{"id":19875,"date":"2025-10-30T23:21:33","date_gmt":"2025-10-30T22:21:33","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19875"},"modified":"2025-10-30T23:23:22","modified_gmt":"2025-10-30T22:23:22","slug":"a-ix-edicion-do-certame-micro-escenas-m2-do-fiot-xa-ten-ganadoras","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19875","title":{"rendered":"A IX edici\u00f3n do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT xa ten ga\u00f1adoras"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"1707\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19877\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 2560px) 100vw, 2560px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:16px\"><strong>Unha vez finalizado o reconto das votaci\u00f3ns do p\u00fablico,&nbsp;<em>Gracias por su visita<\/em>, de Ux\u00eda Algarra,&nbsp;ga\u00f1a o Premio ao Mellor Espect\u00e1culo 2025, mentres que Estrella Tom\u00e9, de Bengala Teatro F\u00edsico,&nbsp;\u00e1lzase co Premio \u00e1 Mellor Interpretaci\u00f3n pola obra&nbsp;<em>Alicia Wants To<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>A IX edici\u00f3n do Certame Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;do FIOT ten xa ga\u00f1adoras. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu hoxe a co\u00f1ecer os nomes seleccionados polo p\u00fablico nas categor\u00edas de mellor espect\u00e1culo e mellor interpretaci\u00f3n nesta novena entrega do certame, que se desenvolveu durante o mes de outubro no marco da celebraci\u00f3n do FIOT34. As ga\u00f1adoras, que recibir\u00e1n en ambos casos un premio de 150 euros, son:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><em>Gracias por su visita<\/em>, de Ux\u00eda Algarra: Premio do P\u00fablico ao Mellor Espect\u00e1culo 2025, cunha media de 4,56 puntos sobre 5.<\/li>\n\n\n\n<li>Estrella Tom\u00e9, do espect\u00e1culo&nbsp;<em>Alicia Wants To<\/em>, de Bengala Teatro F\u00edsico: Premio do P\u00fablico \u00e1 Mellor Interpretaci\u00f3n, cunha media de 4,62 puntos sobre 5.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>Ademais, froito do acordo do FIOT con Culturgal neste 2025, as d\u00faas pezas premiadas, ademais dos galard\u00f3ns outorgados polo FIOT, ser\u00e1n convidadas a participar en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que ter\u00e1 lugar en Pontevedra no mes de novembro de 2025, co obxectivo de apoiar e visibilizar m\u00e1is o seu traballo.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta IX edici\u00f3n do Certame de Micro-Escenas M2 do FIOT rexistrou un total de 347 espectadores e espectadoras, con 222 votantes. A media de puntuaci\u00f3n de todos os espect\u00e1culos foi de 4,21 puntos sobre 5, mentres que a media das interpretaci\u00f3ns foron de 4,39 puntos sobre 5.<\/p>\n\n\n\n<p>En palabras da organizaci\u00f3n: \u201cA IX edici\u00f3n do Certamen Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;destacou pola diversidade e a calidade das propostas presentadas, que abrangueron diferentes linguaxes esc\u00e9nicas: danza, teatro f\u00edsico, teatro de obxectos e teatro de texto. Esta variedade contribu\u00edu a consolidar o certame como un espazo de experimentaci\u00f3n e encontro entre disciplinas. As\u00ed, as pezas exhibiron un alto nivel art\u00edstico, incorporando elementos como m\u00fasica en directo e recursos audiovisuais, que enriqueceron a posta en escena e ampliaron a experiencia do p\u00fablico\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>E destacou: \u201cUn aspecto especialmente positivo \u00e9 que as creaci\u00f3ns nacidas no marco do M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;te\u00f1en continuidade f\u00f3ra do certame. Cada vez son m\u00e1is os artistas que, tras presentar aqu\u00ed as s\u00faas primeiras propostas, deciden desenvolver a obra completa. Exemplos recentes desta evoluci\u00f3n son&nbsp;<em>Ningu\u00e9n tira fotos nos enterros<\/em>, de Carlota Mosquera, ou&nbsp;<em>Alicia Wants To<\/em>, de Bengala Teatro F\u00edsico. C\u00f3mpre salientar, tam\u00e9n que o p\u00fablico do M<sup class=\"\">2&nbsp;<\/sup>comeza a consolidarse, convert\u00e9ndose nun p\u00fablico fiel que acode cada ano atra\u00eddo pola diversidade e polo car\u00e1cter alternativo das propostas\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>Finalmente, quixo salientar, tam\u00e9n, que, \u201cen resumo, esta edici\u00f3n reafirma ao M<sup class=\"\">2&nbsp;<\/sup>como un espazo de referencia para a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea e o talento emerxente, cun p\u00fablico implicado e propostas que seguen a medrar m\u00e1is al\u00e1 do propio certame\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Entre as 25 propostas recibidas a concurso neste 2025, un xurado profesional elixiu 6 pezas finalistas para ser representadas no FIOT:&nbsp;<em>Domitila<\/em>, de Amparo Mart\u00ednez;&nbsp;<em>Katharsis<\/em>, de Catuxa Leira;&nbsp;<em>O novo<\/em>, de Dani Blanco;&nbsp;<em>Covers2<\/em>, de Corifeo Teatro;&nbsp;<em>Alicia Wants To<\/em>, de Bengala Teatro F\u00edsico; e&nbsp;<em>Gracias por su visita<\/em>, de Ux\u00eda Algarra. Todas foron propostas que xogaban coas artes do movemento, o teatro f\u00edsico, o teatro de obxectos, o teatro inmersivo, o teatro-clown, a performance cer\u00e1mica\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>O xurado de profesionais das artes esc\u00e9nicas desta IX edici\u00f3n do Certame Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;estivo integrado por Kirenia Mart\u00ednez, mediadora cultural, directora, bailarina e core\u00f3grafa; Camilo Franco, escritor, cr\u00edtico teatral, xornalista e director de Culturgal; Alba Berm\u00fadez, actriz e integrante da compa\u00f1\u00eda Galeatro; Carmen Castro, directora art\u00edstica do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo; e Xiana M\u00e1rquez, membro da organizaci\u00f3n do FIOT e monitora cultural da concellar\u00eda de Cultura o Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado e sen voto.<\/p>\n\n\n\n<p>O Certame Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;\u00e9 unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias esc\u00e9nicas, as\u00ed como apoiar a compa\u00f1\u00edas e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2025 puideron verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante tres fins de semana do #FIOT34: a tenda de fotograf\u00eda Interfilm Carballo, a Residencia de maiores da praza de Vigo, a terraza do Pazo da Cultura ou a r\u00faa do Sol.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Sen medo, sen barreiras, sen artificios, sen rede. O Certame Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;\u00e9 teatro m\u00ednimo, intenso, en primeiro plano, en cru; teatro que nos asalta desde o coti\u00e1n, desde a proximidade, desde espazos comunitarios\u2026, nun metro cadrado. Neste 2025, o p\u00fablico do FIOT puido experimentar unha nova experiencia na que o p\u00fablico pode mirar aos ollos das actrices e dos actores e case tocar, ulir e mesmo saborear a peza, para continuar vivindo intensamente unha experiencia teatral diferente.<\/p>\n\n\n\n<p>Deste xeito, esta IX edici\u00f3n do Certame de Micro-Escenas M2 do FIOT continuou apoiando a creaci\u00f3n esc\u00e9nica de novos formatos e a compa\u00f1\u00edas e artistas emerxentes, ofertando un espazo no que poder experimentar e investigar sobre os l\u00edmites do feito teatral. A 6 pezas finalistas do certame neste 2025 recibir\u00e1n unha compensaci\u00f3n econ\u00f3mica de 450 euros, ademais de optar, aos galard\u00f3ns de Mellor Espect\u00e1culo e Mellor Interpretaci\u00f3n, reco\u00f1ecementos que outorga o p\u00fablico fioteiro coas s\u00faas votaci\u00f3ns unha vez finalizada a exhibici\u00f3n das seis pezas durante o FIOT, cun premio de 150 euros en cada caso.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Como novidade neste 2025, e froito do acordo do FIOT con Culturgal, as d\u00faas pezas premiadas, ademais dos galard\u00f3ns outorgados polo FIOT, ser\u00e1n convidadas a participar en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que ter\u00e1 lugar en Pontevedra no mes de novembro de 2025, co obxectivo de apoiar e visibilizar o seu traballo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-1 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" data-id=\"19878\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-683x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19878\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-683x1024.jpg 683w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-200x300.jpg 200w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-768x1152.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-1024x1536.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-1365x2048.jpg 1365w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-1080x1620.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-1280x1920.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-980x1470.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-480x720.jpg 480w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Gracias-por-su-visita-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1-scaled.jpg 1707w\" sizes=\"auto, (max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"19879\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19879\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_2-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"19880\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19880\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Alicia-Wants-To-\u00a9-Vanessa-Rabade_1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>UN CERTAME PIONEIRO EN GALICIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O Certame Micro-Escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>&nbsp;unha das s\u00faas principais li\u00f1as de programaci\u00f3n do FIOT, que ofrece ao p\u00fablico a posibilidade de gozar de creaci\u00f3ns esc\u00e9nicas experimentais en espazos non teatrais e singulares da localidade. Tr\u00e1tase do primeiro certame de microteatro que se realiza en Galicia, nacido ao abeiro do FIOT a pasada d\u00e9cada como unha proposta espec\u00edfica de apoio \u00e1 creaci\u00f3n esc\u00e9nica de novos formatos e de compa\u00f1\u00edas ou creadoras e creadores emerxentes.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>As e os artistas son quen de xerar, no marco dun gran festival, novas experiencias teatrais, de pequeno formato, en contextos non habituais para a representaci\u00f3n esc\u00e9nica, que contextualizan e serven de escenograf\u00eda natural da obra, nos que un n\u00famero moi limitado de asistentes se sit\u00faa a curta distancia dos int\u00e9rpretes. As\u00ed, \u00e1 vez que difunde e visualiza o traballo das creadoras, o certame ofrece cada ano ao p\u00fablico da comarca unha nova experiencia esc\u00e9nica, diferente \u00e1s habituais nos recintos: sen barreiras, sen artificios e desde a proximidade, que posibilita a captaci\u00f3n de novos p\u00fablicos e a implica \u00e1 veci\u00f1anza en proxectos esc\u00e9nicos.<\/p>\n\n\n\n<p>O pasado mes de maio, o FIOT abriu a inscrici\u00f3n da novena edici\u00f3n do certame, convidando \u00e1s compa\u00f1\u00edas e artistas emerxentes a crear ou dese\u00f1ar un espect\u00e1culo (de teatro f\u00edsico, m\u00fasica, clown, performance, danza, manipulaci\u00f3n de obxectos\u2026), prioritariamente en lingua galega, de entre 10 e 20 minutos, que se puidera po\u00f1er en escena, especificamente, nun espazo non convencional, cun m\u00e1ximo de 25 espectadores, entre o 3 e 26 de outubro de 2025.<\/p>\n\n\n\n<p>As propostas pod\u00edan ser tanto pezas orixinais coma xa estreadas, a\u00ednda que o xurado do certame (composto por diferentes persoas relacionadas coas artes esc\u00e9nicas) ter\u00eda en conta a nova creaci\u00f3n e, especialmente, a adecuaci\u00f3n e a interacci\u00f3n cos espazos ofertados e a autor\u00eda propia. Este seis pezas finalistas seleccionadas polo xurado, unha vez representadas, recibir\u00e1n unha compensaci\u00f3n econ\u00f3mica de 450\u20ac. Ademais, todas as obras exhibidas ser\u00e1n valoradas polo p\u00fablico asistente mediante un sistema de votaci\u00f3ns e optar\u00e1n a premios de 150\u20ac \u00e1 mellor interpretaci\u00f3n e ao mellor espect\u00e1culo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>313 PROPOSTAS EXPERIMENTAIS RECIBIDAS EN NOVE ANOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo destes nove anos, o Certame de Micro-Escenas M2 acadou un importante \u00e9xito en canto \u00e1s propostas recibidas, tanto polo seu n\u00famero (313, sumando \u00e1s 25 pezas recibidas a concurso neste 2025) como pola calidade e diversidade das pezas; sendo quen de suscitar o interese tanto de creadores individuais coma de equipos (integrados por 3-5 persoas), da veci\u00f1anza ou mesmo dos axentes econ\u00f3micos, comerciais ou cidad\u00e1ns de Carballo que colaboraron coa cesi\u00f3n de espazos. Na s\u00faa traxectoria, Metro Cadrado contou con funci\u00f3ns, entre outros puntos, nun lavadoiro municipal, no despacho do alcalde, nunha barber\u00eda, nas fiestras da Ludoteca Municipal ou mesmo no Sal\u00f3n de Plenos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A 34\u00aa EDICI\u00d3N DO FIOT DE CARBALLO<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresou \u00e1s t\u00e1boas para celebrar a s\u00faa 34\u00aa edici\u00f3n con 45 espect\u00e1culos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproduci\u00f3ns e figuras imprescindibles da escena teatral contempor\u00e1nea. Durante cinco semanas, o FIOT achegou a Galicia una coidada selecci\u00f3n de propostas \u00e1 altura dos teatros e festivais m\u00e1is representativos de Espa\u00f1a e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Espa\u00f1ol, a Compa\u00f1\u00eda Nacional de Teatro Cl\u00e1sico, o Centro Dram\u00e1tico Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fet\u00e9n, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Oto\u00f1o de Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed, o FIOT de Carballo encheu \u00e1s salas, as r\u00faas e os espazos non convencionais da vila berganti\u00f1\u00e1 con pezas de artistas e compa\u00f1\u00edas como Andrea Jim\u00e9nez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, Mar\u00eda Galiana, Alex O\u2019Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Cham\u00e9 Buend\u00eda, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ain\u00e9, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta 34\u00aa edici\u00f3n, o FIOT volveu converterse no \u201ccoraz\u00f3n do teatro en Galicia\u201d da man das s\u00faas li\u00f1as de programaci\u00f3n habituais, con propostas abertas a todos os p\u00fablicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 pa\u00edses \u2013Espa\u00f1a, B\u00e9lxica, Arxentina\u2013 e 9 comunidades aut\u00f3nomas \u2013Andaluc\u00eda, Asturias, Comunidade Valenciana, Catalu\u00f1a, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e Pa\u00eds Vasco\u2013, ademais dunha vintena de acci\u00f3ns de mediaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>No FIOT houbo Programa de Sala, OTNI, R\u00faa dos Contos, Teatro de R\u00faa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>, FIOTeen e Fioti\u00f1o, ademais de 3 residencias art\u00edsticas, 2 presentaci\u00f3ns de&nbsp;<em>works in progress<\/em>&nbsp;e actividades paralelas como exposici\u00f3ns, gravaci\u00f3ns de OndaFIOT, presentaci\u00f3ns de libros, conversas, o Premio do P\u00fablico, o Certame de Teatro Lido, etc.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Reco\u00f1ecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non s\u00f3 en termos de exhibici\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n de produci\u00f3n e acompa\u00f1amento art\u00edstico, no #FIOT34 non faltaron produci\u00f3ns con selo galego que forman parte fundamental do seu programa, da man de compa\u00f1\u00edas e artistas tan queridas polo p\u00fablico de Carballo como Contraproduci\u00f3ns, Ain\u00e9, Pistacatro, Paula Quintas C\u00eda., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmart\u00edn, Marita Mart\u00ednez ou Galeatro \u2013esta \u00faltima, en t\u00e1ndem art\u00edstico con Xarope Tul\u00fa e a Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira\u2013.<\/p>\n\n\n\n<p>Cabe destacar que, fiel \u00e1 s\u00faa vocaci\u00f3n de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os p\u00fablicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas estiveron orientadas a todos os p\u00fablicos, non exclusivamente adultos, como \u00e9 o caso das marabillosas&nbsp;<em>Matres<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>Farra<\/em>. Un ano m\u00e1is, houbo espazo para o risco, os cl\u00e1sicos, os emerxentes, as novas linguaxes e, en definitiva, o descubrimento.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cRa\u00edz viva, memoria colectiva\u201d foi o leitmotiv dunha edici\u00f3n que buscou po\u00f1er en valor a orixe e a tradici\u00f3n como s\u00edmbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Trat\u00f3use dunha chamada \u00e1 orixe: a aquilo que nos sost\u00e9n por dentro, a\u00ednda que non se vexa. Como as entra\u00f1as do corpo, a ra\u00edz e a memoria forman parte desa anatom\u00eda com\u00fan que nos une: emocional, cultural e esc\u00e9nica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p>Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde hai 34 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona. Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas s\u00faas pasadas 33 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 350 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez \u2018El Brujo\u2019, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Grupo Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025.10.30.NP-Ganadores-Certame-Micro-Escenas-M2-FIOT34.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2025.10.30.NP-Ganadores-Certame-Micro-Escenas-M2-FIOT34<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Unha vez finalizado o reconto das votaci\u00f3ns do p\u00fablico,&nbsp;Gracias por su visita, de Ux\u00eda Algarra,&nbsp;ga\u00f1a o Premio ao Mellor Espect\u00e1culo 2025, mentres que Estrella Tom\u00e9, de Bengala Teatro F\u00edsico,&nbsp;\u00e1lzase co [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[3227,3290,3500,3282,3499,3300,3292,3501,3498,3293],"class_list":["post-19875","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-fiot34","tag-alicia-wants-to","tag-bengala-teatro-fisico","tag-certame-de-micro-escenas-m2","tag-estrella-tome","tag-fiot-2025","tag-gracias-por-su-visita","tag-premio-a-mellor-interpretacion","tag-premio-ao-mellor-espectaculo-2025","tag-uxia-algarra"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19875","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19875"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19875\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19884,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19875\/revisions\/19884"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19875"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19875"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19875"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}