{"id":17775,"date":"2025-03-11T10:01:00","date_gmt":"2025-03-11T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17775"},"modified":"2025-03-10T23:29:56","modified_gmt":"2025-03-10T22:29:56","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-unha-visita-as-senoritas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17775","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. UNHA VISITA \u00c1S SE\u00d1ORITAS"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:18px\">UNHA VISITA \u00c1S SE\u00d1ORITAS<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Chego \u00e1 casa das se\u00f1oritas, eses seres da familia galiforme, e nada m\u00e1is verme comezan a cacarexar na s\u00faa lingua natal, nunha desbordante euforia. Ans\u00edan a liberdade, mi\u00f1as pobres! Onte non pudieron sa\u00edr, non puiden atendelas por mor dunha viaxe. E al\u00ed est\u00e1 tam\u00e9n don Perfecto, co seu porte de divo, lanz\u00e1ndome olladas de macho alfa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Deixo que saian para f\u00f3ra, mentres me vou acomodando na vella cadeira de praia que reservo para estes mesteres. Saco do peto un libro de poemas que tomei prestado na biblioteca. Comezo a lectura e ao momento sinto unha profunda desconexi\u00f3n cos versos, non entendo absolutamente nada. &#8220;Hoxe non \u00e9 o meu d\u00eda&#8221;, reflexiono, mais contin\u00fao coa lectura. Paso p\u00e1xina tras p\u00e1xina e a frustraci\u00f3n medra. &#8220;Pero serei fato!&#8221;, exclamo con rabia. Unha po\u00f1edora que tranquilamente trataba de levarse ao papo un diminuto verme, esp\u00e1ntase tanto co meu berro que foxe desesperada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Decido deixalo. Ser\u00e1 moi bo poeta, non o dubido, pero os seus versos non conseguen entusiasmarme. Cando me vexa coa amiga que mo recomendou, obviamente, direille que me encantou; non quero quedar como un ignorante. Incluso lle seguirei a corrente, dando a mi\u00f1a opini\u00f3n, ben razoada, grazas a unha busca r\u00e1pida en Internet. T\u00e9cnica \u00e1 que xa te\u00f1o recorrido noutras ocasi\u00f3ns con libros que non tiven na man. Un par de cr\u00edticas, acompa\u00f1ado con algo da mi\u00f1a colleita, e para adiante.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">De todas formas \u00e9 hora de tomar unha decisi\u00f3n definitiva: apartar a poes\u00eda da mi\u00f1a vida. Cheguei \u00e1 conclusi\u00f3n de que non ten aplicaci\u00f3n practica na mi\u00f1a vida; \u00e9 un exercicio f\u00fatil e sen proveito. As\u00ed que volvo meter o libro no peto e entr\u00e9gome aos aut\u00e9nticos versos, que son os sons que me rodean: canto dos gorri\u00f3ns e as cochosas que roldan \u00e1 morada das se\u00f1oritas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero, vaites!, vaites! No canto do melodioso son dos paxaros o que invade os meus o\u00eddos \u00e9 un roer e rebulir intenso. X\u00edrome, abraiado, e descubro un par de roedores, furtivos e \u00e1vidos, dando boa conta da comida das coitadas po\u00f1edoras. Nada m\u00e1is ollar para eles, foxen a toda pr\u00e9sa. Un problema, este dos ratos, que non s\u00f3 se atopan aqu\u00ed dentro, sen\u00f3n que furan e furan na horta; xa me levan ro\u00eddas unhas cantas cebolas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero quen o dir\u00eda, xusto no medio destas reflexi\u00f3ns sobre pragas, asoma o gato do veci\u00f1o, ese que a mi\u00fado me fai compa\u00f1\u00eda e de paso aproveita para dar caza. Fico inm\u00f3bil na cadeira, en silencio, para non asustalo, mentres agardo o desenlace. Non \u00e9 preciso moito tempo, apenas dous minutos de atenta vixilancia e, zas!, cun movemento r\u00e1pido e elegante, captura un rato e co bot\u00edn fortemente amarrado entre os dentes, lisca feliz.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mentres medito no que ve\u00f1o de presenciar entra en escea don Perfecto e, tras el coma fieis seguidoras, as poboadoras do curral. Malia as herbas que andaron picando, ve\u00f1en famentas e p\u00f3\u00f1ense a comer con destreza nos comedeiros. Volvo a botalas porque a\u00ednda \u00e9 cedo, pero ao cabo duns minutos, cansas de explorar, regresan. Pecho a porta tras delas e emprendo o cami\u00f1o de volta \u00e1 casa. Durante o traxecto vou reflexionando sobre a verdadeira poes\u00eda: o cantar das cochosas, o murmurio das follas, o cacarexar das \u201cse\u00f1oritas\u201d, a danza dos ratos intrusos, a elegancia do cazador felino\u2026. Iso si \u00e9 poes\u00eda que conmove a alma e non os poemas dese que se fai chamar (s\u00edntoo, pero vou revelar o seu nome, X.T.N), versos que non son capaces de capturar a beleza espont\u00e1nea do mundo que nos rodea. Palpo o peto por ver se a\u00ednda contin\u00faa al\u00ed o libro que devolverei \u00e1 biblioteca en canto poida, e prosigo cami\u00f1ando sen pr\u00e9sa algunha cara a casa.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a UNHA VISITA \u00c1S SE\u00d1ORITAS Chego \u00e1 casa das se\u00f1oritas, eses seres da familia galiforme, e nada m\u00e1is verme comezan a cacarexar na [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,975,2826,993],"class_list":["post-17775","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina","tag-unha-visita-as-senoritas","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17775","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17775"}],"version-history":[{"count":10,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17775\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17795,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17775\/revisions\/17795"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17775"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17775"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17775"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}