{"id":18945,"date":"2025-07-02T22:56:22","date_gmt":"2025-07-02T21:56:22","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18945"},"modified":"2025-07-02T23:12:14","modified_gmt":"2025-07-02T22:12:14","slug":"o-festival-atlantica-estendese-polo-sur-de-pontevedra-con-contos-para-rir-pensar-e-compartir","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18945","title":{"rendered":"O Festival Atl\u00e1ntica est\u00e9ndese polo sur de Pontevedra con contos para rir, pensar e compartir"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/FA-Artistas-2025-PONTEVEDRA.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/FA-Artistas-2025-PONTEVEDRA-1024x576.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18946\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/FA-Artistas-2025-PONTEVEDRA-980x551.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/FA-Artistas-2025-PONTEVEDRA-480x270.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>O veterano encontro de narraci\u00f3n oral estar\u00e1 en Caldas de Reis, Sanxenxo, Cuntis e A Estrada<\/strong><strong><\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Simone Negrin explora en caldas de Reis as conexi\u00f3ns m\u00e1xicas entre Galicia e N\u00e1poles cun espect\u00e1culo cheo de humor e superstici\u00f3n<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Oswaldo Pai mestura poes\u00eda e m\u00e1quinas imposibles en funci\u00f3ns en Caldas de Reis e Sanxenxo<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Pakolas fai vibrar Sanxenxo coas canci\u00f3ns m\u00e1is molonas para os m\u00e1is pequenos<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>En Cuntis, Pabl\u00edsimo pedalea con \u2018Cavicibai\u2019 ata o coraz\u00f3n da infancia cunha bicicleta chea de contos e sorpresas<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Esta edici\u00f3n de Atl\u00e1ntica, a n\u00famero 13, insp\u00edrase nos sanandresi\u00f1os de Teixido como s\u00edmbolo de protecci\u00f3n e memoria<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Toda a programaci\u00f3n p\u00f3dese consultar na web&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\"><strong>festivalatlantica.gal<\/strong><\/a><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;<strong>XIII Festival Atl\u00e1ntica<\/strong>&nbsp;da narraci\u00f3n oral contin\u00faa a espallar historias por toda Galicia e chega con forza ao sur da provincia de Pontevedra cunha programaci\u00f3n diversa que se estender\u00e1 desde hoxe, 2 de xullo, ata o domingo 6. Os municipios de&nbsp;<strong>Caldas de Reis, Sanxenxo, Cuntis e A Estrada<\/strong>&nbsp;converteranse durante eses d\u00edas en escenarios para a palabra viva, acollendo contos para todas as idades, en distintos idiomas e con voces de dentro e f\u00f3ra do pa\u00eds. A trav\u00e9s desta programaci\u00f3n, o Festival Atl\u00e1ntica contin\u00faa a levar a narraci\u00f3n oral a espazos p\u00fablicos, naturais e patrimoniais, tecendo unha rede de encontros onde a palabra \u00e9 protagonista e a comunidade volve reunirse ao redor da tradici\u00f3n m\u00e1is viva que temos: contar e escoitar.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>A esencia napolitana e a poes\u00eda rob\u00f3tica desembarcan no Malec\u00f3n de Caldas de Reis<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A programaci\u00f3n en Caldas de Reis abrirase este&nbsp;<strong>m\u00e9rcores 2 de xullo<\/strong>&nbsp;\u00e1s 21.00 h no fermoso entorno do Parque-Xard\u00edn Bot\u00e1nico, con&nbsp;<em>Fare le corna<\/em>&nbsp;do actor e narrador&nbsp;<strong>Simone Negrin<\/strong>&nbsp;(Italia-Galicia), un espect\u00e1culo que viaxa entre culturas e crenzas, afondando nas conexi\u00f3ns sorprendentes entre Galicia e N\u00e1poles. Cun ton ir\u00f3nico, afectuoso e sempre teatral, Negrin merg\u00fallase na relaci\u00f3n co infortunio, co m\u00e1is al\u00e1 e coa presenza constante dos mortos na vida coti\u00e1. A partir da s\u00faa experiencia persoal \u2014italiano con sangue napolitano e unha d\u00e9cada vivida en Galicia\u2014, o artista constr\u00fae unha proposta que mestura lingua, identidade e superstici\u00f3n, revelando similitudes inesperadas entre as d\u00faas culturas: dende o l\u00e9xico ata o relativismo existencial, pasando pola convivencia \u00edntima cos esp\u00edritos dos devanceiros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En N\u00e1poles, os mortos volven nos so\u00f1os para darche os n\u00fameros da loter\u00eda. En Galicia, quizais simplemente escoitan. E Negrin, entre risos e reflexi\u00f3n, inv\u00edtanos a escoitar tam\u00e9n.&nbsp;<em>Fare le corna<\/em>&nbsp;\u00e9 un espect\u00e1culo para p\u00fablico adulto que conxuga humor, tradici\u00f3n oral e teatro narrativo, ofrecendo unha ollada orixinal e divertida sobre o que non sempre nos atrevemos a contar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;<strong>venres 4<\/strong>&nbsp;\u00e1s 11.00 h, o mesmo espazo acoller\u00e1&nbsp;<em>Artiloxios<\/em>, de&nbsp;<strong>Oswaldo Pai<\/strong>&nbsp;(Arag\u00f3n), unha combinaci\u00f3n de contacontos, poes\u00eda e dispositivos rob\u00f3ticos para p\u00fablico infantil (+8 anos) e adultos. Oswaldo Pai \u00e9 o art\u00edfice dun espect\u00e1culo que transforma a poes\u00eda nun xogo sensorial cheo de inventiva e humor.&nbsp;<em>Artiloxios<\/em>&nbsp;\u00e9 unha festa de versos e artefactos: m\u00e1quinas caseiras e marabillosas que fan soar os poemas, acenden a imaxinaci\u00f3n e fan rir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre engrenaxes e palabras aparecen o grafit\u00f3fono, o susurr\u00f3fono ou o ascensor ascenson\u00f3rico, dispositivos \u00fanicos que acompa\u00f1an a lectura de textos de autores como Gloria Fuertes, Lorca, Maria Elena Walsh ou Gerardo Diego, entre outros. Un espect\u00e1culo l\u00fadico e sorprendente que esperta a curiosidade e celebra a poes\u00eda como unha experiencia viva, chea de ritmo, misterio e inventos imposibles.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Sanxenxo: rock, humor e fantas\u00eda para toda a familia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O xoves 3 de xullo \u00e1s 11.00 h, o CEIP A Florida de Sanxenxo acoller\u00e1&nbsp;<em>As m\u00e1is molonas de Pakolas<\/em>, un concerto divertido e cheo de enerx\u00eda no que o m\u00fasico&nbsp;<strong>Pakolas<\/strong>&nbsp;repasa os grandes \u00e9xitos da s\u00faa discograf\u00eda pensada para os m\u00e1is pequenos. Coa s\u00faa guitarra, a s\u00faa voz e moito humor, Pakolas crea un espect\u00e1culo cheo de ritmo e participaci\u00f3n cunha posta en escena tan espont\u00e1nea como eficaz.&nbsp;<em>As m\u00e1is molonas de Pakolas<\/em>&nbsp;\u00e9 un concerto que conxuga m\u00fasica, narraci\u00f3n e xogo, ideal para familias que queren compartir un intre de alegr\u00eda e movemento ao ritmo do galego m\u00e1is mol\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O venres 4 \u00e1s 21.30 h,&nbsp;<em>Artiloxios<\/em>&nbsp;de Oswaldo Pai repetir\u00e1 funci\u00f3n en Sanxenxo, desta volta na Casa Mari\u00f1eira Don Fernando, cunha sesi\u00f3n aberta a p\u00fablico adulto e cativada maior de 8 anos, para gozar da poes\u00eda feita obxecto e da palabra que vibra entre trebellos fant\u00e1sticos.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cuntis: contos entre pedras e natureza<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O m\u00e1xico Castro de Castroland\u00edn ser\u00e1 o escenario da proposta que o Festival Atl\u00e1ntica achega a Cuntis: o venres 4 de xullo \u00e1s 12.00 h,&nbsp;<strong>Pabl\u00edsimo<\/strong>&nbsp;presentar\u00e1&nbsp;<em>Cavicibai<\/em>, un espect\u00e1culo sobre rodas pensado para p\u00fablico a partir de 3 anos, onde cada pedalada abre a porta a un novo conto. A protagonista \u00e9 unha bicicleta m\u00e1xica que transporta historias por cami\u00f1os reais e imaxinarios. A bordo dela viaxa tam\u00e9n un Kamishibai \u2014teatri\u00f1o xapon\u00e9s de papel\u2014 e tres caix\u00f3ns cheos de sorpresas, dos que poden sa\u00edr contos, obxectos, canci\u00f3ns ou lembranzas inesperadas.&nbsp;<em>Cabicivai<\/em>&nbsp;\u00e9 unha proposta l\u00fadica e participativa que une movemento, narraci\u00f3n e xogo esc\u00e9nico para facer medrar a curiosidade e a fantas\u00eda dos m\u00e1is pequenos. Unha viaxe \u00fanica, a golpe de pedal, onde todo pode acontecer.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>A Estrada: contos ao sol e ao son dun verm\u00fa<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A xornada do domingo 6 de xullo \u00e1s 13.00 h, Riob\u00f3 (A Estrada) ser\u00e1 escenario dun dos encontros m\u00e1is festivos de Atl\u00e1ntica que opera tam\u00e9n como clausura oficiosa: o&nbsp;<em>Verm\u00fa de contos<\/em>, unha sesi\u00f3n aberta e informal onde diferentes artistas participantes desta edici\u00f3n compartir\u00e1n historias en galego, portugu\u00e9s e castel\u00e1n. A actividade require inscrici\u00f3n previa no correo&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">festivalatlantica@gmail.com<\/a>&nbsp;e est\u00e1 dirixida a p\u00fablico adulto.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Palabra viva como amuleto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co&nbsp;<em>leitmotiv<\/em>&nbsp;da memoria como amuleto protector, o Festival Atl\u00e1ntica 2025 pon o foco no poder simb\u00f3lico da narraci\u00f3n oral como acto de protecci\u00f3n e resistencia. Os sanandresi\u00f1os de Teixido, pequenas figuras votivas cargadas de desexos e significados, inspiran a imaxe desta d\u00e9cimo terceira edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A presenza de Atl\u00e1ntica en terras pontevedresas \u00e9 posible grazas \u00e1 financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a as\u00ed como ao patrocinio dos concellos de Caldas de Reis e Sanxenxo e \u00e1 colaboraci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Terra Termarum Castroland\u00edn e da asociaci\u00f3n Amigos dos Castros. Estes catro concellos de Pontevedra forman as\u00ed parte das m\u00e1is de 27 localidades galegas e portuguesas que este ano acollen o festival. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible na web:&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.festivalatlantica.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-video\"><video controls src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Simone-Negrin-presenta-Fare-le-corna-ESTREA-ABSOLUTA-Atlantica-2025.ogg\"><\/video><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Simone Negrin presenta &#8216;Fare le corna&#8217; &#8211; ESTREA ABSOLUTA Atl\u00e1ntica 2025<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-video\"><video controls src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/Oswaldo-Pai-presenta-ARTILOXIOS-1.mp3\"><\/video><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Oswaldo Pai presenta ARTILOXIOS<\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>FESTIVAL ATL\u00c1NTICA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Atl\u00e1ntica, Festival Internacional de Narraci\u00f3n Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocaci\u00f3n de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mant\u00e9n o seu obxectivo de indagar nas ra\u00edces com\u00fans das historias do oc\u00e9ano, na procura da identidade cultural do Atl\u00e1ntico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte esc\u00e9nica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.<br><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>+INFO:&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">http:\/\/festivalatlantica.gal<\/a><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><em>FOTO PORTADA| De esq a dereita: Simone Negrin, Oswaldo Pai, Pakolas e Pabl\u00edsimo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:16px\">DOSSIER XERAL FESTIVAL ATL\u00c1NTICA 2025<\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/07\/XERAL-Dossier-prensa-Atlantica-2025_compressed.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">XERAL-Dossier-prensa-Atlantica-2025_compressed<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O&nbsp;XIII Festival Atl\u00e1ntica&nbsp;da narraci\u00f3n oral contin\u00faa a espallar historias por toda Galicia e chega con forza ao sur da provincia de Pontevedra cunha programaci\u00f3n diversa que se estender\u00e1 desde hoxe, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[629,3189,3188,716,3146],"class_list":["post-18945","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-festival-atlantica","tag-oswaldo-pai","tag-pablisimo","tag-pakolas","tag-simone-negrin"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18945","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18945"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18945\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18959,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18945\/revisions\/18959"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18945"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18945"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18945"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}