{"id":20713,"date":"2026-04-07T19:19:13","date_gmt":"2026-04-07T18:19:13","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20713"},"modified":"2026-04-07T19:29:58","modified_gmt":"2026-04-07T18:29:58","slug":"o-colectivo-rpm-xa-ten-as-artistas-seleccionadas-para-as-residencias-paraiso-2026-no-ano-do-seu-10o-aniversario","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20713","title":{"rendered":"O Colectivo RPM xa ten as artistas seleccionadas para as Residencias Para\u00edso 2026 no ano do seu 10\u00ba aniversario"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-2 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/BFlecha.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"808\" data-id=\"20715\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/BFlecha-1024x808.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20715\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/BFlecha-980x773.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/BFlecha-480x379.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>BFlecha<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Blanca-GTeran-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" data-id=\"20717\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Blanca-GTeran-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20717\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Blanca-GTeran-980x735.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Blanca-GTeran-480x360.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Disiden.Cia_.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"697\" data-id=\"20714\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Disiden.Cia_-1024x697.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20714\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Disiden.Cia_-1024x697.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Disiden.Cia_-980x667.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Disiden.Cia_-480x327.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Disiden.Cia<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Jandross-Rodriguez.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"678\" height=\"1024\" data-id=\"20716\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/Jandross-Rodriguez-678x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20716\"\/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Jandross Rodr\u00edguez<\/em><\/figcaption><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\"><strong>O programa de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro en Galicia contar\u00e1 na s\u00faa 10\u00aa edici\u00f3n con \u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo; Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n; BFlecha, Mw\u00ebslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir &amp; Pablo Lilienfeld; Dar\u00edo Bardam; Disiden.Cia; Fran Mart\u00ednez; Jandross Rodr\u00edguez; \u00d3scar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza &amp; Ismael Eirexas Rome\u00fc como \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\"><strong>As residencias art\u00edsticas desenvolveranse entre maio e outubro de 2026 no Vello C\u00e1rcere de Lugo, o Pazo da Cultura de Carballo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do CDG en Compostela, a Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da MIT, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Convento de Santa Clara en Pontevedra, a F\u00e1brica de Oleiros, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, Artistea en Ponteareas e o Espazo RPM na Coru\u00f1a<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\"><strong>Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados \u2013entre 209 propostas recibidas\u2013 participar\u00e1n no Encontro Residencias Para\u00edso, unha cita anual promovida polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n, en Redondela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:15px\"><strong>O proxecto, impulsado por RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e as artes vivas de creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia, conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputaci\u00f3n de Pontevedra e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>As <em><strong>Residencias Para\u00edso<\/strong><\/em> \u2013un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio\u2013 contan xa coas e cos artistas seleccionadas e seleccionados para a s\u00faa 10\u00aa edici\u00f3n, que se desenvolver\u00e1 ao longo deste 2026 en 10 espazos de toda Galicia no ano do seu d\u00e9cimo aniversario.<\/p>\n\n\n\n<p>Entre os 209 proxectos recibidos na actual convocatoria, a cifra m\u00e1is elevada da s\u00faa historia, o Colectivo RPM \u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013 ven de seleccionar a \u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo; Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n; BFlecha, Mw\u00ebslee, Diana Toucedo, Federico Vladimir &amp; Pablo Lilienfeld; Dar\u00edo Bardam; Disiden.Cia; Fran Mart\u00ednez; Jandross Rodr\u00edguez; \u00d3scar Bueno; Pedro Vilela e Sara Somoza &amp; Ismael Eirexas Rome\u00fc como \u2018Artistas Para\u00edso 2026\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p>As Residencias Para\u00edso, impulsadas por RPM, conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputaci\u00f3n de Pontevedra e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>En palabras do Colectivo RPM: \u201cPor d\u00e9cimo ano consecutivo, atravesamos o inspirador proceso de selecci\u00f3n dos e das artistas que conforman as Residencias Para\u00edso. Grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n e ao compromiso dos distintos espazos e instituci\u00f3ns colaboradoras, impulsamos conxuntamente este programa interinstitucional de apoio \u00e1 comunidade das artes vivas no noso territorio.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O proceso de lectura e an\u00e1lise de cada unha das propostas recibidas constit\u00fae, sen d\u00fabida, un dos momentos m\u00e1is estimulantes do ano. Nos 209 proxectos presentados nesta edici\u00f3n, atopamos unha notable diversidade de enfoques, linguaxes e investigaci\u00f3ns, as\u00ed como un saber facer s\u00f3lido e unha mirada cr\u00edtica que nos interpela directamente sobre cuesti\u00f3ns fundamentais da nosa contemporaneidade\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A comisi\u00f3n encargada da selecci\u00f3n de proxectos destas Residencias Para\u00edso 2026 estivo formada por un total de cinco profesionais do sector: Cristina Planas Leit\u00e3o (artista e comisaria, directora art\u00edstica de Materiais Diversos, Lisboa), Diego M. Buceta (artista, Artista Para\u00edso 2017 e 2019), Laura Tabar\u00e9s (artista e comisaria, co-coordinadora de Leira. Lugo), F\u00e9lix Fern\u00e1ndez (artista e co-coordinador de Residencias Para\u00edso) e Caterina Varela (artista e directora de Residencias Para\u00edso).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>O programa Residencias Para\u00edso 2026 dir\u00edxese a artistas de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigaci\u00f3n ou creaci\u00f3n durante d\u00faas ou tres semanas. Residencias Para\u00edso vai na procura de artistas de danza e artes vivas, preocupadas e ocupadas polas derivas do seu tempo. Valorarase a integridade art\u00edstica da proposta e o grao de madurez e solidez do proxecto, ademais da relaci\u00f3n entre o proxecto e o territorio.<\/p>\n\n\n\n<p>Residencias Para\u00edso 2026 conta cun importe total de 25.000\u20ac e acoller\u00e1 10 propostas en residencia, 2 m\u00e1is que na s\u00faa pasada edici\u00f3n, cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000\u20ac (impostos inclu\u00eddos) cada unha, para favorecer as distintas fases dun proxecto art\u00edstico, desde a investigaci\u00f3n, a escritura, o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou, tam\u00e9n, as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p>As residencias art\u00edsticas desenvolveranse entre maio e outubro de 2026 no Vello C\u00e1rcere de Lugo, o Pazo da Cultura de Carballo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego en Compostela, a Igrexa da Madalena de Ribadavia, no marco da MIT, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Convento de Santa Clara en Pontevedra, a F\u00e1brica de Oleiros, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, Artistea en Ponteareas e o Espazo RPM na Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p>Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n no Encontro Residencias Para\u00edso, unha cita anual promovida polo Colectivo RPM, que neste 2026 ter\u00e1 lugar os d\u00edas 18, 19 e 20 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n, en Redondela.<\/p>\n\n\n\n<p>Residencias Para\u00edso, do Colectivo RPM, \u00e9 un programa nacido para acompa\u00f1ar procesos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n arredor das artes vivas contempor\u00e1neas. A s\u00faa vontade \u00e9 situar o concepto de residencia art\u00edstica como unha ferramenta clave no desenvolvemento das pol\u00edticas culturais en Galicia, po\u00f1endo no centro a pr\u00e1ctica art\u00edstica e protexendo as condici\u00f3ns necesarias para o desenvolvemento de proxectos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Un dos principais valores do programa Residencias Para\u00edso reside na s\u00faa rede de alianzas, estendida de norte a sur do territorio galego e conformada por espazos de natureza diversa, desde teatros e centros culturais at\u00e9 espazos non convencionais. Esta pluralidade facilita a acollida das distintas fases dun proxecto art\u00edstico, desde a investigaci\u00f3n e a escritura at\u00e9 o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE OS PROXECTOS SELECCIIONADOS NAS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO 2026<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Os creadores galegos&nbsp;<strong>\u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo<\/strong>&nbsp;mergullaranse nun proceso de creaci\u00f3n titulado&nbsp;<em>Asoballada por fentos<\/em>&nbsp;no&nbsp;<strong>Pazo da Cultura de Carballo<\/strong>. Baseado na investigaci\u00f3n art\u00edstica de Corral Cid, o proxecto mestura arquivo e&nbsp;<em>performance<\/em>, acompa\u00f1ado pola m\u00fasica de Reboredo, para revisitar a memoria folcl\u00f3rica galega e repensar os arquetipos rexionais do franquismo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>No&nbsp;<strong>Vello C\u00e1rcere de Lugo<\/strong>&nbsp;contaremos con dous proxectos en residencia. A arquitecta e core\u00f3grafa madrile\u00f1a&nbsp;<strong>Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n<\/strong>&nbsp;investigar\u00e1 sobre&nbsp;<em>Como cuando el pelo se eriza<\/em>, unha proposta que xorde dunha reflexi\u00f3n sobre o capricho e o desexo. A trav\u00e9s do movemento e do son, Blanca imaxina un corpo impaciente que habita a ausencia e a especulaci\u00f3n, traducindo esta enerx\u00eda en danzas e cantares que fl\u00faen entre o er\u00f3tico, o pol\u00edtico e o sensorial.<\/p>\n\n\n\n<p>No mesmo espazo, o m\u00fasico e artista performativo asturiano&nbsp;<strong>\u00d3scar Bueno<\/strong>&nbsp;desenvolver\u00e1&nbsp;<em>La excitaci\u00f3n del paisaje: La roca blanda \/ Parte II \u2013 La conferencia monta\u00f1era<\/em>. O proxecto entende a paisaxe non como algo dado, sen\u00f3n como unha relaci\u00f3n entre quen mira e aquilo que \u00e9 mirado. Corpo, imaxe e son act\u00edvanse como ferramentas para explorar esta relaci\u00f3n e ensaiar novas formas de vincularnos co contorno, abrindo a percepci\u00f3n a outras escalas, texturas e experiencias sensoriais. A proposta toma a forma dunha conferencia expandida na que a monta\u00f1a tenta desbordarse, abrandarse e contarse, transformando a relaci\u00f3n entre espectador, corpo e entorno.<\/p>\n\n\n\n<p>O equipo multidisciplinar formado pola compositora e cantante galega&nbsp;<strong>BFlecha<\/strong>, o produtor musical galego&nbsp;<strong>Mw\u00ebslee<\/strong>, a cineasta e montadora galega&nbsp;<strong>Diana Toucedo<\/strong>, e os artistas performativos galego\u2013madrile\u00f1os&nbsp;<strong>Federico Vladimir &amp; Pablo Lilienfeld<\/strong>, desenvolver\u00e1 na residencia combinada entre a&nbsp;<strong>Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro de Compostela&nbsp;<\/strong>o proxecto&nbsp;<em>Stratos (La piedra siempre estuvo all\u00ed)<\/em>. Parte dunha viaxe sensorial na que se establece contacto con sistemas de comunicaci\u00f3n bioqu\u00edmica e seres unicelulares, o proxecto explora como o micro afecta ao macro e xera novas relaci\u00f3ns e percepci\u00f3ns. M\u00fasica viva, materia vibrante, imaxe, cinema e a intervenci\u00f3n de voces pensadoras crean un espazo esc\u00e9nico onde o colectivo xera unha forza maior, capaz de entrelazar o humano e o non humano.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n na residencia combinada entre a&nbsp;<strong>Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro<\/strong>&nbsp;estar\u00e1n os investigadores e artistas galegos&nbsp;<strong>Sara Somoza &amp; Ismael Eirexas Rome\u00fc<\/strong>&nbsp;co proxecto&nbsp;<em>Monxa Millo Sentinela<\/em>. A proposta explora a cultura popular, os corpos e a paisaxe do territorio galego a trav\u00e9s da desarticulaci\u00f3n das promesas incumpridas que os atravesan. Partindo de tres corpos arquet\u00edpicos, o proxecto busca po\u00f1elos en crise, transformalos e pervertelos, creando unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica situada no final da espera. A trav\u00e9s desta pr\u00e1ctica, Sara e Ismael cuestionan noci\u00f3ns de x\u00e9nero, performatividade e memoria cultural, combinando ficci\u00f3n, documental e creaci\u00f3n colectiva.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Na Residencia Para\u00edso combinada entre<strong>&nbsp;La F\u00e1brica (Oleiros)&nbsp;<\/strong>e<strong>&nbsp;Espazo RPM (A Coru\u00f1a)<\/strong>, o bailar\u00edn e core\u00f3grafo canario&nbsp;<strong>Dar\u00edo Bardam<\/strong>&nbsp;desenvolver\u00e1 o proxecto&nbsp;<em>Phantom<\/em>, unha investigaci\u00f3n sobre a relaci\u00f3n entre a figura do fantasma e as pol\u00edticas de desidentificaci\u00f3n. A trav\u00e9s de beats, melod\u00edas e sets de DJ, Bardam constr\u00fae un corpo fantasmag\u00f3rico que se desvanece, deixando espazo a que todo baile emerxa. A proposta contin\u00faa a s\u00faa li\u00f1a de exploraci\u00f3n da danza como forma aut\u00f3noma de co\u00f1ecemento e da desidentificaci\u00f3n como mecanismo de mediaci\u00f3n, po\u00f1endo en primeiro plano o pracer de bailar e a enerx\u00eda do corpo en movemento.<\/p>\n\n\n\n<p>Na residencia en&nbsp;<strong>Artistea (Ponteareas)<\/strong>, o colectivo galego\u2013navarro&nbsp;<strong>Disiden.Cia<\/strong>, formado polas bailarinas e core\u00f3grafas Martina Los Arcos e Marcia V\u00e1zquez, desenvolver\u00e1 o proxecto&nbsp;<em>Botar de menos o futuro<\/em>, unha investigaci\u00f3n sobre a desorientaci\u00f3n, a falta de pertenza e a nostalxia dun futuro que non viviremos. Situando a outredade e o \u201calien\u201d no centro da s\u00faa exploraci\u00f3n, a compa\u00f1\u00eda crea corpos h\u00edbridos e andr\u00f3xinos que cuestionan identidades normativas, a l\u00f3xica produtiva e os marcos cis-heteronormativos. O proxecto busca deterse, profundar na pr\u00e1ctica art\u00edstica propia e xerar unha linguaxe esc\u00e9nica disruptiva, transformando a sensaci\u00f3n de exclusi\u00f3n nunha potencia creativa e absurda.<\/p>\n\n\n\n<p>O bailar\u00edn e core\u00f3grafo galego&nbsp;<strong>Fran Mart\u00ednez<\/strong>&nbsp;desenvolver\u00e1 o proxecto&nbsp;<em>Transfixi\u00f3n<\/em>&nbsp;nunha residencia situada no&nbsp;<strong>Convento de Santa Clara<\/strong>, dentro do marco da&nbsp;<strong>Bienal de Artes Vivas de Pontevedra<\/strong>. Unha peza sobre o facer e o misticismo de baixa intensidade. A trav\u00e9s do ir e vir entre o dentro, escuro e introspectivo, e o f\u00f3ra, visible e indescifrable, Mart\u00ednez explora a espesura do movemento e da percepci\u00f3n, xerando un espazo onde corpo, tempo e sensaci\u00f3n se entrelazan nunha experiencia sensorial e po\u00e9tica.<\/p>\n\n\n\n<p>A Residencia Para\u00edso na&nbsp;<strong>Casa da Cultura de Vimianzo<\/strong>, complementada cunha residencia t\u00e9cnica no&nbsp;<strong>Pazo da Cultura de Nar\u00f3n<\/strong>, contar\u00e1 co bailar\u00edn e creador galego&nbsp;<strong>Jandross Rodr\u00edguez<\/strong>, que traballar\u00e1 no proxecto&nbsp;<em>Suksen<\/em>, unha investigaci\u00f3n sobre o duelo e a tradici\u00f3n de velar. Dende o corpo,&nbsp;<em>Suksen<\/em>&nbsp;explora a fisicalidade l\u00edmite e a capacidade residual dun corpo canso que segue a moverse, convidando \u00e1 pausa, \u00e1 intimidade e \u00e1 reimaxinaci\u00f3n do ritual a trav\u00e9s dunha perspectiva cuir e contempor\u00e1nea. Neste traballo Rodr\u00edguez conta coa direcci\u00f3n art\u00edstica da core\u00f3grafa e bailarina galega Julia Laport.<\/p>\n\n\n\n<p>Por \u00faltimo, o artista brasileiro\u2013portugu\u00e9s&nbsp;<strong>Pedro Vilela<\/strong>&nbsp;ser\u00e1 o convidado na residencia art\u00edstica na&nbsp;<strong>Igrexa da Madalena<\/strong>, dentro do marco da colaboraci\u00f3n coa<strong>&nbsp;Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT)<\/strong>. Al\u00ed desenvolver\u00e1 o proxecto&nbsp;<em>Zoombies<\/em>, unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica que utiliza a figura do zombi como met\u00e1fora para analizar a construci\u00f3n de inimigos externos ao longo da historia. Mesturando teatro, cultura pop e discurso pol\u00edtico, o proxecto explora como o medo e a deshumanizaci\u00f3n se empregaron para xustificar guerras e reforzar o poder imperial e colonial.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p>A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p>Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo, Sergio Marey, Bal Castro ou Isabel do Diego, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Oleiros, o Concello de Ponteareas, o Concello de Ribadavia, a Deputaci\u00f3n de Pontevedra e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta coa colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Centro Coreogr\u00e1fico Galego, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, a MIT de Ribadavia, Artistea, o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n e a Bienal de Pontevedra.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso \u2013constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia\u2013 que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/2026.04.07.-NP-resolucion-Residencias-Paraiso-2026.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2026.04.07.-NP-resolucion-Residencias-Paraiso-2026<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O programa de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro en Galicia contar\u00e1 na s\u00faa 10\u00aa edici\u00f3n con \u00c1lvaro Corral Cid &amp; Gabi Reboredo; Blanca G\u00f3mez Ter\u00e1n; [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[1859,3768,2077,3780,3770,3769,725,2135,3762,3763,3764,3761,3773,1164,1837,3774,3767,3772,3775,3765,3776,3771,3777,2405,3778,3766,3779],"class_list":["post-20713","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-agadic","tag-alvaro-corral-cid-gabi-reboredo","tag-area-de-cultura-turismo-e-lingua-do-concello-de-lugo","tag-artistas-paraiso-2026","tag-bflecha","tag-blanca-gomez-teran","tag-centro-cultural-vello-carcere","tag-colectivo-rpm","tag-concello-de-oleiros","tag-concello-de-ponteareas","tag-concello-de-ribadavia","tag-concello-de-vimianzo","tag-dario-bardam","tag-deputacion-de-pontevedra","tag-diana-toucedo","tag-disiden-cia","tag-encontro-residencias-paraiso","tag-federico-vladimir-pablo-lilienfeld","tag-fran-martinez","tag-fundacion-cidade-da-cultura-de-galicia","tag-jandross-rodriguez","tag-mweslee","tag-oscar-bueno","tag-pazo-da-cultura-de-carballo","tag-pedro-vilela","tag-residencias-paraiso-2026","tag-sara-somoza-ismael-eirexas-romeu"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20713","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=20713"}],"version-history":[{"count":6,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20713\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":20726,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20713\/revisions\/20726"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=20713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=20713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=20713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}