{"id":18537,"date":"2025-05-22T22:03:33","date_gmt":"2025-05-22T21:03:33","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18537"},"modified":"2025-05-22T22:04:27","modified_gmt":"2025-05-22T21:04:27","slug":"o-artista-euyin-eugene-inicia-a-sua-residencia-paraiso-2025-na-cidade-da-cultura-e-no-salon-teatro-do-cdg-de-santiago-de-compostela","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18537","title":{"rendered":"O artista Euy\u00edn Eugene inicia a s\u00faa \u2018Residencia Para\u00edso 2025\u2019 na Cidade da Cultura e no Sal\u00f3n Teatro do CDG de Santiago de Compostela"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1716\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-scaled.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18539\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-scaled.jpeg 1716w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-1280x1910.jpeg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-980x1462.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/EuyinEugene_2-480x716.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1716px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Desde este xoves, 22 de maio, e at\u00e9 o venres, 13 de xu\u00f1o, no marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, o creador transmasculino nacido en Venezuela Euy\u00edn Eugene traballar\u00e1 na s\u00faa proposta&nbsp;<\/strong><strong><em>Tuerce<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Tuerce<\/em><\/strong><strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto de investigaci\u00f3n art\u00edstica que, po\u00f1endo a disforia de x\u00e9nero no centro, prop\u00f3n un espazo de di\u00e1logo e exploraci\u00f3n expandida a trav\u00e9s das pr\u00e1cticas art\u00edsticas de creadores trans e persoas non binarias<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Unha vez finalizada a s\u00faa residencia, Euy\u00edn Eugene ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 lugar no Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego, en Santiago de Compostela, o venres, 13 de xu\u00f1o, \u00e1s 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Paralelamente, o creador participar\u00e1, xunto ao resto de &#8216;Artistas Para\u00edso 2025&#8217;, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 12, 13 e&nbsp;14 de setembro&nbsp;na Illa de San Sim\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado por RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O artista&nbsp;<strong>Euy\u00edn Eugene&nbsp;<\/strong>inicia a s\u00faa andaina na novena edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso este xoves, 22 de maio, en Santiago de Compostela. As&nbsp;<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>&nbsp;son un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. A&nbsp;<strong>Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego<\/strong>, en Compostela, acollen desde hoxe e at\u00e9 o venres 13 de xu\u00f1o a segunda destas residencias art\u00edsticas de 2025, en torno \u00e1 proposta&nbsp;<em>Tuerce<\/em>, do artista transmasculino nacido en Venezuela Euy\u00edn Eugene.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Tuerce<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto de investigaci\u00f3n art\u00edstica que, po\u00f1endo a disforia de x\u00e9nero no centro, prop\u00f3n un espazo de di\u00e1logo e exploraci\u00f3n expandida a trav\u00e9s das pr\u00e1cticas art\u00edsticas de creadores trans e persoas non binarias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha vez finalizada a s\u00faa residencia art\u00edstica,&nbsp;Euy\u00edn Eugene&nbsp;ofrecer\u00e1 unha&nbsp;<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 lugar no mesmo Sal\u00f3n Teatro do CDG en Santiago de Compostela, a velada do venres, 13 de xu\u00f1o, a partir das 20.00 horas, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. Paralelamente, o creador participar\u00e1, xunto ao resto de &#8216;Artistas Para\u00edso 2025&#8217;, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 12, 13 e&nbsp;14 de setembro&nbsp;na Illa de San Sim\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Tuerce<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto de investigaci\u00f3n art\u00edstica do artista transmasculino nacido en Venezuela Euy\u00edn Eugene que, po\u00f1endo a disforia de x\u00e9nero no centro, prop\u00f3n un espazo de di\u00e1logo e exploraci\u00f3n expandida a trav\u00e9s das pr\u00e1cticas art\u00edsticas de creadores trans e persoas non binarias.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta proposta nace coa intenci\u00f3n de xerar, a trav\u00e9s da creaci\u00f3n, espazos para compartir e reflexionar arredor da disforia de x\u00e9nero coas persoas que a experimentan e desmarcala do estigma para comezar a constru\u00edr novos rexistros e matices que sirvan non s\u00f3 \u00e1 comunidade trans, sen\u00f3n tam\u00e9n \u00e1 sociedade en xeral.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Que dir\u00eda a disforia se puidese falar a trav\u00e9s dun corpo? preg\u00fantase Euy\u00edn, e observa que o corpo trans e non binario, a trav\u00e9s da s\u00faa experiencia, torce, vira, altera, desv\u00eda, mobiliza e permite desnaturalizar o sistema sexo-x\u00e9nero.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Euy\u00edn prop\u00f3n xerar unha peza na que, po\u00f1endo o seu corpo no centro, confl\u00faan voces, sons e texturas que evoquen o tr\u00e1nsito dun corpo que decidiu autodeterminarse no medio do sistema sexo-x\u00e9nero, colaborando en escena con \u00cdren M\u00e1rquez Dos Santos para a creaci\u00f3n das paisaxes sonoras que atravesar\u00e1n o dispositivo esc\u00e9nico. Inter\u00e9salle especialmente o papel do p\u00fablico dentro deste dispositivo, xa que, m\u00e1is que interpelar, busca xerar pontes e abrir preguntas, dialogando co p\u00fablico, tam\u00e9n atravesado polo mesmo sistema.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Tuerce_EuyinEugene.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1080\" height=\"1080\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Tuerce_EuyinEugene.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-18538\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Tuerce_EuyinEugene.png 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Tuerce_EuyinEugene-980x980.png 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/05\/Tuerce_EuyinEugene-480x480.png 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1080px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><br><strong>SOBRE O ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Euy\u00edn Eugene \u00e9 unha persoa transmasculina non binaria, nacida en Petare, Venezuela. \u00c9 creador visual, esc\u00e9nico e xestor cultural, graduado en Arte Dram\u00e1tica pola Universidade Nacional Experimental das Artes (Caracas). A s\u00faa pr\u00e1ctica art\u00edstica centrouse na&nbsp;<em>performance<\/em>&nbsp;e na creaci\u00f3n de espazos para o seu desenvolvemento. Traballa arredor de procesos nos que se entrelazan a experiencia encarnada e os acontecementos pol\u00edticos e sociais que a atravesan e condicionan. Inter\u00e9salle colectivizar os procesos e xerar espazos de di\u00e1logo. Son temas recorrentes nas s\u00faas propostas as relaci\u00f3ns de poder, a migraci\u00f3n, o x\u00e9nero e a memoria hist\u00f3rica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O seu traballo foi programado en diversos espazos e instituci\u00f3ns como La Casa Encendida, La Parcer\u00eda, Juf, Espacio Afro e o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sof\u00eda. Na s\u00faa traxectoria como xestor cultural en Madrid, colaborou na creaci\u00f3n e coordinaci\u00f3n de proxectos con La Parcer\u00eda, Espacio Afro, Osik\u00e1n e Madrid Negro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda,&nbsp;<strong>\u00cdren M\u00e1rquez Dos Santos<\/strong>&nbsp;\u00e9 une artista e produtore afrodescendente de Madrid que investiga e abraza as formas de resistencia e sanaci\u00f3n das comunidades da di\u00e1spora a trav\u00e9s do son. A s\u00faa investigaci\u00f3n sonora c\u00e9ntrase no mar e na s\u00faa materialidade pol\u00edtica, afondando no potencial do son submarino para expor realidades ambientais fracturadas e conflitivas que repercuten nas narrativas hist\u00f3ricas coloniais e neocoloniais sobre a superficie da auga.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As s\u00faas produci\u00f3ns sonoras m\u00e1is recentes incl\u00faen un espazo sonoro comisionado por Tomboysdontcry e Congregations para Lingua Lunga en Mil\u00e1n (Italia); un espazo sonoro para a versi\u00f3n curta de&nbsp;<em>M\u00e1s all\u00e1 de la piel<\/em>&nbsp;en Conde Duque (Madrid); o obradoiro sonoro&nbsp;<em>Somos ruidos fluyentes<\/em>&nbsp;para Hablar En Arte e 21Distritos; sesi\u00f3ns de DJ para&nbsp;<em>Una fiesta salvaje<\/em>&nbsp;en Matadero Madrid e para o evento&nbsp;<em>Plurrrii do Jokko Collective<\/em>, en Foc Barcelona.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto. Paralelamente, en di\u00e1logo coas artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, no mes de setembro, organ\u00edzase un encontro coas e cos artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo ou Sergio Marey, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, Concello de Corcubi\u00f3n, a MIT (Concello de Ribadavia) e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mant\u00e9n un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\">https:\/\/www.<\/a><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">colectivorpm<\/a><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\">.gal\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde este xoves, 22 de maio, e at\u00e9 o venres, 13 de xu\u00f1o, no marco das Residencias Para\u00edso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, o creador transmasculino nacido en Venezuela Euy\u00edn [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2379,2135,3045,2798,3046],"class_list":["post-18537","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-cidade-da-cultura","tag-colectivo-rpm","tag-euyin-eugene","tag-residencias-paraiso-2025","tag-salon-teatro-do-cdg"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18537","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18537"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18537\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18541,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18537\/revisions\/18541"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18537"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18537"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18537"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}