{"id":18712,"date":"2025-06-15T16:08:35","date_gmt":"2025-06-15T15:08:35","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18712"},"modified":"2025-06-15T16:10:00","modified_gmt":"2025-06-15T15:10:00","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-la-paloma","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18712","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. LA PALOMA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\">LA PALOMA<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Finais dos setenta, tras d\u00e9cadas de ditadura, novos tempos de liberdades e esperanzas nun futuro mellor, abr\u00edanse paso. Barcelona, unha cidade de alma cosmopolita, debido ao seu car\u00e1cter portuario e \u00e1 s\u00faa proximidade con Francia \u2014baste lembrar as peregrinaci\u00f3ns en autobuses de barceloneses e barcelonesas que acud\u00edan a Perpignan ver \u201cEl \u00faltimo tango en Par\u00eds\u201d de Bernardo Bertolucci\u2014, comezaba a consolidarse como epicentro de contracultura e modernidade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As Ramblas e o Barrio G\u00f3tico como grupo de encontro de artistas, escritores e m\u00fasicos; a revista Ajoblanco; salas como Zeleste de ambiente nocturno; teatro experimental que desafiaba as normas establecidas\u2026, son exemplos da vida cultural desta cidade nos derradeiros anos do r\u00e9xime e primeiros da democracia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero ao lado destas manifestaci\u00f3ns culturais e l\u00fadicas, hab\u00eda unha sala m\u00edtica,\u201dLa Paloma\u201d, fundada a principios do S.XX; unha sala de baile que sobrevivira a monarqu\u00edas, republicas e ditaduras e que a\u00ednda conservaba un aire canalla, unha elegancia gastada mesturada co cheiro a Ducados e a perfume barato.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mar\u00eda, emigrante aos dezaseis anos da zona dos Ancares lugueses era unha das asiduas todos os s\u00e1bados e alg\u00fan que outro domingo e festivo. Traballaba de criada no barrio de Pedralbes para un empresario do mundo do esp\u00e9ctaculo. A muller era alemana e ti\u00f1a d\u00faas fillas, das que se ti\u00f1a que facer cargo; unha delas, que chegar\u00eda a triunfar nos medios de comunicaci\u00f3n, acabar\u00eda casando co fillo dunha famosa arist\u00f3crata.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha noite de s\u00e1bado de Mar\u00eda en \u201cLa Paloma\u201d desenvolver\u00edase m\u00e1is ou menos como a continuaci\u00f3n detallo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mar\u00eda entra na sala como quen pisa un escenario. Para ela a noite non eran s\u00f3 unhas horas de diversi\u00f3n e xolda, era unha especie de combate, onde ti\u00f1a que demostrar que aos seus corenta e pico anos (poucos, segundo ela; bastantes, segundo os co\u00f1ecidos), segu\u00eda a ser a excelente bailadora, que sempre foi, e que nas festas de agosto cando regresaba \u00e1 s\u00faa aldea de Cervantes, fac\u00eda gala ante os mozos, que at\u00f3nitos ficaban ollando para ela e a s\u00faa parella, mentres agardaban a s\u00faa quenda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Como todos os s\u00e1bados o local at\u00f3pase a reventar. Tras pedir unha copa de cava, ach\u00e9gase a escoitar a orquestra e observar como a pista comeza a encherse de bailadoras e bailadores. Apura o l\u00edquido espumoso, a s\u00faa bebida preferida, e regresa a pedir outra copa. \u00c9 o ritual de sempre, d\u00faas tomas para coller f\u00f3rza e lanzarse \u00e1s fieras. Logo \u00e1 medianoite, outras d\u00faas copas ser\u00e1n as encargadas de proporcionarlle os folgos necesarios para rematar, esgotada, sobre \u00e1s tres da madrugada, cami\u00f1o da s\u00faa casa de Hospitalet, no coche dalg\u00fan amigo ou na s\u00faa falta, nun taxi.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Xa temos a Mar\u00eda na pista bailando un tango cunha parella imaxinaria. Cando remata a peza, un tipo de bigote e camisa aberta ata o embigo, exhibindo unha gran cadea de ouro da Virxe do Carme, t\u00f3calle lixeiramente no ombreiro e dille:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Bailamos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">M\u00edrao de arriba a abaixo. Era a primeira vez que ve esa cara. Crava os seus ollos nos del, ata facerlle baixar a vista. Un cheiro a \u201cVar\u00f3n Dandy\u201d profana as s\u00faas pituitarias. Pero un baile non se lle rechaza a ningu\u00e9n, as\u00ed que acepta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mentres a orquestra interpreta o bolero \u201cB\u00e9same mucho\u201d, comezan a xirar marcando o ritmo. Ben, marcando o ritmo \u00e9 un dicir, porque o tipo de bigote, moi douto, moi douto no baile, non \u00e9. Mar\u00eda, mentres tanto absorta nas s\u00faas cavilaci\u00f3ns: que aquel home pisaba como se quixese plantar patacas na horta, que a cousa ti\u00f1a traza de rematar co nocello tronzado, que Adolfo a\u00ednda non chegara \u2014 ese si que baila ben, arre demo!\u2014 e que se segue apret\u00e1ndoa as\u00ed vai rematar por vomitar por el,<br>incluida a \u201cescudella\u201d que v\u00e9n de cear.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando a m\u00fasica para, Mar\u00eda desp\u00eddese con elegancia e busca refuxio en Adolfo, que naquel intre \u2014bendita salvaci\u00f3n\u2014 est\u00e1 entrando pola porta. Agora si lle vai prestar o baile. Con Adolfo pode xactarse do seu depurado estilo \u00e1 hora de danzar. A pista de baile empeza a encherse de historias: miradas furtivas, parellas que se bican bailando unha cumbia, promesas pasaxeiras que morrer\u00e1n co encendido das luces. E Mar\u00eda e Adolfo, tal Apolo e Artemisa inmersos nunha danza divina como se todo o Olimpo estivese a contemplalos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao final \u201cLa Paloma\u201d era iso, un baile ben botado, unhas copas de cava e un tipo de bigote disposto a amargar a noite se non fose pola oportuna chegada de Adolfo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a LA PALOMA Finais dos setenta, tras d\u00e9cadas de ditadura, novos tempos de liberdades e esperanzas nun futuro mellor, abr\u00edanse paso. Barcelona, unha [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,3106,975,993],"class_list":["post-18712","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-la-paloma","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18712","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18712"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18712\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18717,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18712\/revisions\/18717"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18712"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18712"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18712"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}