{"id":18217,"date":"2025-04-24T00:43:47","date_gmt":"2025-04-23T23:43:47","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18217"},"modified":"2025-04-24T00:44:49","modified_gmt":"2025-04-23T23:44:49","slug":"de-drag-race-a-claro-boba-o-orgullo-do-norte-eleva-o-seu-glam-coas-rainas-mais-brillantes-do-pais","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18217","title":{"rendered":"De Drag Race a Claro Boba!: o \u2018Orgullo do Norte\u2019 eleva o seu glam coas ra\u00ed\u00f1as m\u00e1is brillantes do pa\u00eds"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-Atlantic-Pride-2025-avance-23-abril.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"819\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-Atlantic-Pride-2025-avance-23-abril-819x1024.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-18218\"\/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O mellor talento drag queen estatal e galego s\u00famase \u00e1 festa do Atlantic Pride 2025 da man das drags Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha &amp; OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC &amp; Gaylicia y Kelly Amethyst&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Os mon\u00f3logos, a performance e a m\u00fasica m\u00e1is picante estar\u00e1n servidas no cartel da 6\u00aa edici\u00f3n do festival coas actuaci\u00f3ns de altura e fantas\u00eda destas dez grandes iconas queer, que reivindicar\u00e1n a diversidade a golpe de humor e sat\u00edricas actuaci\u00f3ns de infarto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nado en 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva, que celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n do 6 ao 13 de xullo na Coru\u00f1a<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>No seu cartel est\u00e1 xa confirmada a presencia de Judeline, Edurne, Nia, Merche, Paula Koops, De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA, Jimena Amarillo, Mayo e os dj\u2019s Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A cita est\u00e1<\/strong><strong>&nbsp;impulsada pola&nbsp;<\/strong><strong>Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O mellor talento drag queen estatal e galego, de&nbsp;<em>Drag Race<\/em>&nbsp;a Claro Boba!, s\u00famase \u00e1 festa do Atlantic Pride, que neste 2025 contar\u00e1 co maior elenco drag da s\u00faa historia. As\u00ed, do 6 ao 13 de xullo, polas t\u00e1boas do \u2018Orgullo do Norte\u2019 desfilar\u00e1n grandes iconas queer como Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha &amp; OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, RRRITA, Escarlatina Pier, Ariel REC &amp; Gaylicia y Kelly Amethyst.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os mon\u00f3logos, a performance e a m\u00fasica m\u00e1is picante estar\u00e1n servidas no cartel da 6\u00aa edici\u00f3n do festival coas actuaci\u00f3ns de altura e fantas\u00eda dalgunhas das ra\u00ed\u00f1as do glam m\u00e1is brillantes do pa\u00eds, que reivindicar\u00e1n a diversidade a golpe de humor e sat\u00edricas actuaci\u00f3ns de infarto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nado en 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva, que celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n do 6 ao 13 de xullo na Coru\u00f1a. No seu cartel est\u00e1 xa confirmada a presencia de Judeline, Edurne, Nia, Merche, Paula Koops, De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA, Jimena Amarillo, Mayo e os dj\u2019s Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A cita est\u00e1 impulsada pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1906\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-scaled.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18219\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-scaled.jpeg 1906w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-1280x1719.jpeg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-980x1316.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/SAMANTHA-BALLENTINESsamantha-ballentines-gonza-gallego-all-stars-dragcon-la-mesias-drag-race-rupaul-480x645.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1906px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Arantxa Castilla-La Mancha &amp; OnyX Unleashed<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Domingo 6 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Arantxa Castilla-La Mancha \u00e9 unha concursante da primeira tempada de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>. Durante a emisi\u00f3n do programa, converteuse en favorita dos fans pola s\u00faa comedia e o seu carisma. Tras o seu paso por&nbsp;<em>Drag Race<\/em>, Arantxa ga\u00f1ou popularidade polo seu traballo en diferentes programas, shows de teatro e o seu podcast con Hug\u00e1ceo Crujiente&nbsp;<em>Mientras Te Hac\u00edas el Eyeliner<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En 2024, volveu a televisi\u00f3n, esta vez representando a Espa\u00f1a na versi\u00f3n internacional de&nbsp;<em>Drag Race<\/em>,&nbsp;<em>UK vs The World<\/em>, mostrando o seu crecemento no mundo da moda, traballando agora con grandes dese\u00f1adores como DOMINNICO ou Ana Locking. A d\u00eda de hoxe, Arantxa Castilla-La Mancha \u00e9 unha das ra\u00ed\u00f1as m\u00e1is seguidas do formato espa\u00f1ol en redes sociais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, Onyx Unleashed \u00e9 unha concursante da segunda tempada de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a All Stars<\/em>. Onyx \u00e9 co\u00f1ecida polos seus looks de impacto, sendo unha das ra\u00ed\u00f1as cuxas pasarelas foron mellor valoradas tanto nacional como internacionalmente. O drag de Onyx caracter\u00edzase pola s\u00faa imaxinaci\u00f3n e a s\u00faa innovaci\u00f3n, que mestura a moda coa arte e o cosplay. Estivo d\u00faas veces de xira por Espa\u00f1a e traballa tanto en espazos art\u00edsticos como festivos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Onyx \u00e9 cocreador de&nbsp;<em>The Monster Project<\/em>, onde fai looks para outras ra\u00ed\u00f1as e proxectos internacionais. A pesar de non ga\u00f1ar ningunha das tempadas nas que participou, conta co agarimo e a simpat\u00eda do p\u00fablico, sendo unha das ra\u00ed\u00f1as m\u00e1is queridas da segunda tempada e con m\u00e1is seguidores nas redes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Arantxa Castilla-La Mancha e Onyx Unleashed comparten similitudes tanto en percorrido por&nbsp;<em>Drag Race<\/em>&nbsp;como no feito de ter un nome moi longo, similitudes que ven representadas neste show que este ver\u00e1n presentar\u00e1n no Alantic Pride, inspirado no fen\u00f3meno de&nbsp;<em>Wicked<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Yasmine Lutar<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Luns 7 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Yasmine Lutar \u00e9 unha artista drag orixinaria da provincia de Pontevedra, onde comezou a s\u00faa andaina no mundo do drag aos 17 anos como unha forma de expresi\u00f3n persoal e un pasatempo creativo. Co tempo, ese xogo transformouse nunha paix\u00f3n e, finalmente, nunha carreira art\u00edstica. Desde 2023, Yasmine reside en Santiago de Compostela, cidade que marcou un punto de inflexi\u00f3n na s\u00faa traxectoria. \u00c9 al\u00ed onde comeza a profesionalizar o seu drag, consolidando a s\u00faa presenza na escena galega con actuaci\u00f3ns en espazos reco\u00f1ecidos como Claro Boba! na Coru\u00f1a ou N29 en Vigo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Polo cami\u00f1o, Yasmine cruzouse con Moira Lutar, a s\u00faa irm\u00e1 drag, con quen forxou unha conexi\u00f3n profunda desde o primeiro momento. M\u00e1is adiante, co\u00f1ecer\u00eda tam\u00e9n a Khloe Released e Syndra, quen non tardar\u00edan en converterse en piares fundamentais da s\u00faa traxectoria art\u00edstica. Xuntas forman unha familia drag unida polo amor \u00e1 arte, o compa\u00f1eirismo e o apoio incondicional, que foi unha fonte constante de inspiraci\u00f3n, crecemento e forza para Yasmine tanto dentro como fose do escenario.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O seu drag caracter\u00edzase por unha est\u00e9tica fina e sofisticada, na que se funden elementos da femme fatale cl\u00e1sica, o glamour do pin-up e unha sensualidade escura e enigm\u00e1tica. Yasmine \u00e9 a encarnaci\u00f3n do desexo e o misterio, unha figura poderosa que combina a arte da maquillaxe, a moda e a performance para cativar ao p\u00fablico. Cada aparici\u00f3n s\u00faa \u00e9 unha experiencia visual e emocional, onde o sexy at\u00f3pase co elegante e o escuro v\u00f3lvese irresistible.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Liteah<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Luns 7 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde Santiago de Compostela, Liteah revolucionou a escena local drag como organizadora, xunto a Kim Miller, da&nbsp;<em>Drag Night<\/em>, un evento que se converteu en todo un referente para a arte drag en Galicia. A&nbsp;<em>Drag Night<\/em>&nbsp;naceu en 2023 co obxectivo de ofrecer un escenario \u00e1s artistas locais e combinalo coa presenza de invitadas de renome. As\u00ed, a cita non s\u00f3 visibiliza o talento drag local, sen\u00f3n que tam\u00e9n achega a Compostela a concursantes de&nbsp;<em>Drag Race<\/em>&nbsp;como Marisa Prisa, Mariana Stars, La Bella Vampi ou Veneditta Von D\u00e4sh, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>RRRITA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Luns 7 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Rrrita \u00e9 a esencia do baile latino, o derroche de erotismo feminino e a liberaci\u00f3n a trav\u00e9s da s\u00faa presenza. Os seus shows est\u00e1n cheos de carisma e de looks coidadosamente escollidos para cada tema que soa. \u00c9 a f\u00f3rmula perfecta de brillo m\u00e1is glamour. Se queres sentila, s\u00f3 tes que presenciala, porque cada performance est\u00e1 servida coma se fose a \u00faltima. Est\u00e1s preparado para unha bo saz\u00f3n \u00e1 galega?<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Escarlatina Pier<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>M\u00e9rcores 9 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Escarlatina Pier \u00e9 unha artista drag galega que destaca pola performance. De orixe coru\u00f1esa, leva practicamente toda a s\u00faa vida dedicada ao mundo da danza como core\u00f3grafo, pero f\u00f3ra do mundo drag. Desde hai un ano e medio, s\u00f3bese aos tac\u00f3ns e traballa como drag queen residente no m\u00edtico local Claro Boba!, onde se converteu nun personaxe reco\u00f1ecido da noite do Orz\u00e1n coru\u00f1\u00e9s.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">De curta traxectoria, pero con moit\u00edsima ambici\u00f3n, Escarlatina Pier participou en eventos como o Atlantic Pride da Coru\u00f1a (como core\u00f3grafo e bailar\u00edn de Nomi Bull) ou o Porco Pride de Espasante (como artista de cartel). Tam\u00e9n tivo a sorte de realizar unha aparici\u00f3n estelar no programa&nbsp;<em>Quen anda ai?<\/em>, da TVG.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde os seus inicios, Escarlatina non deixou de buscar novas formas para facer chegar a s\u00faa arte ao maior n\u00famero de persoas posible, amenizando aniversarios, despedidas de solteira e solteiro e todo tipo de eventos privados. Ademais, desenvolveu eventos propios, como o&nbsp;<em>Drag Brunch de Coru\u00f1a<\/em>&nbsp;no F\u00e1bula Caf\u00e9. O seu aire carism\u00e1tico e descarado permitiulle chegar a cidades como Santiago de Compostela (Bloom), Ferrol, A Coru\u00f1a e Madrid (La Liada), coas s\u00faas performances de impacto e a s\u00faa \u201cestridente\u201d voz, como ela mesma a define.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O p\u00fablico ve nela \u201centretemento e moito morro\u201d. As s\u00faas compa\u00f1eiras falan dela como \u201cgritona e escandalosa\u201d. E ela mesma descr\u00edbese como \u201cun furac\u00e1n perform\u00e1tico listo para entreter\u201d. Estades preparados para o que nos trae este ano ao cartel do Atlantic Pride?<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ariel REC &amp; Gaylicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Venres 11 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ariel Rec \u00e9 unha artista drag, cantante, fot\u00f3grafa, youtuber e artista de tatuaxe espa\u00f1ola. Foi unha das concursantes da segunda tempada de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>. O seu nome, Ariel, insp\u00edrase en&nbsp;<em>La sirenita<\/em>, mentres que Rec prov\u00e9n da s\u00faa carreira como youtuber.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En decembro de 2019 lanza o seu tema musical&nbsp;<em>No quiero<\/em>, no que a artista narra a trav\u00e9s da letra a s\u00faa carreira no drag desde os seus inicios. En 2020 f\u00edxose eco no medio dixital&nbsp;<em>Vozp\u00f3puli<\/em>&nbsp;das estratexias de&nbsp;<em>pinkwashing<\/em>&nbsp;das empresas durante o mes do Orgullo LGTBIQ+. En 2022, competiu na segunda tempada de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>. No segundo episodio quedou entre as d\u00faas nomeadas a eliminaci\u00f3n. Finalmente, foi derrotada por Samantha Ballentines nunha batalla de&nbsp;<em>lip sync<\/em>, o que a levou a ser a segunda eliminada da tempada. En abril dese mesmo mes realizou unha colaboraci\u00f3n de maquillaxe co medio dixital&nbsp;<em>Cosmopolitan<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Posteriormente, tras a final de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>, Ariel formou parte da segunda edici\u00f3n da xira nacional del&nbsp;<em>Gran Hotel de las Reinas<\/em>. Ao Atlantic Pride da Coru\u00f1a chega este ver\u00e1n da man de Gaylicia, \u201cunha t\u00eda chul\u00edsima e moi sexy\u201d, como ela mesma se define, que foi ga\u00f1adora da Dragalada Drag Tour Madrid.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Samantha Ballentines<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>S\u00e1bado 12 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Samantha Ballentines \u00e9 unha artista drag, ademais de ilustradora, fot\u00f3grafa e maquilladora. Foi unha das concursantes m\u00e1is celebradas da segunda tempada de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>, onde obtivo o t\u00edtulo de Miss Simpat\u00eda. M\u00e1is tarde, regresar\u00eda para competir na primeira tempada de D<em>rag Race Espa\u00f1a: All Stars<\/em>, onde obtivo por segunda vez o t\u00edtulo de Miss Simpat\u00eda.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Samantha formou parte da xira nacional do&nbsp;<em>Gran Hotel de las Reinas<\/em>. Ademais, en decembro de 2022, foi cabeza de cartel, xunto a Marina, da festa&nbsp;<em>Una fantas\u00eda<\/em>, da Sala Razzmatazz de Barcelona. Durante as tempadas tres e catro de <em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>&nbsp;foi a presentadora do programa&nbsp;<em>S\u00ed lo digo<\/em>, en Atresplayer, no que comentaba cada cap\u00edtulo con outras drags de pasadas edici\u00f3ns. O seu nome v\u00e9n de Samantha Jones, o personaxe da serie de televisi\u00f3n&nbsp;<em>Sex and the City<\/em>, ao que se sumou o apelido m\u00e1is tarde, xa que a ela encant\u00e1balle a famosa marca de whisky.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Kelly Amethyst<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>S\u00e1bado 12 de xullo<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Kelly Amethyst \u00e9 unha artista que empezou o seu cami\u00f1o no drag al\u00e1 polo ano 2011 baixo o nome de Kellyocha Myself, cando experimentaba no mundo de YouTube con parodias dos videoclips de Lady Gaga. En 2012 decidiu deixar atr\u00e1s o drag para dar comezo \u00e1 s\u00faa transici\u00f3n, pero, dez anos despois, en 2022, regresou xa rebautizada como Kelly Amethyst para converterse nunha das drags m\u00e1is queridas da cidade herculina.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde ent\u00f3n, non se baixou do escenario do local Claro Boba!, o cal considera a s\u00faa casa. Ademais, formou parte da casa drag&nbsp;<em>Haus of Hell<\/em>, participou no Atlantic Pride en 2023, por terceiro ano estar\u00e1 no Pride de Espasante e deixouse ver en festas como&nbsp;<em>Lvst<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>Drag Night<\/em>, entre outras. Defensora dos dereitos trans, def\u00ednese a si mesma como unha vedette do s\u00e9culo XXI e quere demostrar que as mulleres tam\u00e9n poden facer drag.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO E ICONAS LGTBIQ+ NO ORGULLO DO NORTE 2025<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co\u00f1ecido como o \u2018Orgullo do Norte\u2019, o Atlantic Pride celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A cita, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n reuniu a m\u00e1is de 25.000 persoas, est\u00e1 impulsada pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a e conta co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.&nbsp;Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebraci\u00f3n aberto, seguro e diverso, como referente dos \u2018Orgullos\u2019 que se celebran no comenzo do ver\u00e1n ao longo da Pen\u00ednsula e no que, un ano m\u00e1is, se dar\u00e1n cita coloridas propostas para todos os p\u00fablicos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As\u00ed, no Atlantic Pride non faltar\u00e1n concertos de inspiraci\u00f3n eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuaci\u00f3ns de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebraci\u00f3n do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERu\u00f1a, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n rexistrou o seu r\u00e9cord de participaci\u00f3n e que neste 2025 ten xa aberta a s\u00faa convocatoria:&nbsp;<a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/\" class=\"\">https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta 6\u00aa edici\u00f3n do Atlantic Pride est\u00e1 xa confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop espa\u00f1ol, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encher\u00e1n a cidade herculina de cor e diversi\u00f3n, cunhas voces que far\u00e1n as delicias de diversas xeraci\u00f3ns. Xunto a elas, a nova&nbsp;escena musical galega subirase un ano m\u00e1is ao escenario do \u2018Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla. A elas s\u00famanse, agora, catro grandes iconas da cultura e a m\u00fasica LGTBIQ+, Jimena Amarillo, Mayo e os dj\u2019s Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ. Moi pronto, o festival anunciar\u00e1 novos nomes para completar o seu&nbsp;<em>line up&nbsp;<\/em>este 2025.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O \u2018ORGULLO DO NORTE\u2019<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- coa colaboraci\u00f3n do Concello da Coru\u00f1a, Atlantic Pride nace no ano 2019 coa vontade de situar \u00e1 cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social e unha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular.&nbsp;<br><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/20250423-NP-drags-Atlantic-Pride-2025-2.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250423-NP-drags-Atlantic-Pride-2025-2<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O mellor talento drag queen estatal e galego s\u00famase \u00e1 festa do Atlantic Pride 2025 da man das drags Samantha Ballentines, Arantxa Castilla-La Mancha &amp; OnyX Unleashed, Yasmine Lutar, Liteah, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2843,2693,2975,2279,735,2974,2973,2122],"class_list":["post-18217","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-asociacion-orgullo-coruna","tag-atlantic-pride-2025","tag-claro-boba","tag-club-de-lectura-queeruna","tag-concello-da-coruna","tag-drag-race","tag-iv-certame-literario-de-literatura-lgtbiq","tag-o-orgullo-do-norte"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18217","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18217"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18217\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18222,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18217\/revisions\/18222"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18217"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18217"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18217"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}