{"id":18303,"date":"2025-05-05T00:29:13","date_gmt":"2025-05-04T23:29:13","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18303"},"modified":"2025-05-05T00:35:27","modified_gmt":"2025-05-04T23:35:27","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-amnesia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18303","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. AMNESIA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:25px\">AMNESIA<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando os seus p\u00e9s a duras penas eran quen de dar uns pasos, sente como o corpo cede, rendido. Polo seu max\u00edn pasa a idea de deixarse caer al\u00ed mesmo, \u00e1 beira da deserta estrada, cando divisa ao lonxe un pu\u00f1ado de casas. Unha chispa de esperanza dev\u00f3lvelle as forzas, presto encam\u00ed\u00f1ase cara ao que semella ser unha pequena vila. Ao entrar non a reco\u00f1ece, non lembra estar nunca al\u00ed. Por non lembrar, non lembra nada: o seu pasado, o seu destino, nen sequera o seu nome. Do \u00fanico que ten certeza \u00e9 que leva tres d\u00edas cami\u00f1ando sen cruzarse con ningu\u00e9n, apart\u00e1ndose polas noites uns metros da estrada para deitarse e descansar. Sempre por teito un indiferente ceo que ignora a s\u00faa existencia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nada m\u00e1is traspasar as primeiras casas nota que a s\u00faa presenza non pasa desapercibida. Desde as xanelas, os habitantes seguen o seu err\u00e1tico andar, con expresi\u00f3ns que van desde un medo at\u00e1vico a unha ira incontida. Un temor irraconal apod\u00e9rase del e m\u00e1xime cando un grupo de nenos perseguidores corren \u00e1s s\u00faas costas ao berro de: \u201cXa est\u00e1 aqu\u00ed!, xa est\u00e1 aqu\u00ed.\u201d &nbsp;Non comprende nada. A confusi\u00f3n af\u00f3gao e sacando as poucas forzas que lle quedan, d\u00e1 &nbsp;media volta e &nbsp;b\u00f3tase a correr sen mirar atr\u00e1s. Non sabe de que fuxe, s\u00f3 que al\u00ed est\u00e1 en perigo e debe afastarse canto antes. Pero xa \u00e9 tarde, unha parella de uniformados c\u00f3rtalle o paso, inmovil\u00edzanlle as mans cuns grilletes e, sen explicaci\u00f3n algunha, cond\u00faceno \u00e1 vella comisaria.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">At\u00f3pase &nbsp;nun edificio derru\u00eddo, que a\u00ednda conserva pendurados das s\u00faas paredes &nbsp;p\u00f3sters do que semella ter sido un antigo r\u00e9xime. Por m\u00e1is que trata de furgar na s\u00faa memoria, todo aquilo res\u00faltalle estra\u00f1o. Sometido a interrogatorios cortantes e cheos de rancor, repite unha e outra vez que non sabe nada, que non lembra. \u201cTi destruiches isto&#8230;e agora chegou o intre de pagar polo que fixeches\u201d, brada o axente m\u00e1is corpulento, mentres as s\u00faas mans encam\u00ed\u00f1anse ameazantes cara a s\u00faa cara. O segundo axente am\u00f3sase m\u00e1is comprensivo, ata que farto das s\u00faas negativas, releva ao compa\u00f1eiro na s\u00faa tarefa de mallalo a labazadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Tres horas de preguntas e silencios, para logo conducilo a un enorme campo de trigo baixo un ceo cinsento que anuncia malos presaxios. Al\u00ed recibe unha gada\u00f1a e na compa\u00f1a de medio centenar de mulleres e homes exhaustos comeza a segar. Nese intre, parece espertar algo no seu max\u00edn. Ao tocar o trigo coas mans, imaxes de xente berrando e unha voz &nbsp;( se cadra a s\u00faa?) dando ordes, acuden a s\u00faa cabeza. Era como se aquel campo estivese impregnado dunha historia que quer\u00eda esquecer. Por un intre deten o labor e un encargado fai que volva ao mesmo, coa axuda dunha fusta delgada e flexible, que se lle presenta como un obxecto co\u00f1ecido.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pouco a pouco, comeza a entender. Fora v\u00edtima dun r\u00e9xime opresivo, pero ao mesmo tempo un dos seus brazos executores. Non sabe ben en que posto, quizais oficial, xu\u00edz ou verdugo. Do que empeza a ser consciente \u00e9 &nbsp;de que ocupara un cargo importante, responsable da destruci\u00f3n daquel lugar e da posterior miseria. At\u00f3pase perdido e acorralado, consciente da s\u00faa nova condici\u00f3n. Sabe que non pode nin vai ser perdoado.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E mentres sega, os recordos contin\u00faan a asaltalo, cada vez m\u00e1is n\u00edtidos. Si, foi o comandante dun campo de traballo e agora \u00e9 como un daqueles que ata pouco estiveran ao seu mando. De s\u00fapeto, detense. O encargado ach\u00e9gase coa fusta, pero antes de que o golpee, ergue a gada\u00f1a cara a el e a s\u00faa mirada cr\u00e1vase no horizonte e a s\u00faa mirada queda atrapada nunha visi\u00f3n &nbsp;que o paraliza: el mesmo, traballando con furia, consumido polo esforzo, esgotado. E logo outra imaxe. E outra. E outra m\u00e1is. Centos, miles de seres asexuados (non \u00e9 capaz de saber se son homes ou mulleres) atrapados nun bucle infinito e anguriante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Comprende que non est\u00e1 s\u00f3, que como el hai moitos m\u00e1is, os antigos donos das fustas, agora reducidos a meras sombras, mentres son outros os que ostentan o poder. Sabe que lle agarda un castigo do que s\u00f3 a morte o liberar\u00e1. Baixa a gada\u00f1a e volvendo a vista ao chan prosegue co seu labor.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a AMNESIA Cando os seus p\u00e9s a duras penas eran quen de dar uns pasos, sente como o corpo cede, rendido. Polo seu [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,6,1],"tags":[2995,976,975,993],"class_list":["post-18303","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-xeral","tag-amnesia","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18303","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18303"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18303\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18307,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18303\/revisions\/18307"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18303"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18303"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18303"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}