{"id":18799,"date":"2025-06-24T22:43:38","date_gmt":"2025-06-24T21:43:38","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18799"},"modified":"2025-06-24T22:47:27","modified_gmt":"2025-06-24T21:47:27","slug":"santiago-e-teo-convertense-no-corazon-do-festival-atlantica-2025-cunha-trintena-de-propostas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18799","title":{"rendered":"Santiago e Teo conv\u00e9rtense no coraz\u00f3n do Festival Atl\u00e1ntica 2025 cunha trintena de propostas"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2000\" height=\"1334\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18800\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA.jpg 2000w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA-980x654.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Paco-Nogueiras-Atlantica-2024-BAIXA-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2000px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li><strong>Santiago acolle 24 actividades entre o 30 de xu\u00f1o e o 5 de xullo, con funci\u00f3ns para p\u00fablico infantil, familiar e adulto, en centros socioculturais, r\u00faas, museos e espazos patrimoniais<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>A vida e obra de Castelao protagonizar\u00e1 un marat\u00f3n de lectura p\u00fablica e un roteiro narrado con Cadaval e Carme Varela que logo de esgotar as s\u00faas prazas, abrir\u00e1 reservas para unha nova edici\u00f3n a partir de hoxe, 24 de xu\u00f1o<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Pola s\u00faa banda, Teo programar\u00e1 5 espect\u00e1culos dirixidos a p\u00fablicos diversos en espazos naturais, escolares e patrimoniais<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Esta edici\u00f3n de Atl\u00e1ntica insp\u00edrase nos sanandresi\u00f1os de Teixido como s\u00edmbolo de protecci\u00f3n e memoria<\/strong><\/li>\n\n\n\n<li><strong>Toda a programaci\u00f3n \u00e9 gratu\u00edta, con algunhas actividades que requiren inscrici\u00f3n previa, e p\u00f3dese consultar na web&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\"><strong>festivalatlantica.gal<\/strong><\/a><\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A palabra contada volver\u00e1 ocupar espazos p\u00fablicos, centros culturais e lugares emblem\u00e1ticos de&nbsp;<strong>Santiago e Teo<\/strong>&nbsp;da man do&nbsp;<strong>Festival Atl\u00e1ntica<\/strong>&nbsp;que nesta edici\u00f3n de 2025 volve apostar por unha programaci\u00f3n diversa, inclusiva e interxeracional. Entre o&nbsp;<strong>30 de xu\u00f1o e o 5 de xullo<\/strong>, Compostela converterase nun dos grandes escenarios do festival, con 24 propostas en castel\u00e1n, galego e portugu\u00e9s, e presenza de artistas galegos, estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O programa compostel\u00e1n arrancar\u00e1 o&nbsp;<strong>luns 30 de xu\u00f1o<\/strong>&nbsp;co espect\u00e1culo&nbsp;<em>Artiloxios<\/em>, do aragon\u00e9s&nbsp;<strong>Oswaldo Pai<\/strong>, no Teatro Principal (19.00 h). Tr\u00e1tase dunha viaxe divertida e participativa a trav\u00e9s de m\u00e1quinas imposibles, trebellos imaxinativos e contos que celebran o absurdo e a creatividade. Os convites para esta proposta concibida para nenos maiores de 8 anos p\u00f3dense retirar desde hoxe, martes 24, na Zona C (m\u00e1ximo 4 por persoa).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ese mesmo d\u00eda, \u00e1s 21.00 h, os xard\u00edns do CSC Maruxa Coralia acoller\u00e1n a estrea absoluta de&nbsp;<em>Memorias do lume&nbsp;<\/em>de&nbsp;<strong>Soledad Felloza<\/strong>, un exercicio de autonarraci\u00f3n onde corpo, voz e memoria se entrelazan para manter aceso o facho do que fomos e do que poderiamos ser.&nbsp;<em>Memorias do lume<\/em>&nbsp;recolle historias herdadas, so\u00f1adas ou escoitadas \u00e1 calor dunha pota ou baixo a l\u00faa, relatos pequenos que non entran nas estat\u00edsticas pero que gardan o cerne do vivido. Un espect\u00e1culo que defende a narraci\u00f3n oral como acto de resistencia, de coidado e de transmisi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;<strong>martes 1 de xullo<\/strong>, de 11.30 ata \u00e1s 20.30 horas, o protagonista absoluto do festival ser\u00e1 a figura de Castelao. O festival convida a participar na lectura p\u00fablica de&nbsp;<strong><em>Como dic\u00eda Castelao<\/em><\/strong>&nbsp;no Pante\u00f3n de Galegas e Galegos Ilustres. A actividade est\u00e1 aberta \u00e1 cidadan\u00eda que pode participar lendo, escoitando ou formando parte do garda-escoita que asegurar\u00e1 que nunca falte p\u00fablico neste acto colectivo. Toda a informaci\u00f3n sobre a homenaxe p\u00f3dese atopar na web&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">festivaltalantica.gal<\/a>. Este marat\u00f3n de lectura ter\u00e1 un peche musical a cargo de&nbsp;<strong>Bouba Pandeireteiras<\/strong>&nbsp;\u00e1s 21.00 horas no CSC Maruxa Coralia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;<strong>m\u00e9rcores 2<\/strong>, as contadas espallaranse durante a ma\u00f1\u00e1 polos centros socioculturais da cidade. No CSC Marrozos,&nbsp;<strong>Paula Carbonell<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Nuria V\u00e1zquez<\/strong>&nbsp;presentar\u00e1n&nbsp;<em>Un neno, un can, un gato e un pito<\/em>, unha sesi\u00f3n para pequenos e maiores onde os contos cami\u00f1an, saltan e voan ao ritmo da imaxinaci\u00f3n . Haber\u00e1 tam\u00e9n funci\u00f3ns de&nbsp;<strong>Dani Blanco<\/strong>&nbsp;(12.00 h, CSC Vite,&nbsp;<em>Circo de contos<\/em>) e de&nbsp;<strong>Lorena Pinheiro<\/strong>&nbsp;(12.00 h, CSC Santa Marta,&nbsp;<em>Cuc\u00fa tapa o cu<\/em>).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Xa pola tarde,&nbsp;<strong>Manuel Gago<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Rafa Quint\u00eda<\/strong>&nbsp;guiar\u00e1n unha andaina especial polas r\u00faas de Santiago sobre o&nbsp;<em>Mapa dos seres m\u00e1xicos do Reino de Galicia<\/em>&nbsp;seguida dunha presentaci\u00f3n do propio mapa no CSC Maruxa Coralia. As prazas para o roteiro xa est\u00e1n esgotadas pero o acceso \u00e1 presentaci\u00f3n ter\u00e1 entrada libre ata completar a capacidade (19.15 h).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha vez remate a actividade, ser\u00e1 o momento de escoitar&nbsp;<em>Polos cami\u00f1os do norte: unha ponte de contos entre tres terras celtas<\/em>&nbsp;da contadora&nbsp;<strong>In\u00e9s \u00c1lvarez Villa<\/strong>, que trae desde Escocia un f\u00edo narrativo que une ese pa\u00eds con Irlanda e Asturias, tres terras c\u00e9lticas irm\u00e1ns que comparten lendas, emoci\u00f3ns e memorias. Contos tradicionais e vivencias persoais entrel\u00e1zanse para constru\u00edr unha ponte de palabras capaz de atravesar fronteiras, tempos e silencios. Porque contar tam\u00e9n \u00e9 reco\u00f1ecerse no outro, celebrar o com\u00fan e manter acesa a chama do que nos une. Canda ela estar\u00e1 tomando a alternativa unha nova voz da narraci\u00f3n oral galega:&nbsp;<strong>Dani Lago.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A ma\u00f1\u00e1 do&nbsp;<strong>xoves 3<\/strong>&nbsp;os contos volver\u00e1s aos centros socioculturais da cidade da man de&nbsp;<strong>Cris Collazo<\/strong>&nbsp;(11.30 h, CSC Fonti\u00f1as,&nbsp;<em>Proc\u00farase Pepa a Loba<\/em>),&nbsp;<strong>Charo Pita<\/strong>&nbsp;(12.00 h, CSC da Gracia,&nbsp;<em>Andar aos biosbardos<\/em>) e&nbsp;<strong>Lu\u00eds Prego e Samuel Soto<\/strong>&nbsp;(12.00 h, CSC Figueiras,&nbsp;<em>Na punta do p\u00e9<\/em>).Pola tarde desenvolverase o roitero narrado&nbsp;<em>A pegada de Castelao<\/em>&nbsp;na compa\u00f1\u00eda de Carme Varela e Quico Cadaval, xa coas reservas completas. Un percorrido pola Santiago de Castelao, evocando os nove anos que o rianxeiro pasou na cidade e que, xa no exilio, lembraba como tempo de ledicias. A trav\u00e9s das s\u00faas palabras, o p\u00fablico adulto poder\u00e1 redescubrir os espazos, as an\u00e9cdotas e a alma dunha Compostela que falaba en badaladas, vi\u00f1os e callos. Os que non puideron conseguir praza nesta actividade, ter\u00e1n unha nova oportunidade a ma\u00f1\u00e1 do venres 4. As reservas para esta nova edici\u00f3n do roteiro abriranse hoxe, 24 de xu\u00f1o, a partir das 12.00 h na&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">web de Atl\u00e1ntica<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A noite do xoves rematar\u00e1 con&nbsp;<strong>Miguel Gouveia<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<em>V\u00e9nme ao bico un conto<\/em>&nbsp;(21.00 h, CSC Maruxa e Coralia). O narrador portugu\u00e9s prop\u00f3n un encontro coa palabra contada, nun espect\u00e1culo para p\u00fablico adulto onde os contos fl\u00faen coa naturalidade da auga dunha fonte. Desde a Figueira da Foz, trae historias que xorden do coti\u00e1n e convidan a compartir emoci\u00f3ns, escoita activa e reflexi\u00f3n. Unha experiencia viva de comunicaci\u00f3n e encontro entre quen conta e quen escoita, onde a imaxinaci\u00f3n restaura o mundo palabra a palabra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Seguindo a t\u00f3nica do resto de d\u00edas, a ma\u00f1\u00e1 do&nbsp;<strong>venres 4 de xullo<\/strong>, al\u00e9n do devandito roteiro sobre Castelao, ser\u00e1 tempo de historias para aos m\u00e1is pequechos con&nbsp;<strong>Miguel Gouveia, In\u00e9s \u00c1lvarez Villa, Loreto Socorro e Paula Carbonell<\/strong>&nbsp;en diversos puntos da cidade. Pola tarde, \u00e1s 19.00 horas, o festival tomar\u00e1 o Museo do Pobo Galego con&nbsp;<em>De cantos e animais<\/em>, da arxentina&nbsp;<strong>Carolina Arabia<\/strong>. A investigadora e narradora presentar\u00e1 un relato \u00edntimo e fascinante sobre os cantos que, en distintas culturas do mundo, foron creados para comunicarse con animais. Unha viaxe de oito anos que recolle testemu\u00f1os e melod\u00edas de Colombia, Venezuela, But\u00e1n ou Marrocos, onde a voz humana se emprega para guiar, coidar ou consolar outras especies. Un espect\u00e1culo para p\u00fablico adulto que entrelaza narraci\u00f3n e reflexi\u00f3n sobre a memoria sonora compartida entre especies.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Tam\u00e9n o venres pero \u00e1s 21.00 horas, Atl\u00e1ntica regresa ao CSC Maruxa Coralia para explorar a marxe da realidade con&nbsp;<strong>Carmen Conde<\/strong>&nbsp;en&nbsp;<em>O que non estaba escrito<\/em>. Unha oportunidade para merg\u00fallase nas historias que nunca pasaron ao papel, mais que viven na memoria oral e na imaxinaci\u00f3n. Cun estilo que mestura realidade e delirio, Conde presentar\u00e1 unha escolma de relatos onde o coti\u00e1n e o extraordinario conviven sen fronteiras. Unha proposta para p\u00fablico adulto que celebra as vidas an\u00f3nimas e os contos improbables, devolv\u00e9ndoos \u00e1 palabra viva coa s\u00faa marca persoal. Nesta velada Carmen Conde estar\u00e1 acompa\u00f1ada de&nbsp;<strong>Aida Cobas<\/strong>, outra das novas voces da narraci\u00f3n oral galega que se estrea nesta edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A clausura de Atl\u00e1ntica en Santiago ter\u00e1 lugar o&nbsp;<strong>s\u00e1bado 5 de xullo<\/strong>&nbsp;con d\u00faas propostas moi especiais. A primeira, a estrea en Galicia de&nbsp;<em>Historias de ida e volta<\/em>, de&nbsp;<strong>Larraitz Urruzola<\/strong>, no Museo do Pobo Galego, \u00e1s 12 horas. Al\u00ed ser\u00e1 o momento dun encontro cheo de emoci\u00f3ns, lendas e tradici\u00f3n oral nun espect\u00e1culo para p\u00fablico familiar (+5 anos) no que confl\u00faen contos populares, mitolox\u00eda e memoria compartida. A trav\u00e9s da s\u00faa experiencia vital entre Euskal Herria e Galicia, Larraitz ofrece unha mirada feminista e sensible sobre d\u00faas culturas irm\u00e1s, unidas pola palabra e a tradici\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E pola noite, \u00e1s 21.00 horas, no CSC da Rocha Forte, tempo para a estrea absoluta de&nbsp;<em>Contara<\/em>, de&nbsp;<strong>Celso Fern\u00e1ndez Sanmart\u00edn<\/strong>, unha colleita de historias de vida para p\u00fablico adulto. Contos escoitados ao p\u00e9 da coci\u00f1a e nas leiras, historias doutras persoas que o narrador lalin\u00e9s devolve coa s\u00faa palabra viva, directa e sen artificios. En&nbsp;<em>Contara<\/em>, a s\u00faa voz \u00e9 sementeira de memoria e emoci\u00f3n e cada relato, unha peza dun patrimonio que segue a medrar grazas a quen sabe escoitar e contar.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>En Teo, palabra con ra\u00edces fondas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O concello de Teo s\u00famase un ano m\u00e1is ao Festival Atl\u00e1ntica cunha programaci\u00f3n diversa que convida \u00e1 veci\u00f1anza a gozar da narraci\u00f3n oral&nbsp;<a>en espazos naturais, escolares e patrimoniais<\/a>. Ser\u00e1n cinco funci\u00f3ns dirixidas a p\u00fablicos diversos, con propostas para crianzas e tam\u00e9n para p\u00fablico adulto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A programaci\u00f3n comeza o m\u00e9rcores 2 de xullo \u00e1s 12.00 h no Parque dos Tilos con&nbsp;<em>Artiloxios<\/em>, de&nbsp;<strong>Oswaldo Pai<\/strong>, unha sesi\u00f3n para nenos e nenas a partir de 8 anos que mestura narraci\u00f3n e inxenio con obxectos inveros\u00edmiles e moito humor.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O xoves 3 de xullo, tam\u00e9n \u00e1s 12.00 h, o CRA de Casalonga-Calo acolle&nbsp;<em>Garavanci\u00f1a<\/em>, unha contada a cargo de&nbsp;<strong>Bea Campos<\/strong>, baseada nun conto tradicional sobre unha pequena hero\u00edna chea de coraxe. A proposta est\u00e1 pensada para p\u00fablico infantil ata 8 anos e familias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O venres 4 de xullo, a narradora&nbsp;<strong>Aida Cobas<\/strong>&nbsp;presenta&nbsp;<em>A fada do saco verde<\/em>&nbsp;no CEIP de Ramallosa &#8211; Luc\u00ed (12.00 h), un espect\u00e1culo que transforma os medos infant\u00eds en aventuras con maxia e tenrura. Xa pola noite, \u00e1s 21.00 h, na Antiga Escola de Nenas de Oza, chega desde Portugal&nbsp;<strong>Miguel Gouveia<\/strong>&nbsp;con&nbsp;<em>V\u00e9nme ao bico un conto<\/em>, unha contada para p\u00fablico adulto na que a palabra se converte nun acto \u00edntimo e compartido, coma auga que nace nunha fonte.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O programa pechar\u00e1 o s\u00e1bado 5 de xullo \u00e1s 21.00 h na Aldea de Penelas (Cacheiras) coa proposta de&nbsp;<strong>Atenea Garc\u00eda,<\/strong>&nbsp;<em>Vicio houbo sempre<\/em>, un espect\u00e1culo de narraci\u00f3n oral con retranca, cr\u00edtica e memoria, especialmente dirixido ao p\u00fablico adulto.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Palabra viva como amuleto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co&nbsp;<em>leitmotiv<\/em>&nbsp;da memoria como amuleto protector, o Festival Atl\u00e1ntica 2025 pon o foco no poder simb\u00f3lico da narraci\u00f3n oral como acto de protecci\u00f3n e resistencia. Os sanandresi\u00f1os de Teixido, pequenas figuras votivas cargadas de desexos e significados, inspiran a imaxe desta d\u00e9cimo terceira edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A presenza de Atl\u00e1ntica en Santiago e Teo \u00e9 posible grazas \u00e1 financiaci\u00f3n da Xunta de Galicia e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, ao patrocinio dos respectivos concellos e \u00e1 colaboraci\u00f3n do Museo do Pobo Galego, da A.C. O Galo e do CSC A Rocha. Santiago e Teo forma parte das 27 localidades galegas e portuguesas que este ano acollen o festival. Toda a informaci\u00f3n est\u00e1 dispo\u00f1ible na web&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" rel=\"noreferrer noopener\" target=\"_blank\">www.festivalatlantica.gal<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2250\" height=\"1500\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18802\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA.jpg 2250w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA-1280x853.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Yoshi-Hioki-Atlantica-2024-BAIXA-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2250px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>FESTIVAL ATL\u00c1NTICA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Atl\u00e1ntica, Festival Internacional de Narraci\u00f3n Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocaci\u00f3n de ser un encontro de voces e historias de perfil atlanticista. Mant\u00e9n o seu obxectivo de indagar nas ra\u00edces com\u00fans das historias do oc\u00e9ano, na procura da identidade cultural do Atl\u00e1ntico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte esc\u00e9nica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>+INFO:<\/strong>&nbsp;<a href=\"https:\/\/email.ionos.es\/appsuite\/#\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">http:\/\/festivalatlantica.gal<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/20250624-NP-Atlantica-2025-en-Santiago-e-Teo.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250624-NP-Atlantica-2025-en-Santiago-e-Teo<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:16px\">DOSSIER FESTIVAL ATL\u00c1NTICA 2025 (SANTIAGO E TEO)<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Santiago_Teo-Dossier-Atlantica-2025_compressed.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">Santiago_Teo-Dossier-Atlantica-2025_compressed<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><em>*As imaxes de Paco Nogueiras e Yoshi Hiroki pertencen ao Festival Atl\u00e1ntica 2024<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A palabra contada volver\u00e1 ocupar espazos p\u00fablicos, centros culturais e lugares emblem\u00e1ticos de&nbsp;Santiago e Teo&nbsp;da man do&nbsp;Festival Atl\u00e1ntica&nbsp;que nesta edici\u00f3n de 2025 volve apostar por unha programaci\u00f3n diversa, inclusiva e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[629],"class_list":["post-18799","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-festival-atlantica"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18799","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18799"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18799\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18807,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18799\/revisions\/18807"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18799"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18799"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18799"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}