{"id":19307,"date":"2025-08-20T16:31:07","date_gmt":"2025-08-20T15:31:07","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19307"},"modified":"2025-08-20T16:32:35","modified_gmt":"2025-08-20T15:32:35","slug":"areta-bolado-elixida-xograresa-de-outono-do-fiot-2025","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19307","title":{"rendered":"Areta Bolado, elixida\u00a0Xograresa de Outono do FIOT 2025"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"1707\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19308\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/Areta-Bolado-\u00a9-Pilar-Abades-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 2560px) 100vw, 2560px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O galard\u00f3n, que pretende salientar a traxectoria de profesionais\u00a0das artes esc\u00e9nicas galegas co reco\u00f1ecemento de figuras imprescindibles\u00a0do sector de xeito anual, entregarase en outubro durante a celebraci\u00f3n\u00a0da 34\u00aa edici\u00f3n do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O xurado destacou a riqueza e a versatilidade dunha creadora\u00a0que \u00e9 actriz, dramaturga e directora, co desexo de visibilizar novas formas\u00a0de xograres e novas xeraci\u00f3ns no FIOT, con figuras como Areta, que abren\u00a0renovados e estimulantes cami\u00f1os para as artes esc\u00e9nicas galegas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O xurado remarcou, tam\u00e9n, a solidez da traxectoria de Areta Bolado,\u00a0tan querida pola s\u00faa linguaxe contempor\u00e1nea irreverente e estimulante,\u00a0cunha bagaxe reco\u00f1ecida dentro e f\u00f3ra de Galicia, e cun pulso creativo\u00a0que comparte<\/strong> <strong>valores fundamentais para FIOT como a loita polo feminismo e a inclusi\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Neste 2025, como unha mostra m\u00e1is da aposta do FIOT pola ra\u00edz e o apoio\u00a0ao talento local, a Asociaci\u00f3n Tel\u00f3n e Aparte encargoulle o dese\u00f1o do novo trofeo\u00a0da Xograresa de Outono \u00e1 artes\u00e1 carballesa Mar\u00eda Barca, impulsora da Oler\u00eda CR\u00daA en Carballo, que ser\u00e1 tam\u00e9n a encargada do dese\u00f1o do Premio do P\u00fablico<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgar\u00e1 este 2025 o premio Xograresa de Outono a Areta Bolado. Deste xeito, o encontro, unha cita de referencia en Galicia e no estado polo seu traballo a prol da creaci\u00f3n de novos p\u00fablicos e o fortalecemento da escena, mant\u00e9n viva a chama da posta en valor e o reco\u00f1ecemento de figuras imprescindibles do sector cultural galego, coa entrega anual dun galard\u00f3n que quere salientar a traxectoria de profesionais das artes esc\u00e9nicas.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta ocasi\u00f3n, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar \u00e1 actriz, dramaturga e directora Areta Bolado, unha das fundadoras da compa\u00f1\u00eda A Panadar\u00eda. No seu fallo, o xurado destacou \u00e1 artista, ademais de pola s\u00faa relevante e valiosa traxectoria para as artes esc\u00e9nicas galegas, \u201cpola riqueza e a versatilidade dunha creadora que \u00e9 actriz, dramaturga e directora, co desexo de visibilizar novas formas de xograres e novas xeraci\u00f3ns no FIOT, con figuras como Areta, que abren renovados e estimulantes cami\u00f1os para as artes esc\u00e9nicas galegas\u201d. O xurado remarcou, tam\u00e9n, \u201ca solidez da traxectoria de Areta Bolado, tan querida pola s\u00faa linguaxe contempor\u00e1nea irreverente e estimulante, cunha bagaxe reco\u00f1ecida dentro e f\u00f3ra de Galicia, e cun pulso creativo que comparte valores fundamentais para FIOT como a loita polo feminismo e a inclusi\u00f3n\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Areta Bolado \u2013cuxos espect\u00e1culos xunto \u00e1 compa\u00f1\u00eda A Panadar\u00eda foron tan celebrados nas s\u00faas visitas ao Pazo da Cultura de Carballo\u2013 recoller\u00e1 o seu galard\u00f3n este outono en Carballo, durante a celebraci\u00f3n da nova edici\u00f3n do FIOT, collendo o relevo do actor e narrador Avelino Gonz\u00e1lez, premiado en 2024.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE ARETA BOLADO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Areta Bolado (O Porri\u00f1o, 1985) \u00e9 actriz e creadora esc\u00e9nica. Foi unha das fundadoras da compa\u00f1\u00eda A Panadar\u00eda, na que artellou un teatro hilarante, transgresor e profundamente pol\u00edtico. Dentro desta formaci\u00f3n, ademais de coordinar todos os proxectos pedag\u00f3xicos, foi cocreadora e actriz de&nbsp;<em>PAN!PAN!<\/em>,&nbsp;<em>Panamericana<\/em>,&nbsp;<em>Elisa e Marcela<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>As que limpan<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O seu car\u00e1cter irreverente e l\u00fadico como int\u00e9rprete enchoupa outros proxectos teatrais e audiovisuais, como&nbsp;<em>So\u00f1o dunha noite de ver\u00e1n<\/em>&nbsp;(Marta Pazos, Voadora),&nbsp;<em>Neorretranca e Posmorri\u00f1a<\/em>&nbsp;(Centro Dram\u00e1tico Galego),&nbsp;<em>9 Fugas<\/em>&nbsp;(Fon Cortizo),&nbsp;<em>Descarrilados<\/em>&nbsp;(Fer Garc\u00eda Ruiz) ou&nbsp;<em>Xan<\/em>&nbsp;(Luc\u00eda Est\u00e9vez e Miguel Canalejo). Como creadora, mant\u00e9n desde hai anos unha v\u00eda de exploraci\u00f3n entre a m\u00fasica e o teatro xunto con Ail\u00e9n Kendelman, da que xurde o conxunto internacional&nbsp;<em>\u00c1ureas<\/em>, a conferencia-concerto&nbsp;<em>Barba Inguinal<\/em>&nbsp;e o m\u00e1is recente&nbsp;<em>Unha se\u00f1ora orquestra<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na s\u00faa traxectoria recibe numerosos premios auton\u00f3micos e estatais como actriz, dramaturga e directora, mais tam\u00e9n foi reco\u00f1ecida por diversos colectivos polo seu compromiso feminista e polos dereitos do colectivo LGBTIQ+.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>UN NOVO TROFEO PARA A XOGRARESA DE OUTONO DO FIOT 2025<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Como unha mostra m\u00e1is da aposta do FIOT pola ra\u00edz e o apoio ao talento local, neste 2025, a Asociaci\u00f3n Tel\u00f3n e Aparte encargoulle o dese\u00f1o do novo trofeo da Xograresa de Outono \u00e1 artista e artes\u00e1 carballesa Mar\u00eda Barca, impulsora do espazo CR\u00daA en Carballo. A creadora ser\u00e1 tam\u00e9n a encargada do dese\u00f1o do Premio do P\u00fablico do FIOT a partir desta 34\u00aa edici\u00f3n da cita.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mar\u00eda Barca \u00e9 carballesa de nacemento, pero, sobre todo, de coraz\u00f3n. Fala pouco, mais ten mans creadoras. Ela di que non \u00e9 fot\u00f3grafa, oleira ou ceramista, sen\u00f3n que desfruta de afrontar novos retos coas mans sen etiquetas. Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, tratando de combinar traballos pl\u00e1sticos e fotogr\u00e1ficos. Sinte predilecci\u00f3n polos proxectos sociais, solidarios e educativos, a produci\u00f3n artesanal, a cer\u00e1mica e a fotograf\u00eda documental. Despois de ter pasado por Madrid, Per\u00fa, Bilbao ou Berl\u00edn, regresou a casa, onde contin\u00faa ampliando a s\u00faa formaci\u00f3n tanto art\u00edstica como persoal. En agosto de 2022 publicou o seu primeiro libro,&nbsp;<em>Bu\u00f1o de seu<\/em>, un traballo documental e fotogr\u00e1fico sobre os oleiros e oleiras desta vila, que supuxo o seu achegamento definitivo ao mundo da cer\u00e1mica. En novembro do 2022 abriu as portas dun espazo que materializa as s\u00faas aspiraci\u00f3ns creativas: CR\u00daA, un obradoiro de cer\u00e1mica en Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta nova colaboraci\u00f3n do FIOT con Mar\u00eda Barca amosa o desexo do festival de abrirse a novas disciplinas e po\u00f1er en valor outras ricas manifestaci\u00f3ns art\u00edsticas, entre elas, a oler\u00eda, que ten un peso tan importante na comarca berganti\u00f1\u00e1. Con este dese\u00f1o dos trofeos da Xograresa de Outono e do Premio do P\u00fablico por parte da artes\u00e1 carballesa, o FIOT cristaliza unha vez m\u00e1is a s\u00faa aposta pola transversalidade e a converxencia entre as diferentes artes, o feminismo, o apoio ao talento emerxente e o impulso da creaci\u00f3n local, po\u00f1endo tam\u00e9n en valor a nosa ra\u00edz, o traballo manual e a tradici\u00f3n baixo un prisma contempor\u00e1neo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO (FIOT)<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>M\u00e1is de tres d\u00e9cadas creando teatro<\/em><\/strong><strong><em><\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo. Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde hai 34 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona. Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nas s\u00faas pasadas 33 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 350 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez \u2018El Brujo\u2019, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Grupo Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N I\u00a0<\/strong><a class=\"\" href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.fiot.gal<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/08\/20250820-NP-Xograresa-de-Outono-FIOT34.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250820-NP-Xograresa-de-Outono-FIOT34<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O galard\u00f3n, que pretende salientar a traxectoria de profesionais\u00a0das artes esc\u00e9nicas galegas co reco\u00f1ecemento de figuras imprescindibles\u00a0do sector de xeito anual, entregarase en outubro durante a celebraci\u00f3n\u00a0da 34\u00aa edici\u00f3n do [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[3296,3300,3299,3298,3297],"class_list":["post-19307","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-areta-bolado","tag-fiot-2025","tag-maria-barca","tag-oleria-crua","tag-xograresa-de-outono"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19307","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19307"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19307\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19310,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19307\/revisions\/19310"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19307"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19307"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19307"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}