{"id":20927,"date":"2026-06-03T00:15:45","date_gmt":"2026-06-02T23:15:45","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20927"},"modified":"2026-06-03T00:17:27","modified_gmt":"2026-06-02T23:17:27","slug":"a-cidade-da-cultura-e-o-salon-teatro-do-cdg-acollen-a-residencia-paraiso-2026-de-sara-somoza-e-ismael-eirexas-romeu","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20927","title":{"rendered":"A Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro do CDG acollen a Residencia Para\u00edso 2026 de Sara Somoza e Ismael Eirexas Rome\u00fc"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/SaraSomoza-Ismael-Eirexas-Rodriguez.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" data-id=\"20928\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/SaraSomoza-Ismael-Eirexas-Rodriguez-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20928\"\/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/IsmaelEirexas-Ismael-Eirexas-Rodriguez.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" data-id=\"20929\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/IsmaelEirexas-Ismael-Eirexas-Rodriguez-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20929\"\/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\" style=\"font-size:18px\"><strong>As artistas Sara Somoza e Ismael Eirexas Rome\u00fc\u00a0inician a s\u00faa \u2018Residencia\u00a0Para\u00edso 2026\u2019 en Compostela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A Cidade da Cultura acolle desde este luns, 1 de xu\u00f1o, e at\u00e9 o domingo, 14 de xu\u00f1o, no marco das Residencias Para\u00edso 2026, impulsadas polo Colectivo RPM, o traballo en proceso de&nbsp;<\/strong><strong><em>Monxa Millo Sentinela<\/em><\/strong><strong>, unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica situada no final da espera, que parte de 3 corpos arquet\u00edpicos que ser\u00e1n postos en crise, pervertidos e transformados durante o proceso<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>A continuaci\u00f3n, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego acoller\u00e1 unha segunda residencia art\u00edstica do proxecto, do luns 15 ao venres 19 de xu\u00f1o<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Unha vez finalizadas as s\u00faas residencias, Sara Somoza e Ismael Eirexas Rome\u00fc ofrecer\u00e1n unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar no mesmo Sal\u00f3n Teatro do CDG, en Compostela, o venres, 19 de xu\u00f1o, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Paralelamente, as artistas participar\u00e1n, xunto ao resto de \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n, en Redondela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un&nbsp;<\/strong><strong>proxecto impulsado por RPM, que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a<\/strong><strong>&nbsp;trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputaci\u00f3n de Pontevedra e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">As artistas&nbsp;<strong>Sara Somoza e Ismael Eirexas Rome\u00fc<\/strong>&nbsp;iniciaron este luns, 1 de xu\u00f1o, en Santiago de Compostela, a s\u00faa andaina na d\u00e9cima edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso. As&nbsp;<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>&nbsp;son un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. Deste xeito, a&nbsp;<strong>Cidade da Cultura<\/strong>&nbsp;acolle, at\u00e9 o domingo, 14 de xu\u00f1o, a segunda destas residencias art\u00edsticas de RPM en 2026, en torno \u00e1 proposta do t\u00e1ndem creativo que ten por t\u00edtulo&nbsp;<strong><em>Monxa Millo Sentinela<\/em><\/strong>, unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica situada no final da espera, parte de 3 corpos arquet\u00edpicos: a monxa, o millo e o sentinela, que ser\u00e1n postos en crise, pervertidos e transformados durante o proceso.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A continuaci\u00f3n, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego acoller\u00e1 unha segunda residencia art\u00edstica do proxecto, do luns 15 ao venres 19 de xu\u00f1o. Unha vez finalizadas ambas residencias, Bflecha, Mw\u00ebslee e Diana Toucedo ofrecer\u00e1n unha&nbsp;<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 lugar no mesmo Sal\u00f3n Teatro do CDG, en Compostela, o venres, 19 de xu\u00f1o, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Paralelamente, as artistas participar\u00e1n, xunto ao resto de \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n, en Redondela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">No territorio galego, a nosa cultura popular, os nosos corpos e a nosa paisaxe at\u00f3panse atravesados pola promesa incumprida, despraz\u00e1ndoa a outros territorios ou po\u00f1\u00e9ndoa en suspensi\u00f3n. Para desarticular a maquinaria est\u00e9tica que reproduce as devanditas promesas c\u00f3mpre traballar na s\u00faa comprensi\u00f3n sens\u00edbel.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><em>Monxa Millo Sentinela<\/em>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica situada no final da espera. Monxa Millo Sentinela parte de 3 corpos arquet\u00edpicos: a monxa, o millo e o sentinela, que ser\u00e1n postos en crise, pervertidos e transformados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE AS ARTISTAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Sara Somoza<\/strong>&nbsp;\u00e9 creadora esc\u00e9nica. A s\u00faa investigaci\u00f3n ronda as existencias m\u00e1is fr\u00e1xiles, pequenas e fracasadas. Comprende a pr\u00e1ctica esc\u00e9nica contempor\u00e1nea como un espazo no que aquelas te\u00f1en a posibilidade de non desaparecer. Para exploralo, traballa sobre as tensi\u00f3ns entre ficci\u00f3n e documental.&nbsp;&nbsp;Estudou o mestrado en Pensamento e Creaci\u00f3n Esc\u00e9nica Contempor\u00e1nea na Escola Superior de Arte Dram\u00e1tica de Castilla y Le\u00f3n, no cal desenvolveu a peza&nbsp;<em>\u00bfBecky Newton?<\/em>&nbsp;<em>Act\u00faa, dirixe e escribe<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Ismael Eirexas Rome\u00fc<\/strong>&nbsp;\u00e9 travesti e&nbsp;creador pl\u00e1stico-esc\u00e9nico. A s\u00faa obra como transformista desenm\u00e1rcase da est\u00e9tica hexem\u00f3nica do campo do drag, afondando en pr\u00e1cticas aut\u00f3ctonas galegas de performatividade e reinterpret\u00e1ndoas co obxectivo de mostrar o seu&nbsp;car\u00e1cter&nbsp;disidente e cr\u00edtico con&nbsp;respecto \u00f3 x\u00e9nero. As\u00ed mesmo, a trav\u00e9s do dese\u00f1o, elaboraci\u00f3n e presentaci\u00f3n de m\u00e1scaras como eixo central da s\u00faa investigaci\u00f3n postula a creaci\u00f3n dun arquivo est\u00e9tico e perf\u00f3rm\u00e1tico contempor\u00e1neo que dialoga cos proxectos de re-escritura hist\u00f3rico-culturais queer.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">\u00c1mbalas d\u00faas traballan en colectivo no Laboratorio da Fame.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1818\" height=\"1228\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20930\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez.jpg 1818w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez-1280x865.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez-980x662.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/FAVcnv0-22-Ismael-Eirexas-Rodriguez-480x324.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1818px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado polo Colectivo RPM \u2013\u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013\u2013,&nbsp;co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto.&nbsp;Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo, Sergio Marey, Bal Castro ou Isabel do Diego, entre moitas outras.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra m\u00e1is elevada da s\u00faa historia, o Colectivo RPM seleccionou a \u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo; Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n; BFlecha, Mw\u00ebslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir &amp; Pablo Lilienfeld; Dar\u00edo Bardam; Disiden.Cia; Fran Mart\u00ednez; Jandross Rodr\u00edguez; \u00d3scar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza &amp; Ismael Eirexas Rome\u00fc como \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputaci\u00f3n de Pontevedra e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Centro Coreogr\u00e1fico Galego, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n e a Bienal de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso \u2013constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia\u2013 que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/06\/2026.06.02.-NP-Residencia-Paraiso-Sara-Ismael.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2026.06.02.-NP-Residencia-Paraiso-Sara-Ismael<\/a>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As artistas Sara Somoza e Ismael Eirexas Rome\u00fc\u00a0inician a s\u00faa \u2018Residencia\u00a0Para\u00edso 2026\u2019 en Compostela A Cidade da Cultura acolle desde este luns, 1 de xu\u00f1o, e at\u00e9 o domingo, 14 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,57,1],"tags":[2379,2135,3838,3046,3779],"class_list":["post-20927","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-outras-artes","category-xeral","tag-cidade-da-cultura","tag-colectivo-rpm","tag-residencia-paraiso-2026","tag-salon-teatro-do-cdg","tag-sara-somoza-ismael-eirexas-romeu"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20927","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=20927"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20927\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":20933,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20927\/revisions\/20933"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=20927"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=20927"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=20927"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}