{"id":20011,"date":"2025-11-10T22:58:18","date_gmt":"2025-11-10T21:58:18","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20011"},"modified":"2025-11-10T22:59:28","modified_gmt":"2025-11-10T21:59:28","slug":"a-artista-isolda-comesana-inicia-a-sua-residencia-paraiso-2025-na-capela-do-pilar-de-corcubion-no-marco-dos-actos-arredor-do-25n","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=20011","title":{"rendered":"A artista Isolda Comesa\u00f1a inicia a s\u00faa Residencia Para\u00edso 2025 na Capela do Pilar de Corcubi\u00f3n no marco dos actos arredor do 25N"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1444\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20012\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-scaled.jpg 1444w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-1280x2269.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-980x1737.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana5-480x851.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1444px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Desde este martes 11, e at\u00e9 o martes, 25 de novembro, no marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega traballar\u00e1&nbsp;<\/strong><strong>na vila coru\u00f1esa<\/strong><strong>&nbsp;<\/strong><strong>na s\u00faa proposta&nbsp;<\/strong><strong><em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em><\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em><\/strong><strong>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n da artista arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, que escolle o marco est\u00e9tico da Idade Media europea, con cabaleiros de armadura, espadas, drag\u00f3ns e unicornios,&nbsp;<\/strong><strong>a trav\u00e9s dunha linguaxe h\u00edbrida entre poes\u00eda, danza, videoproxecci\u00f3n e instalaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Unha vez finalizada a s\u00faa residencia, Isolda Comesa\u00f1a ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar na mesma Capela do Pilar de Corcubi\u00f3n, o venres, 25 de novembro, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Esta mostra aberta da \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 de Isolda Comesa\u00f1a enm\u00e1rcase dentro dos actos programados polo Concello de Corcubi\u00f3n arredor do 25N,&nbsp;&nbsp;co gallo de visibilizar unha das datas por excelencia do movemento social e feminista en Espa\u00f1a, da man dunha artista cunha traxectoria significativamente vinculada \u00e1s tem\u00e1ticas feministas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado por RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A artista&nbsp;<strong>Isolda Comesa\u00f1a&nbsp;<\/strong>inicia a s\u00faa andaina na novena edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso este martes, 11 de novembro, en&nbsp;<strong>Corcubi\u00f3n<\/strong>. As&nbsp;<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>&nbsp;son un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. A&nbsp;<strong>Capela do Pilar&nbsp;<\/strong>da vila coru\u00f1esa acoller\u00e1 desde ma\u00f1\u00e1 e at\u00e9 o martes 25 de novembro a derradeira destas residencias art\u00edsticas de 2025, en torno \u00e1 proposta&nbsp;<em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em>, de Isolda Comesa\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica da artista galega Isolda Comesa\u00f1a Alcaraz arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, que partindo dunha cartograf\u00eda do coraz\u00f3n a trav\u00e9s da vulnerabilidade e a apertura nun sentido emocional, escolle o marco est\u00e9tico da Idade Media europea: cabaleiros de armadura, espadas, drag\u00f3ns e unicornios.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Unha vez finalizada a s\u00faa residencia, Isolda Comesa\u00f1a ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar na mesma Capela do Pilar de Corcubi\u00f3n, o venres, 25 de novembro, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade. Esta mostra aberta da \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 de Isolda Comesa\u00f1a enm\u00e1rcase dentro dos actos programados polo Concello de Corcubi\u00f3n arredor do 25N,&nbsp;&nbsp;co gallo de visibilizar unha das datas por excelencia do movemento social e feminista en Espa\u00f1a, da man dunha artista cunha traxectoria significativamente vinculada \u00e1s tem\u00e1ticas feministas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong><em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica da artista galega Isolda Comesa\u00f1a Alcaraz arredor do desexo, a divindade, o privilexio e a vinganza, que partindo dunha cartograf\u00eda do coraz\u00f3n a trav\u00e9s da vulnerabilidade e a apertura nun sentido emocional, escolle o marco est\u00e9tico da Idade Media europea: cabaleiros de armadura, espadas, drag\u00f3ns e unicornios.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A armadura am\u00f3sase como o s\u00edmbolo perfecto para as moitas fortalezas e muros que se constr\u00faen \u00e1s veces nos coraz\u00f3ns das persoas, desconectadas das propias emoci\u00f3ns e das dos demais. O cabaleiro \u00e9 o s\u00edmbolo do heroe que emprende unha viaxe inici\u00e1tica, onde a superaci\u00f3n de distintos obst\u00e1culos para \u201csalvar\u201d (tradicionalmente, unha princesa, ou liberar ao reino das garras dalgunha criatura m\u00e1xica como un drag\u00f3n) non \u00e9 m\u00e1is que un salvamento propio, unha viaxe interna, cuxo fin \u00e9 abandonar a armadura para atopar o propio coraz\u00f3n: ese \u00e9 o destino final.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Este interese est\u00e9tico trae consigo unha reflexi\u00f3n necesaria desde o prisma pol\u00edtico: que te\u00f1en que ver todas estas lendas coa construci\u00f3n de Europa como entidade? Como contrib\u00fae este imaxinario medieval \u00e1 identidade europea? Cando, como e por que se constr\u00fae o relato do cabaleiro medieval cristi\u00e1n e que relaci\u00f3n ten coa presenza musulm\u00e1? Canto de relato contempor\u00e1neo hai na nosa visi\u00f3n dese pasado que, en realidade, non co\u00f1ecemos tanto? Canto de racismo e etnocentrismo hai nesa construci\u00f3n? Foi ou \u00e9 Europa branca, cristi\u00e1 e nobre?&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ademais,&nbsp;<em>Sagrado Coraz\u00f3n<\/em>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n esc\u00e9nica que, a trav\u00e9s dunha linguaxe h\u00edbrida entre poes\u00eda, danza, videoproxecci\u00f3n e instalaci\u00f3n, aborda o corpo no artefacto art\u00edstico, xurdindo a tensi\u00f3n entre o imaxinario medieval e o corpo, neste caso, especificamente, das mulleres. Deste xeito, Isolda se pregunta: En que lugar desta cartograf\u00eda se sit\u00faa o desexo e a er\u00f3tica? Que pasa se observamos moitas das obras ao longo da historia da arte europea, de contido cristi\u00e1n, que nos pasa cando vemos esas \u00e9xtases, paix\u00f3ns, martirios? Como nomear este conflito subterr\u00e1neo entre a propia instituci\u00f3n da culpa xudeocristi\u00e1, a monitorizaci\u00f3n do corpo das mulleres e a s\u00faa adscrici\u00f3n ao pecado orixinal, e a er\u00f3tica das \u00e9xtases, da percepci\u00f3n sens\u00edbel da presenza divina, os versos de Santa Teresa de Xes\u00fas? Foi o cristianismo o principio ordenador que veu a trastocar esencialmente a relaci\u00f3n dos pobos coa natura f\u00e9rtil e exuberante?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En&nbsp;<em>Sagrado Coraz\u00f3n,<\/em>&nbsp;Isolda busca cuestionar a feminidade extasiada e er\u00f3tica da pasividade f\u00e9rtil, da muller-nai, muller-natureza, muller dadora de vida, para situarse na loita, na restauraci\u00f3n da propia axencia, mediante os s\u00edmbolos que se negaron historicamente \u00e1s mulleres: a espada, a armadura, o lume, a guerra, que, como na tradici\u00f3n suf\u00ed, non \u00e9 unha guerra fronte a un inimigo externo, sen\u00f3n que as m\u00e1is das veces esa yihad \u00e9, en realidade, unha guerra interna, unha viaxe pola paisaxe interior e descubrir os colonos do propio coraz\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1444\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-20013\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-scaled.jpg 1444w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-1280x2269.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-980x1737.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/SagragoCorazon_IsoldaComesana1-480x851.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1444px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE A ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Isolda Comesa\u00f1a Alcaraz \u00e9 unha creadora e actriz formada en Interpretaci\u00f3n Xestual pola ESAD, que actualmente estuda o Mestrado de Igualdade, X\u00e9nero e Educaci\u00f3n pola USC, ademais de Ciencias Ambientais pola UNED.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">En 2022 creou&nbsp;<em>Derrubo. Camille Claudel<\/em>, un mon\u00f3logo baseado no texto orixinal de Laura Rubio Galletero, ademais de desenvolver a investigaci\u00f3n esc\u00e9nica arredor do desastre ecol\u00f3xico do Prestige&nbsp;<em>Visions of Prestige<\/em>. No 2023 obt\u00e9n unha residencia de creaci\u00f3n teatral arredor da literatura medieval galaico-portuguesa e a literatura renacentista de Creta, coordinado por SONSGaliza e a Universidade de Atenas, co proxecto&nbsp;<em>Lyriqas Project<\/em>, organizando, tam\u00e9n, ese mesmo ano, o proxecto de microteatro&nbsp;<em>Microescena Lab<\/em>&nbsp;na Morada Cooperativa en Vigo. No 2024 resultou ga\u00f1adora do 1\u00ba premio do Xuventude Crea na categor\u00eda teatro coa s\u00faa peza&nbsp;<em>Pr\u00e1zdno<\/em>, un traballo Fin de Estudos arredor da deconstruci\u00f3n da feminidade desde o hexem\u00f3nico at\u00e9 o grotesco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Como actriz, participou de reparto no filme de Irati Gorostidi&nbsp;&nbsp;<em>Anekumen \/ Aro Berria<\/em>&nbsp;e na produci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego&nbsp;<em>Os actos e as profec\u00edas<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto. Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo ou Sergio Marey, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, a MIT (Concello de Ribadavia) e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/Fundamentacion-Residencia-Paraiso-Isolda-Comesana.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">Fundamentacion-Residencia-Paraiso-Isolda-Comesana<\/a>\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/11\/2025.11.10.-NP-Residencia-Paraiso-Isolda-Comesana.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2025.11.10.-NP-Residencia-Paraiso-Isolda-Comesana<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde este martes 11, e at\u00e9 o martes, 25 de novembro, no marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega traballar\u00e1&nbsp;na vila coru\u00f1esa&nbsp;na s\u00faa proposta&nbsp;Sagrado Coraz\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[3548,2135,3545,2798,3549],"class_list":["post-20011","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-capela-do-pilar-de-corcubion","tag-colectivo-rpm","tag-isolda-comesana","tag-residencias-paraiso-2025","tag-sagrado-corazon"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20011","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=20011"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20011\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":20018,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/20011\/revisions\/20018"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=20011"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=20011"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=20011"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}