{"id":19494,"date":"2025-09-23T22:18:22","date_gmt":"2025-09-23T21:18:22","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19494"},"modified":"2025-09-23T22:21:36","modified_gmt":"2025-09-23T21:21:36","slug":"inauguracion-da-exposicion-entre-as-sombras-voltarei-acompanado-de-vicente-blanco-na-galeria-neboa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19494","title":{"rendered":"Inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n ENTRE AS SOMBRAS VOLTAREI ACOMPA\u00d1ADO, de Vicente Blanco, na Galer\u00eda N\u00c9BOA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1414\" height=\"2000\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19495\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA.jpg 1414w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA-1280x1810.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA-980x1386.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/09\/Exposicion-Galeria-NEBOA-480x679.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1414px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>N\u00c9BOA<\/strong>&nbsp;inaugura a s\u00faa tempada expositiva con&nbsp;<strong>Vicente Blanco (Cee, 1974).<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Xoves 18 de setembro \u00e1s 19.30h na R\u00faa<\/strong>&nbsp;<strong>Lamas de Prado, 31, Lugo.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;<strong>vindeiro 18 de setembro \u00e1s 19:30h<\/strong>, a galer\u00eda&nbsp;<strong>N\u00c9BOA<\/strong>&nbsp;abre a s\u00faa tempada coa exposici\u00f3n&nbsp;<strong>ENTRE AS SOMBRAS VOLTAREI ACOMPA\u00d1ADO<\/strong>, segunda mostra individual de&nbsp;<strong>Vicente Blanco<\/strong>&nbsp;(Cee, 1974) na galer\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta exposici\u00f3n enm\u00e1rcase dentro da programaci\u00f3n de&nbsp;<strong>#ABERTO2025,<\/strong>&nbsp;evento organizado por&nbsp;<strong>CONTEMPOR\u00c1NEA<\/strong>&nbsp;(Asociaci\u00f3n de Galer\u00edas de Arte Contempor\u00e1neo de Galicia), no que as galer\u00edas asociadas participan de maneira conxunta inaugurando a nova tempada expositiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na nova serie de traballos de&nbsp;<strong>Vicente Blanco, o debuxo conv\u00e9rtese no eixo central, reivindicado tanto polos seus valores pl\u00e1sticos coma pola s\u00faa condici\u00f3n de medio accesible e democr\u00e1tico.<\/strong>&nbsp;A exposici\u00f3n re\u00fane debuxos, pinturas e relevos en cer\u00e1mica, nos que o artista explora cuesti\u00f3ns ligadas \u00e1 identidade, o desexo e a violencia, as\u00ed como as tensi\u00f3ns entre afectividade e agresividade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Pedro de Llano<\/strong>&nbsp;(autor do texto) sinala que nesta ocasi\u00f3n&nbsp;<strong>\u201co que predomina son as relaci\u00f3ns f\u00edsicas, psicol\u00f3xicas e simb\u00f3licas entre personaxes, a trav\u00e9s de xestos, miradas e acci\u00f3ns, nas que as mans xogan un papel protagonista\u201d.&nbsp;<\/strong>O resultado \u00e9 un universo visual ambiguo e evocador, onde o humor e a iron\u00eda medran como recursos para habitar as sombras \u00e1s que alude o t\u00edtulo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:16px\"><strong>Entre as sombras voltarei acompa\u00f1ado<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na obra de&nbsp;<strong>Vicente Blanco<\/strong>&nbsp;\u2013cami\u00f1o da s\u00faa terceira d\u00e9cada\u2014hai dous temas recorrentes: a construci\u00f3n da identidade a trav\u00e9s da representaci\u00f3n e a interpretaci\u00f3n da paisaxe. A mi\u00fado aparecen interrelacionados, como suced\u00eda na s\u00faa anterior exposici\u00f3n na galer\u00eda N\u00c9BOA:&nbsp;<em>Os coleccionistas de formas<\/em>&nbsp;(2024). Naquel conxunto, Blanco reaccionaba \u00e1 destruci\u00f3n e transformaci\u00f3n do medio natural e cultural na Galicia rural, onde reside. Nese mundo en ru\u00ednas, presa do extractivismo e v\u00edtima dunha sensibilidade anestesiada, caracter\u00edstica da actual fase neoliberal, o artista pregunt\u00e1base; \u201ccomo constru\u00edr a identidade desde as marxes? Como narrar desde un contexto invisibilizado, que tam\u00e9n invisibiliza o desexo e a existencia?\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O problema da construci\u00f3n da identidade na obra de Blanco est\u00e1 presente desde os seus inicios. En 2003, Juan Vicente Aliaga escribiu un texto, \u00e1 mantenta da s\u00faa exposici\u00f3n individual no CGAC, titulado \u201cHistoria dunha ameaza. Sobre as identidades, o desexo e a violencia na obra de Vicente Blanco\u201d, no que expu\u00f1a as dificultades e presi\u00f3ns que soportan as persoas que configuran a s\u00faa identidade f\u00f3ra dos c\u00f3digos heteronormativos:&nbsp;<strong>\u201cNa obra de Vicente Blanco [\u2026] ani\u00f1an conatos e expresi\u00f3ns varias da homo-socialidad, e nela o desexo e a ameaza da s\u00faa supresi\u00f3n e materializaci\u00f3n van perigosamente da man\u201d*.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Resulta oportuno lembrar estas palabras de Aliaga porque a nova serie de traballos de Vicente Blanco relega, parcialmente, a paisaxe, para centrarse, de novo, nesta cuesti\u00f3n do subxectivo, o \u00edntimo, en relaci\u00f3n co espazo social e pol\u00edtico.&nbsp;<strong>O que predomina nestes debuxos son as relaci\u00f3ns f\u00edsicas, psicol\u00f3xicas e simb\u00f3licas entre os personaxes; os xestos, miradas e acci\u00f3ns<\/strong>&nbsp;\u2013nos que as mans desempe\u00f1an un papel protagonista, como suced\u00eda na exposici\u00f3n de 2024\u2014que constr\u00faen as pulsi\u00f3ns afectivas, pero tam\u00e9n violentas ou agresivas, que observamos entre eles. Por iso \u00e9 polo que a paisaxe (o fondo, o contexto) faise m\u00e1is abstracto, dom\u00e9stico e urbano, tam\u00e9n decorativo, para realzar este tipo de din\u00e1micas sut\u00eds e evocadoras entre figuras masculinas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u00c9 interesante reparar en como estas mesmas cuesti\u00f3ns \u2013e outras af\u00edns\u2014aparec\u00edan xa en series fotogr\u00e1ficas como&nbsp;<em>O que se espera de n\u00f3s<\/em>&nbsp;(2003), onde un grupo de catro adolescentes levaban a cabo un misterioso ritual cunha lanterna no medio dun campo \u00e1 noiti\u00f1a. Tam\u00e9n naquelas obras Vicente Blanco trataba de descubrir a realidade a trav\u00e9s de xestos sut\u00eds, leves; mediante t\u00e9cnicas de extra\u00f1amiento e distanciamento narrativo, propias do cinema e o teatro, como a elipsis, a performatividade e a fragmentaci\u00f3n, que resultan an\u00e1logas da abstracci\u00f3n e apertura sem\u00e1ntica que lle facilita, agora, o debuxo. Ata o t\u00edtulo que o artista escolleu para esta exposici\u00f3n \u2013<em>Entre as sombras voltarei acompa\u00f1ado<\/em>\u2014parece, en certa medida, un eco daquela serie de fotograf\u00edas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O debuxo sempre foi importante na obra de Blanco, pero nestas \u00faltimas series a s\u00faa reivindicaci\u00f3n parece asociada non s\u00f3 aos seus valores pl\u00e1sticos intr\u00ednsecos, sen\u00f3n tam\u00e9n ao car\u00e1cter accesible e democr\u00e1tico deste medio.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Coma se a s\u00faa condici\u00f3n de arte \u201cmenor\u201d, fronte a outras, supostamente, \u201cmaiores\u201d, como a pintura ou a escultura, fose algo coherente e solidario coas historias perif\u00e9ricas, forzosamente marxinadas, que pretende evocar. Desde o punto de vista dos valores pl\u00e1sticos, Blanco \u00e9 capaz de espremer ao m\u00e1ximo a t\u00e9cnica \u2013moi similar \u00e1 da anterior serie: lapis de cores, acuarela e gesso pigmentado sobre lenzo e papel\u2014 ata o punto de que, m\u00e1is que converterse nun virtuoso do debuxo, Blanco crea un novo medio, a partir da investigaci\u00f3n e a experimentaci\u00f3n. Doutra banda, hai unha vontade nestes traballos de aproximarse a x\u00e9neros \u201cmenores\u201d, como a caricatura, para representar a \u201cl\u00f3xica da guerra e da violencia\u201d, en relaci\u00f3n coa identidade, seguindo a tradici\u00f3n dun autor como George Grosz, por exemplo, que tam\u00e9n viviu e traballou nun tempo hist\u00f3rico pre-b\u00e9lico.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Fix\u00e9monos, por exemplo, na actitude altiva dun esvelto cabaleiro que sinala con desd\u00e9n a unha figura abatida, coa cabeza baixa e apenas bosquexada, case un borr\u00f3n; ou no grupo composto por dous mozos espidos acompa\u00f1ados \u2013a\u00ednda que talvez haber\u00eda que dicir, acosados\u2014por un home maduro e sinistro; no raparigo deitado sobre unha hamaca que parece debuxar unhas n\u00e1degas na area, mentres outro o contempla; ou no personaxe cuxa cabeza parece flotar, dando voltas, separada do corpo e metamorfose\u00e1ndose, mentres se saca a camiseta; ou no forzudo de noz prominente posando ante un espello suxeito por unhas mans delicadas, ao tempo que outra figura observa dende o alto\u2026 Son todos debuxos que unhas veces pasaron ao formato do lenzo mentres que outras conservan a fraxilidade e latencia do papel, como sucede nunha escena ambigua protagonizada por un raparigo fornido e un se\u00f1or calvo de nariz longo e r\u00edxido. O humor e a iron\u00eda son dous recursos que permiten a Blanco mediar ou manter a tensi\u00f3n entre o afectuoso e o seu contrario; entre o amor e o odio que inevitablemente habitan as sombras \u00e1s que se refire o t\u00edtulo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Xunto aos debuxos e pinturas, a exposici\u00f3n incl\u00fae unha nova serie de relevos en cer\u00e1mica con rostros e mans conectadas por cordas. Estas pezas activan o espazo da galer\u00eda e po\u00f1en en di\u00e1logo todas as obras entre s\u00ed. As cordas fan referencia \u00e1s li\u00f1as do debuxo, pero tam\u00e9n \u00e1 capacidade de amarrar, inmobilizar e dominar. A ductilidade do barro configura caras similares \u00e1s dos debuxos, sint\u00e9ticas, resoltas cuns poucos trazos que se replican, como as que atopamos na ilustraci\u00f3n ou a caricatura.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Di Vicente Blanco que no debuxo nada se oculta; nin os erros ou accidentes do proceso, nin os significados m\u00faltiples que cada obra pode suscitar. Por iso, a transparencia do medio \u00e9 enganosa; a visi\u00f3n \u00edntegra das sucesivas etapas compositivas, lonxe de aclarar o sentido da imaxe ent\u00farbaa, faina indescifrable. \u00c9 xustamente neste punto indeterminado e ambiguo cando o artista ret\u00edrase e d\u00e9ixanos a soas cos seus personaxes, tentando pescudar se as escenas que contemplamos son disputas, confrontaci\u00f3ns, encontros afectivos ou ambas as cousas \u00e1 vez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\"><strong>Pedro de Llano Neira<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\">Autor do texto<\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:11px\">*Juan Vicente Aliaga, \u201cHistoria dunha ameaza. Sobre as identidades, o desexo e a violencia na obra de Vicente Blanco\u201d, cat. exp.,&nbsp;<em>Vicente Blanco. O que se espera de n\u00f3s<\/em>, CGAC, Santiago de Compostela, 2003, p. 61.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-video is-provider-youtube wp-block-embed-youtube wp-embed-aspect-9-16 wp-has-aspect-ratio\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<iframe loading=\"lazy\" title=\"Master the Realistic Woodturning: Advanced Techniques for Stunning Sculptures\" width=\"563\" height=\"1000\" src=\"https:\/\/www.youtube.com\/embed\/C010u6RdW3g?feature=oembed\" frameborder=\"0\" allow=\"accelerometer; autoplay; clipboard-write; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture; web-share\" referrerpolicy=\"strict-origin-when-cross-origin\" allowfullscreen><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Vicente Blanco<\/strong>&nbsp;(Cee, 1974) \u00e9 Licenciado en Belas Artes na especialidade de Escultura pola Universidade de Vigo (1997) e Doutor en Belas Artes pola Universidade de Granada (2012). Blanco expuxo en prestixiosos museos de arte contempor\u00e1nea como o MNCA Reina Sof\u00eda (Madrid), CGAC (Compostela), MARCO (Vigo) e o MUSAC (Le\u00f3n). Entre os seus \u00faltimos proxectos individuais destaca a mostra&nbsp;<em>Entre as sombras voltarei acompa\u00f1ado<\/em>&nbsp;na Galer\u00eda N\u00c9BOA (Lugo),&nbsp;<em>Os coleccionistas de formas<\/em>&nbsp;na Galer\u00eda N\u00c9BOA (Lugo),&nbsp;<em>Los cuerpos inesperados&nbsp;<\/em>na Galer\u00eda silvestre (Madrid),&nbsp;<em>O bruto delicado<\/em>&nbsp;no Espacio Sirvent (Vigo),&nbsp;<em>Contrato para paisaje<\/em>&nbsp;na Galerie van der Mieden (Amberes) e&nbsp;<em>Otra vez algo nuevo<\/em>&nbsp;na Galer\u00eda Elba Ben\u00edtez (Madrid). E de forma colectiva:&nbsp;<em>\u00bfAd\u00f3nde ir\u00e1 el p\u00e1jaro que no vuele? \u00bfAd\u00f3nde ir\u00e9 yo que no te lleve?,<\/em>&nbsp;La Casa Encendida (Madrid),&nbsp;<em>F\u00edo do Norte&nbsp;<\/em>en NORMAL (A Coru\u00f1a),&nbsp;<em>Norte Silvestre e Agreste<\/em>&nbsp;na Galeria Municipal do Porto (Oporto),&nbsp;<em>Derrotas: formas de pensar<\/em>&nbsp;en NORMAL (A Coru\u00f1a),&nbsp;<em>Persistencia e Animaci\u00f3n<\/em>&nbsp;na Sociedade Nacional de Belas Artes (Lisboa), etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Vicente Blanco foi distinguido coa bolsa da Fundaci\u00f3n Pollock-Krasner (2023) e a s\u00faa obra est\u00e1 presente en destacadas colecci\u00f3ns como Carr\u00e9 d&#8217;Art en Nimes, a Fundaci\u00f3n Mar\u00eda Jos\u00e9 Jove, o Centro Galego de Arte Contempor\u00e1nea e o Museo de Arte Contempor\u00e1neo de Castilla y Le\u00f3n, entre outros. Dende o 2013 reside en Coeses, unha pequena parroquia do Concello de Lugo. Imparte clases na \u00e1rea de Did\u00e1ctica da Expresi\u00f3n Pl\u00e1stica da USC na Facultade de Formaci\u00f3n do Profesorado de Lugo e adem\u00e1is, xunto con Salvador Cidr\u00e1s e Estela Freile, \u00e9 un dos fundadores do grupo de innovaci\u00f3n educativa Escola Imaxinada, un colectivo formado por diferentes profesionais do \u00e1mbito das artes, a arquitectura, a filosof\u00eda e a Educaci\u00f3n Infantil e Primaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O&nbsp;vindeiro 18 de setembro \u00e1s 19:30h, a galer\u00eda&nbsp;N\u00c9BOA&nbsp;abre a s\u00faa tempada coa exposici\u00f3n&nbsp;ENTRE AS SOMBRAS VOLTAREI ACOMPA\u00d1ADO, segunda mostra individual de&nbsp;Vicente Blanco&nbsp;(Cee, 1974) na galer\u00eda. Esta exposici\u00f3n enm\u00e1rcase dentro da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[3361,2169,2386],"class_list":["post-19494","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-entre-as-sombras-voltarei-acompanado","tag-galeria-neboa","tag-vicente-blanco"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19494","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19494"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19494\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19498,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19494\/revisions\/19498"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19494"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19494"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19494"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}