{"id":17975,"date":"2025-04-01T22:10:18","date_gmt":"2025-04-01T21:10:18","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17975"},"modified":"2025-04-01T22:10:21","modified_gmt":"2025-04-01T21:10:21","slug":"inauguracion-da-exposicion-individual-cando-a-paisaxe-se-fixo-verba-de-christian-villamide-na-galeria-neboa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17975","title":{"rendered":"Inauguraci\u00f3n da Exposici\u00f3n individual &#8220;Cando a paisaxe se fixo verba&#8221;, de Christian VILLAMIDE, na Galer\u00eda N\u00c9BOA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2568.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"700\" height=\"350\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2568.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-17976\" style=\"width:700px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2568.png 700w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2568-480x240.png 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) 700px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O venres\u00a0<strong>4 de abril \u00e1s 19:30 h<\/strong>\u00a0na\u00a0<strong>Galer\u00eda N\u00c9BOA<\/strong>, en Lugo, celebrarase a inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n individual\u00a0<em><strong>Cando a paisaxe se fixo verba<\/strong><\/em>, de\u00a0<strong>Christian Villamide<\/strong>\u00a0(Lugo, 1966), comisariada por\u00a0<strong>Paula Cabaleiro<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A mostra, aberta ata o&nbsp;<strong>31 de maio<\/strong>, aborda a arte como medio para cuestionar a crecente desconexi\u00f3n entre o ser humano e a natureza, destacando a paisaxe como unha construci\u00f3n cultural que reflicte a nosa forma de vivir e entender o mundo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O proxecto critica como o progreso e o capitalismo transformaron o natural nun espazo de conflito, onde a materia se converte nun campo de batalla e o poder as\u00f3ciase \u00e1 destruci\u00f3n do entorno. Neste contexto, a obra de&nbsp;<strong>Christian Villamide<\/strong>&nbsp;pres\u00e9ntase como un chamamento \u00e1 reflexi\u00f3n e \u00e1 recuperaci\u00f3n da contemplaci\u00f3n e do respecto pola natureza. A trav\u00e9s de pezas escult\u00f3ricas que reconfiguran materiais, o artista denuncia a transformaci\u00f3n da paisaxe nun s\u00edmbolo do sometemento humano e convida a repensar a nosa relaci\u00f3n co medio natural antes de que sexa demasiado tarde.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Durante a inauguraci\u00f3n ofrecerase un aperitivo por cortes\u00eda de\u00a0<strong>Gander\u00eda Quinti\u00e1n<\/strong>\u00a0e\u00a0<strong>Adegas e Vi\u00f1edos Lareu<\/strong>.<br><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2569-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"461\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2569-1024x461.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17977\" style=\"width:783px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2569-980x441.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/04\/IMG_2569-480x216.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>A arte como soporte para o cuestionamento. A paisaxe como construci\u00f3n cultural, como terreo simb\u00f3lico no que configuramos a nosa maneira de estar no mundo. O natural, hoxe espazo para o conflito e a barbarie. A materia e o material como campo de batalla. Existe algunha esperanza para rachar co desapego? Perdura algunha posibilidade de suturar a ferida? A\u00ednda podemos accionar dende a fenda, que cada vez m\u00e1is dilata a distancia que se interp\u00f3n entre n\u00f3s e a natureza que acubillou a nosa orixe? Somet\u00e9mola, baixo formig\u00f3n e pseudointelectualidade. Unha e outra vez, con pegada irreversible.&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Progresamos (ou non) baixo a forma da indiferencia, perdendo a curiosidade primixenia por descubrir e sentir, pavimentando sendas para que o capitalismo voraz sexa dono e se\u00f1or do \u201cimperio do primeiro mundo\u201d, dunha sociedade cada vez m\u00e1is ego\u00edsta, adormecida e, en boa medida narcisista, preocupada s\u00f3 por manter(se) parte ou preto do poder. Pero, que \u00e9 o poder? O poder pres\u00e9ntase hoxe como a fin de todas as selvas, como o exterminio do natural. Como o \u00faltimo poema. O poder \u00e9 a morte que temos por diante.&nbsp;<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A obra de&nbsp;<strong>Christian Villamide<\/strong>&nbsp;(Lugo, 1966) sempre&nbsp;<strong>\u00e9 unha chamada \u00e1 reflexi\u00f3n, unha vindicaci\u00f3n para espertar a emoci\u00f3n ante a barbarie, na procura dunha volta \u00e1 contemplaci\u00f3n, \u00e1 valoraci\u00f3n da natureza e da contorna, \u00e1 convivencia dende o respecto.&nbsp;<\/strong>Dende a memoria dos materiais e a pegada do tempo sobre estes, o artista constr\u00fae pequenos artefactos que nos interpelan, que nos remiten a novas realidades posibles, que nos fan reflexionar sobre o modo en que habitamos o territorio. Paisaxes de-constru\u00eddas ou (re)constru\u00eddas se alzan ante n\u00f3s,&nbsp;<strong>a partir de materiais atopados, refugallos industriais ou retallos org\u00e1nicos, desvelando novos relatos a trav\u00e9s de pequenos simulacros, experiencias est\u00e9ticas, que xogan entre a linguaxe, o concepto e a evocaci\u00f3n.<\/strong>&nbsp;Pode unha sombra debuxar unha monta\u00f1a? \u00c9 posible atisvar novos horizontes ensamblando coidadosamente anacos de madeira, pedra e cemento? Pode emerxer a vida, encofrada entre lindes de formig\u00f3n e asfalto?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>\u201cCando a paisaxe se fixo verba\u201d<\/strong>&nbsp;\u00e9 unha toma de conciencia cara a&nbsp;<strong>resignificaci\u00f3n do termo paisaxe,<\/strong>superando a contemplaci\u00f3n rom\u00e1ntica de artistas e viaxeiros ante a inmensidade da natureza, na procura sempre do sublime, para adentrarse agora nunha nova interpretaci\u00f3n, cun car\u00e1cter complexo, m\u00faltiple e variable. Onde no &#8220;pasado&#8221; discorr\u00edan os montes, as chairas e os r\u00edos, &#8220;onte&#8221; foron o cultivo, a conquista e a civilizaci\u00f3n \u00f3s que asentaron os alicerces da verba &#8220;paisaxe&#8221;, no seo da acci\u00f3n de constru\u00edr as novas sociedades contempor\u00e1neas. As\u00ed, &#8220;paisaxe&#8221; \u00e9 un termo cultural, \u00e9 a natureza racionalizada, pensada e conceptualizada, sendo o resultado da interacci\u00f3n no tempo das persoas e o medio natural. A s\u00faa expresi\u00f3n \u00e9 hoxe un territorio percibido e valorado polas s\u00faas cualidades culturais, produto dun proceso e soporte da identidade dunha comunidade. Somos paisaxe. Cada vez m\u00e1is. Malia que tam\u00e9n somos natureza, a\u00ednda que cada vez menos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Christian Villamide<\/strong>&nbsp;pon en valor aquilo que tam\u00e9n \u00e9 paisaxe, rescatando da ocultaci\u00f3n e do velado a \u201cmaleza\u201d, esa natureza m\u00ednima que agroma ante a adversidade. Semella fr\u00e1xil, m\u00e1is sobrevive ante o conflito e a especulaci\u00f3n, ignorando un mundo sobrevido de pobreza e destruci\u00f3n enerx\u00e9tica e ecol\u00f3xica. O org\u00e1nico e o natural vese encofrado, tensionado, lapidado, soportando sobre a s\u00faa fisicidade toda a presi\u00f3n e a hostilidade do artificial, do industrial, do intelectual. O peso e a lacra do pseudo-progreso. O artista presenta paisaxes acotadas (e afogadas), unha sorte de para\u00edsos prefabricados na procura do mellor ornamento das novas cidades, etiquetadas como sustentables, nun alarde de supremac\u00eda e superioridade moral dun capitalismo patriarcal salvaxe.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero non se conf\u00eda plenamente ao desalento e \u00e1 desesperanza.&nbsp;<strong>O traballo de Villamide sit\u00faase (e sit\u00faanos) sempre nunha investigaci\u00f3n e nun escudri\u00f1amento cont\u00ednuo, perseguindo a beleza e rastreando a evocaci\u00f3n en cada trazado, en cada xesto.&nbsp;<\/strong>Nesa construci\u00f3n cultural da paisaxe, nesa articulaci\u00f3n das imaxes mentais, esa natureza pensada e reflexionada artic\u00falase linguaxe. As li\u00f1as que debuxan o horizonte connotan verbas, frases, expresi\u00f3ns. \u00c9 a contemplaci\u00f3n, \u00e1 que o artista insiste en volver como \u00faltimo salvoconducto para a supervivencia do ser humano, a que fai emerxer as palabras e o pensamento cr\u00edtico. Pens\u00e1monos na paisaxe, reflexion\u00e1monos nesas reverberaci\u00f3ns da natureza perdida, nesa contorna primixenea que vemos esmorecer hoxe nas nosas sociedades anestesiadas. S\u00f3 esa necesidade emocional de seguir formando parte dela pode ser a s\u00faa salvagarda. En, en definitiva, tam\u00e9n a nosa salvagarda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Christian Villamide<\/strong>&nbsp;profundiza nesta mostra na cruel distancia co natural. Visibiliza esa fenda, cada vez m\u00e1is insalvable, que me fai lembrar esa magn\u00edfica intervenci\u00f3n de&nbsp;<strong>Doris Salcedo na Tate Modern realizada en 2007: \u201cShibboleth\u201d.<\/strong>&nbsp;Esa profunda greta de 167 metros que simbolizaba o gran burato que existe entre a humanidade e a falta de humanidade, hoxe cobrar\u00eda novos significados, rezumando os actuais conflitos b\u00e9licos (inimaxinables fai m\u00e1is dunha d\u00e9cada), as reiteradas vulneraci\u00f3ns dos dereitos humanos, o maltrato aos fluxos migratorios, a devastaci\u00f3n dos bosques e das selvas, a explotaci\u00f3n salvaxe dos recursos naturais, o negacionismo ante o cambio clim\u00e1tico e un longo etc\u00e9tera que debuxa un presente e un futuro (se a\u00ednda existe) profundamente desolador.&nbsp;<strong>As pezas escult\u00f3ricas de Villamide rescatan refugallos para tratar de esbozar posibles futuros ut\u00f3picos<\/strong>, novas paisaxes reflexivas, agardando algunha reacci\u00f3n da especie humana. O escombro se descontextualiza para dignificar materiais e volverse verba, poes\u00eda e reflexi\u00f3n. As cartograf\u00edas e os planos transf\u00f3rmanse en espazos de exploraci\u00f3n, evidenciando a intervenci\u00f3n e a planificaci\u00f3n premeditada para o sometemento humano, nesa procura de racionalizar os espazos naturais, de aplicar lindes e barreiras, de conter e dirixir o crecemento.&nbsp;<strong>Villamide visibiliza as\u00ed as malas praxes das sociedades contempor\u00e1neas, clamando unha volta urxente \u00e1 reflexi\u00f3n e ao sentido com\u00fan,<\/strong>&nbsp;ao respecto, nun acto necesario para recondurir a palabra e o pensamento cara o rescate do natural.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pode ser a \u00faltima oportunidade, para mudar a nosa forma de habitar o mundo e para reivindicarnos parte del,\u00a0<em><strong>antes da fin de todas as selvas.\u00a0<\/strong><\/em><br><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Christian Villamide<\/strong>&nbsp;(Lugo, 1966) \u00e9 un artista multidisciplinar. A s\u00faa obra aborda a interacci\u00f3n entre o mundo natural e o artificial, explorando a transformaci\u00f3n da paisaxe e as contradici\u00f3ns do ser humano en relaci\u00f3n coa s\u00faa contorna. A trav\u00e9s da pintura, a fotograf\u00eda, a escultura e as instalaci\u00f3ns, constr\u00fae unha reflexi\u00f3n visual sobre o equilibrio entre a natureza e a s\u00faa alteraci\u00f3n pola man do home.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Villamide traballa con diversos materiais e soportes, como m\u00e1rmore, madeira, ferro, cemento ou metacrilato, creando composici\u00f3ns que desaf\u00edan a percepci\u00f3n tradicional da paisaxe. O cr\u00edtico Ant\u00f3n Castro describe o seu traballo como \u201cunha expansi\u00f3n do concepto de pintura cara a un espazo de comportamento m\u00e1is real, onde os sentidos e as emoci\u00f3ns se integran na experiencia art\u00edstica\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O seu proxecto art\u00edstico, con influencias do conceptualismo, busca establecer unha comunicaci\u00f3n tanto social como \u00edntima co espectador, evidenciando o crecente desapego emocional e intelectual co espazo natural. A s\u00faa obra invita \u00e1 reflexi\u00f3n sobre a supervivencia da natureza, a s\u00faa vulnerabilidade e forza, nun contexto de sobreexplotaci\u00f3n e cambio constante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre as s\u00faas exposici\u00f3ns individuais m\u00e1is recentes destacan&nbsp;<strong>&#8220;Maleza&#8221; (Fundaci\u00f3n RAC, Pontevedra, 2023), &#8220;In Landscape Mode&#8221; (CGAC, Santiago de Compostela, 2019), &#8220;PERturbaci\u00f3ns&#8221; (CAB, Burgos, 2019), mostra site-specific comisariada por Javier del Campo, &#8220;Hortus Conclusus&#8221; (Centro Cultural Marcos Valc\u00e1rcel, Ourense, 2018) e &#8220;A Paisaxe contra a Parede&#8221; (Museo Provincial de Lugo, 2016).<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A s\u00faa obra estivo presente en numerosas mostras colectivas, bienais, feiras e certames, destacando a s\u00faa participaci\u00f3n na\u00a0<strong>&#8220;XXXII Bienal de Arte de Pontevedra&#8221;\u00a0<\/strong>(Pontevedra, 2025),\u00a0<strong>&#8220;Simult\u00e1nea&#8221; (A Fundaci\u00f3n Vigo e Lugo, 2024),<\/strong>\u00a0 &#8220;JustMad&#8221; (Madrid, 2023), &#8220;Art Madrid&#8221; (Madrid, 2018), na &#8220;II Bienal de Canarias, Arte Paisaxe y Arquitectura&#8221; (C\u00edrculo de Bellas Artes, Tenerife, 2009) e na exposici\u00f3n &#8220;Foron Nov\u00edsimos&#8221; (Centro de Arte Torrente Ballester, Ferrol, 2003). Ademais, recibiu varios premios e bolsas de creaci\u00f3n e participou en diversos programas de residencia art\u00edstica en diferentes puntos de Espa\u00f1a, e a s\u00faa obra forma parte de colecci\u00f3ns de entidades p\u00fablicas e privadas como o Centro de Arte CAB \u2013 Fundaci\u00f3n Caja de Burgos, MAC (A Coru\u00f1a), a Colecci\u00f3n Caja Canarias (Gran Canaria), Afundaci\u00f3n, Caja Madrid, a Delegaci\u00f3n de Cultura de Lugo, o Museo Municipal de Ourense, a Fundaci\u00f3n de Arte Ana Torre (Buenos Aires), a Xunta de Galicia, a Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a, o Concello de Lugo, a Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo e o Museo Provincial de Lugo.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O venres\u00a04 de abril \u00e1s 19:30 h\u00a0na\u00a0Galer\u00eda N\u00c9BOA, en Lugo, celebrarase a inauguraci\u00f3n da exposici\u00f3n individual\u00a0Cando a paisaxe se fixo verba, de\u00a0Christian Villamide\u00a0(Lugo, 1966), comisariada por\u00a0Paula Cabaleiro. A mostra, aberta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2883,2882,2169,2884],"class_list":["post-17975","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-cando-a-paisaxe-se-fixo-verba","tag-christian-villamide","tag-galeria-neboa","tag-paula-cabaleiro"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17975","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17975"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17975\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17978,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17975\/revisions\/17978"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17975"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17975"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17975"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}