{"id":19398,"date":"2025-09-05T19:37:49","date_gmt":"2025-09-05T18:37:49","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19398"},"modified":"2025-09-05T19:41:30","modified_gmt":"2025-09-05T18:41:30","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-o-ultimo-cowboy-de-castroverde","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19398","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a O \u00daLTIMO COWBOY DE CASTROVERDE"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:25px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\">O \u00daLTIMO COWBOY DE CASTROVERDE<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Non vou negar a mi\u00f1a afecci\u00f3n polas novelas de vaqueiros na \u00e9poca de estudante de bacharelato na cidade das murallas. M\u00e1is ca un simple entretemento \u2014 motivo polo que as l\u00eda\u2014 foron o caldo de cultivo da mi\u00f1a posterior lectura, que non sei se definir como compulsiva ou convulsiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Antes de interesarme polos pistoleiros, pola dura vida na fronteira de Texas ou polos buscadores de ouro de Dakota do Sur, as mi\u00f1as lecturas estiveran marcadas por Verne, Stevenson ou Enyd Blyton. Mais ao chegar a Lugo estes autores deron paso a Estefan\u00eda, e Kane, entre outros. As noveli\u00f1as do oeste eran as m\u00e1is accesibles para o meu peto e tam\u00e9n para os dos meus colegas de lectura, cos que, naturalmente, intercambiaba as xa lidas. As\u00ed evitabamos ter que ir ao kiosko habitual cambialas por unha ou d\u00faas pesetas e, no seu canto, pod\u00edamos destinar ese di\u00f1eiro aforrado para mercar alg\u00fan Celta curto, que vend\u00edan soltos e, con algo de sorte, incluso alg\u00fan Ducados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As rapazas, pola s\u00faa banda, segu\u00edan un ritual semellante coas novelas gr\u00e1ficas da escritora de Viavelez, Cor\u00edn Tellado; historias de amor e celos que circulaban con igual intensidade entre as manas das lectoras. Moitas veces me ten tentado o demo mercar algunha, pero d\u00e1bame vergo\u00f1a. Que dir\u00edan os meus amigos? Naquela \u00e9poca no que o x\u00e9nero marcaba tanto a<br>nosa vida, era de ousados, un mozo ler unha novela de Tellado ou viceversa, unha moza ler a Estefan\u00eda. Acababas sendo sinalado como marica ou marimacho.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A lectura deste tipo de literatura, se as\u00ed lle podemos chamar, durar\u00eda un par de anos, sempre alternada coas lecturas obrigatorias ou aconselladas por parte da profesora de Literatura. Lecturas que te engachan como pode suceder coa droga ou o alcohol e que alg\u00fans non foron quen de superar ata que Deus ou o demo \u2014vai ti saber\u2014os veu veu chamar.Tal era o caso de Venancio, un veci\u00f1o meu. Un caso, poder\u00eda afirmar, malia non ser psiquiatra, cl\u00ednico. Cando eu estaba na idade da puberdade el xa era maior, polo menos pasaba do corenta, desde o meu punto de vista de p\u00fabere, un anci\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Venancio sempre \u00eda provisto, como m\u00ednimo de d\u00faas novelas asomando nos petos da s\u00faa chaqueta ou gab\u00e1n. Un pouco a imitaci\u00f3n do gran escritor de Lugo, \u00c1nxel Fole, que a coti\u00e1 levaba a metade do diario \u201cEl Progreso\u201d, f\u00f3ra do peto. Un amigo meu de Oviedo, gran admirador do poeta e cuentista Fole, sempre que falabamos del, lembr\u00e1bame esa comuni\u00f3n entre o diario de Lugo e o escritor, que por outra parte era articulista do mesmo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Venancio, amigo da familia, tenme convidado moitas veces \u00e1 sua casa para presumir de biblioteca. Unha biblioteca \u00fanica e exclusivamente formada por este tipo de novelas, coa excepci\u00f3n de \u201cEl Quijote\u201d e \u201cLos Miserables\u201d. Estefan\u00eda, Keith Luger, Silver Kane\u2026, ateigaban os andeis daquel peculiar santuario de letras, arca do saber ou xard\u00edn de libros. Calquera desas definici\u00f3ns nos poder\u00eda valer para describir aquel cuarto con cheiro a humidade, tinta e madeira vella.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co paso dos anos as historias foron calando tanto na s\u00faa alma que comezou a falar e a actuar como un personaxe m\u00e1is dos seus amados autores.<br>Tan pronto era un forasteiro acabado de chegar a un saloon de Dodge City: \u2014Esta vila est\u00e1 chea de tramposos e buscavidas \u2014berraba ao entrar no caf\u00e9 de Vicente e pedir un whisky, que vi\u00f1a a ser unha cervexa San Miguel rebaixada con gaseosa \u201cEl Castillo\u201d; gaseosa elaborada na vila, mesturando auga cunha especie de p\u00f3s na f\u00e1brica de Emilio Pol. \u2014A vida \u00e9 dura na fronteira, amiga \u2014soltaba cando, sentado nunha cadeira tomaba un vi\u00f1o mentres no televisor botaban \u201cEl Virginiano\u201d, un ama de casa entraba na tenda de Hortensio mercar garavanzos ou bacallau e se queixaba do prezo. E as\u00ed, para cada situaci\u00f3n sempre ti\u00f1a algo que dicir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A\u00ednda se segue a falar hoxe na vila daquela ma\u00f1\u00e1 de domingo de feira cando un labrego rifaba cun tratante por un trato de gando e apareceu el co seu elegante gab\u00e1n. \u2014Aqu\u00ed s\u00f3 hai unha maneira de resolver isto, un duelo. Eu podo ser unha testemu\u00f1a, a outra, coida que D. Manuel, o cura, pode ser a persoa m\u00e1is axeitada. De paso aproveita para suministrar o derradeiro mandamento ao que te\u00f1a a mala fortuna de caer con honor. Os feirantes mir\u00e1ronse, mir\u00e1rono, e bot\u00e1ronse a rir. Pero el non r\u00eda. Levou a man ao bolso do gab\u00e1n e sacou\u2026 \u201cLeyes de plomo\u201d de Marcial Lafuente Estefan\u00eda. \u2014Aqu\u00ed est\u00e1 a lei do Oeste. A ver se vos instru\u00eddes algo. As\u00ed saberedes como se resolve unha disputa entre homes de honra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Venancio, que por certo nunca deu un pau \u00e1 auga, seguiu no seu mundo de cabalos, pistoleiros e foraxidos. Nunca pisou Kansas nin Texas, pero no seu coraz\u00f3n ata a s\u00faa morte, ocorrida pouco antes de rematar o s\u00e9culo pasado, seguiu a ser o \u00faltimo cowboy de Castroverde.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a O \u00daLTIMO COWBOY DE CASTROVERDE Non vou negar a mi\u00f1a afecci\u00f3n polas novelas de vaqueiros na \u00e9poca de estudante de bacharelato na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,3342,975,993],"class_list":["post-19398","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-o-ultimo-cowboy-de-castroverde","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19398","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19398"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19398\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19403,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19398\/revisions\/19403"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19398"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19398"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19398"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}