pau Coya e dirixido por Rebeca del Fresno, este mon\u00f3logo interpretado por Marc Torres vai m\u00e1is al\u00e1 do embarazo adolescente non desexado e da visibilidade das identidades non cisheteronormativas para converterse nunha celebraci\u00f3n de todos os corpos. Ao remate da funci\u00f3n haber\u00e1 un encontro coa compa\u00f1\u00eda, unha oportunidade para afondar nas cuesti\u00f3ns que suscita a obra e favorecer o di\u00e1logo co p\u00fablico mozo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>\u2018AS AVENTURAS DE NABIZA GIRL\u2019 E \u2018DOCE METROS CUADRADOS DE PIEL\u2019, TAM\u00c9N NO FIOT&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O domingo 18 de outubro concentrar\u00e1 d\u00faas propostas que, desde linguaxes moi diferentes, convidan a cuestionar os modelos sociais e a mirar o mundo desde outras perspectivas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1s 18.00 horas, no Centro Social de Verdillo, o FIOT en Ruta recibir\u00e1&nbsp;<em>As aventuras de Nabiza Girl: O estra\u00f1o caso da cultura minguante<\/em>, de Isabel Risco. A superhero\u00edna galega regresa acompa\u00f1ada do seu inseparable Don Galizo para enfrontarse a unha nova misi\u00f3n: salvar a cultura. Interpretada por Isabel Risco e Alberte Bello e dirixida por Fran Rei, a proposta mergulla o p\u00fablico nunha sucesi\u00f3n de situaci\u00f3ns disparatadas nas que o humor, a retranca e a s\u00e1tira serven para reivindicar o feminismo, a lingua e o medio ambiente. Unha comedia irreverente que confirma o regreso dunha das hero\u00ednas m\u00e1is singulares do teatro galego.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Xa \u00e1s 20.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura, ser\u00e1 a quenda de&nbsp;<em>Doce metros cuadrados de piel<\/em>, de La Rueda Teatro Social, unha montaxe que chega por primeira vez a Galicia e que explora os misterios do corpo, o desexo, a sexualidade e a identidade ao longo das distintas etapas da vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Seis persoas, tres novas e tres maiores, comparten historias, humor, praceres, cicatrices e experiencias para reflexionar sobre como habitamos os nosos corpos e como cambian os afectos co paso das d\u00e9cadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A proposta nace do proxecto de mediaci\u00f3n e creaci\u00f3n interxeracional&nbsp;<em>Morderse la lengua<\/em>, arredor da sexualidade, e conta coa participaci\u00f3n de persoas de diferentes idades. A funci\u00f3n en Carballo incorpora as\u00ed o traballo desenvolvido coa comunidade, nunha experiencia esc\u00e9nica que busca abrir espazos de di\u00e1logo sobre cuesti\u00f3ns que atravesan todas as xeraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS DO 90 % DAS ENTRADAS XA ESGOTADAS DESDE PRINCIPIOS DE OUTUBRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O FIOT quere agradecer a grand\u00edsima resposta e a fidelidade do p\u00fablico, que est\u00e1 a acompa\u00f1ar o festival desde o inicio desta 35\u00aa edici\u00f3n e que confirma, un ano m\u00e1is, a s\u00faa vinculaci\u00f3n coas artes esc\u00e9nicas e co proxecto cultural de Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A 8 de outubro, o festival ti\u00f1a postas \u00e1 venda 5.479 entradas correspondentes a 28 dos 43 espect\u00e1culos programados. Nese momento soamente quedaban dispo\u00f1ibles 516 entradas, o 9,42 % do total, un indicador da boa acollida que est\u00e1 a ter a programaci\u00f3n, con m\u00e1is do 90% do aforo xa esgotado cando a\u00ednda restaban catro semanas de programa. Cabe mencionar que parte da programaci\u00f3n conta con acceso gratu\u00edto ou libre, polo que non est\u00e1 inclu\u00edda neste c\u00f3mputo de entradas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O FIOT quere lembrar, tam\u00e9n, que, a\u00ednda que as entradas estean esgotadas, en practicamente todos os espect\u00e1culos poden aparecer algunhas localidades adicionais na billeteira do Pazo da Cultura, aberta 90 minutos antes do inicio da funci\u00f3n. Tr\u00e1tase dun n\u00famero moi reducido de entradas procedentes de reservas de protocolo anuladas pola compa\u00f1\u00eda, de abonados que comunican que non poder\u00e1n asistir ou de butacas reservadas para persoas con discapacidade que finalmente non foron adquiridas e poden volver po\u00f1erse \u00e1 disposici\u00f3n do p\u00fablico. Por iso, o festival anima as persoas interesadas a consultar a dispo\u00f1ibilidade de cada espect\u00e1culo e, cando corresponda, achegarse \u00e1 billeteira antes da funci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">M\u00e1is al\u00f3 da dispo\u00f1ibilidade de entradas, o FIOT incl\u00fae propostas con entrada gratu\u00edta ou libre, entre elas as seis pezas do Certame Micro-Escenas M\u00b2, as actividades do FIOTeen e o&nbsp;<em>work in progress<\/em>&nbsp;de \u00c1lvaro Corral Cid, as\u00ed como as catro propostas de Teatro de R\u00faa e outras actividades puntuais. Deste xeito, o festival contin\u00faa ofrecendo diferentes v\u00edas de acceso \u00e1 creaci\u00f3n esc\u00e9nica e de participaci\u00f3n na vida cultural da vila.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2048\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Post-IG-FIOT35-Agenda-semanal-4-scaled.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-21506\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Post-IG-FIOT35-Agenda-semanal-4-scaled.png 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Post-IG-FIOT35-Agenda-semanal-4-1280x1600.png 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Post-IG-FIOT35-Agenda-semanal-4-980x1225.png 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/Post-IG-FIOT35-Agenda-semanal-4-480x600.png 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2048px, 100vw\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>UNHA COIDADA SELECCI\u00d3N CO MELLOR DA ESCENA ACTUAL EN CARBALLO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u201cCando todo cae, ven ao teatro\u201d. Baixo este lema, chega unha nova entrega do FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que celebra a s\u00faa 35\u00aa edici\u00f3n do 23 de setembro ao 31 de outubro de 2026. Un ano m\u00e1is, o festival busca reunir o mellor da escena actual en Carballo ao longo de cinco semanas, nun cartel ecl\u00e9ctico no que hai Programa de Sala, OTNI, R\u00faa dos Contos, Teatro de R\u00faa, FIOT en Ruta, FIOTeen, FIOTi\u00f1o e Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No rpograma da 35\u00aa edici\u00f3n do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo danse cita nomes imprescindibles da escena galega, espa\u00f1ola e internacional, como Alba Flores, Alberto Velasco, almealera, Andr\u00e9s Lima, Carles Sans (fundador de Tricicle), Ch\u00e9vere, a Companhia do Chapit\u00f4, Delphine de Vigan, Esther Carrodeguas, Gloria Mu\u00f1oz, Juan Carlos Fisher, L\u00faa Mosquetera, Mar\u00eda Velasco, Mofa e Befa, Rafael \u00c1lvarez, El Brujo, Spinish Circo, Titzina e moitas m\u00e1is figuras que merece a pena revisitar ou descubrir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En total, \u2018o coraz\u00f3n do teatro en Galicia\u2019 achegar\u00e1 a todos os p\u00fablicos 43 espect\u00e1culos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, procedentes de dous pa\u00edses (Espa\u00f1a e Portugal) e 8 comunidades aut\u00f3nomas (Andaluc\u00eda, Arag\u00f3n, Catalu\u00f1a, Comunidade Valenciana,&nbsp;&nbsp;Comunidade de Madrid, Castela Le\u00f3n, Galicia e Illas Baleares).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1 cita con esta nova entrega do FIOT non faltar\u00e1n tampouco coproduci\u00f3ns, residencias art\u00edsticas e m\u00e1is dunha vintena de actividades de mediaci\u00f3n de p\u00fablicos e apoio \u00e1 creaci\u00f3n teatral, como a exposici\u00f3n ZoomFIOT, presentaci\u00f3n de libros e coproduci\u00f3ns,&nbsp; gravaci\u00f3n en directo dos podcasts do OndaFIOT, os Caf\u00e9 con\u2026, un homenaxe a Manuel Lorenzo, lecturas dramatizadas, encontros co p\u00fablico ao rematar a funci\u00f3n, a colaboraci\u00f3n coa Noite Europea das Persoas Investigadoras, o Premio do P\u00fablico, o Certame de Teatro Lido ou a entrega do galard\u00f3n Xograr de Outono a Antonio Porteiro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Toda a informaci\u00f3n de horas e venda de entradas est\u00e1 dispo\u00f1ible na web do festival en&nbsp;<a href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" class=\"\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.fiot.gal<\/a>. O FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Tel\u00f3n e Aparte eo Concello de Carballo, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, o Ministerio de Cultura e a Fundaci\u00f3n Lu\u00eds Calvo Sanz. Un ano m\u00e1is, conta tam\u00e9n coa colaboraci\u00f3n da Librar\u00eda Bra\u00f1as, Cami\u00f1o Escena Norte, o Colectivo RPM e o CCA Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O FIOT: 35 ANOS CREANDO TEATRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo. Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde hai 35 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nas s\u00faas pasadas 34 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 360 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez, El Brujo, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval, Pablo Rem\u00f3n, Andr\u00e9s Lima\u2026&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/10\/2026.10.13.NP-cuarta-semana-FIOT35.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2026.10.13.NP-cuarta-semana-FIOT35<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A montaxe escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida por Andr\u00e9s Lima chega este s\u00e1bado a Carballo en estrea en Galicia, xunto a outras interesantes propostas como&nbsp;Cosas peque\u00f1as, de PSiRC, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[7,129,6,57,1],"tags":[3933,3940,3932,4040],"class_list":["post-21502","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-fiot35-2","tag-alba-flores","tag-fiot-2026","tag-libres"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21502","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=21502"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21502\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21511,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21502\/revisions\/21511"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=21502"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=21502"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=21502"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}