{"id":18880,"date":"2025-06-28T18:18:03","date_gmt":"2025-06-28T17:18:03","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18880"},"modified":"2025-06-28T18:18:06","modified_gmt":"2025-06-28T17:18:06","slug":"o-festival-atlantica-leva-contos-memoria-e-misterio-a-vimianzo","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18880","title":{"rendered":"O Festival Atl\u00e1ntica leva contos, memoria e misterio a Vimianzo"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1920\" height=\"1080\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18881\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO.jpg 1920w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO-1280x720.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO-980x551.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/FA-Artistas-VIMIANZO-480x270.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1920px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>O concello estr\u00e9ase no veterano encontro de narraci\u00f3n oral con tres propostas que se desenvolver\u00e1n os d\u00edas 29 de xu\u00f1o e 2 de xullo<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>O Castro das Barreiras e o Castelo ser\u00e1n os escenarios para as actividades co arque\u00f3logo \u00c1ngel Concheiro e os artistas C\u00e1ndido Paz\u00f3 e Cris Collazo<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>A d\u00e9cimo terceira edici\u00f3n de Atl\u00e1ntica insp\u00edrase nos sanandresi\u00f1os de Teixido como s\u00edmbolo de protecci\u00f3n e memoria<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Toda a programaci\u00f3n p\u00f3dese consultar na web\u00a0<\/strong><a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>festivalatlantica.gal<\/strong><\/a><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O\u00a0<strong>XIII Festival Atl\u00e1ntica<\/strong>\u00a0chega por primeira vez a Vimianzo cunha programaci\u00f3n que mestura historia, tradici\u00f3n oral e esp\u00edrito rebelde en tres propostas gratu\u00edtas pensadas para todos os p\u00fablicos. O Castro das Barreiras e o Castelo \u2014dous espazos cargados de simbolismo\u2014 converteranse en escenarios da palabra viva durante os d\u00edas 29 de xu\u00f1o e 2 de xullo. Deste xeito, Vimianzo int\u00e9grase na ruta do Festival Atl\u00e1ntica, compromet\u00e9ndose coa cultura oral e a posta en valor do patrimonio a trav\u00e9s das historias que nos conectan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A xornada do&nbsp;<strong>domingo 29 de xu\u00f1o<\/strong>&nbsp;abrirase \u00e1s 19:30 horas no Castro das Barreiras cunha visita guiada especial a cargo do arque\u00f3logo e divulgador&nbsp;<strong>\u00c1ngel Concheiro<\/strong>, tam\u00e9n co\u00f1ecido como Tito Concheiro, quen achegar\u00e1 ao p\u00fablico adulto os segredos e a historia deste importante xacemento da Idade do Ferro, un dos mellor conservados da Costa da Morte. A actividade permitir\u00e1 co\u00f1ecer de preto os \u00faltimos achados e interpretaci\u00f3ns sobre este antigo poboado fortificado, descubrindo a s\u00faa complexidade, arquitectura e relevancia hist\u00f3rica. Un convite a pisar sobre as pegadas da historia, a escoitar o que nos contan as pedras e a deixar que o pasado nos fale con voz nova desde o coraz\u00f3n da terra.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>C\u00e1ndido Paz\u00f3: historias para rir, lembrar e vivir<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A continuaci\u00f3n, \u00e1s 20:30 horas, tam\u00e9n no castro, o reco\u00f1ecido actor e narrador&nbsp;<strong>C\u00e1ndido Paz\u00f3<\/strong>&nbsp;presentar\u00e1&nbsp;<em>Contar para vivilo<\/em>, unha sesi\u00f3n para p\u00fablico adulto chea de humor, emoci\u00f3n e memoria. Co seu estilo inconfundible, Paz\u00f3 ofrecer\u00e1 historias e parrafadas que viaxan no tempo e nos levan de volta \u00e1s xentes e lugares doutrora.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Durante sesenta minutos, Paz\u00f3 despregar\u00e1 o seu inconfundible estilo nunha viaxe feita s\u00f3 de palabras: contos, lerias e parrafadas que transitan por outros tempos, outras xentes e outros mundos, pero que falan directamente \u00e1s preocupaci\u00f3ns e alegr\u00edas do presente. Un espect\u00e1culo que mestura retranca e tenrura, e no que o escenario se transforma nun lugar de encontro co vivido e co imaxinado. Porque quen sabe contar, fai que queiramos seguir escoitando. E quen escoita, vive d\u00faas veces.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Pepa a Loba: aventuras, misterio e igualdade dende o coraz\u00f3n do conto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A programaci\u00f3n completarase o m\u00e9rcores 2 de xullo \u00e1s 11:00 horas no Castelo de Vimianzo coa funci\u00f3n&nbsp;<em>Proc\u00farase Pepa a Loba<\/em>, da narradora&nbsp;<strong>Cris Collazo<\/strong>, unha proposta para crianzas a partir dos 5 anos \u2014aberta tam\u00e9n ao p\u00fablico xeral\u2014 na que a lenda da famosa bandoleira galega se transforma nun contacontos participativo con m\u00fasica, danza e moito misterio. A actividade forma parte tam\u00e9n do campamento de ver\u00e1n da vila.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A historia l\u00e9vanos ata o ano 1890, xusto no d\u00eda da inauguraci\u00f3n da taberna da m\u00edtica Pepa a Loba, figura rebelde e lendaria da tradici\u00f3n galega. A s\u00faa extravagante gavela \u2014formada por Xan Quinto \u201co vello\u201d, Maninocente e mesmo Calamity Jane\u2014 celebra a ocasi\u00f3n, mais algo se agocha nas sombras: un tesouro perdido que s\u00f3 Pepa co\u00f1ece\u2026 e que precisa da axuda do p\u00fablico para atopar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A narradora Cris Collazo ofrece un contacontos din\u00e1mico e divertido, no que se reivindica a amizade, a aventura compartida e a igualdade de x\u00e9nero, todo nun entorno que convida a so\u00f1ar e a xogar coa historia. Un convite para cativar a pequenos e grandes cunha hero\u00edna pouco convencional e moitas ganas de facer rebulir a imaxinaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Palabra viva como amuleto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co&nbsp;<em>leitmotiv<\/em>&nbsp;da memoria como amuleto protector, o Festival Atl\u00e1ntica 2025 pon o foco no poder simb\u00f3lico da narraci\u00f3n oral como acto de protecci\u00f3n e resistencia. Os sanandresi\u00f1os de Teixido, pequenas figuras votivas cargadas de desexos e significados, inspiran a imaxe desta d\u00e9cimo terceira edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A presenza de Atl\u00e1ntica en Vimianzo \u00e9 posible grazas \u00e1 financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e ao patrocinio do Concello da vila. Vimianzo forma parte das m\u00e1is de 27 localidades galegas e portuguesas que este ano acollen o festival. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible na web:&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">www.festivalatlantica.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Palabra viva como amuleto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co&nbsp;<em>leitmotiv<\/em>&nbsp;da memoria como amuleto protector, o Festival Atl\u00e1ntica 2025 pon o foco no poder simb\u00f3lico da narraci\u00f3n oral como acto de protecci\u00f3n e resistencia. Os sanandresi\u00f1os de Teixido, pequenas figuras votivas cargadas de desexos e significados, inspiran a imaxe desta d\u00e9cimo terceira edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A presenza de Atl\u00e1ntica en Santiago e Teo \u00e9 posible grazas \u00e1 financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, ao patrocinio dos respectivos concellos e \u00e1 colaboraci\u00f3n do Museo do Pobo Galego, da A.C. O Galo e do CSC A Rocha. Santiago e Teo forma parte das 27 localidades galegas e portuguesas que este ano acollen o festival. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible na web\u00a0<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.festivalatlantica.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-1 is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Candido-Pazo-Xaime-Cortizo.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"18884\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Candido-Pazo-Xaime-Cortizo-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18884\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Candido-Pazo-Xaime-Cortizo-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Candido-Pazo-Xaime-Cortizo-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Cris-Collazo-1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" data-id=\"18883\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Cris-Collazo-1-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18883\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Cris-Collazo-1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Cris-Collazo-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Tito-Concheiro.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"18882\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Tito-Concheiro-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18882\"\/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>FESTIVAL ATL\u00c1NTICA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Atl\u00e1ntica, Festival Internacional de Narraci\u00f3n Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocaci\u00f3n de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mant\u00e9n o seu obxectivo de indagar nas ra\u00edces com\u00fans das historias do oc\u00e9ano, na procura da identidade cultural do Atl\u00e1ntico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte esc\u00e9nica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>+INFO:&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">http:\/\/festivalatlantica.gal<\/a><\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O\u00a0XIII Festival Atl\u00e1ntica\u00a0chega por primeira vez a Vimianzo cunha programaci\u00f3n que mestura historia, tradici\u00f3n oral e esp\u00edrito rebelde en tres propostas gratu\u00edtas pensadas para todos os p\u00fablicos. O Castro das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[3167,778,3166,3165,3168,629,3164],"class_list":["post-18880","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-angel-concheiro","tag-candido-pazo","tag-castelo-de-vimianzo","tag-castro-das-barreiras","tag-cris-collazo","tag-festival-atlantica","tag-vimianzo"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18880","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18880"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18880\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18885,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18880\/revisions\/18885"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18880"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18880"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18880"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}