{"id":20701,"date":"2026-04-06T18:34:44","date_gmt":"2026-04-06T17:34:44","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20701"},"modified":"2026-04-06T18:36:08","modified_gmt":"2026-04-06T17:36:08","slug":"os-xxx-premios-de-teatro-maria-casares-renderan-homenaxe-a-manuel-lourenzo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20701","title":{"rendered":"Os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares render\u00e1n homenaxe a Manuel Lourenzo"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/MC_baja.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1000\" height=\"667\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/MC_baja.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20702\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/MC_baja.jpg 1000w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/MC_baja-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/04\/MC_baja-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1000px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center has-medium-font-size\"><strong>A Asociaci\u00f3n de Actores e Actrices de Galicia presenta os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares cunha gala que homenaxea a Manuel Lourenzo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:17px\"><strong>Gloria Rico dirixir\u00e1 un espect\u00e1culo que convida a festexar a vida e a obra do hist\u00f3rico dramaturgo galego, finado o pasado ver\u00e1n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:17px\"><strong>A gala celebrarase o m\u00e9rcores 8 de abril \u00e1s 20:30 horas no Teatro Rosal\u00eda Castro da Coru\u00f1a e poder\u00e1 seguirse en directo por streaming<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>A Asociaci\u00f3n de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta ma\u00f1\u00e1 no Teatro Rosal\u00eda Castro todos os detalles da 30\u00aa edici\u00f3n dos Premios de Teatro Mar\u00eda Casares, o principal reco\u00f1ecemento das artes esc\u00e9nicas en Galicia. O acto contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, o Concello da Coru\u00f1a, a propia AAAG e Gloria Rico, directora da gala.<\/p>\n\n\n\n<p>Os XXX Premios reunir\u00e1n este ano 17 espect\u00e1culos que optan a 16 galard\u00f3ns en categor\u00edas que abarcan desde a interpretaci\u00f3n ata os apartados t\u00e9cnicos e os espect\u00e1culos infant\u00eds e de monicreques. Entre as montaxes con m\u00e1is candidaturas destacan&nbsp;<em>Reconversi\u00f3n<\/em>, de Ibuprofeno Teatro, con 11 finalistas \u2014inclu\u00edndo Espect\u00e1culo, Direcci\u00f3n e Texto\u2014;&nbsp;<em>A serie clopen<\/em>, do Centro Dram\u00e1tico Galego, con 10 \u2014inclu\u00edndo Espect\u00e1culo, Direcci\u00f3n e Actriz Protagonista\u2014; e&nbsp;<em>TROMS\u00d8<\/em>, de Morraoconto, con 7 \u2014inclu\u00edndo Espect\u00e1culo e Direcci\u00f3n\u2014.<\/p>\n\n\n\n<p>A imaxe desta 30\u00aa edici\u00f3n foi creada pola ilustradora e dese\u00f1adora luguesa Rebeca Losada, co\u00f1ecida pola s\u00faa paleta vibrante e a s\u00faa traxectoria no mundo editorial e musical. A AAAG mant\u00e9n as\u00ed a iniciativa, iniciada en 2017, de encargar cada ano o cartel a unha figura diferente do dese\u00f1o e a ilustraci\u00f3n, estreitando lazos entre o sector esc\u00e9nico e esta disciplina art\u00edstica.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Festexar a Manuel Lourenzo<\/strong><br><\/p>\n\n\n\n<p>A gala deste ano ter\u00e1 como f\u00edo condutor a figura e a obra de Manuel Lourenzo, hist\u00f3rico actor e dramaturgo galego, Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica en 1997, finado o pasado ver\u00e1n. Baixo a direcci\u00f3n de Gloria Rico, o espect\u00e1culo prop\u00f3n non a melancol\u00eda nin o eloxio f\u00fanebre, sen\u00f3n a celebraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Rico, quen foi amiga, alumna e compa\u00f1eira de traballo de Lourenzo, concibiu un espect\u00e1culo para os Mar\u00eda Casares de marcada simbolox\u00eda: un escenario coroado por unha esfera como representaci\u00f3n da perfecci\u00f3n que encarna a figura do homenaxeado; o azul da zona do Valadouro; e as doas, as bolas tradicionais que se integran na vida coti\u00e1 da xente. Cores e formas que trasladan ao p\u00fablico \u00e1 idea dunha festa popular.<\/p>\n\n\n\n<p>&#8220;Queremos reivindicar tanto as loitas como as facetas laboral e art\u00edstica de Manuel, e far\u00e9molo desde a celebraci\u00f3n. O espect\u00e1culo ser\u00e1 coma unha festa popular ao vivo: ser\u00e1 un espazo no que cantaremos, bailaremos e reflexionaremos a vida e obra de Lourenzo, mais sen caer na melancol\u00eda. Celebraremos o traballo dunha persoa e compa\u00f1eiro excepcional, de todo un referente da nosa cultura&#8221;, exp\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>A AAGG quere compartir este momento, premios e espect\u00e1culo co p\u00fablico, polo que a Gala poder\u00e1 seguirse en directo v\u00eda streaming a trav\u00e9s de YouTube:&nbsp;<a href=\"https:\/\/newsletter.coma.gal\/c\/6yrwk\/7klwjb7n\/r0x7tgv-3_8\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/youtube.com\/live\/fsWS95CFbI8<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Elenco art\u00edstico da gala<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>No transcurso da presentaci\u00f3n e, por primeira vez, presentouse o equipo art\u00edstico completo que subir\u00e1 ao escenario o 8 de abril e dar\u00e1 vida ao espect\u00e1culo dirixido por Gloria Rico. No escenario coincidir\u00e1n catro actores e actrices \u2014Arantza Villar, Carlos Mosquera &#8220;Mos&#8221;, Mar\u00eda Barcala e Roberto Leal\u2014 xunto a un cuarteto musical: Josito Porto (voz, guitarra e gaita), Carlos Ar\u00e9valo (bater\u00eda), Rafa Otero (guitarra e baixo) e Sabela Dacal (acorde\u00f3n e voz).<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Homenaxe a Luma G\u00f3mez<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nesta edici\u00f3n, a AAAG entrega o seu reco\u00f1ecemento especial \u00e1 actriz e activista Luma G\u00f3mez, figura fundamental do teatro galego e do movemento asociativo profesional. Eva F\u00f3rneas, presidenta da AAAG, subli\u00f1a o seu perfil \u00fanico: &#8220;Luma \u00e9 un referente en moitos aspectos: muller que fundou e cofundou tanto a Asociaci\u00f3n como entidades art\u00edsticas, nunca deixou de adicarse ao teatro. Sempre moi concienciada coa profesi\u00f3n e cos dereitos e loitas sindicais. Queremos darllo agora para que poida gozar e desfrutar do reco\u00f1ecemento desde o escenario, como cada d\u00eda, tam\u00e9n detr\u00e1s dos papeis, porque Luma \u00e9 unha curranta nata&#8221;, sinala.<\/p>\n\n\n\n<p>O acto contou coas intervenci\u00f3ns das instituci\u00f3ns colaboradoras. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coru\u00f1a, destacou a importancia dos premios para a cidade: \u201cO Goberno de In\u00e9s Rey contin\u00faa a amosar a s\u00faa sensibilidade polas artes esc\u00e9nicas, convertendo un ano m\u00e1is este Teatro Rosal\u00eda no epicentro do teatro galego e rendendo homenaxe a unha das grandes figuras da actuaci\u00f3n da historia do noso pa\u00eds, ao que xa temos amosado o noso reco\u00f1ecemento p\u00fablico tras as s\u00faas innumerables aparici\u00f3ns sobre as t\u00e1boas da Coru\u00f1a\u201d, indicou Gonzalo Castro.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa banda, Avia Veira, en representaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, subli\u00f1ou o compromiso institucional coa escena galega: &#8220;Desde a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a entendemos a cultura como un dereito da cidadan\u00eda e como un motor de identidade colectiva. Por iso, neste 2026 continuamos apostando por instrumentos de financiamento concretos. \u00c9 un compromiso real, con recursos reais, para que proxectos como este non dependan s\u00f3 da vontade, sen\u00f3n tam\u00e9n do apoio institucional&#8221;, apuntou a deputada, quen tam\u00e9n salientou a figura de Mar\u00eda Casares. \u201cNon est\u00e1 de m\u00e1is lembrar os motivos polos que estes premios levan o nome que levan. Nada na Coru\u00f1a en 1922, foi unha das grandes actrices do teatro e o cine europeos do s\u00e9culo XX. Exiliada en Francia sendo adolescente, constru\u00edu unha carreira extraordinaria nos escenarios de Par\u00eds. Galiza no mundo, talento universal. Que os premios do teatro galego leven o seu nome \u00e9 un acto de xustiza e de memoria\u201d, dixo.<\/p>\n\n\n\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, o director de Industrias Culturais deixou testemu\u00f1o do apoio da Xunta a estes galard\u00f3ns como escaparate da creatividade, da diversidade e da fortaleza do teatro galego, ao tempo que puxo o foco na s\u00faa relevancia para dotar de visibilidade diante da sociedade o labor das compa\u00f1\u00edas, dos elencos e dos diferentes oficios esc\u00e9nicos. \u201cOs Premios Mar\u00eda Casares constit\u00faen un s\u00edmbolo do talento, da profesionalizaci\u00f3n e da capacidade de renovaci\u00f3n das artes esc\u00e9nicas en Galicia\u201d, engadiu. Tam\u00e9n felicitou as formaci\u00f3ns e profesionais finalistas, as\u00ed como a Luma G\u00f3mez pola s\u00faa carreira de d\u00e9cadas sobre as t\u00e1boas. Cualificou, ademais, o eixo condutor da gala deste ano de \u201cmerecido tributo\u201d a Manuel Lorenzo, a quen se referiu como un dos m\u00e1ximos expo\u00f1entes do teatro galego de todos os tempos, e de quen lembrou que tivo no texto para Nada se sabe, coproduci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego con Culturactiva, un dos seus \u00faltimos traballos.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>GALA XXX PREMIOS DE TEATRO MAR\u00cdA CASARES<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>DATA E HORA:<\/strong>&nbsp;m\u00e9rcores 8 de abril de 2026 \/\/ 20:30 horas<br><strong>LUGAR:<\/strong>&nbsp;Teatro Rosal\u00eda Castro, A Coru\u00f1a<\/p>\n\n\n\n<p><strong>EMISI\u00d3N POR STREAMING<\/strong><br><a href=\"https:\/\/newsletter.coma.gal\/c\/6yrwk\/7klwjb7n\/anfeeo0zaku\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/youtube.com\/live\/fsWS95CFbI8<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:14px\"><em>Os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares contan coa colaboraci\u00f3n da Xunta de Galicia, Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Concello da Coru\u00f1a, Fundaci\u00f3n AISGE e Gadisa.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1920\" height=\"711\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20633\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026.jpg 1920w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026-1280x474.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026-980x363.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/BANNER_MC_2026-480x178.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1920px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Sobre os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares, organizados pola AAAG, contan coa colaboraci\u00f3n de institutiones e entidades como Xunta de Galicia, Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Concello da Coru\u00f1a, Fundaci\u00f3n AISGE e Gadisa. A gala celebrarase o m\u00e9rcores 8 de abril de 2026, \u00e1s 20:30 horas, no Teatro Rosal\u00eda Castro da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Sobre a AAAG<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A Asociaci\u00f3n de Actores e Actrices de Galicia \u00e9 a organizaci\u00f3n profesional que representa ao sector actoral galego e que organiza anualmente os Premios de Teatro Mar\u00eda Casares, o principal reco\u00f1ecemento das artes esc\u00e9nicas en Galicia. Desde a s\u00faa primeira edici\u00f3n, os premios convert\u00e9ronse no referente do sector, reco\u00f1ecendo cada ano a excelencia dos espect\u00e1culos, compa\u00f1\u00edas e profesionais do teatro galego.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n de Actores e Actrices de Galicia presenta os XXX Premios de Teatro Mar\u00eda Casares cunha gala que homenaxea a Manuel Lourenzo Gloria Rico dirixir\u00e1 un espect\u00e1culo que convida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[1859,3739,735,988,3749,373,1294,3750],"class_list":["post-20701","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-agadic","tag-asociacion-de-actores-e-actrices-de-galicia","tag-concello-da-coruna","tag-deputacion-da-coruna","tag-gloria-rico-galan","tag-manuel-lourenzo","tag-teatro-rosalia-de-castro-da-coruna","tag-xxx-premios-de-teatro-maria-casares"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20701","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=20701"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20701\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":20704,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20701\/revisions\/20704"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=20701"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=20701"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=20701"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}