{"id":17378,"date":"2025-01-17T00:41:23","date_gmt":"2025-01-16T23:41:23","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17378"},"modified":"2025-01-17T00:43:52","modified_gmt":"2025-01-16T23:43:52","slug":"a-antoloxia-de-nova-galega-de-danza-enche-o-teatro-colon-da-coruna-tres-noites-consecutivas-esta-fin-de-semana","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17378","title":{"rendered":"A Antolox\u00eda de Nova Galega de Danza\u00a0enche o Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a tres noites consecutivas esta fin de semana"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_1.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_1-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17379\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A compa\u00f1\u00eda, baixo a direcci\u00f3n art\u00edstica de Jaime Pablo D\u00edaz,<\/strong> <strong>bota o pano da celebraci\u00f3n do seu 20 aniversario -iniciada a finais de 2023-\u00a0<\/strong> <strong>cun fito \u00fanico na cidade herculina: o Teatro Col\u00f3n acoller\u00e1, do 17 ao 19 de xaneiro de 2025,\u00a0\u00e1s 20.00h,\u00a0as pezas de danza\u00a0<em>Leira<\/em>,\u00a0<em>Berro<\/em>\u00a0e\u00a0<em>Dique\u00a0<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Os convites para as tres funci\u00f3ns est\u00e1n xa esgotados desde o seu lanzamento\u00a0o pasado 19 de decembro, sen embargo, as persoas que retiraron as s\u00faas entradas pero\u00a0finalmente non poidan asistir, poden facer a devoluci\u00f3n das entradas ata este venres, 17 de xaneiro,\u00a0\u00e1s 12.00h, no quiosco municipal da Praza de Ourense en ou escribindo\u00a0un correo electr\u00f3nico a:\u00a0<\/strong><a href=\"mailto:gestiontaquillasimce@coruna.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>gestiontaquillasimce@coruna.gal<\/strong><\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>As novas entradas dispo\u00f1ibles poder\u00e1n retirarse de novo\u00a0a trav\u00e9s da plataforma online\u00a0<a class=\"\" href=\"http:\/\/ataquilla.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Ataquilla.com<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O domingo 19 de xaneiro, unha vez rematada a funci\u00f3n de\u00a0<em>Dique<\/em>, \u00e1s 21.00h,\u00a0ter\u00e1\u00a0un lugar un encontro aberto ao p\u00fablico, no que Jaime Pablo D\u00edaz,\u00a0director art\u00edstico de Nova Galega de Danza, conversar\u00e1\u00a0co dramaturgo e investigador\u00a0teatral Roberto Pascual, director da MIT entre 2009 e 2024<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A compa\u00f1\u00eda\u00a0Nova Galega de Danza, baixo a direcci\u00f3n art\u00edstica de Jaime Pablo D\u00edaz, desembarca na Coru\u00f1a esta fin de semana para presentar no Teatro Col\u00f3n un fito \u00fanico: unha antolox\u00eda con tres das s\u00faas pezas m\u00e1is celebradas e recentes:\u00a0 <em>Leira<\/em>,\u00a0<em>Berro<\/em>\u00a0 e\u00a0<em>Dique<\/em>. Nesta\u00a0\u2018Antolox\u00eda de Nova Galega de Danza\u2019, a muller toma centro do escenario nunha viaxe a trav\u00e9s da terra, a ra\u00edz, a memoria, a tradici\u00f3n, a resiliencia, o empoderamento e a fortaleza.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ser\u00e1n tres noites m\u00e1xicas na cidade herculina (do 17 ao 19 de xaneiro de 2025,&nbsp;\u00e1s 20.00h)que, de seguro, pasar\u00e1n a formar parte da historia da danza na cidade.&nbsp;Con esta iniciativa, que&nbsp;\u00e9&nbsp;posible grazas&nbsp;\u00e1&nbsp;colaboraci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, a compa\u00f1\u00eda botar\u00e1 o pano da celebraci\u00f3n do seu 20 aniversario, iniciada a finais de 2023.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta ma\u00f1ana tivo lugar a presentaci\u00f3n a medios da \u2018Antolox\u00eda de Nova Galega de Danza\u2019 no Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a, na que participaron Jaime Pablo D\u00edaz, director art\u00edstico de Nova Galega de Danza;&nbsp;Yoya Neira, deputada de Educaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a; a&nbsp;cantante e chelista Rosa Cedr\u00f3n e o compositor Sergio Moure, colaboradores art\u00edsticos habituais de Nova Galega de Danza, que estiveron acompa\u00f1ados polo&nbsp;elenco de bailarinas e bailar\u00edns da compa\u00f1\u00eda, entre eles, o ga\u00f1ador dun Premio Max Iv\u00e1n Villar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo D\u00edaz, destacou: \u201cquero expresar o meu m\u00e1is&nbsp;profundo agradecemento&nbsp;\u00e1&nbsp;Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a por facer posible que a Compa\u00f1\u00eda de Nova Galega de Danza presente os tres espect\u00e1culos &#8211;<em>Leira<\/em>,&nbsp;<em>Berro<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Dique<\/em><em>&#8211;<\/em>&nbsp;nun lugar tan especial como&nbsp;\u00e9&nbsp;o Teatro Col\u00f3n da Coru\u00f1a. Este teatro ocupa un lugar&nbsp;\u00fanico no meu coraz\u00f3n, xa que foi aqu\u00ed&nbsp;onde comecei a mi\u00f1a carreira art\u00edstica con 16 anos, nunha das aulas do cuarto ou quinto andar, onde estaba o ballet. Foi unha etapa chea de ilusi\u00f3ns e retos, e foi neste espazo onde din os meus primeiros pasos profesionais. Volver agora, despois de tantos anos,&nbsp;\u00e9ncheme dunha emoci\u00f3n indescriptible.<br class=\"\"><br class=\"\">C\u00famprense 20 anos desde que comezou a mi\u00f1a andaina coa Nova Galega de Danza, unha traxectoria que marcou a mi\u00f1a vida tanto a nivel art\u00edstico como persoal. Esta viaxe non s\u00f3&nbsp;reflicte o meu propio crecemento, sen\u00f3n tam\u00e9n o da empresa, que naceu precisamente nesta cidade, A Coru\u00f1a. Volver a esta etapa con tres obras tan emblem\u00e1ticas da nosa historia&nbsp;\u00e9&nbsp;un privilexio que me enche de orgullo e gratitude&nbsp;\u00a1Somos cultura que avanza, somos memoria que late!\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, Yoya Neira, deputada de Educaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, destacou: \u201cpara a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a&nbsp;\u00e9&nbsp;un luxo apoiar esta&nbsp;\u2018Antolox\u00eda de Nova galega de Danza\u2019&nbsp;e poder compartir e aprender cunha compa\u00f1ia tan querida e respetada. O apoio das dministraci\u00f3ns p\u00fablicas&nbsp;\u00e1&nbsp;cultura galega debe vir acompa\u00f1ada de orzamentos.&nbsp;Ese&nbsp;\u00e9&nbsp;o compromiso da Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a, que se traduce na celebraci\u00f3n dun evento como este. Desde a Deputaci\u00f3n&nbsp;Provincial&nbsp;estamos neste cami\u00f1o:&nbsp;en&nbsp;2025 o orzamento de cultura viuse incrementado nun 5% fronte ao pasado ano, para que pezas de grand\u00edsima calidade, como estas tres de Nova Galega de Danza que veremos&nbsp;no Teatro Col\u00f3n, poidan ser desfrutadas pola cidadan\u00eda. Esta li\u00f1a de traballo forma parte do noso compromiso coa cultura: dar acceso a ela de modo universal, facendo chegar&nbsp;\u00e1&nbsp;cultura galega a todos os recunchos da provincia. Remato agradecendo o traballo&nbsp;incr\u00edble da&nbsp;compa\u00f1\u00eda:&nbsp;Grazas pola vosa xenerosidade. \u00c9 un luxo ver chegar a cultura ao gran p\u00fablico&nbsp;e a gran escala&nbsp;grazas a un&nbsp;proxecto&nbsp;do calado de Nova Galega de Danza\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>ENTRADAS E ENCONTRO CO P\u00daBLICO AO REMATAR A FUNCI\u00d3N DO DOMINGO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As entradas para o acto son gratu\u00edtas, previa retirada dos convites a trav\u00e9s da plataforma Ataquilla; os convites est\u00e1n xa esgotados desde o seu lanzamento o pasado 19 de decembro, sen embargo, as persoas que retiraron as s\u00faas entradas pero finalmente non poidan asistir, poden facer a devoluci\u00f3n dos convites ata este venres, 17 de xaneiro,&nbsp;\u00e1s 12.00h, no quiosco municipal da Praza de Ourense en ou escribindo un correo electr\u00f3nico a:&nbsp;<a href=\"mailto:gestiontaquillasimce@coruna.gal\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">gestiontaquillasimce@coruna.gal<\/a>. As novas entradas dispo\u00f1ibles poder\u00e1n retirarse de novo a trav\u00e9s da plataforma online&nbsp;<a target=\"_blank\" href=\"http:\/\/ataquilla.com\/\" class=\"\" rel=\"noreferrer noopener\">Ataquilla.com<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O domingo 19 de xaneiro, unha vez rematada a funci\u00f3n de Dique,\u00a0\u00e1s 21.00h, ter\u00e1\u00a0un lugar un encontro aberto ao p\u00fablico, no que Jaime Pablo D\u00edaz, director art\u00edstico de Nova Galega de Danza, conversar\u00e1\u00a0co dramaturgo e investigador teatral Roberto Pascual, director da MIT entre 2009 e 2024.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2048\" height=\"1365\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17380\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2.jpg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2-1280x853.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2025\/01\/NGD_2-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2048px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE OS ESPECT\u00c1<\/strong><strong>CULOS DA&nbsp;\u2018ANTOLOX\u00cd<\/strong><strong>A DE NGD NA CORU\u00d1A\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Leira<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Venres 17 de xaneiro, 20.00h<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espect\u00e1culo de danza e m\u00fasica que nos transporta&nbsp;\u00e1&nbsp;dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexi\u00f3n tel\u00farica. D\u00eda e noite, xornada tras xornada, repetida nunha sucesi\u00f3n inesgotable de estaci\u00f3ns. O sol e a choiva, o vento xeado, cr\u00faas paisaxes de intemperie, habitadas unicamente por unha coreograf\u00eda humana de apeiro de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero&nbsp;<em>Leira<\/em>&nbsp;\u00e9&nbsp;tam\u00e9n a sinxela alegr\u00eda do traballo feito coas mans, coa valent\u00eda do corpo a corpo;&nbsp;\u00e9&nbsp;a celebraci\u00f3n dunha Galicia intemporal e m\u00e1xica. O espect\u00e1culo foi galardoado co Premio Max ao mellor int\u00e9rprete masculino de danza -Iv\u00e1n Villar- en 2021, na XXIV edici\u00f3n dos premios, onde foi tam\u00e9n finalista como mellor espect\u00e1culo de danza.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Berro<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>S\u00e1bado 18 de xaneiro, 20.00h<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Berro<\/em>&nbsp;representa o baleiro que sup\u00f3n ser individuos s\u00f3s e illados nunha sociedade sen memoria, que debe procurar o movemento que lle lembre o seu pasado. Nunha viaxe que conecta os estados emocionais, a peza amosa a importancia de recuperar esa esencia ancestral -a tradici\u00f3n, a terra, a ra\u00edz, a familia e a casa- a trav\u00e9s da experiencia colectiva, sentindo a transformaci\u00f3n na expresi\u00f3n do corpo.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Dique<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Domingo 19 de xaneiro, 20.00h<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Dique<\/em>&nbsp;nace do desexo do director art\u00edstico de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo D\u00edaz, de recuperar unha historia esquecida. \u00c9&nbsp;un espect\u00e1culo arredor da memoria local, con ra\u00edces no Ferrol natal de Nova Galega de Danza. Unha creaci\u00f3n de homenaxe e de reflexi\u00f3n actual a partir da historia. Unha peza universal que fusiona o baile tradicional e a linguaxe contempor\u00e1nea, caracter\u00edstica que desde sempre forma parte da identidade da compa\u00f1\u00eda.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Poucas persoas saben que a obra de enxe\u00f1er\u00eda hidr\u00e1ulica m\u00e1is importante do s\u00e9culo XIX en Espa\u00f1a foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879 executouse a construci\u00f3n do Dique da Camp\u00e1&nbsp;de Ferrol. Al\u00ed, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros c\u00fabicos de terra e pedras que transportaron en 11.600.000 cestos sobre as s\u00faas cabezas -58.000 cada unha delas-. Eran&nbsp;\u201cas estibadoras\u201d. E, polo mesmo traballo, cobraban menos ca os homes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">No 150 aniversario do inicio da s\u00faa construci\u00f3n, Nova Galega de Danza convidou&nbsp;\u00e1&nbsp;directora de escena Marta Pazos a realizar a s\u00faa homenaxe a aquela xesta.&nbsp;<em>Dique<\/em>&nbsp;pon en di\u00e1logo a danza contempor\u00e1nea e a danza tradicional galega nunha conversa que reflicte a conexi\u00f3n entre o pasado e o presente. Un xogo de cores, texturas e contrastes sobe&nbsp;\u00e1&nbsp;escena para ofrecer un desaf\u00edo visual&nbsp;\u00fanico. A peza explora os l\u00edmites da forza mentres o tel\u00farico se apodera da escena. En&nbsp;<em>Dique<\/em>&nbsp;hai resistencia e esforzo, pero afloran, tam\u00e9n, a delicadeza e o&nbsp;&nbsp;lixeiro.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE NOVA GALEGA DE DANZA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><a class=\"\" href=\"https:\/\/novagalegadedanza.com\/es\/landing-page\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Nova Galega de Danza<\/a>\u00a0fusiona en vivo danza e m\u00fasica de ra\u00edz galega. Bebe da tradici\u00f3n e da vangarda cunha vocaci\u00f3n universal, abrindo unha li\u00f1a de traballo \u00fanica ao redor da danza en Galicia. Unha li\u00f1a que\u00a0\u00e9\u00a0quen de se aproximar \u00e1 tradici\u00f3n desde unha ollada contempor\u00e1nea que lle permite transcender a vivencia tradicional do folclore e darlle un novo sentir. Nos seus xa m\u00e1is de 20 anos de traxectoria, baixo a direcci\u00f3n de\u00a0Jaime Pablo D\u00edaz, produciu once espect\u00e1culos: <em>Dique<\/em>\u00a0(2024), <em>Berro<\/em>\u00a0(2023), <em>Credo<\/em>\u00a0(2022),\u00a0<em>Galicia Cami\u00f1a<\/em>\u00a0(2022),\u00a0<em>Leira<\/em>\u00a0(2020),\u00a0<em>Son<\/em>\u00a0(2016),\u00a0<em>Dez<\/em>\u00a0(2013),\u00a0<em>Ser e <\/em> <em>Terra<\/em>\u00a0(2010),\u00a0 <em>Tradici\u00f3n<\/em>\u00a0(2008),\u00a0 <em>Engado<\/em>\u00a0(2006) e\u00a0<em>Alento<\/em>\u00a0(2003).\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre os galard\u00f3ns recibidos por NGD destacan o Premio da Cultura Galega en 2021, a Insignia de Ouro do Concello de Ferrol en 2021, o Premio Max 2021 ao mellor int\u00e9rprete masculino de danza para Iv\u00e1n Villar, o Premio do P\u00fablico nas edici\u00f3ns de 2020 e 2016 da MIT de Ribadavia, o Premio da Cr\u00edtica de Galicia no apartado de Ciencias e Artes da Representaci\u00f3n en 2009, o 2\u00ba Premio no I Certame de Creaci\u00f3n Coreogr\u00e1fica de Galicia en 2003 e o 4\u00ba Premio na I Marat\u00f3n de Danza de Madrid en 2002.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>FUNCI\u00d3NS \u2018ANTOLOX\u00cd<\/strong><strong>A NOVA GALEGA DE DANZA NA CORU\u00d1<\/strong><strong>A\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Leira<\/em><\/strong>&nbsp;| Venres 17 de xaneiro | Teatro Col\u00f3n | 20.00 horas&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Berro<\/em><\/strong>&nbsp;| S\u00e1bado 18 de xaneiro&nbsp;| Teatro Col\u00f3n | 20.00 horas<\/p>\n\n\n\n<p><strong><em>Dique<\/em><\/strong>&nbsp;|&nbsp;Domingo 19 de xaneiro&nbsp;| Teatro Col\u00f3n | 20.00 horas<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A compa\u00f1\u00eda, baixo a direcci\u00f3n art\u00edstica de Jaime Pablo D\u00edaz, bota o pano da celebraci\u00f3n do seu 20 aniversario -iniciada a finais de 2023-\u00a0 cun fito \u00fanico na cidade herculina: [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2690,1860,2307,2720],"class_list":["post-17378","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-antoloxia-nova-galega-de-danza","tag-ataquilla","tag-nova-galega-de-danza","tag-teatro-colon-da-coruna"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17378","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17378"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17378\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17381,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17378\/revisions\/17381"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17378"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17378"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17378"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}