{"id":17121,"date":"2024-11-13T19:20:42","date_gmt":"2024-11-13T18:20:42","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17121"},"modified":"2024-11-13T19:20:45","modified_gmt":"2024-11-13T18:20:45","slug":"camino-escena-norte-pecha-unha-edicion-de-resistencia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17121","title":{"rendered":"Cami\u00f1o Escena Norte pecha unha edici\u00f3n &#8220;de resistencia&#8221;"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/g.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/g-1024x683.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17122\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/g-1024x683.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/g-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/g-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify has-medium-font-size\"><strong>Cami\u00f1o Escena Norte pecha unha edici\u00f3n de resistencia nun ano marcado pola fonda ca\u00edda das subvenci\u00f3ns estatais&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><br>O proxecto de intercambio de artes esc\u00e9nicas finaliza a s\u00faa programaci\u00f3n de 2024 sen poder atender aos p\u00fablicos de quince localidades de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra; ademais de ter que suspender o programa Cruzamentos<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><a href=\"https:\/\/escenanorte.com\/gl\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Cami\u00f1o Escena Norte (CEN)<\/a>, o programa de intercambio cultural no que participan 15 compa\u00f1\u00edas de danza e artes do movemento, teatro e novo circo de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra, pecha a s\u00faa sexta edici\u00f3n. Esta, que comezou como a m\u00e1is expansiva, finalizou como unha\u00a0<strong>edici\u00f3n de resistencia<\/strong>\u00a0debido \u00e1 exclusi\u00f3n do proxecto das <em>Ayudas para la acci\u00f3n y la promoci\u00f3n cultural<\/em>\u00a0do Ministerio de Cultura, e \u00e1 diminuci\u00f3n en m\u00e1is dun 50% da axuda da convocatoria de teatro e circo do Instituto Nacional de las Artes Esc\u00e9nicas y de la M\u00fasica (INAEM). As resoluci\u00f3ns, co\u00f1ecidas cando xa arrincara a programaci\u00f3n, obrigaron a cancelar quince funci\u00f3ns do\u00a0Ciclo Constelaci\u00f3ns\u00a0e suspender o proxecto\u00a0Cruzamentos, ademais de po\u00f1er en perigo a continuidade da\u00a0Oficina CEN de Cooperaci\u00f3n Esc\u00e9nica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cami\u00f1o Escena Norte presentaba en 2024 a s\u00faa edici\u00f3n m\u00e1is expansiva, cun incremento de sedes, estreando proxectos e extensi\u00f3ns en m\u00e1is de 60 localidades en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Na edici\u00f3n de 2023, o proxecto foi o segundo m\u00e1is valorado dos 500 presentados \u00e1s&nbsp;<em>Ayudas para la acci\u00f3n y la promoci\u00f3n cultural&nbsp;<\/em>do Ministerio de Cultura. Cando a sexta edici\u00f3n comezara, chegaron as resoluci\u00f3ns provisionais tanto das mencionadas axudas como da convocatoria de teatro e circo do INAEM: o aplaudido proxecto de Cami\u00f1o Escena Norte quedaba f\u00f3ra da axuda ministerial e v\u00eda reducida en m\u00e1is dun 50% a achega do INAEM,&nbsp;cun recorte global, no financiamento estatal respecto ao 2023, de 73.530,20 euros.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este pau econ\u00f3mico fixo que a organizaci\u00f3n de CEN tomase varias decisi\u00f3ns dr\u00e1sticas para poder continuar coa sexta edici\u00f3n -coa programaci\u00f3n xa presentada e iniciada-: a cancelaci\u00f3n de 15 funci\u00f3ns do&nbsp;Ciclo Constelaci\u00f3ns&nbsp;(unha por compa\u00f1\u00eda e tres por comunidade), a suspensi\u00f3n do proxecto&nbsp;Cruzamentos&nbsp;(no que estaban implicadas catro compa\u00f1\u00edas) e a anulaci\u00f3n da colaboraci\u00f3n coa Asociaci\u00f3n Te Veo de Artes Esc\u00e9nicas para la Infancia y la&nbsp;&nbsp;Juventud. A situaci\u00f3n obrigou tam\u00e9n a suspender a actividade da&nbsp;Oficina CEN de Cooperaci\u00f3n Esc\u00e9nica&nbsp;e pon en perigo a s\u00faa continuidade. As\u00ed, o traballo de CEN centrouse en ofrecer tanto \u00e1s compa\u00f1\u00edas como aos p\u00fablicos unha edici\u00f3n de resistencia, para non cancelar o programa como sucedeu con outros proxectos de artes esc\u00e9nicasdebido \u00e1 forte ca\u00edda nas subvenci\u00f3ns estatais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os p\u00fablicos de quince localidades quedaron sen poder gozar da programaci\u00f3n CEN: en Galicia afectou as funci\u00f3ns programadas en Sobrado dos Monxes, Ames e Ribadeo; en Asturias cancel\u00e1ronse espect\u00e1culos en Soto del Barco, Vegadeo e Corvera; en Cantabria anulouse a programaci\u00f3n de Castro Urdiales, Solares e Los Corrales de Buelna; en Euskadi, CEN non chegou \u00e1s salas de Muskiz, Zumaia e Eibar e, en Navarra, o recorte afectou ao programa en Tafalla, Villava e Azagra. Esta situaci\u00f3n foi especialmente dolorosa para a organizaci\u00f3n, porque un dos \u00e9xitos do proxecto foi a relaci\u00f3n&nbsp;&nbsp;directa cos p\u00fablicos: desde a primeira edici\u00f3n, CEN apostou porque o art\u00edstico non quedase limitado ao espazo esc\u00e9nico, e que compa\u00f1\u00edas e espectadores dialogasen e intercambiasen experiencias posfunci\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ademais, a decisi\u00f3n ministerial danou o programa&nbsp;Cruzamentos, un dos piares do CEN. Nesta rede de estancias -de intercambio esc\u00e9nico, art\u00edstico e profesional- \u00edan participar este ano os vascos Hika Teatroa xunto \u00e1 compa\u00f1\u00eda navarra Led Silhouette (no Centro Cultural Egia de Donostia), e a compa\u00f1\u00eda galega Furia Sotelo en colaboraci\u00f3n cos c\u00e1ntabros Babirusa Danza (na Casa Vella, Amiadoso, Ourense). Estes proxectos quedaron suspendidos, mais a organizaci\u00f3n de Cami\u00f1o Escena Norte est\u00e1 a buscar v\u00edas de financiamento para os mesmos de cara ao ano 2025.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O recorte tam\u00e9n pon en perigo a continuidade da&nbsp;Oficina CEN de Cooperaci\u00f3n Esc\u00e9nica,&nbsp;un programa de consultor\u00eda e acompa\u00f1amento profesional creada en 2024 cuxo obxectivo \u00e9 reforzar a actividade profesional de Cami\u00f1o Escena Norte, apoiando a actividade das compa\u00f1\u00edas no \u00e1mbito da distribuci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cami\u00f1o Escena Norte considera que o actual sistema de subvenci\u00f3ns no \u00e1mbito estatal, a s\u00faa falta de continuidade cos proxectos e os seus prazos de resoluci\u00f3n e execuci\u00f3n, fan inviable non s\u00f3 o crecemento, sen\u00f3n a propia estabilidade de iniciativas como a s\u00faa. Ao tempo, quere agradecer o compromiso co proxecto das asociaci\u00f3ns profesionais, patrocinadores e resto de entidades financiadoras nas cinco comunidades de Cami\u00f1o Escena Norte. Este 2024, o proxecto contou co apoio econ\u00f3mico da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Gobierno del Principado de Asturias; Gobierno de Cantabria; Eusko Jaurlaritza; Arabako Foru Aldundia, Bizkaiko Foru Aldundia; Gipuzkoako Foru Aldundia; e&nbsp;&nbsp;Nafarroako Gobernua. No \u00e1mbito institucional, colaboraron tam\u00e9n a Deputaci\u00f3n Provincial de Lugo e o Concello de Lugo. Vegalsa-Eroski&nbsp;&nbsp;mant\u00edvose como patrocinador oficial e a Fundaci\u00f3n Camino Lebaniego (Cantabria) incorporouse ao patrocinio do proxecto. A todas estas entidades, as\u00ed como \u00e1s decenas de localidades que acollen a programaci\u00f3n, Cami\u00f1o Escena Norte agradece o seu apoio real e consistente, que foi fundamental para o mantemento da programaci\u00f3n, e non sufrir a mesma sorte que outros proxectos que se viron obrigados a cancelar a s\u00faa actividade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As asociaci\u00f3ns profesionais de produtoras de artes esc\u00e9nicas promotoras de Cami\u00f1o Escena Norte entran agora nun per\u00edodo de reflexi\u00f3n sobre o proxecto, a\u00ednda que o obxectivo de Escena Galega (Galicia), EscenAsturias (Asturias), ACEPAE (Cantabria), Eskena (Euskadi) e ESNA (Navarra) \u00e9 continuar co programa. Con todo, non poden ocultar a s\u00faa frustraci\u00f3n e tristeza pola falta de compromiso estatal cun proxecto que, desde 2019, levou o teatro, a danza e as artes do movemento e o novo circo a escenarios afastados dos circu\u00edtos habituais, ofrecendo a oportunidade de acceder \u00e1 cultura a p\u00fablicos de municipios sen acceso a este tipo de espect\u00e1culos.&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cami\u00f1o Escena Norte pecha unha edici\u00f3n de resistencia nun ano marcado pola fonda ca\u00edda das subvenci\u00f3ns estatais&nbsp; O proxecto de intercambio de artes esc\u00e9nicas finaliza a s\u00faa programaci\u00f3n de 2024 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[1282],"class_list":["post-17121","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-camino-escena-norte"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17121"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17121\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17123,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17121\/revisions\/17123"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}