{"id":19088,"date":"2025-07-15T13:49:14","date_gmt":"2025-07-15T12:49:14","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19088"},"modified":"2025-07-15T13:51:01","modified_gmt":"2025-07-15T12:51:01","slug":"o-fiot-celebrara-a-sua-34o-edicion-do-25-de-setembro-ao-1-de-novembro","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19088","title":{"rendered":"O FIOT celebrar\u00e1 a s\u00faa 34\u00ba edici\u00f3n\u00a0do 25 de setembro ao 1 de\u00a0novembro"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Cartel-FIOT34.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1080\" height=\"1350\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Cartel-FIOT34.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19089\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Cartel-FIOT34.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Cartel-FIOT34-980x1225.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Cartel-FIOT34-480x600.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1080px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:16px\"><strong>O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo regresa este outono&nbsp;\u00e1s salas, r\u00faas e espazos non convencionais da vila berganti\u00f1\u00e1 con reco\u00f1ecidas<\/strong> <strong>figuras das artes esc\u00e9nicas como Mar\u00eda Galiana, Paula Carballeira ou Jos\u00e9 L. Prieto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:16px\"><strong>O \u201ccoraz\u00f3n do teatro en Galicia\u201d presentou est\u00e1 ma\u00f1\u00e1 no Bosque&nbsp;do A\u00f1\u00f3n de Carballo o cartel desta nova edici\u00f3n, que conta coa ra\u00edz como&nbsp;o leitmotiv para po\u00f1er en valor a orixe e a tradici\u00f3n como s\u00edmbolos&nbsp;de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\" style=\"font-size:16px\"><strong>O festival desvelou os primeiros nomes da s\u00faa programaci\u00f3n,&nbsp;cos espect\u00e1culos coproducidos polo FIOT&nbsp;<em>Territorio regueifa<\/em>, de Ain\u00e9 Produci\u00f3ns,&nbsp;e&nbsp;&nbsp;<em>Berenguela na gaiola<\/em>, de Galeatro e Xarope Tul\u00fa; e a estrea en Galicia&nbsp;de&nbsp;<em>Yo soy quiero irme a Francia<\/em>, de Contraproduci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) regresar\u00e1 \u00e1s salas, \u00e1s r\u00faas e a espazos singulares de Carballo para celebrar a s\u00faa 34\u00aa edici\u00f3n do 25 de setembro ao 1 de novembro de 2025, da man de reco\u00f1ecidas figuras das artes esc\u00e9nicas como Mar\u00eda Galiana, Paula Carballeira e Jos\u00e9 L. Prieto, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O \u201ccoraz\u00f3n do teatro en Galicia\u201d presentou est\u00e1 ma\u00f1\u00e1 no Bosque do A\u00f1\u00f3n de Carballo o cartel desta nova edici\u00f3n, que conta coa ra\u00edz como o leitmotiv para po\u00f1er en valor a orixe e a tradici\u00f3n como s\u00edmbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O festival desvelou os primeiros nomes da s\u00faa programaci\u00f3n, cos espect\u00e1culos coproducidos polo FIOT&nbsp;<em>Territorio regueifa<\/em>, de Ain\u00e9 Produci\u00f3ns, e&nbsp;&nbsp;<em>Berenguela na gaiola<\/em>, da querida compa\u00f1\u00eda carballesa Galeatro e Xarope Tul\u00fa, con direcci\u00f3n da Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira; e a estrea en Galicia de&nbsp;<em>Yo soy quiero irme a Francia<\/em>, de Contraproduci\u00f3ns, peza firmada e dirixida por Elisabeth Larena e protagonizada por Mar\u00eda Galiana, Nieves de Medina, Ledicia Sola e Alicia Armenteros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Bosque do A\u00f1\u00f3n de Carballo acolleu a ma\u00f1\u00e1 deste martes, 15 de xullo, \u00e1s 11.00 horas, a presentaci\u00f3n das datas, o cartel e este avance do 34\u00ba Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. O acto contou coa participaci\u00f3n do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o director do FIOT, Alberto Sueiro; e a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Su\u00e1rez Cotelo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A principios do mes de setembro, o FIOT presentar\u00e1 o programa completo da s\u00faa 34\u00aa edici\u00f3n, con todas as li\u00f1as habituais que conforman cada ano o festival: Programa de Sala, OTNI, R\u00faa dos Contos, Teatro de R\u00faa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M<sup>2<\/sup>, FIOTeen e Fioti\u00f1o, ademais de actividades paralelas como exposici\u00f3ns, as gravaci\u00f3ns de OndaFIOT, a celebraci\u00f3n de xornadas profesionais, etc.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>\u201cRA\u00cdZ VIVA, MEMORIA COLECTIVA\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Hai ra\u00edces que non se ven, pero se senten.Nacen de dentro das entra\u00f1as, do que fomos e do que levamos gardado sen sabelo. Nesta 34\u00aa edici\u00f3n, o FIOT convida a mirar cara ao interior, a reco\u00f1ecer a forza do que nos sost\u00e9n:&nbsp;<strong>a tradici\u00f3n, a memoria e a orixe<\/strong>. Pero sempre, cunha mirada contempor\u00e1nea cara o presente e o futuro.O leitmotiv desta nova edici\u00f3n, a n\u00famero 34, do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo,\u201cra\u00edz viva, memoria colectiva\u201d, \u00e9 unha chamada \u00e1 orixe: a aquilo que nos sost\u00e9n por dentro, a\u00ednda que non se vexa. Como as entra\u00f1as do corpo, a ra\u00edz e a memoria forman parte da nosa estrutura profunda. Este festival explora esa anatom\u00eda com\u00fan que nos une: emocional, cultural e esc\u00e9nica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero para o&nbsp;<strong>#FIOT34<\/strong>, a ra\u00edz non \u00e9 s\u00f3 o punto de partida, sen\u00f3n unha rede que medra en moitas direcci\u00f3ns; un espazo compartido que po\u00f1er en valor, para entender a orixe, para avanzar, evolucionar, explorar e medrar. En palabras de&nbsp;<strong>Alberto Sueiro<\/strong>, director do FIOT, \u201cna era da globalizaci\u00f3n e mesmo da despersonalizaci\u00f3n na que vivimos, da sociedade l\u00edquida, inestable e fr\u00e1xil, de estruturas e valores cambiantes, perc\u00edbese un rexurdimento con forza da posta en valor das ra\u00edces, das orixes como conformadoras da identidade propia e colectiva, da memoria, do local e do noso patrimonio como nutrientes esenciais que nos mante\u00f1en en p\u00e9 e fundamentan o noso futuro\u201d.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Sueiro apuntou, tam\u00e9n, que \u201c<strong>na propia ra\u00edz est\u00e1 o xerme para a renovaci\u00f3n<\/strong>, para a creatividade, a evoluci\u00f3n e a diversidade, que establecen unha tensi\u00f3n permanente co legado e coa tradici\u00f3n. A variedade das propostas que presentamos conducirannos por viaxes emocionais ou narrativos diversos, colectivos ou individuais, que poden axudarnos nesta reflexi\u00f3n de que a nosa historia contempor\u00e1nea, non comeza con n\u00f3s sen\u00f3n na nosa ra\u00edz\u201d. E conclu\u00edu: \u201cBenvidas e benvidos a unha nova e, de novo, ilusionante, edici\u00f3n do FIOT\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda,&nbsp;<strong>Evencio Ferrero<\/strong>, alcalde de Carballo, quixo facer fincap\u00e9 na contorna elixida para a presentaci\u00f3n do cartel desta nova edici\u00f3n do festival: \u201co r\u00edo Anll\u00f3ns e o seu bosque te\u00f1en un significado moi especial para Carballo. Non son s\u00f3 un espazo de beleza natural, sen\u00f3n tam\u00e9n unha testemu\u00f1a viva da relaci\u00f3n profunda entre a localidade berganti\u00f1\u00e1 e a s\u00faa contorna. Cada paso polos seus sendeiros \u00e9 un suspiro de historia, de costumes e dun amor compartido pola terra que d\u00e1 vida \u00e1 nosa vila.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cami\u00f1ar pola beira do r\u00edo Anll\u00f3ns \u00e9, en si mesmo,&nbsp;<strong>un paseo pola alma de Carballo<\/strong>. Desde o tranquilo murmurio das s\u00faas augas ata a s\u00faa frondosa vexetaci\u00f3n, percorrer a s\u00faa paisaxe \u00e9 un agasallo para os sentidos e, tam\u00e9n, unha&nbsp;<strong>evocaci\u00f3n da historia local, da nosa tradici\u00f3n e da nosa ra\u00edz<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Veci\u00f1os e forasteiros atopan neste recuncho \u00fanico de Galicia un espazo para a relaxaci\u00f3n e o goce. O Bosque do A\u00f1\u00f3n, cos seus&nbsp;<strong>emblem\u00e1ticos carballos<\/strong>, \u00e9 un espazo de encontro e ledicia; unha paraxe acolledora e fermosa; o lugar das romar\u00edas populares e os xogos, das festas e o lecer aut\u00f3ctono. E \u00e9 nesa paraxe&nbsp;<strong>onde o pasado, o presente o e futuro se encontran<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Bosque do A\u00f1\u00f3n garda, sen d\u00fabida, un&nbsp;<strong>lugar privilexiado no coraz\u00f3n das xentes de Carballo<\/strong>: \u00e9 o escenario anual da Festa do Bosque, unha romar\u00eda popular que pecha as festividades de San Xo\u00e1n. A m\u00fasica, o baile e a mellor gastronom\u00eda local fusi\u00f3nanse neste espazo natural, convertendo a paraxe nunha celebraci\u00f3n viva das tradici\u00f3ns carballesas. \u00c9 unha explosi\u00f3n de sensaci\u00f3ns e de sons; unha conexi\u00f3n vibrante entre os habitantes da vila e a s\u00faa terra; a testemu\u00f1a silente da nosa ra\u00edz \u00fanica, que este ano representa o noso FIOT\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, a concelleira de Cultura e Festas,&nbsp;<strong>Maruxa Su\u00e1rez<\/strong>, destacou o FIOT como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Carballo, amosando o firme compromiso municipal co festival, como unha cita referente da cultura galega, non s\u00f3 en termos de exhibici\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n de produci\u00f3n e acompa\u00f1amento art\u00edstico.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A concelleira det\u00edvose, tam\u00e9n, na filosof\u00eda do FIOT, a ra\u00edz, \u201cque reflicte, tam\u00e9n, a actual li\u00f1a de traballo da \u00e1rea de cultura da corporaci\u00f3n municipal: a tradici\u00f3n, a recuperaci\u00f3n da identidade, a orixe e a ra\u00edz como s\u00edmbolo da nosa rica e potente identidade\u201d. E remarcou: \u201cO Festival Internacional Outono de Teatro \u00e9&nbsp;<strong>un proxecto cultural enraizado na nosa vila<\/strong>; desde hai m\u00e1is de tres d\u00e9cadas \u00e9 o s\u00edmbolo, o faro, que sustenta nosa cultura propia. O FIOT mira cara o futuro e est\u00e1 na mesma ra\u00edz da nosa localidade\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-1 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"19090\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19090\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341905\u00a9-Vanessa-Rabade_-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"19091\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19091\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Fiot-341987\u00a9-Vanessa-Rabade_-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>UN PRIMEIRO AVANCE DO PROGRAMA QUE NOS ESPERA NESTE #FIOT34<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta ma\u00f1\u00e1, o FIOT avanzou tres produci\u00f3ns con selo galego que formar\u00e1n parte fundamental do seu programa na edici\u00f3n n\u00famero 34 do festival, da man de compa\u00f1\u00edas tan queridas polo p\u00fablico de Carballo como Contraproduci\u00f3ns, Ain\u00e9 e Galeatro \u2013esta \u00faltima, en t\u00e1ndem art\u00edstico con Xarope Tul\u00fa e a Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira\u2013.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En consonancia co lema desta edici\u00f3n, a ra\u00edz como orixe da identidade propia e colectiva, o FIOT colabora na coproduci\u00f3n do espect\u00e1culo&nbsp;<strong><em>Territorio regueifa<\/em><\/strong>, de Ain\u00e9 Produci\u00f3ns. Combinando o xeito de regueifar, a retranca e a m\u00fasica cos c\u00f3digos do teatro de proximidade, tres m\u00fasicos e regueifeiros achegan ao escenario unha forma moi nosa de humor e cr\u00edtica social. Carballo e Berganti\u00f1os son reco\u00f1ecidas pola riqueza do seu patrimonio cultural inmaterial e, en particular, o patrimonio oral, salvagarda e transmisor da nosa memoria, que a\u00ednda se conserva e forma parte da nosa identidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En Carballo, a regueifa mantense a\u00ednda presente, cos \u00faltimos regueifeiros tradicionais e, tam\u00e9n, con novas xeraci\u00f3ns que est\u00e1n a actualizar o x\u00e9nero a trav\u00e9s de diversos proxectos de revitalizaci\u00f3n, como as iniciativas do Concello de Carballo&nbsp;<em>Escola da regueifa<\/em>, a&nbsp;<em>Liga da regueifa<\/em>, os obradoiros&nbsp;<em>Enregu\u00e9ifate<\/em>&nbsp;ou o certame de&nbsp;<em>La Voz de Galicia<\/em>&nbsp;que se celebra en Carballo Premios Galegos de Regueifa, ademais doutras iniciativas de \u00e1mbito galego como&nbsp;<em>Espallando rimas<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Por estes motivos, o FIOT non pod\u00eda ser alleo a este&nbsp;<em>Territorio regueifa&nbsp;<\/em>de Ain\u00e9, unha ambiciosa proposta esc\u00e9nica que busca trasladar a esencia da regueifa aos c\u00f3digos do p\u00fablico actual. Coa estrea absoluta deste espect\u00e1culo, o festival abrir\u00e1 o seu programa de sala a primeira fin de semana do mes de outubro, apertura \u00e1 que se une outra representaci\u00f3n destinada ao alumnado de Educaci\u00f3n Secundaria, que asistir\u00e1 \u00e1 preestrea da obra no marco do programa FioTEEN.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, as outras d\u00faas pezas anunciadas,&nbsp;<em>Berenguela na gaiola<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Yo solo quiero irme a Francia<\/em>, reflicten ben outra das grandes sensibilidades do FIOT: son historias de mulleres que anhelan a s\u00faa liberdade, co teatro como poderoso instrumento para narrala e acadala.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE OS PRIMEIROS ESPECT\u00c1CULOS ANUNCIADOS DO #FIOT34<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Berenguela na gaiola<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Galeatro e Xarope Tul\u00fa, en coproduci\u00f3n co FIOT<\/p>\n\n\n\n<p>S\u00e1bado 27 de setembro<\/p>\n\n\n\n<p>Estrea absoluta<\/p>\n\n\n\n<p>FIOTI\u00d1O<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A nova coproduci\u00f3n para p\u00fablico familiar de Galeatro \u2013a sempre interesante compa\u00f1\u00eda dos carballeses Alba Berm\u00fadez e Tone Mart\u00ednez e Xarope Tul\u00fa \u2013<em>troupe<\/em>&nbsp;galega comprometida coas linguaxes esc\u00e9nicas diversas dirixidas \u00e1 infancia e a mocidade, da narraci\u00f3n oral ao teatro de texto e de obxectos\u2013, con dramaturxia e direcci\u00f3n da Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira, ga\u00f1ou a cuarta edici\u00f3n do Certame Manuel Mar\u00eda de Proxectos Teatrais. A obra sit\u00faa a acci\u00f3n nunha residencia da terceira idade, onde tres anci\u00e1s deciden representar, a trav\u00e9s do teatro, o que non lles deixan facer na realidade: ser libres. E, para isto, deciden representar a peza&nbsp;<em>Aventuras e desventuras dunha espi\u00f1a de toxo chamada Berenguela<\/em>, de Manuel Mar\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Territorio regueifa<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ain\u00e9 Produci\u00f3ns, en coproduci\u00f3n co FIOT<\/p>\n\n\n\n<p>S\u00e1bado 4 de outubro<\/p>\n\n\n\n<p>Estrea absoluta<\/p>\n\n\n\n<p>PROGRAMA DE SALA<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Territorio regueifa<\/em>&nbsp;\u00e9 un espect\u00e1culo teatral producido por Ain\u00e9 que pretende achegar ao gran p\u00fablico o mundo da regueifa, unha das nosas expresi\u00f3n culturais m\u00e1is ancestral, que consiste en manter unha disputa dial\u00e9ctica improvisada en verso entre dous o m\u00e1is participantes. Tr\u00e1tase dun proxecto in\u00e9dito en Galicia, que mestura o traballo dalg\u00fans dos grandes divulgadores desta manifestaci\u00f3n art\u00edstica, convertidos en protagonistas da peza, co de destacados profesionais das artes esc\u00e9nicas do noso pa\u00eds. Jos\u00e9 L. Prieto \u00e9 o autor e director de&nbsp;<em>Territorio regueifa<\/em>, que protagonizar\u00e1n Lupe Blanco, Manolo Maseda e Josinho da Teixeira.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Territorio regueifa<\/em>&nbsp;busca amosar a vixencia e a adaptaci\u00f3n da regueifa \u00e1 sociedade do s\u00e9culo XXI, tanto nas tem\u00e1ticas, agora moito m\u00e1is diversas, como na forma, coa incorporaci\u00f3n de diferentes estilos e melod\u00edas. E, todo isto, sen esquecer xamais o esp\u00edrito festivo e humor\u00edstico deste x\u00e9nero art\u00edstico desde as s\u00faas orixes, que mestura como poucos o teatro, a m\u00fasica, o humor e a improvisaci\u00f3n, nun espect\u00e1culo total no que o divertimento est\u00e1, sen d\u00fabida, asegurado.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1467\" height=\"2200\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19092\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349.jpg 1467w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349-1280x1920.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349-980x1470.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Francia_349-480x720.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1467px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Yo solo quiero irme a Francia<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Contraproduci\u00f3ns<\/p>\n\n\n\n<p>S\u00e1bado 25 de outubro<\/p>\n\n\n\n<p>Estrea en Galicia<\/p>\n\n\n\n<p>PROGRAMA DE SALA<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">In\u00e9s asiste ao velorio de Pilar, quen decide deixarlle a s\u00faa casa en herdanza sen tela co\u00f1ecido nunca e sen avisar a Leo, a s\u00faa neta. Xuntas descubrir\u00e1n un pasado que desco\u00f1ec\u00edan, abrindo vellas feridas familiares que se remontan \u00e1 infancia da propia Pilar durante os \u00faltimos meses da Guerra Civil e \u00e1 s\u00faa mocidade na Secci\u00f3n Feminina.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Canto pesan as herdanzas emocionais, esas que ningu\u00e9n reclama, pero que fan sufrir a varias xeraci\u00f3ns? Sobre as t\u00e1boas veremos a catro mulleres de diferentes xeraci\u00f3ns que buscan ese lugar que tanto anhelan e imaxinan. \u201cAlgunhas cham\u00e1molo liberdade. Outras cham\u00e1ronno Francia\u201d, apunta a autora e directora Elisabeth Larena sobre a peza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Yo soy quiero irme a Francia<\/em>&nbsp;\u00e9 o novo espect\u00e1culo da produtora galega Contraproduci\u00f3ns, firmado e dirixido por Elisabeth Larena, actriz, dramaturga e directora, que debuta na direcci\u00f3n de escena tras unha s\u00f3lida traxectoria como in\u00e9rprete, na que destacan os seus papeis en series como&nbsp;<em>Cu\u00e9ntame c\u00f3mo pas\u00f3<\/em>,&nbsp;<em>Intimidad<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>La que se avecina<\/em>&nbsp;e, tam\u00e9n, no filme ga\u00f1ador dun Goya&nbsp;<em>No matar\u00e1s<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O espect\u00e1culo est\u00e1 protagonizado por Mar\u00eda Galiana (a inesquecible Herminia de&nbsp;<em>Cu\u00e9ntame c\u00f3mo pas\u00f3<\/em>, ademais de grand\u00edsima actriz de cine e de teatro, merecedora, ao longo da s\u00faa carreira, de galard\u00f3ns como o Premio Goya, o Premio da Uni\u00f3n de Actores, o Premio Ondas, a Espiga de Oro da Seminci ou, en d\u00faas ocasi\u00f3ns, o M\u00e9rito a las Bellas Artes polo Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse \u00e1s t\u00e1boas as int\u00e9rpretes Nieves de Medina, Ledicia Sola e Alicia Armenteros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A estrea absoluta do espect\u00e1culo ter\u00e1 lugar no Teatro Palacio Vald\u00e9s de Avil\u00e9s o d\u00eda 16 de outubro, para logo viaxar a Carballo e aterrar no FIOT o s\u00e1bado 25, na que ser\u00e1 a s\u00faa estrea en Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO (FIOT)<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>M\u00e1is de tres d\u00e9cadas creando teatro<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) \u00e9 un festival que ofrece un programa comprometido coas artes esc\u00e9nicas e cos proxectos m\u00e1is prestixiosos do teatro actual. Est\u00e1 organizado pola Asociaci\u00f3n Cultural Tel\u00f3n e Aparte e conta coa colaboraci\u00f3n do Concello de Carballo. Pola s\u00faa traxectoria, a calidade da programaci\u00f3n, a variedade das propostas de intermediaci\u00f3n cultural que ofrece e pola s\u00faa proxecci\u00f3n, o FIOT sit\u00faase como un dos festivais m\u00e1is importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programaci\u00f3n, con preto de 40 espect\u00e1culos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes esc\u00e9nicas da comunidade galega.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde hai 34 anos, o FIOT d\u00e1 a co\u00f1ecer en Carballo o traballo de compa\u00f1\u00edas de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos p\u00fablicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programaci\u00f3n de teatro de calidade na comarca de Berganti\u00f1os e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes esc\u00e9nicas na zona. Desde ent\u00f3n, FIOT \u00e9 o lugar de encontro entre artistas, compa\u00f1\u00edas e programadoras, e aposta por estimular a creaci\u00f3n e o traballo en rede tanto a trav\u00e9s da oferta de espazos para residencias art\u00edsticas como da implicaci\u00f3n, do propio festival, na produci\u00f3n e novos espect\u00e1culos, fundamentalmente de compa\u00f1\u00edas galegas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nas s\u00faas pasadas 33 edici\u00f3ns, FIOT contou coa participaci\u00f3n das compa\u00f1\u00edas m\u00e1is relevantes de Galicia e Espa\u00f1a, ademais do \u00e1mbito internacional, outorgando as\u00ed espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, x\u00e9neros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, m\u00e1is de 350 formaci\u00f3ns e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama esc\u00e9nico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael \u00c1lvarez \u2018El Brujo\u2019, Yllana, Ron Lal\u00e1, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compa\u00f1\u00eda do Chapit\u00f4, Leo Bassi, Grupo Ch\u00e9vere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n, Quico Cadaval\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao longo da s\u00faa traxectoria, diversos reco\u00f1ecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes esc\u00e9nicas do s\u00e9culo XXI \u00e1 cidadan\u00eda e reco\u00f1eceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular m\u00e1is relevantes na actualidade. Entre outras distinci\u00f3ns c\u00edtanse, ademais da \u2018Insignia Cultural\u2019 do \u2018Observatorio de la Cultura\u2019 da Fundaci\u00f3n Contempor\u00e1nea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no \u00e1mbito das artes esc\u00e9nicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/20250715-NP-avance-FIOT34.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250715-NP-avance-FIOT34<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo regresa este outono&nbsp;\u00e1s salas, r\u00faas e espazos non convencionais da vila berganti\u00f1\u00e1 con reco\u00f1ecidas figuras das artes esc\u00e9nicas como Mar\u00eda Galiana, Paula [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[3227,3229,3228,3230],"class_list":["post-19088","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-fiot34","tag-raiz","tag-territorio-regueifa","tag-yo-solo-quiero-irme-a-francia"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19088","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19088"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19088\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19095,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19088\/revisions\/19095"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19088"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19088"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19088"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}