{"id":19041,"date":"2025-07-09T23:33:47","date_gmt":"2025-07-09T22:33:47","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19041"},"modified":"2025-07-09T23:37:39","modified_gmt":"2025-07-09T22:37:39","slug":"imena-amarillo-nia-e-merche-tres-grandes-voces-femininas-do-pop-espanol-aterran-no-atlantic-pride-este-xoves-10-de-xullo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=19041","title":{"rendered":"Jimena Amarillo, Nia e Merche: tres grandes voces femininas do pop espa\u00f1ol aterran no Atlantic Pride este xoves 10 de xullo"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1707\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-19042\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-scaled.jpg 1707w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-1280x1920.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-980x1470.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Jimena-Amarillo_2_Blanca-de-la-Cierva-480x720.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1707px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>\u2018O Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s estrea este xoves, a partir das 20.00 horas, o escenario dos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez cos sons urbanos, sentimentais e activistas de Jimena Amarillo, os himnos atemporais de Merche e o agardado pop latino, mel\u00f3dico e de vangarda de Nia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Ao cargo das pinchadas que animar\u00e1n a apertura e a clausura da noite \u00ad\u2013\u00e1s 20.00 e \u00e1s 00.30 horas, respectivamente\u2013 estar\u00e1 DJ90 a golpe de grandes hits, m\u00fasica dance e moita frescura<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Atlantic Pride est\u00e1<\/strong><strong>&nbsp;impulsado pola&nbsp;<\/strong><strong>Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coru\u00f1a, o apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio privado de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Atlantic Pride estrea o escenario dos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez este xoves, 10 de xullo, a partir das 20.00 horas, da man de tres grandes voces femininas do pop espa\u00f1ol.\u00a0Icona do pop l\u00e9sbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo\u00a0chega \u00e1 cidade herculina \u00e1s 21.00 horas para facer bailar ao p\u00fablico ao son do seu romanticismo contempor\u00e1neo, que a artista serve sen rodeos e directo ao coraz\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Contra \u00e1s 00.00h, Merche po\u00f1er\u00e1 a bailar ao p\u00fablico ao son de himnos pop como&nbsp;<em>Abre tu ment<\/em>e ou&nbsp;<em>No me pidas m\u00e1s amor<\/em>. Antes, \u00e1s 22.45 horas, a ga\u00f1adora de&nbsp;<em>Operaci\u00f3n Triunfo<\/em>&nbsp;2020, Nia, non defraudar\u00e1 aos seus fans co seu pop latino, xa sexa mel\u00f3dico ou de vangarda, para presentar os temas do seu \u00e1lbum&nbsp;<em>PALOSANTO<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta quinta xornada do \u2018Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s, as pinchadas para abrir e pechar a noite, \u00e1s 20.00h e \u00e1s 00.30 horas, correr\u00e1n a cargo de DJ90, que po\u00f1er\u00e1 ao p\u00fablico a bailar a golpe de grandes hits, m\u00fasica dance e moita frescura.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2025<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Xoves, 10 de xullo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>20.00h. DJ90<\/p>\n\n\n\n<p>21.00h. Jimena Amarillo<\/p>\n\n\n\n<p>22.45h. Nia<\/p>\n\n\n\n<p>00.00h. Merche<\/p>\n\n\n\n<p>00.30h. DJ90<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE AS ARTISTAS DO XOVES 10 DE XULLO NO ATLANTIC PRIDE 2025<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Jimena Amarillo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Icona do pop l\u00e9sbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo converteuse en referente da nova escena pop espa\u00f1ola dun xeito mete\u00f3rico. As s\u00faas canci\u00f3ns \u2013do mesmo xeito que os seus concertos\u2013 son unha amalgama de emoci\u00f3ns e m\u00fasicas do m\u00e1is diversas, que sempre soan a Jimena Amarillo, cuns textos \u201cmarca da casa\u201d que son puro realismo pop.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ata o momento, publicou numerosos sinxelos e os discos&nbsp;<em>Como decirte, mi amor<\/em>&nbsp;(2021) e&nbsp;<em>La pena no es c\u00f3moda<\/em>&nbsp;(2023). Con este \u00faltimo, foi nomeada a mellor artista emerxente nos Premios de la Academia de la M\u00fasica. Esta primavera de 2025 chega o seu terceiro disco e, tras el, o seu desembarco no Atlantic Pride da Coru\u00f1a. O primeiro sinxelo deste novo traballo discogr\u00e1fico viu xa a luz. Tr\u00e1tase dunha canci\u00f3n da que a s\u00faa propia creadora di: \u201c<em>Flow deskiciada<\/em>&nbsp;\u00e9 o primeiro adianto dun disco no que, aparte de baladas e as mi\u00f1as mo\u00f1er\u00edas de sempre, f\u00f3iseme m\u00e1is que nunca a cabeza e permitinme falar m\u00e1is \u00e1 lixeira, utilizando a xerga que m\u00e1is me gusta e explorando outros cami\u00f1os, met\u00e9ndome m\u00e1is de cheo no universo queer\u2026 por se non quedara claro que son lesbiana, pois o recordo aqu\u00ed\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Jimena Amarillo destaca na escena do novo pop espa\u00f1ol feito por debutantes autosuficientes e espont\u00e1neas que mesturan diferentes influencias e x\u00e9neros con naturalidade. A clave do seu \u00e9xito \u00e9 a sinceridade; esa forma tan natural de contar as s\u00faas alegr\u00edas, penas e namoramentos e o sinxelo que resulta identificarse coas s\u00faas experiencias. Romanticismo sen rodeos e directo ao coraz\u00f3n. Por todo isto, a m\u00fasica erixiuse como toda unha icona da comunidade LGTBIQ+ e nomes como C. Tangana a sinalan como unha das artistas m\u00e1is admiradas do momento.<strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Nia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Natural de Las Palmas de Gran Canaria, en 2020 pres\u00e9ntase a&nbsp;<em>Operaci\u00f3n Triunfo<\/em>&nbsp;e conv\u00e9rtese na ga\u00f1adora. Despois lanza o seu primeiro EP,&nbsp;<em>Cu\u00eddate<\/em>, que conta con m\u00e1is de oito mill\u00f3ns de escoitas en Spotify. Av\u00e1lanlle colaboraci\u00f3ns con artistas da talla de India Mart\u00ednez, Blas Cant\u00f3, Edurne, Nino Vargas, Gente de Zona, Daniel Me est\u00e1s Matando, Rocco Hunt, Lennis Rodr\u00edguez ou Mar\u00eda Pel\u00e1e; colaboraci\u00f3ns que terminaron por asentar a proposta musical de Nia tanto nacional como internacionalmente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nia foi, ademais, a persoa m\u00e1is votada polo p\u00fablico e a favorita por excelencia en&nbsp;<em>Tu cara me suena<\/em>, polas s\u00faas grandes interpretaci\u00f3ns e espectaculares imitaci\u00f3ns. Tam\u00e9n participou en&nbsp;<em>D\u00faos incre\u00edbles<\/em>&nbsp;da man de Antonio Carmona. A carreira de Nia segue imparable e, grazas \u00e1 s\u00faa talento multidisplinar, en 2022 foi a protagonista, xunto a Sebastian Yatra e Asier Etxeandia, da primeira serie musical de Netflix Espa\u00f1a,&nbsp;<em>\u00c9rase unha vez\u2026 pero ya no<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En 2024 lanza o seu \u00e1lbum debut&nbsp;<em>PALOSANTO<\/em>, que se converte rapidamente nun \u00e9xito de cr\u00edtica e p\u00fablico, aguantando tres meses entre os discos m\u00e1is vendidos do pa\u00eds e logrando nomeamentos a multitude de premios nacionais e internacionais.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A s\u00faa versi\u00f3n de&nbsp;<em>L\u00e1grimas negras<\/em>, xunto \u00e1 voz orixinal da lenda da m\u00fasica cubana Celia Cruz, l\u00e9vana a cruzar o charco e converterse nunha das poucas espa\u00f1olas en cantar en formatos de renome internacional como&nbsp;<em>Despierta Am\u00e9rica<\/em>, en Estados Unidos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Merche&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nada en C\u00e1diz e ligada aos escenarios desde que era unha nena, Mercedes Trujillo Callealta, Merche, \u00e9 unha das cantautoras m\u00e1is co\u00f1ecidas deste pa\u00eds, publicando 10 \u00e1lbums in\u00e9ditos ata a data.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Despois de conseguir numerosos \u00e9xitos ao longo da s\u00faa carreira con canci\u00f3ns como&nbsp;<em>No me pidas m\u00e1s amor<\/em>,&nbsp;<em>Abre tu mente<\/em>,&nbsp;<em>Le deseo<\/em>,&nbsp;<em>Eras t\u00fa<\/em>,&nbsp;<em>Cal y arena<\/em>,&nbsp;<em>Si te marchas<\/em>\u2026 entre outros, con seis discos de platino e catro de ouro, un nomeamento aos Grammys, numerosos premios recibidos ao longo dos seus 21 anos de carreira e os m\u00e1is de 1.300 concertos dados por todo o pa\u00eds, a carreira de Merche converteuse nunha das m\u00e1is consolidadas do panorama musical espa\u00f1ol.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Actualmente at\u00f3pase promocionando o seu \u00faltimo single&nbsp;<em>Soy superviviente<\/em>, terceiro cap\u00edtulo do seu novo proxecto&nbsp;<em>Despu\u00e9s de un tiempo<\/em>, o seu novo proxecto, que consiste na publicaci\u00f3n dunha serie de canci\u00f3ns in\u00e9ditas baseadas nalg\u00fans dos temas m\u00e1is importantes da s\u00faa carreira e que contan como evolucionaron esas historias pasados os anos. Nesta ocasi\u00f3n esta historia \u00e9 a continuaci\u00f3n da historia da canci\u00f3n&nbsp;<em>Abre tu mente<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO, ICONAS LGTBIQ+ e DRAGS NO ORGULLO DO NORTE&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co\u00f1ecido como o \u2018Orgullo do Norte\u2019, o Atlantic Pride celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A cita, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n reuniu a m\u00e1is de 25.000 persoas, est\u00e1 impulsada pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO-, co patrocinio institucional do Concello da Coru\u00f1a e o apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. O Atlantic Pride conta, tam\u00e9n, co patrocinio privado de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.&nbsp;O encontro nace no ano 2019 coa vontade de situar \u00e1 cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social e unha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebraci\u00f3n aberto, seguro e diverso, como referente dos \u2018Orgullos\u2019 que se celebran no comenzo do ver\u00e1n ao longo da Pen\u00ednsula e no que, un ano m\u00e1is, se dar\u00e1n cita coloridas propostas para todos os p\u00fablicos.&nbsp;As\u00ed, no Atlantic Pride non faltar\u00e1n concertos de inspiraci\u00f3n eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuaci\u00f3ns de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebraci\u00f3n do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERu\u00f1a, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n rexistrou o seu r\u00e9cord de participaci\u00f3n e que neste 2025 ten xa aberta a s\u00faa convocatoria para recibir relatos ata este s\u00e1bado, 31 de maio.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta 6\u00aa edici\u00f3n, o Atlantic Pride contar\u00f1a coa presencia de cinco grandes divas do pop espa\u00f1ol, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encher\u00e1n a cidade herculina de cor e diversi\u00f3n, cunhas voces que far\u00e1n as delicias de diversas xeraci\u00f3ns. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano m\u00e1is ao escenario do \u2018Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A elas s\u00famanse, tam\u00e9n, catro grandes iconas da cultura e a m\u00fasica LGTBIQ+, como son Jimena Amarillo, Mayo e os dj\u2019s Sof\u00eda Cristo e Cascales. Turista Sueca po\u00f1er\u00e1 a s\u00faa boa dose de festa, petardeo e humor, mentres que aos pratos estar\u00e1n, tam\u00e9n,&nbsp;La Kristhofer, Kris K DJ, DJ90, DJ Licho, DJ Flashback, DJ Espinoso e DJ C\u00c9S.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ademais,&nbsp;o mellor talento drag queen estatal e galego, de&nbsp;<em>Drag Race<\/em>&nbsp;ao Claro Boba!, sumaranse este ver\u00e1n \u00e1 festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contar\u00e1 co maior elenco drag da s\u00faa historia. As\u00ed, polas t\u00e1boas do \u2018Orgullo do Norte\u2019 desfilar\u00e1n grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha &amp; OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC &amp; Gaylicia y Kelly Amethyst. Finalmente, a xornada de clausura do Atlantic Pride ser\u00e1 un aut\u00e9ntico revival eurovisivo coas voces de David Civera, Anabel Conde e Kuve.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En paralelo \u00e1 programaci\u00f3n deste Atlantic Pride 2025, o s\u00e1bado 12 de xullo, o local Claro Boba! e o programa da TVG\u00a0<em>Ra\u00ed\u00f1a-me!<\/em>\u00a0Organizan a \u2018Afterpartie Ra\u00ed\u00f1a-me!\u2019, con entrada libre e actuaci\u00f3ns de Alexa Evans, Marisa Prisa e Kim Miller a partir das 02.30h.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/20250709-NP-axenda-xoves-10-Atlantic-Pride-2025.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250709-NP-axenda-xoves-10-Atlantic-Pride-2025<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u2018O Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s estrea este xoves, a partir das 20.00 horas, o escenario dos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez cos sons urbanos, sentimentais e activistas de Jimena Amarillo, os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,370,1],"tags":[2843,2693,735,3206,2694,1111,2845,2885,2763,2762,2122],"class_list":["post-19041","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-parladoiro-con","category-xeral","tag-asociacion-orgullo-coruna","tag-atlantic-pride-2025","tag-concello-da-coruna","tag-coruna-the-style-outlets","tag-deputacion-da-coruna-2","tag-estrella-galicia","tag-globalgrafic","tag-jimena-amarillo","tag-merche","tag-nia","tag-o-orgullo-do-norte"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19041","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=19041"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19041\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":19045,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/19041\/revisions\/19045"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=19041"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=19041"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=19041"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}