{"id":18475,"date":"2025-05-18T10:01:00","date_gmt":"2025-05-18T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18475"},"modified":"2025-05-18T01:11:32","modified_gmt":"2025-05-18T00:11:32","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-o-recitador","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18475","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a O RECITADOR"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right wp-block-paragraph\" style=\"font-size:25px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size wp-block-paragraph\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right wp-block-paragraph\" style=\"font-size:25px\">O RECITADOR<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\"><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Pascual, o fillo do taberneiro, foi o \u00fanico da aldea que o viu marchar. Estaba \u00e1 porta da tasca fumando, cando, \u00e1s once da ma\u00f1\u00e1, hora na que o veci\u00f1o adoitaba tomar o caf\u00e9 con puntualidade brit\u00e1nica, notou algo estra\u00f1o. Xusto cando \u00eda entrar para prepararllo, decatouse de que Xenaro, era as\u00ed coma se chamaba, arrastrando unha maleta continuaba de largo sen tan sequera mirar para el nin saudalo. Estra\u00f1oulle o feito xa que era raro que sa\u00edra da aldea e menos cunha maleta de viaxe. Ir\u00e1 visitar os parentes de Santiago, pensou. Acabou de fumar e volveu para detr\u00e1s da barra, quedaba a\u00ednda moita xornada por diante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Pasaron os d\u00edas e ningu\u00e9n sab\u00eda nada del. S\u00f3 o que Pascual lles contara daquela ma\u00f1\u00e1 en que o viu marchar. Na aldea t\u00ed\u00f1ano coma unha persoa un tanto especial, un pouco rara. Era certo que falaba con todos os veci\u00f1os cando se cruzaba con eles, pero o xusto, o suficiente para lle permitir levar unha vida solitaria e independente. A s\u00faa \u00fanica rutina social consist\u00eda en tomar un caf\u00e9 na tasca \u00e1s once da ma\u00f1\u00e1 e outro \u00e1s seis da tarde, sempre puntual. Dez minutos de conversa con Pascual e nada m\u00e1is. Por iso, a s\u00faa ausencia apenas se notou e, co paso dos d\u00edas, f\u00f3ronse esquecendo del.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Xenaro era fillo dun m\u00e9dico moi apreciado polas xentes da bisbarra, completamente oposto ao seu fillo. Sociable e falangueiro, sempre estaba disposto a botar unha man a quen o necesitase. Se algu\u00e9n precisaba dos seus servizos e non ti\u00f1a recursos, non lle cobraba a consulta. Xenaro, acabou a carreira de dereito en Santiago, pero nunca exerceu de avogado nin se dedicou a outro oficio. A s\u00faa vida reduc\u00edase a dar longos paseos polos cami\u00f1os e polo monte, ou a quedar na casa horas e horas lendo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">\u00c1 morte dos seus pais quedoulle unha boa fortuna coa que poder vivir o resto da vida sen traballar. O seu pai, como dixen, m\u00e9dico, e a s\u00faa nai profesora de Matem\u00e1ticas no instituto de Melide, levaran unha vida sinxela e sen grandes gastos, deix\u00e1ndolle unha boa herdanza. Por outra parte, tampouco necesitaba moito, con ter para comer, para os caf\u00e9s de ma\u00f1\u00e1 e tarde, e comprar de vez en cando un libro, xa lle chegaba. Gastaba o m\u00ednimo en roupa e outros caprichos e carec\u00eda de vicios.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Aquela ma\u00f1\u00e1 que Pascual o viu pasar por diante da taberna, Xenaro ergu\u00e9rase coma sempre \u00e1s sete da ma\u00f1\u00e1. Despois de asearse e tomar o almorzo, soubo que aquel non \u00eda ser un d\u00eda calquera. Algo lle rondaba polo caletre desde \u00eda uns d\u00edas, e ao rematar de tomar o seu vaso de cola cao con galletas, foi consciente de que chegara o d\u00eda, aos seus cincuenta e catro anos, de deixar a aldea de novo e sa\u00edr polo mundo adiante. Preparou a maleta con s\u00f3 o imprescindible e ao aproximarse as once botouse a cami\u00f1ar sen rumbo fixo. Tanto lle daba un destino como outro. Durmir\u00eda onde lle acaera mellor: hoxe nunha pensi\u00f3n, ma\u00f1\u00e1 nun pendello, pasado ma\u00f1\u00e1 ao ar libre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Moitos meses antes de tomar esta decisi\u00f3n adic\u00e1rase a memoriza todos os poemas de \u201cViaxe ao pa\u00eds dos ananos\u201d de Celso Emilio Ferreiro, as\u00ed coma a obra completa de \u201cCien a\u00f1os de soledad\u201d de Garc\u00eda M\u00e1rquez. Inspirouse nos personaxes de Ray Bradbury en Fahrenheit 451, que, ao prohibirse os libros, decidiron aprender de memoria tantas obras como puideran para preservalas no futuro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">Por\u00e9n, a motivaci\u00f3n de Xenaro non era a mesma. Os libros a\u00ednda non estaban prohibidos, todo se andar\u00e1. Quixo aprender estas d\u00faas obras para, cando lle apetecese, recitalas e compartilas con quen quixese escoitalo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">E iso \u00e9 o que fai agora. Chega a unha cidade, elixe un lugar axeitado e como os m\u00fasicos ambulantes, pero sen guitarra nin acorde\u00f3n levanta a voz. Deixa que os versos de Ferreiro e os cap\u00edtulos de M\u00e1rquez reverberen polas prazas, polas r\u00faas ou calquera outro recuncho das vilas e cidades que visita.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify wp-block-paragraph\">O seu \u00fanico recurso, unha lousa, onde todas as ma\u00f1\u00e1s ao erguerse escribe o programa da xornada, que comeza as once e remata sobre as oito da tarde, coas pausas para comer e descansar:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">11. A leuci\u00f3n<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">11:15. Cap\u00edtulo X. <em>Cien a\u00f1os de soledad<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">11:45. Digo <em>Viet Nam<\/em> e basta.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">12. Cap\u00edtulo XI. <em>Cien a\u00f1os de soledad<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"wp-block-paragraph\">19:50. Agardarei<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a O RECITADOR Pascual, o fillo do taberneiro, foi o \u00fanico da aldea que o viu marchar. Estaba \u00e1 porta da tasca fumando, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,3027,975,993],"class_list":["post-18475","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-o-recitador","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18475","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18475"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18475\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18476,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18475\/revisions\/18476"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18475"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18475"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18475"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}