{"id":19620,"date":"2025-10-02T23:12:22","date_gmt":"2025-10-02T22:12:22","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19620"},"modified":"2025-10-02T23:26:42","modified_gmt":"2025-10-02T22:26:42","slug":"pistacatro-tourinan-e-xampatito-pato-entre-outros-protagonizan-a-segunda-semana-do-fiot","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19620","title":{"rendered":"Pistacatro, Touri\u00f1\u00e1n e Xampatito Pato, entre outros, protagonizan a segunda semana do FIOT"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-scaled.png\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2048\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-scaled.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-19622\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-scaled.png 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-1280x1600.png 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-980x1225.png 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Axenda-segunda-semana-FIOT34-480x600.png 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2048px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>A R\u00faa dos Contos desta 34\u00aa edici\u00f3n do FIOT contin\u00faa a s\u00faa andanza este xoves,&nbsp;2 de outubro, no Casino 1889 a noite deste xoves, 2 de outubro, \u00e1s 21.00 horas,&nbsp;co mon\u00f3logo das narradoras galegas Atenea Garc\u00eda e Vero Rilo&nbsp;<em>Bailen as vellas.&nbsp;Os contos das cereixas,&nbsp;<\/em>un espect\u00e1culo accesible en lingua de signos&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Chegar e encher<\/em>, de Bea Campos, e&nbsp;<em>Zorras<\/em>, da C\u00eda. La Cre\u00edda, son as outras d\u00faas&nbsp;propostas que encher\u00e1n de risas a R\u00faa dos Contos esta fin de semana<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Xa o venres, 3 de outubro, un dos c\u00f3micos m\u00e1is queridos polo p\u00fablico do FIOT,&nbsp;Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, regresar\u00e1 \u00e1s t\u00e1boas de Carballo co seu mon\u00f3logo&nbsp;<em>Aqu\u00ed tou!<\/em>,&nbsp;que poder\u00e1 verse no Auditorio do Pazo da Cultura, \u00e1s 21.00h, trala cancelaci\u00f3n&nbsp;por causas de forza maior da estrea de&nbsp;<em>Territorio Regueifa<\/em>, de Ain\u00e9 Produci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Tam\u00e9n o venres, 3 de outubro, \u00e1s 19.30 horas, na Praza do Concello,&nbsp;Pistacatro animar\u00e1 o Teatro de R\u00faa do FIOT coa s\u00faa \u00faltima creaci\u00f3n,&nbsp;<em>Sen patr\u00f3n<\/em>,&nbsp;a golpe de malabares, xogos imposibles e moito humor para todos os p\u00fablicos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Finalmente, o domingo, 5 de outubro, contra \u00e1s 20.00h, no Auditorio&nbsp;do Pazo da Cultura, o OTNI presentar\u00e1 a s\u00faa primeira proposta para este 2025:<\/strong> <strong><em>Compa\u00f1a<\/em>, de Xampatito Pato, unha pequena xoia que fusiona circo&nbsp;coa arte das marionetas e o teatro de obxecto nunha fermosa viaxe on\u00edrica<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Paralelamente, na Sala de Exposici\u00f3ns e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o p\u00fablico&nbsp;pode visitar as mostras&nbsp;<em>Zoom FIOT<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Xesto<\/em>, a instalaci\u00f3n art\u00edstica de Noelia Paz<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en li\u00f1a na plataforma&nbsp;<a class=\"\" href=\"http:\/\/ataquilla.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Ataquilla.com<\/a>&nbsp;ou na billeteira dos espazos o mesmo d\u00eda da funci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>Pistacatro, Touri\u00f1\u00e1n e Xampatito Pato, entre outros,&nbsp;protagonizan a segunda semana do Festival Internacional Outono de Teatro, que ofrecer\u00e1, de xoves a domingo, seis novas propostas esc\u00e9nicas. A R\u00faa dos Contos desta 34\u00aa edici\u00f3n do FIOT contin\u00faa a s\u00faa andanza este xoves, 2 de outubro, \u00e1s 21.00 horas, no Casino 1889, co mon\u00f3logo das narradoras orais galegas Atenea Garc\u00eda e Vero Rilo&nbsp;<em>Bailen as vellas. Os contos das cereixas<\/em>, un espect\u00e1culo accesible en lingua de signos.&nbsp;<em>Chegar e encher<\/em>, de Bea Campos, e&nbsp;<em>Zorras<\/em>, da C\u00eda. La Cre\u00edda, son as outras d\u00faas propostas que encher\u00e1n de risas a R\u00faa dos Contos esta fin de semana, no Valle Incl\u00e1n Caf\u00e9 o venres, e no Mercado Municipal o s\u00e1bado, respectivamente.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa o venres, 3 de outubro, un dos c\u00f3micos m\u00e1is queridos polo p\u00fablico do FIOT, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, regresar\u00e1 \u00e1s t\u00e1boas de Carballo co seu mon\u00f3logo&nbsp;<em>Aqu\u00ed tou!<\/em>, que poder\u00e1 verse no Auditorio do Pazo da Cultura, \u00e1s 21.00h, trala cancelaci\u00f3n por causas de forza maior da estrea de&nbsp;<em>Territorio Regueifa<\/em>, de Ain\u00e9 Produci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n o venres, 3 de outubro, \u00e1s 19.30 horas, na Praza do Concello, Pistacatro animar\u00e1 o Teatro de R\u00faa do FIOT coa s\u00faa \u00faltima creaci\u00f3n,&nbsp;<em>Sen patr\u00f3n<\/em>, a golpe de malabares, xogos imposibles e moito humor para todos os p\u00fablicos.&nbsp;Finalmente, o domingo, 5 de outubro, contra \u00e1s 20.00h, no Auditorio do Pazo da Cultura, o OTNI presentar\u00e1 a s\u00faa primeira proposta para este 2025:&nbsp;<em>Compa\u00f1a<\/em>, de Xampatito Pato, unha pequena xoia que fusiona circo coa arte das marionetas e o teatro de obxecto nunha fermosa viaxe on\u00edrica.<\/p>\n\n\n\n<p>Paralelamente, na Sala de Exposici\u00f3ns e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o p\u00fablico pode visitar as mostras&nbsp;<em>Zoom FIOT<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Xesto<\/em>, a instalaci\u00f3n art\u00edstica de Noelia Paz. As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en li\u00f1a na plataforma&nbsp;<a target=\"_blank\" href=\"https:\/\/entradas.ataquilla.com\/gl\/ventaentradas\/resultados-busqueda?query=34%20FIOT\" class=\"\" rel=\"noreferrer noopener\">Ataquilla.com<\/a>&nbsp;ou na billeteira dos espazos o mesmo d\u00eda da funci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE OS ESEPCT\u00c1CULOS DESTA SEGUNDA SEMANA DO #FIOT34<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Bailen as vellas. Os contos das cereixas<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>XOVES 2 DE OUTUBRO, 21.00H I CASINO 1889<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/bailen-as-vellas-os-contos-das-cereixas\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/bailen-as-vellas-os-contos-das-cereixas<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Hai contos que se resisten, coma as cereixas, que ve\u00f1en da man, un detr\u00e1s do outro, e saben a memoria viva. Botas os contos \u00e1 boca, rir, emocionar, lembrar e resistir con retranca, poes\u00eda e m\u00fasica. Un lugar onde a tradici\u00f3n non \u00e9 pasado, sen\u00f3n presente que latexa. As narradoras Atenea Garc\u00eda e Vero Rilo chegan coas falas das que non calaron, das que bailaron, cantaron e fixeron da vida un conto en galego. Coa pandeireta na man, neste ano no que conmemoramos a \u00e1s cantareiras e a todo o legado da transmisi\u00f3n oral da man de mulleres traen \u00e1 escena un espect\u00e1culo para po\u00f1er a palabra no centro, o idioma na boca e as mulleres na voz. Este espect\u00e1culo \u00e9 accesible en lingua de signos grazas ao equipo mixto formado por Gema Santos (int\u00e9rprete) e Ruth Lovera (asesora ling\u00fc\u00edstica xorda).<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-683x1024.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1707\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19623\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-scaled.jpg 1707w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-1280x1920.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-980x1470.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Sen-patron-480x720.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1707px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Sen patr\u00f3n<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>VENRES 3 DE OUTUBRO, 19.30H I PRAZA DO CONCELLO<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/sen-patron\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/sen-patron<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>No mundo dos malabares, todo segue un patr\u00f3n, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as b\u00f3las non caian, que as mazas tracen o seu cami\u00f1o no aire e que os di\u00e1bolos xiren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo? Aqu\u00ed non hai quen mande, s\u00f3 mans que compiten e obxectos que voan por riba das s\u00faas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres c\u00f3micos que viven a vida como os malabares que controlan, facendo patr\u00f3ns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrir\u00e1n que a verdadeira maxia non est\u00e1 en quen manda, sen\u00f3n en aprender a xogar xuntos. Pistacatro \u00e9 unha compa\u00f1\u00eda e produtora de circo referente en Galicia con vinte anos de traxectoria. Agrupa a numerosos artistas e \u00e9 pioneira na creaci\u00f3n, distribuci\u00f3n e profesionalizaci\u00f3n das artes circenses en e desde Galicia, liderando a promoci\u00f3n do circo contempor\u00e1neo. Esta \u00e9 a s\u00faa \u00faltima obra.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Aine-Aqui-Tou-Foto1_HD-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Aine-Aqui-Tou-Foto1_HD-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19621\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Aine-Aqui-Tou-Foto1_HD-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Aine-Aqui-Tou-Foto1_HD-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Aqu\u00ed tou!<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>VENRES 3 DE OUTUBRO, 21.00H I AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA<\/p>\n\n\n\n<p>En&nbsp;<em>Aqu\u00ed tou!,<\/em>&nbsp;Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n fai un percorrido pola s\u00faa vida, desde a s\u00faa concepci\u00f3n nunha noite de San Xo\u00e1n ata un posible epitafio. Sobre as t\u00e1boa, revive momentos clave do seu cami\u00f1o vital cos que, como galegos, todos nos sentimos identificados. Mesturando realidade con ficci\u00f3n, tenrura e picard\u00eda, an\u00e9cdotas propias e cultura popular galega, Touri l\u00e9vanos da man cun mon\u00f3logo no que conta e representa partes da s\u00faa vida, e da serie de boas e malas decisi\u00f3ns que, xunto cos feitos casuais, lev\u00e1rono a ser quen hoxe \u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Chegar e encher<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>VENRES 3 DE OUTUBRO, 23.00H I VALLE INCL\u00c1N CAF\u00c9<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/chegar-e-encher\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/chegar-e-encher<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Pasen e vexan: esta muller que est\u00e1 no centro do escenario era unha nena adorable que alegraba \u00e1s veci\u00f1as coa s\u00faa ledicia. Aos corenta anos, aquela criatura que o ti\u00f1a todo para ser feliz, sube ao escenario para confesar que a cousa non foi tan sinxela. Porque si, \u00e1s veces unha toma decisi\u00f3ns que a levan por cami\u00f1os inesperados\u2026 e remata facendo rir nun cabar\u00e9 con alma de mon\u00f3logo.<\/p>\n\n\n\n<p>Narraci\u00f3n, improvisaci\u00f3n e cabar\u00e9. Chegar e encher \u00e9 un canto ao fracaso e un divertido e \u00e1cido mon\u00f3logo teatral sobre a dificultade de encaixar nos roles de x\u00e9nero marcados e a imposibilidade de controlar as nosas vidas.Este \u00e9 o segundo mon\u00f3logo para adultas de Bea Campos, actriz, narradora e presentadora. Dende moi nova, comezou a contar contos, realizou milleiros de actuaci\u00f3ns e levou as s\u00faas historias ata o outro lado do mar, participando en festivais de artes esc\u00e9nicas en Latinoam\u00e9rica.<\/p>\n\n\n\n<p>Este espect\u00e1culo \u00e9 accesible en lingua de signos grazas ao equipo mixto formado por Gema Santos (int\u00e9rprete) e Ruth Lovera (asesora ling\u00fc\u00edstica xorda).<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Zorras<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>S\u00c1BADO 4 DE OUTUBRO, 23.00H I MERCADO MUNICIPAL<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/zorras\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/zorras<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>D\u00faas mulleres de \u201c40 e tantos\u201d x\u00fantanse para contar as s\u00faas propias historias, esas que pasan por relaci\u00f3ns, amizades e momentos que marcan unha vida. Pero non se quedan s\u00f3 a\u00ed: po\u00f1en ao descuberto as semellanzas entre o comportamento humano e o mundo animal, cunha mestura divertida e irreverente. B\u00e1rbara Rodr\u00edguez, do Teatro del Cuervo, e Noem\u00ed Miranda, de Trivilorio Impro, ve\u00f1en de mundos distintos \u2014teatro de texto, improvisaci\u00f3n e cabar\u00e9\u2014 pero comparten moitas experiencias vitais e moito humor neste espect\u00e1culo no que a improvisaci\u00f3n, a m\u00fasica e a complicidade co p\u00fablico o transforman nunha festa. Un espect\u00e1culo cabareteiro, c\u00f3mico, primitivo e moi instintivo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\" noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"1707\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19624\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/Compana-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2560px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Compa\u00f1a<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>DOMINGO 5 DE OUTUBRO, 20.00H I AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/compana\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/compana<\/a><\/p>\n\n\n\n<p>Un personaxe solitario, atrapado no seu propio universo, decide abrir as portas da imaxinaci\u00f3n na procura de compa\u00f1\u00eda. Criaturas inesperadas e sorprendentes obxectos cobrar\u00e1n vida e acompa\u00f1ar\u00e1n ao p\u00fablico por un po\u00e9tico cami\u00f1o de emoci\u00f3n, sorpresas e risas.O circo fusi\u00f3nase coa arte das marionetas e do teatro de obxectos, e este peculiar personaxe descubriranos como o invisible se volve tanxible e como o imposible se transforma nun xogo compartido de fermosas e m\u00e1xicas imaxes. Detr\u00e1s desta creaci\u00f3n est\u00e1 Jes\u00fas Velasco Otero, artista multidisciplinar, malabarista e clown de gran destreza t\u00e9cnica e cunha ampla traxectoria en compa\u00f1\u00edas galegas, nacionais e internacionais. Fascinaranos pola s\u00faa capacidade de trasladar ao escenario o seu mundo interior cun selo inconfundible de fraxilidade, creatividade, precisi\u00f3n e tenrura.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A 34\u00aa EDICI\u00d3N DO FIOT DE CARBALLO<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresar\u00e1 \u00e1s t\u00e1boas para celebrar a s\u00faa 34\u00aa edici\u00f3n con 45 espect\u00e1culos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproduci\u00f3ns e figuras imprescindibles da escena teatral contempor\u00e1nea. Durante cinco semanas, o FIOT achegar\u00e1 a Galicia una coidada selecci\u00f3n de propostas \u00e1 altura dos teatros e festivais m\u00e1is representativos de Espa\u00f1a e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Espa\u00f1ol, a Compa\u00f1\u00eda Nacional de Teatro Cl\u00e1sico, o Centro Dram\u00e1tico Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fet\u00e9n, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Oto\u00f1o de Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed, o FIOT de Carballo encher\u00e1 \u00e1s salas, as r\u00faas e os espazos non convencionais da vila berganti\u00f1\u00e1 con pezas de artistas e compa\u00f1\u00edas como Andrea Jim\u00e9nez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, Mar\u00eda Galiana, Alex O\u2019Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Cham\u00e9 Buend\u00eda, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ain\u00e9, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.<\/p>\n\n\n\n<p>Nesta 34\u00aa edici\u00f3n, o FIOT volverase converter no \u201ccoraz\u00f3n do teatro en Galicia\u201d da man das s\u00faas li\u00f1as de programaci\u00f3n habituais, con propostas abertas a todos os p\u00fablicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 pa\u00edses \u2013Espa\u00f1a, B\u00e9lxica, Arxentina\u2013 e 9 comunidades aut\u00f3nomas \u2013Andaluc\u00eda, Asturias, Comunidade Valenciana, Catalu\u00f1a, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e Pa\u00eds Vasco\u2013, ademais dunha vintena de acci\u00f3ns de mediaci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>No FIOT haber\u00e1 Programa de Sala, OTNI, R\u00faa dos Contos, Teatro de R\u00faa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>, FIOTeen e Fioti\u00f1o, ademais de 3 residencias art\u00edsticas, 2 presentaci\u00f3ns de&nbsp;<em>works in progress<\/em>&nbsp;e actividades paralelas como exposici\u00f3ns, gravaci\u00f3ns de OndaFIOT, presentaci\u00f3ns de libros, conversas, o Premio do P\u00fablico, o Certame de Teatro Lido, etc.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Reco\u00f1ecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non s\u00f3 en termos de exhibici\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n de produci\u00f3n e acompa\u00f1amento art\u00edstico, no #FIOT34 non faltar\u00e1n produci\u00f3ns con selo galego que formar\u00e1n parte fundamental do seu programa, da man de compa\u00f1\u00edas e artistas tan queridas polo p\u00fablico de Carballo como Contraproduci\u00f3ns, Ain\u00e9, Pistacatro, Paula Quintas C\u00eda., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmart\u00edn, Marita Mart\u00ednez ou Galeatro \u2013esta \u00faltima, en t\u00e1ndem art\u00edstico con Xarope Tul\u00fa e a Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira\u2013.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Cabe destacar que, fiel \u00e1 s\u00faa vocaci\u00f3n de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os p\u00fablicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas est\u00e1n orientadas a todos os p\u00fablicos, non exclusivamente adultos, como \u00e9 o caso das marabillosas&nbsp;<em>Matres<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>Farra<\/em>. Un ano m\u00e1is, haber\u00e1 espazo para o risco, os cl\u00e1sicos, os emerxentes, as novas linguaxes&#8230; e, en definitiva, unha invitaci\u00f3n ao descubrimento.<\/p>\n\n\n\n<p>\u201cRa\u00edz viva, memoria colectiva\u201d \u00e9 o leitmotiv dunha edici\u00f3n que busca po\u00f1er en valor a orixe e a tradici\u00f3n como s\u00edmbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Tr\u00e1tase dunha chamada \u00e1 orixe: a aquilo que nos sost\u00e9n por dentro, a\u00ednda que non se vexa. Como as entra\u00f1as do corpo, a ra\u00edz e a memoria forman parte desa anatom\u00eda com\u00fan que nos une: emocional, cultural e esc\u00e9nica.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>M\u00e1is de tres d\u00e9cadas creando teatro<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo. Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.<\/p>\n\n\n\n<p>Desde hai 34 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona. Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.<\/p>\n\n\n\n<p>Nas s\u00faas pasadas 33 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 350 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez \u2018El Brujo\u2019, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Grupo Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" class=\"\" rel=\"noreferrer noopener\">www.fiot.gal<\/a>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/10\/2025.10.01.NP-Segunda-Semana-FIOT34.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2025.10.01.NP-Segunda-Semana-FIOT34<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; A R\u00faa dos Contos desta 34\u00aa edici\u00f3n do FIOT contin\u00faa a s\u00faa andanza este xoves,&nbsp;2 de outubro, no Casino 1889 a noite deste xoves, 2 de outubro, \u00e1s 21.00 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[3227,3300,3401,3402,1314],"class_list":["post-19620","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-fiot34","tag-fiot-2025","tag-pisacatro","tag-xampatito-pato","tag-xose-a-tourinan"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19620","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19620"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19620\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19629,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19620\/revisions\/19629"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19620"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19620"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19620"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}