{"id":21258,"date":"2026-09-08T11:19:55","date_gmt":"2026-09-08T10:19:55","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21258"},"modified":"2026-09-08T11:24:04","modified_gmt":"2026-09-08T10:24:04","slug":"antonio-porteiro-elixido-xograr-de-outono-do-fiot-2026","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21258","title":{"rendered":"Antonio Porteiro, elixido Xograr de Outono do FIOT 2026"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21259\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-300x300.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-1024x1024.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-150x150.jpg 150w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-768x768.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-1536x1536.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-2048x2048.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-1080x1080.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-1280x1280.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-980x980.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/Antonio-Porteiro-Xograr-Outono-FIOT-2026-\u00a9-Vane-Rabade_1-480x480.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 2560px) 100vw, 2560px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, decidiu outorgar este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, director t\u00e9cnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita \u00fanica e pioneira coas artes esc\u00e9nicas galegas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>O galard\u00f3n mant\u00e9n as\u00ed o seu prop\u00f3sito de reco\u00f1ecer anualmente traxectorias fundamentais para o sector e pon o acento nunha profesi\u00f3n esencial que permanece habitualmente f\u00f3ra dos focos: a dos equipos t\u00e9cnicos que fan posible que o teatro aconteza<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O <a href=\"https:\/\/fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT<\/a>, outorgar\u00e1 este 2026 o premio <a href=\"https:\/\/fiot.gal\/antonio-porteiro-xograr-de-outono-do-fiot-2026\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>Xograr de Outono<\/strong> a <em>Antonio Porteiro<\/em><\/a>, director t\u00e9cnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita \u00fanica e pioneira coas artes esc\u00e9nicas galegas. O galard\u00f3n mant\u00e9n as\u00ed o seu prop\u00f3sito de reco\u00f1ecer anualmente traxectorias fundamentais para o sector e, nesta ocasi\u00f3n, pon o foco nunha profesi\u00f3n esencial que permanece habitualmente f\u00f3ra dos focos: a dos equipos t\u00e9cnicos que fan posible que o teatro aconteza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nesta edici\u00f3n, as xograresas e xograres do FIOT queren reco\u00f1ecer en Antonio Porteiro unha maneira de entender o oficio baseada na profesionalidade, na confianza, na capacidade de traballo e, sobre todo, en facer posible o imposible. Durante un cuarto de s\u00e9culo, Antonio traballou man a man co festival para sacar adiante cada edici\u00f3n, cada espect\u00e1culo e cada necesidade t\u00e9cnica, convert\u00e9ndose nunha peza fundamental dun equipo que fai realidade a programaci\u00f3n do FIOT. Porque, como el mesmo adoita dicir con retranca cando un reto parece imposible, \u201cqueredes meter un p\u00e9 do 45 nun zapato do 36\u201d. E Antonio faino posible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O seu compromiso transcende, ademais, o propio festival. Desde a s\u00faa empresa, Sonpress, que fundou e dirixe, leva d\u00e9cadas contribu\u00edndo ao desenvolvemento do tecido cultural da comarca e colaborando con profesionais e proxectos de toda Galicia e do resto do Estado. A s\u00faa traxectoria e a s\u00faa forma de traballar convert\u00e9rono nun profesional especialmente querido e respectado polos equipos t\u00e9cnicos que pasan por Carballo, procedentes de diferentes lugares de Espa\u00f1a e tam\u00e9n do estranxeiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A s\u00faa actitude alegre, pr\u00f3xima, facilitadora e sempre disposta a buscar soluci\u00f3ns fai de Antonio unha figura t\u00e9cnica de referencia da nosa escena. Un deses profesionais que coidan cada detalle para que, cando comeza unha funci\u00f3n, todo pareza sinxelo. Para que a luz estea, o son chegue, o escenario funcione e a creaci\u00f3n art\u00edstica poida brillar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Con este Xograr de Outono, o FIOT quere reco\u00f1ecer a Antonio Porteiro, pero tam\u00e9n po\u00f1er en valor todas as profesi\u00f3ns t\u00e9cnicas que soste\u00f1en as artes esc\u00e9nicas: son, iluminaci\u00f3n, maquinaria, escenograf\u00eda, montaxe, produci\u00f3n e tantos outros oficios imprescindibles para que cada espect\u00e1culo chegue ao p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Porque o teatro \u00e9 moito m\u00e1is ca quen escribe, dirixe ou interpreta. Tam\u00e9n \u00e9 quen est\u00e1 detr\u00e1s, quen coida, quen resolve e quen fai posible que a maxia suceda. E no FIOT, esa maxia leva 25 anos contando con Antonio Porteiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>Sobre Antonio Porteiro<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Antonio Porteiro \u00e9 fundador de <strong>Sonpress<\/strong>, empresa especializada no \u00e1mbito t\u00e9cnico e audiovisual, e leva d\u00e9cadas vinculado \u00e1 produci\u00f3n t\u00e9cnica de espect\u00e1culos e eventos culturais. Ao longo da s\u00faa traxectoria colaborou con numerosos proxectos e profesionais do sector, constru\u00edndo unha s\u00f3lida reputaci\u00f3n pola s\u00faa experiencia, capacidade de resoluci\u00f3n e compromiso co traballo en equipo. No FIOT \u00e9 responsable t\u00e9cnico desde hai 25 anos, unha relaci\u00f3n que o converte nunha das persoas que m\u00e1is profundamente co\u00f1ecen o festival e que contribu\u00edron a facelo posible edici\u00f3n tras edici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>FIOT35: UNHA COIDADA SELECCI\u00d3N CO MELLOR DA ESCENA ACTUAL EN CARBALLO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Do 23 de setembro ao 31 de outubro de 2026, o FIOT reunir\u00e1 un ano m\u00e1is o mellor da escena actual en Carballo ao longo de cinco semanas. Haber\u00e1 Programa de Sala, OTNI, R\u00faa dos Contos, Teatro de R\u00faa, FIOT en Ruta, FIOTeen, FIOTi\u00f1o e Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No cartel da 35\u00aa edici\u00f3n do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo danranse cita nomes imprescindibles da escena galega, espa\u00f1ola e internacional, como Alba Flores, Alberto Velasco, almealera, Andr\u00e9s Lima, Carles Sans (fundador de Tricicle), Ch\u00e9vere, a Companhia do Chapit\u00f4, Delphine de Vigan, Esther Carrodeguas, Gloria Mu\u00f1oz, Juan Carlos Fisher, L\u00faa Mosquetera, Mar\u00eda Velasco, Mofa e Befa, Rafael \u00c1lvarez, El Brujo, Spinish Circo, Titzina e moitas m\u00e1is figuras que merece a pena revisitar ou descubrir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En total, \u2018o coraz\u00f3n do teatro en Galicia\u2019 achegar\u00e1 a todos os p\u00fablicos 43 espect\u00e1culos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, procedentes de dous pa\u00edses (Espa\u00f1a e Portugal) e 8 comunidades aut\u00f3nomas (Andaluc\u00eda, Arag\u00f3n, Catalu\u00f1a, Comunidade Valenciana,&nbsp; Comunidade de Madrid, Castela Le\u00f3n, Galicia e Illas Baleares).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1 cita con esta nova entrega do FIOT non faltar\u00e1n tampouco coproduci\u00f3ns, residencias art\u00edsticas e m\u00e1is dunha vintena de actividades de mediaci\u00f3n de p\u00fablicos e apoio \u00e1 creaci\u00f3n teatral, como a exposici\u00f3n ZoomFIOT, presentaci\u00f3n de libros e coproduci\u00f3ns,&nbsp;&nbsp;gravaci\u00f3n en directo dos podcasts do OndaFIOT, os Caf\u00e9 con\u2026, un homenaxe a Manuel Lorenzo, lecturas dramatizadas, encontros co p\u00fablico ao rematar a funci\u00f3n, a colaboraci\u00f3n coa Noite Europea das Persoas Investigadoras, o Premio do P\u00fablico, o Certame de Teatro Lido ou a entrega do galard\u00f3n Xograr de Outono.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os bonos e entradas para a 35\u00aa edici\u00f3n do FIOT poder\u00e1n adquirirse a partir do d\u00eda 14 de setembro para abonados de Tel\u00f3n e Aparte e desde o 18 de setembro para o p\u00fablico xeral, coa excepci\u00f3n da R\u00faa dos Contos, cos billetes xa dispo\u00f1ibles a partir do d\u00eda 14. Toda a informaci\u00f3n do programa e e venda de entradas est\u00e1 dispo\u00f1ible na web&nbsp;<a href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" class=\"\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">www.fiot.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Tel\u00f3n e Aparte eo Concello de Carballo, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, o Ministerio de Cultura e a Fundaci\u00f3n Lu\u00eds Calvo Sanz. Un ano m\u00e1is, conta tam\u00e9n coa colaboraci\u00f3n da Librar\u00eda Bra\u00f1as, Cami\u00f1o Escena Norte, o Colectivo RPM e o CCA Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O FIOT: M\u00c1IS DE TRES D\u00c9CADAS CREANDO TEATRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo. Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Desde hai 35 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona. Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Nas s\u00faas pasadas 34 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 360 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez, El Brujo, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval, Pablo Rem\u00f3n, Andr\u00e9s Lima\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">https:\/\/fiot.gal\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/09\/2025.09.06.NP-Xograr-Outono-FIOT-2026.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2025.09.06.NP-Xograr-Outono-FIOT-2026<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, decidiu outorgar este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, director t\u00e9cnico do festival desde hai 25 anos [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[3933,3944,3932,1260],"class_list":["post-21258","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-fiot35-2","tag-antonio-porteiro","tag-fiot-2026","tag-xograr-de-outono"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21258","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=21258"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21258\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21263,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21258\/revisions\/21263"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=21258"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=21258"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=21258"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}