{"id":18628,"date":"2025-05-31T10:01:00","date_gmt":"2025-05-31T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18628"},"modified":"2025-05-30T16:56:11","modified_gmt":"2025-05-30T15:56:11","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-4","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18628","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. VISITA DO INSPECTOR"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\">VISITA DO INSPECTOR<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dami\u00e1n nunca o\u00edra aquela palabra, \u201cinspector\u201d, ata que don Servando, o primeiro d\u00eda despois de regresar das vacaci\u00f3ns de semana Santa, lles anunciou:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Imos ver, nenos. Dentro de poucos d\u00edas visitaranos o se\u00f1or Inspector, as\u00ed que imos preparar ben unhas lecci\u00f3ns porque vos vai facer unhas preguntas e t\u00e9delas que contestar, non ben, moi ben. Se a resposta non \u00e9 a correcta, o m\u00e1is seguro \u00e9 que vos castigue.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014E a mellor m\u00e1ndanos ao cuarto das ratas, ou que D. Servando? \u2014interviu Gonzalo, cun sorriso p\u00edcaro, mentres os demais se botaban a rir.<\/p>\n\n\n\n<p>Pero a algarab\u00eda pouco durou; ao intre se extinguiu coa voz trona do mestre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Silencio! Que risas son esas! Pobres de v\u00f3s que cando ve\u00f1a o se\u00f1or Inspector e, algu\u00e9n diga algo mal, vos botedes a rir, que xa vexo que vos fai gracia calquera cousa. Se iso sucede, vou ser eu quen vos castigue. E xa sabedes como mas gasto \u2014 interviu D. Servando despois de dar uns fortes golpes coa regra sobor da mesa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Aquela ma\u00f1\u00e1, Dami\u00e1n pasouna toda pensando no inspector. Como ser\u00eda? Seguro que m\u00e1is forte e m\u00e1is alto c\u00f3 mestre. Ter\u00eda tam\u00e9n unha vara para pegarlles na palma da man se non sab\u00edan a lecci\u00f3n? Por como acabara de falar, a ben seguro que \u00eda ser m\u00e1is serio do normal, m\u00e1is ca el, e mira que el era serio. Deber\u00eda, pois, ser moi aplicado, e ter moito coidado o d\u00eda que os visitase ese home a quen D. Servando chamaba, se\u00f1or Inspector.<\/p>\n\n\n\n<p>Nada m\u00e1is chegar \u00e1 casa, preguntou aos pais que era un inspector.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014\u00c9 unha especie de mestre que v\u00e9n de Lugo para ver o que sabedes \u2014respondeulle a nai.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014E logo vai vir \u00e1 escola?\u2014preguntou o pai, intrigado\u2014 Pois tes que estudar moito a ver se che d\u00e1 unha recompensa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014 Da \u00fanica recompensa que nos falou o mestre foi do castigo que Iamos ter se non contestabamos ben as s\u00faas preguntas \u2014respondeu todo preocupado, Dami\u00e1n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O asunto quedou as\u00ed pero durante o tempo de espera pola chegada do inspector mudou de car\u00e1cter e non houbo d\u00eda que non preguntase ao seu pai ou \u00e1 s\u00faa nai polo inspector: Que como era, se ter\u00eda os ollos fr\u00edos como D. Servando, de que cor ser\u00eda o seu traxe\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mentres tanto na escola dedicaron todas as tardes a preparar unha serie de preguntas sobre xeograf\u00eda, ciencias, temas patri\u00f3ticos, aritm\u00e9tica, relixi\u00f3n\u2026 Posibles preguntas sobre as que lles preguntar\u00eda ao chou o inspector. As\u00ed que todos t\u00ed\u00f1anas que saber moi ben; ser\u00eda o azar quen decidir\u00eda quen \u00eda ter que responder.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dez d\u00edas de angustiosa espera, ata que chegou un m\u00e9rcores en que D. Servando, ap\u00f3s o rezo de inicio e un canto patri\u00f3tico, lles deu a nova:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Ben, rapaces. Ma\u00f1\u00e1 v\u00e9n, D. Miguel, o se\u00f1or Inspector. A ver como vos portades. Espero que ben.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Aquela noite xa non puido durmir e ao d\u00eda seguinte a nai t\u00ed\u00f1alle preparada a roupa dos domingos. Aquel d\u00eda non \u00eda ser un calquera. Ao chegar \u00e1 escola xa estaban case todos os compa\u00f1eiros \u00e1 porta agardando polo mestre. Todos coa s\u00faa mellor roupa, ben lavadi\u00f1os e ben peiteados, como se fosen \u00e1 misa de Pascua.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pasar\u00eda media hora, tempo que D. Servando aproveitou para darlles as \u00faltimas instruci\u00f3ns sobre como ti\u00f1an que portarse co inspector, cando Federico berrou:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014A\u00ed v\u00e9n! A\u00ed v\u00e9n!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Efectivamente a trav\u00e9s da xanela viron como aparcaba un Simca 1000 e del baixaba un home alto e delgado cunha carteira na man.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">D. Servando despois de mandar calar sa\u00edu a recibir ao temido visitante. Segundo entraron, ergu\u00e9ronse todos e a ao un\u00edsono saudaron:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Buenos d\u00edas, Se\u00f1or Inspector. Como est\u00e1 usted?<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Buenos d\u00edas ni\u00f1os. Sentaos, sentaos!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Houbo un silencio espeso. O mestre e o inspector puxeronse a falar en voz baixi\u00f1a na tarima. Pouco despois, mandaron aos nenos a xogar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Por min que ve\u00f1a todos os d\u00edas o inspector este \u2014\u00eda dicindo o fillo do xastre a quen non lle gustaba nada a escola.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Si, si. Xa ver\u00e1s, xa! D\u00edgocho eu que hai tres anos tam\u00e9n nos visitou. Claro a maior\u00eda a\u00ednda estabades en p\u00e1rvulos. Agardade, agardade! \u2014retrucoulle Marcelino, un dos veteranos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha vez f\u00f3ra e tras esculcar con coidado pola xanela de a car\u00f3n da mesa do mestre e ver que o \u00fanico que fac\u00edan era mirar e pasarse uns papeis, pux\u00e9ronse a xogar. Case unha hora na que se esqueceron do inspector e mesmo de que estaban na escola. A roupa dos domingos cando volveron entrar, m\u00e1is ben parec\u00eda a de andar coas vacas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E comezaron as preguntas. Na terceira, Dami\u00e1n quedou paralizado cando o inspector se dirix\u00eda a el e lle preguntaba:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014A ver, este ni\u00f1o de pelo rizo. Sabe decirme algo sobre el r\u00edo Ebro? O coraz\u00f3n p\u00faxoselle nun pu\u00f1o, respirou fondo, ergueuse do pupitre e comezou a falar:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014El r\u00edo Ebro nace en Fontibre, cerca de Reinosa, provincia de Santander, pasa por\u2026<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Muy bien, muy bien.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dami\u00e1n soltou o aire, aliviado. Ao sentarse case d\u00e1 co seu corpo no chan. Quixeron escoitarse unhas leves risas pero a cara de D. Servando acalou a tentativa de insurrecci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014A ver, t\u00fa, el que est\u00e1 al final al lado de la ventana. Dinos algo de El Caudillo.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Francisco Franco, Claudillo de.. \u2014comezou a dicir, Pepe do Fogueteiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha onda de risas, desta volta non reprimidas, estalou na aula. O mestre golpeou na mesa. O inspector recriminou:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Claudillo, no, bobo! Caudillo! Caudillo! No me estra\u00f1a que tus compa\u00f1eros se r\u00edan de ti.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Perd\u00f3n, D. Miguel. Francisco Franco, Caudillo de Espa\u00f1a por la gracia de Dios vino a este mundo para salvarnos de los rojos y de\u2026 \u2014proseguiu co relato como se se tratase dunha lada\u00ed\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Ahora si. Esto ya me gusta m\u00e1s \u2014 d\u00edxolle d\u00e1ndolle unha pequena caricia na caluga\u2014. Pero tienes que tener cuidado para otra vez, no vayan a pensar que est\u00e1s ofendiendo a nuestro Caudillo. Como dijiste que te llamabas?<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Me llamo Pepe, Se\u00f1or Inspeutor.<\/p>\n\n\n\n<p>M\u00e1is gargalladas.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Vale, vale! Ya est\u00e1 bien! A ver si terminamos la fiesta en paz. T\u00fa, como te llamas? Si, t\u00fa, el compa\u00f1ero de Pepe.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Lu\u00eds, se\u00f1or Inspector. A su disposici\u00f3n para lo que precise.<\/p>\n\n\n\n<p>O inspector axustou a postura.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Lu\u00eds. Vamos a ver, si tanta gracia te hizo lo que dijo tu compa\u00f1ero, h\u00e1blame entonces del Misterio de la Sant\u00edsima Trinidad.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014El Misterio de La Sant\u00edsima Trinidad nos dice, nos dice. Ah!, si xa sei. Nos dice que en Dios hay tres personas Padre, Hijo\u2026<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Muy bien, si no fuese por eso de \u201cxa sei, xa sei\u201d. T\u00fa eres espa\u00f1ol, verdad? Pues tienes que hablar en cristiano, o sea, en castellano y no en ese dialecto de b\u00e1rbaros. D. Servando tiene que tener m\u00e1s cuidado con estas cosas. No podemos permitir que nuestros pupilos utilicen estas palabras tan soeces, ni tan siquiera en el patio. Me comprende, verdad? Silencio absoluto. D. Miguel seguiu facendo outra serie de preguntas ata que chegou o remate da clase e se despediu de D. Servando e dos alumnos, despois de entoar a canci\u00f3n do d\u00eda: \u201cPor Dios, por la Patria y el Rey\u201d. Estes ergu\u00e9ndose dos asentos, exclamaron a coro:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Usted lo pase bien, D. Miguel. Que tenga buen d\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dami\u00e1n cando se viu na r\u00faa xa era outro, sent\u00edase aliviado. O do se\u00f1or Inspector \u2014Inspeutor, dixo para si, botando un pequeno sorriso ao lembrarse do que dixera o seu colega Pepe\u2014 non era para tanto. E pensar que estivera semanas preocupado por aquel home. Tampouco foi como dixera o seu pai, a el que contestara ben \u00e1 pregunta non lle deron ningunha recompensa. O que temo \u00e9 \u00e1 tarde: a ver que nos di D. Servando polas gargalladas que nos tiramos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando chegou a casa, cantaruxando: \u201c Por Dios, por la patria y el Rey, lucharon nuestros padres. Por Dios, por la patria y el Rey, lucharemos nosotros tambi\u00e9n\u2026\u201d, preguntoulle a s\u00faa nai, nada m\u00e1is velo entrar:<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Moi contento v\u00e9s, Dami\u00e1n. Que tal che foi co inspector?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Ben, moi ben. Boh! O inspector, o inspector, total \u00e9 un mestre como D. Servando, m\u00e1is alto, m\u00e1is delgado e\u2026 m\u00e1is feo. Iso si, no canto dunha vara de abeleira leva unha carteira tan grande coma el.<\/p>\n\n\n\n<p>A s\u00faa nai, non tivo m\u00e1is remedio que botarse a rir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Anda, vai lavar as mans e s\u00e9ntate a xantar, que hoxe prepareiche un caldo de verzas, dese que tanto che gusta.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a VISITA DO INSPECTOR Dami\u00e1n nunca o\u00edra aquela palabra, \u201cinspector\u201d, ata que don Servando, o primeiro d\u00eda despois de regresar das vacaci\u00f3ns de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,975,3068,993],"class_list":["post-18628","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina","tag-visita-do-inspector","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18628","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18628"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18628\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18632,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18628\/revisions\/18632"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18628"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18628"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18628"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}