{"id":18573,"date":"2025-05-27T23:46:08","date_gmt":"2025-05-27T22:46:08","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18573"},"modified":"2025-05-27T23:46:11","modified_gmt":"2025-05-27T22:46:11","slug":"o-festival-do-pasatempo-desvela-o-cartel-da-sua-nova-edicion-con-forte-presenza-galega","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18573","title":{"rendered":"O Festival do Pasatempo desvela o cartel da s\u00faa nova edici\u00f3n con forte presenza galega"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/PASATEMPO-2025-A2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"600\" height=\"849\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/PASATEMPO-2025-A2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18574\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/PASATEMPO-2025-A2.jpg 600w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/PASATEMPO-2025-A2-480x679.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 600px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Un ano m\u00e1is, o <strong>Parque do Pasatempo de Betanzos<\/strong> encherase da mellor m\u00fasica en directo coa celebraci\u00f3n dunha nova edici\u00f3n do <strong>Festival do Pasatempo<\/strong>. Co galego ben presente, o cartel estar\u00e1 encabezado por artistas da talla de <strong>Tanxugueiras<\/strong>, <strong>Carlos N\u00fa\u00f1ez<\/strong>, <strong>ZETAK, Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras<\/strong> e <strong>Ant\u00eda Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, en d\u00faas xornadas que ter\u00e1n lugar o <strong>venres 27<\/strong> e o <strong>s\u00e1bado 28 de xu\u00f1o<\/strong>. As <strong>entradas sair\u00e1n \u00e1 venda o xoves 29 cun prezo promocional de 37\u20ac o abono de dous d\u00edas (gastos de xesti\u00f3n inclu\u00eddos) e 24\u20ac a entrada de d\u00eda (gastos de xesti\u00f3n inclu\u00eddos) <\/strong>s\u00f3 para os primeiros compradores, que as poder\u00e1n adquirir en <strong>Enterticket<\/strong> e na <strong>propia web do festival<\/strong>, <strong><a href=\"https:\/\/www.festivaldopasatempo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.festivaldopasatempo.gal<\/a><\/strong>. As <strong>persoas menores de 12 anos<\/strong> ter\u00e1n tam\u00e9n dispo\u00f1ibles <strong>abonos de dous d\u00edas por 12\u20ac (gastos de xesti\u00f3n inclu\u00eddos)<\/strong>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O evento presenta unha forte aposta polo talento galego e polas linguas oficiais do estado, con bandas punteiras en galego e euskera. Propostas para todos os p\u00fablicos que combinan artistas consagrados, como Tanxugueiras ou Carlos N\u00fa\u00f1ez, con proxectos en v\u00edas de consolidaci\u00f3n a nivel estatal, que se presentar\u00e1n en Betanzos con shows completos e diferenciais dentro dos seus respectivos estilos musicais. Festival do Pasatempo prop\u00f3n unha experiencia irrepetible no coraz\u00f3n de Betanzos xuntando nun mesmo evento a mellor m\u00fasica do territorio coa natureza e historia dun recinto ic\u00f3nico.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>VENRES 27 DE XU\u00d1O<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os grandes atractivos do <strong>venres 27 de xu\u00f1o<\/strong> ser\u00e1n <strong>Tanxugueiras<\/strong>, <strong>Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras<\/strong> e <strong>ZETAK<\/strong>. <strong>Tanxugueiras<\/strong> \u00e9 o grupo que est\u00e1 desafiando e <strong>cambiando o paradigma musical estatal<\/strong>. Aida, Sabela e Olaia, cun son totalmente diferente pero reco\u00f1ecible, <strong>adaptan a m\u00fasica tradicional galega a estilos actuais<\/strong> para darlle una nova vida. Pola s\u00faa parte, desembarcar\u00e1 no Parque do Pasatempo <strong>unha das propostas m\u00e1is exitosas da m\u00fasica en euskera<\/strong>, <strong>ZETAK<\/strong>. O navarro integra as tendencias musicais m\u00e1is actuais ao seu propio universo, aderez\u00e1ndoo con referencias vascas, sonoridades que se relacionan coa s\u00faa terra e a s\u00faa propia lingua. Para completar o primeiro dia de festival actuar\u00e1 <strong>Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras,<\/strong> <strong>un dos maiores expo\u00f1entes a nivel internacional da nova m\u00fasica tradicional galega<\/strong>. Resignificando a m\u00fasica e o baile de ra\u00edz cos sons m\u00e1is contempor\u00e1neos, o d\u00fao est\u00e1 expandindo o seu talento al\u00e9n das fronteiras galegas.&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>S\u00c1BADO 28 DE XU\u00d1O<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O <strong>s\u00e1bado 28 de xu\u00f1o<\/strong> destacan os nomes de <strong>Carlos N\u00fa\u00f1ez<\/strong> e <strong>Ant\u00eda Mu\u00ed\u00f1o. Carlos N\u00fa\u00f1ez \u00e9 un dos maiores referentes internacionais hist\u00f3ricos da m\u00fasica galega<\/strong>. A s\u00faa incursi\u00f3n no\u202f<strong>universo da folktr\u00f3nica<\/strong>, xunto a produtores e creadoras que est\u00e1n a redefinir os sons da tradici\u00f3n, \u00e9 outro exemplo da s\u00faa visi\u00f3n aberta e innovadora. Por outro lado, e completando esta segunda xornada, actuar\u00e1 <strong>Ant\u00eda Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, que se converteu nunha das revelaci\u00f3ns da nova canci\u00f3n galega. A s\u00faa proposta \u00e9 unha viaxe entre o jazz-pop, a canci\u00f3n alternativa de autora e a m\u00fasica tradicional, perfectamente guiada pola maxia da s\u00faa voz.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O festival xorde como unha iniciativa para traer a artistas de primeiro nivel a un parque hist\u00f3rico, po\u00f1endo en valor a s\u00faa categor\u00eda de <strong>Ben de Interese Cultural<\/strong>. O espazo \u00e9 un tesouro agochado da historia galega, constru\u00eddo no s\u00e9culo XIX polos indianos da zona. A d\u00eda de hoxe segue sendo un elemento impresionante en v\u00edas de restauraci\u00f3n, polo que o evento, dende a li\u00f1a gr\u00e1fica creada por <strong>Rei Zentolo<\/strong> ata as actividades e comunicaci\u00f3n do mesmo, tam\u00e9n visibilizar\u00e1 os procesos de resignificaci\u00f3n dun dos espazos m\u00e1is hist\u00f3ricos e culturais da contorna.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Festival do Pasatempo de Betanzos \u00e9 un festival promovido pola promotora <strong>PlayPlan<\/strong>, art\u00edfice de festivais como o SonR\u00edas Baixas, BIGSOUND Pontevedra, Fumega Fest ou das carreiras art\u00edsticas de Tanxugueiras, Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras, Hugo Guezeta, Sabela ou Vimbio entre moitos outros. Ademais, conta co patrocinio da <strong>Axencia\u00a0 Turismo de Galicia<\/strong>, <strong>Xunta de Galicia<\/strong> e <strong>Xacobeo<\/strong>, e coa colaboraci\u00f3n da <strong>Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a<\/strong> e o<strong> Concello de Betanzos<\/strong>, as\u00ed como co patrocinio de <strong>El \u00c1guila<\/strong>.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><strong>CO\u00d1ECE AOS ARTISTAS DO FESTIVAL DO PASATEMPO 2025<\/strong>\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Un dos grandes nomes desta edici\u00f3n \u00e9 Tanxugueiras.<\/strong> O grupo est\u00e1 a desafiar e a <strong>cambiar o paradigma musical estatal<\/strong>. Aida, Sabela e Olaia, cun son totalmente diferente pero reco\u00f1ecible, <strong>adaptan a m\u00fasica tradicional galega a estilos actuais<\/strong> para darlle una nova vida. Concertos masivos e hist\u00f3ricos, mill\u00f3ns de reproduci\u00f3ns, n\u00fameros 1 en vendas e colaboraci\u00f3ns cos mellores artistas estatais avalan ao grupo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Outro dos cabezas de cartel desta edici\u00f3n non \u00e9 outro que Carlos N\u00fa\u00f1ez, un dos maiores referentes internacionais hist\u00f3ricos da m\u00fasica galega<\/strong>. A s\u00faa incursi\u00f3n no\u202f<strong>universo da folktr\u00f3nica<\/strong>, xunto a produtores e creadoras que est\u00e1n a redefinir os sons da tradici\u00f3n, \u00e9 outro exemplo da s\u00faa visi\u00f3n aberta e innovadora. Ao longo destes anos, Carlos N\u00fa\u00f1ez vendeu m\u00e1is dun mill\u00f3n de discos, obtendo un Premio Ondas, a Medalla Castelao e a de Galicia, d\u00faas candidaturas en solitario aos Latin Grammy e galard\u00f3ns arredor do mundo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Dende Euskal Herr\u00eda chegar\u00e1 ao Parque do Pasatempo ZETAK<\/strong>, unha das propostas m\u00e1is exitosas da m\u00fasica en euskera.&nbsp; O navarro integra as tendencias musicais m\u00e1is actuais ao seu propio universo, aderez\u00e1ndoo con referencias vascas, sonoridades que se relacionan coa s\u00faa terra e o propio euskera. Dende o inicio do proxecto, ZETAK provocou un tremor no panorama musical vasco, e&nbsp; evolucionou ata acadar concertos multitudinarios e hist\u00f3ricos para a m\u00fasica no seu idioma.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Como parte destacada da nova m\u00fasica tradicional galega actuar\u00e1 Caama\u00f1o&amp;Ameixeiras<\/strong>, un dos grandes expo\u00f1entes a nivel internacional da mesma. Resignificando a m\u00fasica e o baile de ra\u00edz cos sons m\u00e1is contempor\u00e1neos, o d\u00fao est\u00e1 expandindo o seu talento al\u00e9n das fronteiras galegas. Cunha posta en escena impactante, coidada e atrevida, levan os seus directos a pa\u00edses como <strong>Italia<\/strong>, <strong>B\u00e9lgica<\/strong>, <strong>Francia<\/strong>, <strong>Portugal<\/strong>, <strong>Eslovaquia<\/strong>, <strong>Rep\u00fablica Checa<\/strong> ou <strong>Austria<\/strong>. Ademais, ve\u00f1en de colaborar con artistas da talla de Tanxugueiras, Rodrigo Cuevas ou Fillas de Cassandra.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Completando o cartel desta edici\u00f3n estar\u00e1 <strong>Ant\u00eda Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, artista que se converteu nunha das revelaci\u00f3ns da nova canci\u00f3n galega. Con \u201cCarta Aberta\u201d, o seu \u00e1lbum debut, acumulou case 2 mill\u00f3ns de reproduci\u00f3ns e foi escollida embaixadora de Spotify Espa\u00f1a na s\u00faa playlist EQUAL, sa\u00edndo nas pantallas de Times Square, en Nova York. A s\u00faa proposta \u00e9 unha viaxe entre o jazz-pop, a canci\u00f3n alternativa de autora e a m\u00fasica tradicional, perfectamente guiada pola maxia da s\u00faa voz.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un ano m\u00e1is, o Parque do Pasatempo de Betanzos encherase da mellor m\u00fasica en directo coa celebraci\u00f3n dunha nova edici\u00f3n do Festival do Pasatempo. Co galego ben presente, o cartel [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2137,3056,3057,2539,2283,2908,1182,3055],"class_list":["post-18573","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-antia-muino","tag-caaamanoameixeiras","tag-carlos-nunez","tag-enterticket","tag-festival-do-pasatempo","tag-parque-do-pasatempo-de-betanzos","tag-tanxugueiras","tag-zetak"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18573","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18573"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18573\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18575,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18573\/revisions\/18575"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18573"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18573"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18573"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}