{"id":21060,"date":"2026-07-17T23:03:46","date_gmt":"2026-07-17T22:03:46","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21060"},"modified":"2026-07-17T23:05:11","modified_gmt":"2026-07-17T22:05:11","slug":"a-igrexa-da-madalena-de-ribadavia-no-marco-da-mit-acolle-este-sabado-18-de-xullo-a-mostra-abertada-residencia-paraiso-do-artista-pedro-vilela","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=21060","title":{"rendered":"A Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da MIT, acolle este s\u00e1bado, 18 de xullo, a mostra abertada \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 do artista Pedro Vilela"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1655\" height=\"2483\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21061\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela.jpg 1655w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela-1280x1920.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela-980x1470.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Foto-Divulgacao-Pedro-Vilela-480x720.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1655px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>No marco das Residencias Para\u00edso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, o artista, comisario e investigador brasileiro est\u00e1 a traballar en residencia desde o pasado 8 de xullo na s\u00faa proposta&nbsp;<\/strong><strong><em>Zoombies<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Mesturando teatro, discurso pol\u00edtico e cultura pop, o espect\u00e1culo revela como o medo e a deshumanizaci\u00f3n foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Agora, o creador ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, ma\u00f1\u00e1 s\u00e1bado, 18 de xullo, \u00e1s 20.00 horas, na mesma Igrexa da Madalena, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un&nbsp;<\/strong><strong>proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a<\/strong><strong>&nbsp;trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputaci\u00f3n de Pontevedra e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">O pasado m\u00e9rcores, 8 de xullo, o artista, comisario e investigador&nbsp;<strong>Pedro Vilela<\/strong>&nbsp;iniciaba a s\u00faa andaina na d\u00e9cima edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso, un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">E o fac\u00eda na&nbsp;<strong>Igrexa da Madalena<\/strong>, no marco da MIT de Ribadavia, en torno \u00e1 s\u00faa proposta que ten por t\u00edtulo&nbsp;<strong><em>Zoombies<\/em><\/strong>.&nbsp;Mesturando teatro, discurso pol\u00edtico e cultura pop, o espect\u00e1culo revela como o medo e a deshumanizaci\u00f3n foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Agora, unha vez finalizada a s\u00faa residencia art\u00edstica, o creador ofrecer\u00e1 unha&nbsp;<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 tam\u00e9n lugar dentro do programa da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, a MIT, na mesma Igrexa da Madalena, este s\u00e1bado, 18 de xullo, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade do espazo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Paralelamente, o artista participar\u00e1, xunto ao resto de \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n, en Redondela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputaci\u00f3n de Pontevedra e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A obra utiliza a figura do zombi como met\u00e1fora para explorar como, ao longo da historia, constru\u00edmos inimigos externos. Mesturando teatro, discurso pol\u00edtico e cultura pop, o espect\u00e1culo revela como o medo e a deshumanizaci\u00f3n foron utilizados para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1920\" height=\"1080\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-21062\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela.jpg 1920w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela-1280x720.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela-980x551.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/07\/Zoombie-Residencias-Paraiso-Pedro-Vilela-480x270.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1920px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Pedro Vilela<\/strong>&nbsp;(20 de xaneiro de 1985, Recife, Brasil) \u00e9 artista, comisario e investigador nas \u00e1reas das artes performativas e dos estudos decoloniais, cunha traxectoria consolidada entre Brasil e Portugal. \u00c9 doutor en Educaci\u00f3n Art\u00edstica pola Facultade de Belas Artes da Universidade do Porto e mestre en Artes Esc\u00e9nicas pola Universidade Federal da Bah\u00eda, ademais de investigador vinculado ao I2ADs \u2013 Instituto de Investigaci\u00f3n en Arte, Dese\u00f1o e Sociedade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre 2009 e 2015, foi xestor e director art\u00edstico do Grupo Magiluth, un dos principais grupos do Brasil. Neste colectivo, dirixiu:&nbsp;<em>O CANTO DE GREG\u00d3RIO<\/em>; VI\u00daVA, POR\u00c9M HONESTA e&nbsp;<em>LUIZ LUA GONZAGA<\/em>, sendo as d\u00faas \u00faltimas realizadas por convite da Fundaci\u00f3n Nacional das Artes (FUNARTE). Posteriormente, desenvolveu a plataforma TREMA!, consolidando a s\u00faa traxectoria autoral, con&nbsp;<em>ALT\u00cdSSIMO<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>TERRORISMO<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Vivindo en Portugal desde 2019, creou para o programa Cultura en Expansi\u00f3n o espect\u00e1culo itinerante&nbsp;<em>TRAVESSIA<\/em>, a partir do testemu\u00f1o de 50 inmigrantes brasileiros; estreou&nbsp;<em>FIGUEIREDO<\/em>, sobre o xenocidio ind\u00edxena durante a ditadura militar brasileira;&nbsp;<em>GRANDE NELSON<\/em>, en colaboraci\u00f3n con Diego Aramburo, figura clave das artes esc\u00e9nicas bolivianas;&nbsp;<em>FISSURA<\/em>, en colaboraci\u00f3n co premiado dramaturgo brasileiro Alexandre Dal Farra; e&nbsp;<em>PRIMAVERA<\/em>, en colaboraci\u00f3n co dramaturgo chileno Alexis Moreno. Tam\u00e9n participou en coproduci\u00f3ns internacionais como&nbsp;<em>ESTRECHO\/ESTREITO<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>G.O.L.P.<\/em>, xunto ao Teatro La Mar\u00eda (Chile) e ao Teatro Experimental do Porto (Portugal), ademais de performances con colectivos espa\u00f1ois como NyamNyam e Azkona&amp;Toloza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Formou parte do WEYA \u2013 World Event Young Artist (2012), en Nottingham, e do Programa Momentum, en Edimburgo (2017), por convite do British Council. O seu traballo foi destacado pola revista Antro Positivo en 2023 como un dos principais directores esc\u00e9nicos en activo no Brasil, sendo ademais o primeiro latinoamericano galardoado co Premio Magaly Muguercia (Iberescena, 2024).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como comisario, asinou a programaci\u00f3n do TREMA! Festival en Recife (2012-2022) e da Central El\u00e9ctrica (2019\u20132025), espazo no Porto xestionado por Circolando, destacando o VOLTS \u2013 Encontro Internacional de Artes Performativas. Desde 2019 colabora tam\u00e9n no apoio curatorial do FITEI. En 2023, concibiu Quilombo_TREMA!, dedicado a artistas negros e racializados, cuxa segunda edici\u00f3n ter\u00e1 lugar en 2026.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre 2015 e 2020, fundou e coordinou a revista TREMA! e foi cr\u00edtico da revista Continente. Actualmente integra a plataforma internacional Performing Borders e redes como IETM e Aerowaves, participando en proxectos financiados por Erasmus+, Culture Moves e Creative Europe.<strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado polo Colectivo RPM \u2013\u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013\u2013,&nbsp;co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo, Sergio Marey, Bal Castro ou Isabel do Diego, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra m\u00e1is elevada da s\u00faa historia, o Colectivo RPM seleccionou a \u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo; Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n; BFlecha, Mw\u00ebslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir &amp; Pablo Lilienfeld; Dar\u00edo Bardam; Disiden.Cia; Fran Mart\u00ednez; Jandross Rodr\u00edguez; \u00d3scar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza &amp; Ismael Eirexas Rome\u00fc como \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputaci\u00f3n de Pontevedra e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Centro Coreogr\u00e1fico Galego, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n e a Bienal de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso \u2013constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia\u2013 que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No marco das Residencias Para\u00edso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, o artista, comisario e investigador brasileiro est\u00e1 a traballar en residencia desde o pasado 8 de xullo na s\u00faa proposta&nbsp;Zoombies [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2135,3877,3876,3778,3838,3878],"class_list":["post-21060","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-colectivo-rpm","tag-igrexa-da-madalena-de-ribadavia","tag-mit-2026","tag-pedro-vilela","tag-residencia-paraiso-2026","tag-zoombies"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21060","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=21060"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21060\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21063,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/21060\/revisions\/21063"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=21060"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=21060"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=21060"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}