{"id":17979,"date":"2025-04-01T22:23:22","date_gmt":"2025-04-01T21:23:22","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17979"},"modified":"2025-04-01T22:23:26","modified_gmt":"2025-04-01T21:23:26","slug":"duas-grandes-iconas-lgtbiq-do-momento-jimena-amarillo-e-mayo-sumanse-ao-line-up-do-atlantic-pride-2025","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17979","title":{"rendered":"D\u00faas grandes iconas LGTBIQ+ do momento, Jimena Amarillo e Mayo, s\u00famanse ao \u201cline up\u201d do Atlantic Pride 2025"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1080\" height=\"1350\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-17980\" style=\"width:783px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025.png 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025-980x1225.png 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025-480x600.png 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1080px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O festival co\u00f1ecido como \u2018Orgullo do Norte\u2019 confirma novos nomes para a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n \u2013que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025\u2013 e programa as pinchadas de dous dj\u2019s de referencia da escena espa\u00f1ola: Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nado na Coru\u00f1a no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A cita est\u00e1<\/strong><strong>&nbsp;impulsada pola&nbsp;<\/strong><strong>Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br>D\u00faas grandes iconas LGTBIQ+ do momento, Jimena Amarillo e Mayo, s\u00famanse cartel do Atlantic Pride 2025. As\u00ed, o festival co\u00f1ecido como \u2018Orgullo do Norte\u2019 confirma novos nomes para a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n \u2013que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo\u2013 e programa, tam\u00e9n, as pinchadas de dous dj\u2019s de referencia da escena espa\u00f1ola: Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Icona do pop l\u00e9sbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo&nbsp;ser\u00e1 primeira das novas figuras confirmadas no \u2018line up\u2019 do Atlantic Pride 2025 en facer a s\u00faa aparici\u00f3n no festival. Ser\u00e1 o xoves, 10 de xullo, nos Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez da cidade herculina, para facer bailar ao p\u00fablico ao son do seu romanticismo pop, que a artista serve sen rodeos e directo ao coraz\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, o venres 11 de xullo, Cascales DJ, todo un referente todoterreo da escena electr\u00f3nica espa\u00f1ola das \u00faltimas d\u00e9cadas, tomar\u00e1 os pratos do \u2018Orgullo do Norte\u2019 cun set que promete non defraudar e no que non faltar\u00e1n o&nbsp;r\u2019n\u2019b, o pop, o hip-hop e outros estilos urbanos como o trap, o funk e o reguet\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mentres, o&nbsp;s\u00e1bado 12&nbsp;de xullo chegaralle \u00e1 s\u00faa quenda a Mayo e m\u00e1is a Sof\u00eda Cristo. O gran referente LGTBIQ+ das novas xeraci\u00f3ns aterra na cidade da Coru\u00f1a para presentar os temas&nbsp;<em>de Season I<\/em>, o seu primeiro traballo discogr\u00e1fico, que viu a luz o pasado ano a ritmo dun pop electr\u00f3nico e intimista, con letras aditivas e un en\u00e9rxico son, que vi\u00f1eron confirmar o que todo o mundo intu\u00eda: que Mayo \u00e9, sen d\u00fabida, unha das grandes revelaci\u00f3ns musicais do momento.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Finalmente, o mesmo&nbsp;s\u00e1bado 12, Sof\u00eda Cristo ofrecer\u00e1 unha divertida pinchada&nbsp;entre o \u201cremember\u201d e os sons m\u00e1is comerciais, conectada, tam\u00e9n, co electro house, o beatroom e o future house, sons que a levaron a actuar o pasado 2024 nun dos grandes festivais de culto da electr\u00f3nica internacional, o aclamado Tomorrowland.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>GRANDES DIVAS DO POP, TALENTO GALEGO E ICONAS LGTBIQ+ NO ORGULLO DO NORTE 2025<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co\u00f1ecido como o \u2018Orgullo do Norte\u2019, o Atlantic Pride celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A cita, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n reuniu a m\u00e1is de 25.000 persoas, est\u00e1 impulsada pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a e conta co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebraci\u00f3n aberto, seguro e diverso, como referente dos \u2018Orgullos\u2019 que se celebran no comenzo do ver\u00e1n ao longo da Pen\u00ednsula e no que, un ano m\u00e1is, se dar\u00e1n cita coloridas propostas para todos os p\u00fablicos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As\u00ed, no Atlantic Pride non faltar\u00e1n concertos de inspiraci\u00f3n eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuaci\u00f3ns de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebraci\u00f3n do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERu\u00f1a, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n rexistrou o seu r\u00e9cord de participaci\u00f3n e que neste 2025 ten xa aberta a s\u00faa convocatoria:\u00a0<a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta 6\u00aa edici\u00f3n do Atlantic Pride est\u00e1 xa confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop espa\u00f1ol, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encher\u00e1n a cidade herculina de cor e diversi\u00f3n, cunhas voces que far\u00e1n as delicias de diversas xeraci\u00f3ns. Xunto a elas, a nova escena musical galega subirase un ano m\u00e1is ao escenario do \u2018Orgullo do Norte\u2019 coru\u00f1\u00e9s, da man de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla. A elas s\u00famanse, agora, catro grandes iconas da cultura e a m\u00fasica LGTBIQ+, Jimena Amarillo, Mayo e os dj\u2019s Sof\u00eda Cristo e Cascales DJ. Moi pronto, o festival anunciar\u00e1 novos nomes para completar o seu\u00a0<em>line up\u00a0<\/em>este 2025.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1920\" height=\"2560\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-scaled.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17981\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-scaled.jpeg 1920w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-1280x1707.jpeg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-980x1307.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/Jimena-Amarillo-480x640.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 1920px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>BIOGRAF\u00cdAS NOVAS FIGURAS CONFIRMADAS NO ATLANTIC PRIDE 2025<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Jimena Amarillo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Icona do pop l\u00e9sbico, sentimental e urbano, Jimena Amarillo converteuse en referente da nova escena pop espa\u00f1ola dun xeito mete\u00f3rico. As s\u00faas canci\u00f3ns \u2013do mesmo xeito que os seus concertos\u2013 son unha amalgama de emoci\u00f3ns e m\u00fasicas do m\u00e1is diversas, que sempre soan a Jimena Amarillo, cuns textos \u201cmarca da casa\u201d que son puro realismo pop.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ata o momento, publicou numerosos sinxelos e os discos&nbsp;<em>Como decirte, mi amor<\/em>&nbsp;(2021) e&nbsp;<em>La pena no es c\u00f3moda<\/em>&nbsp;(2023). Con este \u00faltimo, foi nomeada a mellor artista emerxente nos Premios de la Academia de la M\u00fasica. Esta primavera de 2025 chega o seu terceiro disco e, tras el, o seu desembarco no Atlantic Pride da Coru\u00f1a. O primeiro sinxelo deste novo traballo discogr\u00e1fico viu xa a luz. Tr\u00e1tase dunha canci\u00f3n da que a s\u00faa propia creadora di: \u201c<em>Flow deskiciada<\/em>&nbsp;\u00e9 o primeiro adianto dun disco no que, aparte de baladas e as mi\u00f1as mo\u00f1er\u00edas de sempre, f\u00f3iseme m\u00e1is que nunca a cabeza e permitinme falar m\u00e1is \u00e1 lixeira, utilizando a xerga que m\u00e1is me gusta e explorando outros cami\u00f1os, met\u00e9ndome m\u00e1is de cheo no universo queer\u2026 por se non quedara claro que son lesbiana, pois o recordo aqu\u00ed\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Jimena Amarillo destaca na escena do novo pop espa\u00f1ol feito por debutantes autosuficientes e espont\u00e1neas que mesturan diferentes influencias e x\u00e9neros con naturalidade. A clave do seu \u00e9xito \u00e9 a sinceridade; esa forma tan natural de contar as s\u00faas alegr\u00edas, penas e namoramentos e o sinxelo que resulta identificarse coas s\u00faas experiencias. Romanticismo sen rodeos e directo ao coraz\u00f3n. Por todo isto, a m\u00fasica erixiuse como toda unha icona da comunidade LGTBIQ+ e nomes como C. Tangana a sinalan como unha das artistas m\u00e1is admiradas do momento.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Mayo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cantante e compositor espa\u00f1ol que, sen d\u00fabida, est\u00e1 a ser unha das grandes revelaci\u00f3ns da tempada. \u00c1lvaro Mayo salta \u00e1 fama tras o seu paso por&nbsp;<em>Operaci\u00f3n Triunfo<\/em>&nbsp;(<em>OT<\/em>) na edici\u00f3n 2023, onde destacou tanto polo seu talento musical como polo seu carisma e representaci\u00f3n do colectivo LGTBIQ+. \u00c9 ent\u00f3n cando se converte nun referente, a\u00ednda que el mesmo consid\u00e9rase m\u00e1is un reflexo da s\u00faa propia autenticidade que un activista. A s\u00faa visi\u00f3n art\u00edstica busca transmitir mensaxes universais e conectar con diversos p\u00fablicos mediante un estilo moi fresco.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Reconvertido en Mayo ao sa\u00edr do reco\u00f1ecido programa, o artista lanza o seu primeiro traballo,&nbsp;<em>Season I<\/em>, que o catapulta ao n\u00famero 1 dos discos m\u00e1is vendidos e ao n\u00famero 1 en vinilo, segundo a lista oficial Promusicae Espa\u00f1a. Esgota a s\u00faa primeira xira en cuesti\u00f3n de minutos e conv\u00e9rtese rapidamente nun dos referentes da m\u00fasica electr\u00f3nica e de corte LGTBIQ+ do noso pa\u00eds. Na s\u00faa curta carreira, pisou xa escenarios multitudinarios como o de BRAVA en Madrid, o do Magdalena en Vivo en Santander ou o do Pride de Barcelona, onde canta xunto a Jessie J ante m\u00e1is de 100.000 persoas. Neste tempo, Mayo converteuse, tam\u00e9n, en todo un reclamo para las cabeceiras de moda m\u00e1is importantes do pa\u00eds, chegando a protagonizar portadas en revistas como&nbsp;<em>ICON<\/em>, GQ<em>,<\/em>&nbsp;<em>Shangay<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>Neo2<\/em>, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Sof\u00eda Cristo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde ben nova, Sof\u00eda Cristo soubo que a m\u00fasica \u00eda ser a s\u00faa vida e tivo claro que quer\u00eda dedicarse a ela en corpo e alma. En 1999 comeza a s\u00faa andaina como dj e l\u00e1nzase a actuar nos clubs de moda da capital, entre eles, as salas Arena, Paladium ou Club Social&#8230; Camale\u00f3nica e incombustible, a artista conecta co p\u00fablico en canto sobe \u00e1 cabina, convertendo unha noite normal nunha festa inesquecible.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta medi\u00e1tica e veterana dj da escena estatal, con m\u00e1is de 20 anos de carreira \u00e1s s\u00faas costas, soubo evolucionar musicalmente acorde cos tempos, pero sen perder a s\u00faa esencia e deixando ao car\u00f3n os estereotipos. Coas s\u00faas xiras, percorreu e percorre toda a xeograf\u00eda espa\u00f1ola, xa sexa nas salas e discotecas m\u00e1is emblem\u00e1ticas de cada cidade ou en multitude de festivais e citas imprescindibles da \u00e9poca estival. Na actualidade, o seu estilo musical m\u00f3vese entre o \u201cremember\u201d e os sons m\u00e1is comerciais, a\u00ednda que segue, tam\u00e9n, conectada co electro house, o beatroom e o future house. En 2024 debutou no prestixioso festival internacional Tomorrowland.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cascales DJ<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Compaxina o seu labor como xornalista cultural coa de dj. \u00c9 redactor xefe da revista&nbsp;<em>Shangay<\/em>, medio de comunicaci\u00f3n LGTBIQ+ de referencia en espa\u00f1ol, que en 2023 cumpriu 30 anos de existencia. Elixido polo xornal&nbsp;<em>El Mundo<\/em>&nbsp;en d\u00faas ocasi\u00f3ns como unha das 50 persoas LGTBIQ+ m\u00e1is influentes de Espa\u00f1a, ademais de xornalista \u00e9 dj, programador e asesor musical.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Como dj e&nbsp;<em>music consultant<\/em>, colaborou con marcas tan prestixiosas como Chanel, Tommy Hilfiger, Levi&#8217;s ou Swatch. Tam\u00e9n creou espazos sonoros para firmas como Erotokritos, na Semana da Moda de Par\u00eds, e actuou en desfiles de moda en lugares tan representativos de Madrid como o Teatro Real, a Praza de Col\u00f3n ou a Praza de Toros de las Ventas. No Movistar Arena formou parte do show de peche da primeira xira de&nbsp;<em>Drag Race Espa\u00f1a<\/em>&nbsp;e al\u00ed foi, tam\u00e9n, dj de \u201cwarm up \u201cno concerto do Nadal de Mariah Carey.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En Madrid foi dj residente, ao longo das \u00faltimas d\u00e9cadas, de locais tan emblem\u00e1ticos como o Museo Chicote. Actualmente pica regularmente en salas como o Teatro Barcel\u00f3 e o Teatro Eslava. Formou parte do cartel de S\u00f3nar 2015 e 2019, FIB 2016, Para\u00edso 2022, Mallorca Live Festival 2023 e San Isidro 2019 e 2023. Actuou en eventos como os Premios Goya (en d\u00faas ocasi\u00f3ns), as Fallas de Valencia (en 2022 e 2023), o Festival de M\u00e1laga, ARN Culture and Business Pride de Arona (Canarias), a Gala Sida impulsada polo doutor Bonaventura Clotet e o cruceiro Open Seas, compartindo cartel con RuPaul. Como dj, organizou eventos privados en Madrid para artistas da pegada de Pet Shop Boys ou Anitta. E tam\u00e9n \u00e9 habitual en eventos audiovisuais. Entre as estreas nas que participou como dj se citan filmes como&nbsp;<em>Barbie<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>Top Gun 2: Maverick<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Hai 10 anos creou Bling!, un club enfocado \u00e1 m\u00fasica urbana. Son festas naceron para fomentar a inclusividade e para que o p\u00fablico LGTBIQ+ tivese un espazo seguro no que gozar do r\u2019n\u2019b, o hip-hop e outros estilos urbanos como o trap, o funk e o reguet\u00f3n. Bling! contou con residencias regulares en Madrid e Barcelona e agora derivou nunha nova proposta adaptada \u00e1s novas tendencias, chamada Jaur\u00eda! Entre os Orgullos LGTBIQ+ nacionais nos que Cascales DJ actuou est\u00e1n os da Coru\u00f1a, Orihuela, Torremolinos, Alcal\u00e1 de Henares, Elxe, Onil e Sevilla.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Tam\u00e9n programa anualmente o escenario \u201cProud Bling!\u201d no Orgullo LGTBIQ+ de Madrid, polo que pasaron artistas como Nathy Peluso, Ptazeta, Ms Nina, Najwa, Javiera Mena, La Zowi, Megane Mercury, Anier, Chico Blanco, La Cendejas, Simona ou Bajocero X, en espazos como a Porta de Alcal\u00e1, a Praza de Espa\u00f1a e a Praza de Callao, e que Cascales sempre pecha co seu DJ set.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O \u2018ORGULLO DO NORTE\u2019<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- coa colaboraci\u00f3n do Concello da Coru\u00f1a, Atlantic Pride nace no ano 2019 coa vontade de situar \u00e1 cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBIQ+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social e unha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-wp-embed is-provider-atlantic-pride wp-block-embed-atlantic-pride\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<blockquote class=\"wp-embedded-content\" data-secret=\"cRJbwdYaq7\"><a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/\">Atlantic Pride<\/a><\/blockquote><iframe loading=\"lazy\" class=\"wp-embedded-content\" sandbox=\"allow-scripts\" security=\"restricted\" style=\"position: absolute; clip: rect(1px, 1px, 1px, 1px);\" title=\"&#8220;Atlantic Pride&#8221; &#8212; Atlantic Pride\" src=\"https:\/\/atlanticpride.es\/embed\/#?secret=9LghN7c07y#?secret=cRJbwdYaq7\" data-secret=\"cRJbwdYaq7\" width=\"600\" height=\"338\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\"><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/20250401-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride-2025.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250401-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride-2025<\/a>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O festival co\u00f1ecido como \u2018Orgullo do Norte\u2019 confirma novos nomes para a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n \u2013que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025\u2013 e programa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2693,2885,2886],"class_list":["post-17979","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-atlantic-pride-2025","tag-jimena-amarillo","tag-mayo"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17979","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17979"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17979\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17983,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17979\/revisions\/17983"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17979"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17979"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17979"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}