{"id":18193,"date":"2025-04-23T16:16:31","date_gmt":"2025-04-23T15:16:31","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18193"},"modified":"2025-04-23T16:54:14","modified_gmt":"2025-04-23T15:54:14","slug":"demiurxia-libros-e-outras-intimidades-patricia-torrado-queiruga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=18193","title":{"rendered":"DEMIURXIA \u201cLibros e outras intimidades\u201d Patricia Torrado Queiruga"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p>   <\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2648.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1054\" height=\"614\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2648.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-18194\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2648.jpeg 1054w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2648-980x571.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2648-480x280.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1054px, 100vw\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\"><em>Biblioteca do Mosteiro do Escorial <\/em><\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"217\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2-217x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7783\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p style=\"font-size:30px\"><br><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/colaboracions\/demiurxia\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">DEMIURXIA<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-medium-font-size\"><em><a href=\"https:\/\/es-es.facebook.com\/patricia.torradoqueiruga\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Patricia Torrado Queiruga<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-medium-font-size\">LIBROS E OUTRAS INTIMIDADES<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Hoxe, coma todos os d\u00edas, pero se cadra m\u00e1is a\u00ednda, facemos esa gran festa dos libros. Que ser\u00eda da especie sen o milagre da escritura e, por ende, da lectura?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando o ser humano decide que hai cousas que te\u00f1en que perdurar no tempo porque a sabedor\u00eda acadada \u00e9 maior e non pode f\u00edar todo \u00e1 memoria ou \u00e1 transmisi\u00f3n do co\u00f1ecemento de xeito oral, aparece a escritura, al\u00f3 nos albores \u201cda humanidade\u201d -e deix\u00e1deme que isto \u00faltimo o po\u00f1a entre comi\u00f1as, que coa que temos enriba&#8230;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Escribimos muros, louza, papiro, vitela, o que se nos puxese por diante e precisamos logo do marabilloso invento da imprenta porque non nos chegaba a nada tanto soporte se non podiamos trasladar os textos cuneiformes do imperio acadio ou os muros do templo de Luxor ao longo e ancho do globo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A ma\u00f1\u00e1 levoume a pensar non s\u00f3 neste caos de inicios, de soportes, de necesidades, en lugares e personaxes imbrincados en determinadas obras que todos co\u00f1ecemos, sen\u00f3n no que hai antes ou despois. Nesa pulsi\u00f3n de quen che agasalla un libro ou de a quen agasallas un libro. Hai algo m\u00e1is \u00edntimo e valente nesa escolla individual? Case todos os libros que inundan os andeis da mi\u00f1a casa son unha escolla propia para a lectura ou unha escolla que algu\u00e9n fixo para min. Conste que algo de refugallo tam\u00e9n se xunta, pero igual \u00e9 s\u00f3 un tres por cento do total.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E cada libro que me escolleron garda dentro das s\u00faas p\u00e1xinas un <em>re-cordis<\/em>, con toda a etimolox\u00eda da palabra latina, ollando en fite para min. O lugar no que me fixeron ese agasallo, a persoa que o fixo, a relaci\u00f3n entrambas, un sentimento, unha despedida, un reencontro, un bico, un perfume, unha ilusi\u00f3n, un so\u00f1o, unhas letras&#8230; E volv\u00edn pasar pola man todas esas lembranzas que son eu e son a outra persoa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E volv\u00edn \u00e1 voz da avoa cando me contaba o conto de <em>Genoveva de Bravante<\/em> para que comese algo; \u00e1s mans do av\u00f3, cando me ensinou o libro de ebanister\u00eda que herdara do seu pai -e este, \u00e1 s\u00faa vez, do del-; aos meus doce anos e ao aburrimento inmenso dun ver\u00e1n no que, \u00e1s tres da tarde, non pod\u00edas baixar \u00e1 praia por ser cedo de m\u00e1is, e aproveitei para apa\u00f1ar aquel volume de teatro de Shakespeare que ul\u00eda tan ben&#8230; Volv\u00edn \u00e1 aquela ma\u00f1\u00e1 na que esta que agora escribe, tan infinitamente t\u00edmida, se achegou \u00e1 s\u00faa profesora de literatura para suplicarlle que lle mudara o libro de lectura que lles puxera na aula porque non era capaz de pasar da p\u00e1xina 20 -co tempo lino, por superalo,\u00a0 e certamente non pagaba a pena-.\u00a0 A <em>Os dous de sempre<\/em>, unha tarde e o n\u00famero de tel\u00e9fono de algu\u00e9n a quen quero de marca p\u00e1xinas. A aquel primeiro soldo como camareira, que recib\u00eda nun comezo por d\u00edas, e do que gastara dez euros\u00a0nunha edici\u00f3n de peto de <em>Los pilares de la tierra<\/em> do meu querido Follett.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Transitei por aqueles libros que eran compendios sobre outras civilizaci\u00f3ns extintas que pod\u00edan mercarse no todo a cen. Recuperei a ollada de repel\u00fas que me dedicara aquel mozo que me dixera,\u00a0aos meus dezasete anos \u201cpero t\u00fa lees mucho, \u00bfno?\u201d. A aquel amor de universitaria que tivo a ben regalarme un libro de <em>Sebasti\u00e3o<\/em> Salgado vendo que quedara prendada daquel exemplar nunha caseta na Feira do Libro da Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A Xos\u00e9 Antonio e todos os libros cos que traficamos e nos queremos. A Manuel e aquel libro de Wittgenstein que me toleou da cabeza e que segue en garda e custodia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E volv\u00edn \u00e1 ilusi\u00f3n de Laura Rey, que gardaba <em>As mans da terra<\/em> entre as s\u00faas coma protexendo un paxari\u00f1o feble. \u00c1 ousad\u00eda de Rodrigo Costoya, que un d\u00eda se puxo a escribir e, cando compendiou a vida do seu Pedri\u00f1o en <em>Portosanto<\/em> descubriu que se lle fora das mans tanta impetuosidade. Ao s\u00edndrome da impostora e \u00e1 indecisi\u00f3n de Mar\u00eda del Carmen Rey, cando comezou a ceibar <em>Escapados<\/em> e <em>Mulleres<\/em> tras dos valos. \u00c1 necesidade de darlle voz a tantas historias acaladas da man de Rosario Regueira, \u00e1s <em>Tardes de domingo<\/em> de Ramona Gir\u00e1ldez, a ollar tras <em>A fiestra aberta<\/em> de Juan Parcero. E volv\u00edn a Arancha Nogueira, a Xos\u00e9 Mar\u00eda Vila Ribadomar, a cada unha destas persoas que un d\u00eda so\u00f1aron e n\u00f3s con elas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Volv\u00edn a aquel primeiro libro ao que lle ilustrei a capa e que me uniu \u00e1 persoa coa que hoxe comparto vida.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao libro que tan amorosamente me regalou o meu irm\u00e1n por un aniversario e que&#8230; non fun nin quen de abrir porque me horrorizaba o autor, falecido hai nada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Volvo \u00e1 ollada do meu fillo cando lle l\u00eda <em>A tartaruga que quer\u00eda durmir<\/em>, e, ao rematar, lle contaba aquilo de \u201ce axi\u00f1a quedou durmida\u201d e el ollaba o debuxo e sinalaba a un mosquito e dic\u00eda, \u201cAxi\u00f1a debe ser esta\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Volvo a quen lle dediquei libros, as amigas e aos amigos que escribides e que nalg\u00fan intre me agasall\u00e1chedes un libro, unhas letras nun pano de mesa, un recordo que merece quedar entre as p\u00e1xinas dun libro, porque&#8230; a literatura dende sempre salvou vidas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DEMIURXIA Patricia Torrado Queiruga LIBROS E OUTRAS INTIMIDADES Hoxe, coma todos os d\u00edas, pero se cadra m\u00e1is a\u00ednda, facemos esa gran festa dos libros. Que ser\u00eda da especie sen o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,967,7,1029,129,1],"tags":[1030,2971,792],"class_list":["post-18193","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-demiurxia","category-literaria","category-xeral","tag-demiurxia","tag-libros-e-outras-intimidades","tag-patricia-torrado-queiruga"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18193","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=18193"}],"version-history":[{"count":12,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18193\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":18207,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/18193\/revisions\/18207"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=18193"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=18193"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=18193"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}