{"id":17823,"date":"2025-03-11T23:11:07","date_gmt":"2025-03-11T22:11:07","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17823"},"modified":"2025-03-11T23:20:13","modified_gmt":"2025-03-11T22:20:13","slug":"a-nova-escena-musical-galega-subirase-un-ano-mais-ao-escenario-do-atlantic-pride","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17823","title":{"rendered":"A nova escena musical galega subirase un ano m\u00e1is ao escenario do Atlantic Pride"},"content":{"rendered":"\n<p><br><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"819\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Cartel-avance-Atlantic-Pride-2025-819x1024.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-17824\"\/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br><strong>De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla s\u00famanse ao \u2018line up\u2019 do \u2018Orgullo do Norte\u2019, que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Na 6\u00aa edici\u00f3n do festival est\u00e1 tam\u00e9n confirmada a presencia de&nbsp;cinco grandes divas do pop espa\u00f1ol, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encher\u00e1n a cidade herculina de cor e diversi\u00f3n, cunhas voces que far\u00e1n as delicias de diversas xeraci\u00f3ns<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nado na Coru\u00f1a no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A cita est\u00e1&nbsp;impulsada pola&nbsp;Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br>A nova escena musical galega subirase un ano m\u00e1is ao escenario do <a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Atlantic Pride<\/a>, coa confirmaci\u00f3n de De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla, que s\u00famanse ao \u2018line up\u2019 da 6\u00aa edici\u00f3n do \u2018Orgullo do Norte\u2019, que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O&nbsp;domingo 6&nbsp;de xullo, as bandas encargadas de dar o pistoletazo de sa\u00edda \u00e1 nova edici\u00f3n do Atlantic Pride na Praza de Pontevedra ser\u00e1n De Ninghures e Coolnenas. De Ninghures \u00e9&nbsp;unha das formaci\u00f3ns referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestr\u00eda musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canci\u00f3n coas s\u00faas diferentes voces e a s\u00faa actualizaci\u00f3n das coplas e melod\u00edas populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa s\u00faa particular fusi\u00f3n da m\u00fasica tradicional galega con ritmos e inspiraci\u00f3ns doutras culturas como a latinoamericana ou a magreb\u00ed. No Atlantic Pride, De Ninghures presentar\u00e1 ao vivo os temas do seu novo \u00e1lbum,&nbsp;<em>Feira<\/em>, que viu a luz o pasado mes de febreiro. Mentres, as Cool Nenas presentar\u00e1 a s\u00faa particular rave de debuxos animados que est\u00e1 a revolucionar o concepto de dj set al\u00ed por onde pasan. Nas s\u00faas sesi\u00f3ns predominan os cl\u00e1sicos atemporais e moitos outros&nbsp;<em>hits<\/em>&nbsp;do momento, que elas acompa\u00f1an con coreograf\u00edas de enerx\u00eda pega\u00f1osa que contaxian rapidamente a todo o p\u00fablico, como, sen d\u00fabida, amosar\u00e1n este ver\u00e1n na Coru\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O luns 7 de xullo,&nbsp;a cantante e produtora santiaguesa&nbsp;ELBA far\u00e1 a s\u00faa aparici\u00f3n no Atlantic Pride a golpe de sintetizadores, voces atmosf\u00e9ricas e elementos oper\u00edsticos que dan vida \u00e1 s\u00faa electr\u00f3nica pop de vangarda. Xa o&nbsp;martes 8&nbsp;de xullo, chegaralle a s\u00faa quenda a Agoraphobia e m\u00e1is a Rivadulla. A banda de rock alternativo nada en Boiro regresou o pasado mes \u00e1s ondas con&nbsp;<em>Eyes Never Lie<\/em>, o primeiro avance do seu novo \u00e1lbum, que o p\u00fablico do Atlantic Pride poder\u00e1 escoitar ao vivo no escenario da Praza de Pontevedra, como testemu\u00f1a de toda a s\u00faa intensidade e as s\u00faas letras profundas, nun grito contido entre o medo e o desexo de Agoraphobia de arriscar de novo. O seu potente rock alternar\u00e1 sobre as t\u00e1boas coas canci\u00f3ns sentimentais, pero cargadas de rabia existencial, de Rivadulla e a s\u00faa mestura do pop dos 2000, a m\u00fasica electr\u00f3nica con toques indies e o trap, nun concepto que o propio artista define como \u201cparkineo marika\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, o m\u00e9rcores 9 de xullo, Alana amosar\u00e1 a s\u00faa&nbsp;m\u00fasica tradicional galega con ritmos de base electr\u00f3nica e pop, nun proxecto novo, diverso e cunha potente posta en escena, vinculada coas ra\u00edces e o baile. Finalmente, esa mesma noite, LERIA far\u00e1 gala sobre o escenario do Atlantic Pride da s\u00faa celebrada m\u00fasica indie na nosa lingua, cun directo s\u00f3lido, en\u00e9rxico, intenso e divertido a partes iguais, onde o p\u00fablico pode tanto desfrutar dos seus temas m\u00e1is \u00edntimos como festexar con aqueles m\u00e1is bailables.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co\u00f1ecido como o \u2018Orgullo do Norte\u2019, o Atlantic Pride celebrar\u00e1 a s\u00faa 6\u00aa edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo de 2025. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo nacido na cidade herculina no ano 2019, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A cita, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n reuniu a m\u00e1is de 25.000 persoas, est\u00e1 impulsada pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a e conta co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2025, o Atlantic Pride regresa como un espazo de celebraci\u00f3n aberto, seguro e diverso, como referente dos \u2018Orgullos\u2019 que se celebran no comenzo do ver\u00e1n ao longo da Pen\u00ednsula e no que, un ano m\u00e1is, se dar\u00e1n cita coloridas propostas para todos os p\u00fablicos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As\u00ed, no Atlantic Pride non faltar\u00e1n concertos de inspiraci\u00f3n eurovisiva, grandes nomes do pop galegos, nacionais e internacionais, divertidas actuaci\u00f3ns de drags, pinchadas de djs de referencia da escena galega e a celebraci\u00f3n do IV Certame Literario de Literatura LGTBIQ+, da man do Club de Lectura QUEERu\u00f1a, que na s\u00faa pasada edici\u00f3n rexistrou o seu r\u00e9cord de participaci\u00f3n e que neste 2025 ten xa aberta a s\u00faa convocatoria:&nbsp;<a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/atlanticpride.es\/certame-literario\/<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nesta 6\u00aa edici\u00f3n do Atlantic Pride est\u00e1 xa confirmada a presencia de cinco grandes divas do pop espa\u00f1ol, Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, que encher\u00e1n a cidade herculina de cor e diversi\u00f3n, cunhas voces que far\u00e1n as delicias de diversas xeraci\u00f3ns. A elas s\u00famanse agora, tam\u00e9n, figuras que pisan forte na escena musical galega do momento, como De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla. Moi pronto, o festival anunciar\u00e1 novos nomes que completar\u00e1n o seu&nbsp;<em>line up<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Agoraphobia_aigiboga-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Agoraphobia_aigiboga-1024x683.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17825\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Agoraphobia_aigiboga-980x654.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/Agoraphobia_aigiboga-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>BIOGRAF\u00cdAS NOVAS FIGURAS CONFIRMADAS NO ATLANTIC PRIDE 2025<\/strong>&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>De Ninghures<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">De Ninghures fan m\u00fasica cos p\u00e9s na terra e os brazos abertos. Son unha das bandas referentes da potente e rica escena actual en Galicia. Un grupo que mestura mestr\u00eda musical e actitude desenfadada, que sorprende en cada canci\u00f3n coas s\u00faas diferentes voces e a s\u00faa actualizaci\u00f3n das coplas e melod\u00edas populares, e que nos fai tanto bailar como emocionarnos coa s\u00faa particular fusi\u00f3n da m\u00fasica tradicional galega con ritmos e inspiraci\u00f3ns doutras culturas como a latinoamericana ou a magreb\u00ed.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En 2022 publicaron&nbsp;<em>Aqu\u00ed<\/em>, o seu primeiro \u00e1lbum, e m\u00e1is de medio cento de concertos e diversos sinxelos despois, en febreiro de 2025, publican&nbsp;<em>Feira<\/em>, o seu novo traballo, que a banda presentar\u00e1 ao vivo, por vez primeira, na Sala Capitol este xoves,&nbsp;13 de marzo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste novo \u00e1lbum, a banda de multiinstrumentistas segue a revisitar e actualizar o patrimonio musical galego. Ao igual que as feiras populares se transformaron co tempo, De Ninghures evoluciona con&nbsp;<em>Feira<\/em>&nbsp;na s\u00faa sonoridade e bebe, al\u00e9n da tradici\u00f3n galega, de influencias latinas ou \u00e1rabes. Da man do produtor Juan De Dios Mart\u00edn (Amaral, Xoel L\u00f3pez, etc.), o grupo experimenta coa electr\u00f3nica, coa utilizaci\u00f3n de novos instrumentos -ou usos renovados na s\u00faa instrumentaci\u00f3n habitual- e a incorporaci\u00f3n de efectos nas composici\u00f3ns. Este disco \u00e9, como o seu nome indica, a carta de presentaci\u00f3n dunha \u201cfeira\u201d do s\u00e9culo XXI.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Coolnenas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Kimberley Tell, dani dicostas e mariagrep unen as s\u00faas forzas en Coolnenas coa s\u00faa particular rave de debuxos animados que est\u00e1 a revolucionar o concepto de dj set al\u00ed por onde pasan, xa sexa en salas ou festivais de diferentes formatos por toda a xeograf\u00eda espa\u00f1ola. Nas s\u00faas sesi\u00f3ns predominan os cl\u00e1sicos atemporais e moitos outros&nbsp;<em>hits<\/em>&nbsp;do momento, que elas acompa\u00f1an con coreograf\u00edas de enerx\u00eda pega\u00f1osa que contaxian rapidamente a todo o p\u00fablico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residentes do m\u00edtico Ochoymedio Club de Madrid, nos seus pouco menos de dous anos de historia conquistaron espazos e citas tan relevantes como o FIB, o Low Festival, o San San Festival, o SonR\u00edas Baixas, o Warm Up, o VIDA Festival, o Vive Nigr\u00e1n, o Nachi\u00f1os Fest, o Polifonik Festival, a Sala Apolo, a Sala Rem&#8230;, demostrado que Coolnenas sempre \u00e9 unha aposta m\u00e1is que segura.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Agoraphobia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Agoraphobia \u00e9 unha banda de rock alternativo de Boiro (A Coru\u00f1a) nada no ano 2013 para satisfacer as inquedanzas musicais das s\u00faas integrantes. Moi pronto, iso que comezara como unha distracci\u00f3n pronto converteuse no centro das s\u00faas vidas. Foron merecedoras de galard\u00f3ns tan importantes como o Vodafone Yu Music Talent en 2013 e a s\u00faa canci\u00f3n&nbsp;<em>Night of the Living Dead<\/em>&nbsp;foi parte da banda sonora orixinal de&nbsp;<em>Cerdita<\/em>, o celebrado corto de Carlota Pereda ga\u00f1ador dun Goya en 2019.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cos seus \u00e1lbums&nbsp;<em>Incoming Noise<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Unaligned<\/em>&nbsp;xiraron de xeito ininterrumpido por diferentes pa\u00edses: Espa\u00f1a, Reino Unido, Filipinas, Alema\u00f1a&#8230;, ademais de participar en grandes festivais como o Mad Cool Festival, o Resurrection Fest, o Son do Cami\u00f1o. O Mallorca Live, Musikmesse ou o Bime.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O pasado mes de febreiro, Agoraphobia regresou con&nbsp;<em>Eyes Never Lie<\/em>, o primeiro avance do seu novo \u00e1lbum, que reivindica os tempos necesarios para crear con profundidade. Tr\u00e1tase dunha declaraci\u00f3n de que cada canci\u00f3n ten o seu propio ritmo, e que a espera foi parte do proceso para chegar ao que agora te\u00f1en entre mans.&nbsp;<em>Eyes Never Lie<\/em>&nbsp;\u00e9 unha explosi\u00f3n musical que captura a complexidade de volver a abrir o coraz\u00f3n despois de reconstru\u00edlo peza a peza. Cun son cargado de intensidade e unha letra que amosa as inseguridades que nacen do pasado, este novo tema conv\u00e9rtese nun grito contido entre o medo e o desexo de arriscar de novo.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Alana<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ant\u00eda V\u00e1zquez (voz e pandeireta), Eloy Vidal (teclado, guitarra e voz) e Pablo Castro (percusi\u00f3ns e gaita) forman Alana. Un proxecto musical que mestura a m\u00fasica tradicional con ritmos de base electr\u00f3nica e pop. A proposta da banda parte das recollidas, un traballo feito coa colaboraci\u00f3n de moitas mulleres e homes que desinteresadamente contrib\u00faen a preservar a riqueza da m\u00fasica e da tradici\u00f3n.&nbsp;<em>O xeito \u00e1 c\u00e1ntigha<\/em>&nbsp;\u00e9 o seu primeiro disco. Nunha das recollidas de Doroth\u00e9 Schubarth recompiladas no&nbsp;<em>Cancioneiro Popular Galego<\/em>, Delfina de Cerceda expl\u00edcalle \u00e1 music\u00f3loga como dar \u201co xeito \u00e1 c\u00e1ntigha\u201d nas melod\u00edas das mui\u00f1eiras e das xotas. Esa gravaci\u00f3n de hai m\u00e1is de 40 anos \u00e9 a orixe que d\u00e1 nome ao \u00e1lbum.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Alana \u00e9 un proxecto novo, diverso, cunha potente posta en escena e unha importante vinculaci\u00f3n coa tradici\u00f3n e o baile. No seu primeiro ano de vida foron os ga\u00f1adores do Premios Xuventude Crea 2023 na categor\u00eda de m\u00fasica.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>LERIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">LERIA \u00e9 un proxecto coru\u00f1\u00e9s que xorde no 2021 nas r\u00faas da Coru\u00f1a. Unha aposta pola m\u00fasica indie na nosa lingua. Alg\u00fans dos seus referentes son bandas como Love of Lesbian, Ginebras, Vetusta Morla ou Miss Cafe\u00edna. Ofrece un directo s\u00f3lido, en\u00e9rxico, intenso e divertido a partes iguais, onde o p\u00fablico pode tanto desfrutar dos seus temas m\u00e1is \u00edntimos como festexar con aqueles m\u00e1is bailables.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ga\u00f1adoras do concurso Novos Valores do Festigal en 2023, na primavera de 2024 a banda lanza o seu primeiro disco, <em>Marus\u00eda<\/em>. Un traballo que recolle todos os temas do directo destes \u00faltimos dous anos e que lles valeu o nomeamento aos Premios Mart\u00edn C\u00f3dax da M\u00fasica en 2024 na categor\u00eda de Mellor Artista Emerxente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Despois do seu paso por festivais como o Aqu\u00ed tam\u00e9n se fala, Corufest, a Laracha Orghullosa, O Son da Aldea, Xur\u00e9s Son ou O Son da Industria, e de facer a abertura para Roc\u00edo Sa\u00edz na sala Garufa e para Lisasinson na Gui\u00f3n, LERIA pechan 2024 cun&nbsp;<em>sold out<\/em>&nbsp;na Mardi Grass da Coru\u00f1a, acompa\u00f1adas de Capital Voskov. Este 2025 chegan con novas m\u00fasicas, como o sinxelo&nbsp;<em>Luces de ne\u00f3n<\/em>.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>ELBA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Tras actuar en festivais como Sinsal, Noroeste, Monkey Week ou Puwerty, a cantante e produtora santiaguesa ELBA constr\u00fae o seu propio selo de identidade marcado polo uso de sintetizadores, voces atmosf\u00e9ricas ou elementos oper\u00edsticos. O seu primeiro LP,&nbsp;<em>La magia natural,<\/em>&nbsp;bascula entre a electr\u00f3nica pop e a escola vangardista, un&nbsp;<em>mash up<\/em> pluscuamperfecto entre o escapismo m\u00edstico m\u00e1is atmosf\u00e9rico e o concretismo de radiof\u00f3rmula m\u00e1is certeiro.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Rivadulla<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Rivadulla naceu en 1996 na Coru\u00f1a. Leva o seu barrio, Monte Alto, como bandeira. Desde moi cativo amosou a s\u00faa interese polo arte, o baile e os escenarios. Tralo bacharelato, mudouse a Madrid para estudiar cine. En 2022 atreveuse coa m\u00fasica como v\u00eda de escape \u00e1 s\u00faa rabia contida, algo que respiran todas as s\u00faas canci\u00f3ns. Entre os seus referentes destacan Lady Gaga, David Bowie, Samantha Hudson e todos eses grandes artistas que saben montar unha boa <em>performance<\/em>. Rivadulla bebe moito do drag e da cultura pop. O seu primeiro disco,&nbsp;<em>El men\u00fa<\/em>, viu a luz en 2024. Son oito canci\u00f3ns que falan de amor, desamor, autocompaix\u00f3n, rupturas&#8230; Canci\u00f3ns moi sentimentais, pero cargadas de rabia existencial, unha mestura do pop dos 2000, a m\u00fasica electr\u00f3nica con toques indies e o trap, nun novo concepto que o propio artista bautizou como \u201cparkineo marika\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O ATLANTIC PRIDE, O \u2018ORGULLO DO NORTE\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- coa colaboraci\u00f3n do Concello da Coru\u00f1a, Atlantic Pride nace no ano 2019 coa vontade de situar \u00e1cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social e unha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular.&nbsp;<br><\/p>\n\n\n\n<p><br><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/03\/20250311-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride-2025.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20250311-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride-2025<\/a>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>De Ninghures, Coolnenas, Agoraphobia, Alana, LERIA, ELBA e Rivadulla s\u00famanse ao \u2018line up\u2019 do \u2018Orgullo do Norte\u2019, que se celebrar\u00e1 na Coru\u00f1a do 6 ao 13 de xullo Na 6\u00aa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[2838,2839,2843,2693,735,2837,1488,2694,2841,1111,2845,2840,2842,2844],"class_list":["post-17823","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-agoraphobia","tag-alana","tag-asociacion-orgullo-coruna","tag-atlantic-pride-2025","tag-concello-da-coruna","tag-coolnenas","tag-de-ninghures","tag-deputacion-da-coruna-2","tag-elba","tag-estrella-galicia","tag-globalgrafic","tag-leria","tag-rivadulla","tag-the-style-outlets"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17823","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17823"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17823\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17832,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17823\/revisions\/17832"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17823"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17823"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17823"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}