{"id":18778,"date":"2025-06-19T22:14:26","date_gmt":"2025-06-19T21:14:26","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18778"},"modified":"2025-06-19T22:14:30","modified_gmt":"2025-06-19T21:14:30","slug":"o-salon-teatro-do-centro-dramatico-galego-acolle-este-venres-a-mostra-aberta-da-residencia-paraiso-da-artista-isabel-do-diego","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18778","title":{"rendered":"O Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego acolle este venres a mostra aberta da \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 da artista Isabel do Diego"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"1707\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18779\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-1024x683.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-2048x1365.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/BRUTALISMO-\u00b7-Isabel-Do-Diego-1-Fotografia-de-Espinosa-y-Bronce-ISABEL-DO-DIEGO-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 2560px) 100vw, 2560px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>No marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora est\u00e1 a traballar na s\u00faa proposta\u00a0<em>Brutalismo<\/em>\u00a0desde o pasado 2 de xu\u00f1o en Compostela<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Brutalismo<\/em><\/strong><strong>&nbsp;\u00e9 o novo traballo de Isabel do Diego en forma de concerto-esc\u00e9nico; un \u2018site-specific\u2019 ideado para ser mostrado en diferentes espazos arquitect\u00f3nicos m\u00e1is al\u00f3 dos constru\u00eddos para as artes vivas, co que a creadora preg\u00fantase cuesti\u00f3ns como onde comeza e onde remata o folclore do s\u00e9culo XXI<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Tras finalizar a estad\u00eda da s\u00faa residencia art\u00edstica na Cidade da Cultura e no Sal\u00f3n Teatro do CDG, Isabel do Diego ofrecer\u00e1 este venres, 20 de xu\u00f1o, \u00e1s 20.00h, unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar no mesmo Sal\u00f3n Teatro, en Santiago de Compostela, con acceso libre ata completar a capacidade da sala<\/strong><strong>&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado por RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O pasado 2 de xu\u00f1o, a artista\u00a0<strong>Isabel do Diego\u00a0<\/strong>\u2013alter ego do artista andaluz Juan Diego Calzada\u2013 iniciaba en Santiago de Compostela a s\u00faa andaina na novena edici\u00f3n das\u00a0<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>, un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. E o fac\u00eda na\u00a0<strong>Cidade da Cultura e no Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego<\/strong>, en torno \u00e1 s\u00faa proposta\u00a0<em>Brutalismo<\/em>.<strong><em>\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Brutalismo<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 \u00e9 o novo traballo de Isabel do Diego en forma de concerto-esc\u00e9nico; un \u2018site-specific\u2019 ideado para ser mostrado en diferentes espazos arquitect\u00f3nicos m\u00e1is al\u00f3 dos constru\u00eddos para as artes vivas, co que a creadora preg\u00fantase cuesti\u00f3ns como onde comeza e onde remata o folclore do s\u00e9culo XXI.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Agora, unha vez finalizada a s\u00faa residencia art\u00edstica,&nbsp;Isabel do Diego&nbsp;ofrecer\u00e1 unha&nbsp;<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 lugar no mesmo Sal\u00f3n Teatro do CDG en Santiago de Compostela, a velada deste venres, 20 de xu\u00f1o, a partir das 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. Paralelamente, a creadora participar\u00e1, xunto ao resto de \u2018Artistas Para\u00edso 2025\u2019, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 12, 13 e 14 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Brutalismo<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 o novo traballo de Isabel Do Diego en forma de concerto-esc\u00e9nico. Un \u2018site-specific\u2019 ideado para ser mostrado en diferentes espazos arquitect\u00f3nicos m\u00e1is al\u00e1 dos constru\u00eddos para as artes vivas. O seu formato \u00e1lbum ter\u00e1 forma de EP con tres ou cinco novos temas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En&nbsp;<em>Brutalismo<\/em>, Isabel Do Diego faise as seguintes preguntas: onde comeza e onde remata o folclore do s\u00e9culo XXI? \u00c9 a electr\u00f3nica, como x\u00e9nero permeable, o seu contedor m\u00e1is inherente? \u00c9 posible crear un universo at\u00e1vico-musical no pleno s\u00e9culo XXI?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Para poder imaxinar, crear e materializar&nbsp;<em>Brutalismo<\/em>, Isabel Do Diego inter\u00e9sase polas pr\u00e1cticas m\u00e1is at\u00e1vicas e minimalistas do folclore en relaci\u00f3n \u00e1 s\u00faa sonoridade, a s\u00faa musicalidade, a s\u00faa festividade e a maneira de po\u00f1er o corpo na escena para a s\u00faa execuci\u00f3n. O corpo como instrumento total. O corpo-m\u00e9dium que necesita ser mostrado, o m\u00e1is austero posible, para encarnar a m\u00fasica da maneira m\u00e1is directa e rotunda. Atravesar ao p\u00fablico e habitar a electr\u00f3nica como folclore en si mesmo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Para isto, Isabel do Diego realizar\u00e1 unha dramaturxia musical elixindo os temas m\u00e1is crus, r\u00edtmicos e contundentes de todos os seus \u00e1lbums, entrelazando con estes os novos temas de&nbsp;<em>Brutalismo<\/em>&nbsp;<em>EP<\/em>. Tam\u00e9n actualizar\u00e1 sonoridades e melod\u00edas para que, as\u00ed, este novo concerto-esc\u00e9nico sexa vivido como unha experiencia \u00fanica e acorde aos seus propios c\u00f3digos esc\u00e9nicos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Como v\u00e9n sendo habitual desde o seu segundo \u00e1lbum, Isabel do Diego est\u00e1 creando un novo instrumento, gavi\u00f3n, co que traducir \u00e1 m\u00fasica o anteriormente citado e levalo \u00e1 escena utilizando o corpo de maneira non tradicional ou acad\u00e9mica. Gavi\u00f3n estar\u00e1 elaborado con aceiro inoxidable m\u00e1is madeira virxe e, todo iso, conectado a un software. Neste instrumento-m\u00e1quina \u00e9 o corpo, como ser vivo, o ponte necesario para que a m\u00fasica brote.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u00c9 en&nbsp;<em>Brutalismo<\/em>&nbsp;onde Isabel do Diego pechar\u00e1 un ciclo de sete anos e propo\u00f1er\u00e1 unha viaxe esc\u00e9nica-musical robusta e s\u00f3lida. Un universo entre o at\u00e1vico e atemporal do folclore e a electr\u00f3nica. Unha performance sobrehumana onde desplegar\u00e1 unha electr\u00f3nica poli\u00e9drica, vigorosa e centelleante que servir\u00e1 de base para unhas melod\u00edas vocais tradicionais e austeras que se transmutar\u00e1n a trav\u00e9s dun corpo-m\u00e9dium en pleno fulgor vital. Ademais, a idea inicial \u00e9 ampliar o equipo e contar con outros m\u00fasicos-performers para desenvolver e amplificar esta posta en escena.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Isabel do Diego \u2013alter ego do artista andaluz Juan Diego Calzada\u2013 desenvolve, no seu traballo musical e esc\u00e9nico, un folclore austero, brutalista e sacralizado. O queix\u00edo electr\u00f3nico de Isabel do Diego abre un corpo \u00e1 fuxida que traza unha nova perspectiva sobre o folclore andaluz. A s\u00faa m\u00fasica \u00e9 unha pr\u00f3tese folcl\u00f3rica que transcende os espazos que a carne non pode habitar. Un ser h\u00edbrido. Un corpo que, na escena, cami\u00f1a entre o humano, o animal e o espiritual.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre a familiaridade rural e o extra\u00f1amento futurista, Isabel do Diego habita un universo esc\u00e9nico de gritos e susurros, de melod\u00edas tradicionais xunto a sonoridades quebradas, de ecos rurais e industriais, de mensaxes herexes e oraci\u00f3ns, de fantas\u00edas sexuais e emoci\u00f3ns castas. E moitos beats, samplers e sintetizadores. O seu cante e baile son monstruosos e de electr\u00f3nica sacralizada. Un \u2018trampantojo\u2019 esc\u00e9nico que, como alegor\u00eda, non \u00e9 racional nin clasificable, sen\u00f3n que mostra o misterio que gardamos baixo a pel en forma de cerimonia musical.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En marzo de 2020 publicou&nbsp;<em>DEPUEBLO<\/em>, o seu primeiro \u00e1lbum. Este foi inclu\u00eddo na exposici\u00f3n \u201cRomper el Aire\u201d de Pedro G. Romero para a galer\u00eda Alarc\u00f3n Criado de Sevilla e elixido entre os dez mellores \u00e1lbums de m\u00fasica de ra\u00edz por&nbsp;<em>Mondo Sonoro<\/em>. Visitou varios festivais como o Monkey Week (Sevilla), Flamenco viene del Sur (Sevilla) ou S\u00e2lmon (Barcelona). E foi, tam\u00e9n, artista residente en SONORIDAD.ES 2020-2021, comisariada por Daniel Valtue\u00f1a para o centro KJCC de New York.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En marzo de 2022 publicou&nbsp;<em>BESTIA SAGRADA<\/em>, segundo \u00e1lbum e o cal se pecha en colaboraci\u00f3n con Maria Arnal no seu tema final&nbsp;<em>Cataliza<\/em>. O directo deste segundo traballo estreouse no Centro Conde Duque (Madrid) e tam\u00e9n visitou o Festival La Orgullosa (Barcelona), C\u00f3rdoba Ciudad de las Ideas, La Madraza en Granada, Flamenco E\u00d1E off en Madrid, o Festival MIL Lisboa ou o MaF de M\u00e1laga. En abril de 2023 publicou&nbsp;<em>ROZADURA<\/em>, un EP de seis temas elaborado durante unha residencia de creaci\u00f3n e concertos no Festival Flora de C\u00f3rdoba 2022. Foi presentado en vivo en tres patios emblem\u00e1ticos do Casco Hist\u00f3rico de C\u00f3rdoba (Patio do Palacio de Orive, Patio de Las Campanas e Patio de San Basilio).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En marzo de 2024 publicou o seu primeiro&nbsp;<em>vinilo A CARNE VIVA<\/em>, un concerto en formato vinilo gravado e cortado en vivo por Alhaja Records. O concerto-vinilo celebrouse na Sala Noble do Convent de Sant Agust\u00ed, Barcelona. En novembro de 2024 publicou&nbsp;<em>GOZO JONDO<\/em>, o seu segundo EP, con seis temas elaborados durante a residencia de creaci\u00f3n Los Tientos, Granada 2023. A s\u00faa traslaci\u00f3n a concerto-esc\u00e9nico foi estreado nos Teatros del Canal de Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto. Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo ou Sergio Marey, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, a MIT (Concello de Ribadavia) e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N\u00a0I\u00a0<\/strong><a class=\"\" href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/2025.06.19.-NP-mostra-aberta-Residencia-Paraiso-Isabel-do-Diego.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2025.06.19.-NP-mostra-aberta-Residencia-Paraiso-Isabel-do-Diego<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora est\u00e1 a traballar na s\u00faa proposta\u00a0Brutalismo\u00a0desde o pasado 2 de xu\u00f1o en Compostela Brutalismo&nbsp;\u00e9 o novo traballo de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[3090,2135,3089,2798,3046],"class_list":["post-18778","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-brutalismo","tag-colectivo-rpm","tag-isabel-do-diego","tag-residencias-paraiso-2025","tag-salon-teatro-do-cdg"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18778","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18778"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18778\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18781,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18778\/revisions\/18781"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18778"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18778"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18778"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}