{"id":17118,"date":"2024-11-10T23:25:50","date_gmt":"2024-11-10T22:25:50","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17118"},"modified":"2024-11-10T23:25:53","modified_gmt":"2024-11-10T22:25:53","slug":"casting-lear-de-andrea-jimenez-gana-o-premio-do-publico-do-fiot33","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17118","title":{"rendered":"\u2018Casting Lear\u2019, de Andrea Jim\u00e9nez, ga\u00f1a o Premio do P\u00fablico do FIOT33"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17119\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-1024x683.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-300x200.jpeg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-768x512.jpeg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-1536x1025.jpeg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-1080x720.jpeg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-1280x854.jpeg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-980x654.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_-480x320.jpeg 480w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/11\/FIOT-33_A9A0215-\u00a9-Vanessa-Rabade_.jpeg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O <a href=\"https:\/\/fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo<\/a> botou con \u00e9xito o pano da s\u00faa 33\u00ba edici\u00f3n o pasado 31 de outubro nun ano no que contou con preto de 12.000 asistentes ao longo das s\u00faas 56 funci\u00f3ns e nas m\u00e1is de 20 actividades organizadas arredor das artes esc\u00e9nicas, cunha porcentaxe de ocupaci\u00f3n da sala dun 93,3%<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Programa de Sala acadou unha puntuaci\u00f3n de 4,33 sobre 5, mentres que a nota media da programaci\u00f3n global do FIOT foi dun 4,27, cun total de 2.162 votantes rexistrados<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Casting Lear<\/em>, de Andrea Jim\u00e9nez, Barco Pirata e Teatro de la Abad\u00eda, foi o espect\u00e1culo m\u00e1is valorado polo p\u00fablico neste #FIOT33, cunha puntuaci\u00f3n de 4,85 sobre 5, a moi curta distancia de&nbsp;<em>IRIBARNE<\/em>, de Butacazero, que obtivo a segunda posici\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Respira<\/em>, da Compa\u00f1\u00eda Sempre Arriba, recibe o reco\u00f1ecemento como mellor espect\u00e1culo no Certame Micro-escenas M<\/strong><strong><sup class=\"\">2<\/sup><\/strong><strong>, cunha puntuaci\u00f3n de 4,79 sobre 5, mentres que Laura Villaverde, de Artesa C\u00eda., \u00e9 galardoada co premio \u00e1 mellor interpretaci\u00f3n do certame polo espect\u00e1culo&nbsp;<em>Panos de vinaghre<\/em>, cunha puntuaci\u00f3n de 4,58 sobre 5<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br><br>O espect\u00e1culo\u00a0<a href=\"https:\/\/fiot.gal\/casting-lear-de-andrea-jimenez-gana-premio-publico-fiot33\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><em>Casting Lear<\/em>, de Andrea Jim\u00e9nez, alzouse co Premio do P\u00fablico do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT<\/a>, na s\u00faa 33\u00aa edici\u00f3n. A obra, producida por Andrea Jim\u00e9nez, Barco Pirata e Teatro de La Abad\u00eda, foi a peza mellor valorada polos espectadores neste #FIOT33, cunha puntuaci\u00f3n de 4,85 sobre 5 (unha das notas m\u00e1is altas do Premio do P\u00fablico na historia do FIOT). A moi curta distancia quedou <em>IRIBARNE<\/em>, de Butacazero, que obtivo o segundo lugar, cunha puntuaci\u00f3n de 4,81 sobre 5. A porcentaxe de ocupaci\u00f3n de sala foi dun 93,3%.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este #FIOT33 botou o pano da s\u00faa 33\u00ba edici\u00f3n o pasado 31 de outubro nun ano no que contou con preto de 12.000 asistentes\u00a0ao longo de cinco semanas de programaci\u00f3n, con 37 espect\u00e1culos, 56 funci\u00f3ns e m\u00e1is de 20 actividades de mediaci\u00f3n e promoci\u00f3n das artes esc\u00e9nicas, das que se celebraron un total de 200 sesi\u00f3ns. O Programa de Sala acadou unha puntuaci\u00f3n global de 4,33 sobre 5, mentres que a nota media das diferentes li\u00f1as de programaci\u00f3n do FIOT foi dun 4,27, cun total de 2.162 votantes rexistrados. Cabe destacar a grande acollida non s\u00f3 do Programa de Sala, sen\u00f3n tam\u00e9n de outras li\u00f1as de programaci\u00f3n como o OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado), que encheu todas as representaci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda,\u00a0<em>Respira<\/em>, da Compa\u00f1\u00eda Sempre Arriba, recibiu o reco\u00f1ecemento como mellor espect\u00e1culo no Certame Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>, cunha puntuaci\u00f3n de 4,79 sobre 5 outorgada, tam\u00e9n, polo p\u00fablico asistente, mentres que Laura Villaverde, de Artesa C\u00eda., foi a galardoada co premio \u00e1 mellor interpretaci\u00f3n do Certame Micro-escenas M<sup class=\"\">2<\/sup>\u00a0polo espect\u00e1culo\u00a0<em>Panos de vinaghre<\/em>, cunha puntuaci\u00f3n de 4,58 sobre 5.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste FIOT33, cabe destacar a alta participaci\u00f3n e a conexi\u00f3n do p\u00fablico en todas as propostas do festival, xa fosen espect\u00e1culos, encontros e todo tipo de actividades. Pode constatarse o interese da audiencia do FIOT polas propostas m\u00e1is contempor\u00e1neas e arriscadas. Este 2024, o FIOT consolidouse como unha das propostas de artes esc\u00e9nicas m\u00e1is destacadas de Galicia e un dos eventos m\u00e1is relevantes de Carballo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Un ano m\u00e1is, a Asociaci\u00f3n Tel\u00f3n e Aparte, organizadora do FIOT, quere transmitir a todos os p\u00fablicos un sentido agradecemento polo apoio incondicional, o cari\u00f1o e a ilusi\u00f3n recibidos: \u201caos artistas e compa\u00f1\u00edas que participan no festival, porque nos transmiten a s\u00faa satisfacci\u00f3n por formar parte dun programa de prestixio, que perciben como diferenciador pola calidade e o mimo con que en Carballo se tratan todas as s\u00faas facetas; \u00e1s instituci\u00f3ns, polo seu respeto a un proxecto ambicioso, riguroso e honesto co ecosistema cultural; aos voluntarios e numerosos colaboradores, base na que nos sustenatamos e dos que sentimos unha entrega \u00fanica, e que son os mellores embaixadores do FIOT; e aos espectadores, que nos apoian d\u00eda a d\u00eda, funci\u00f3n a funci\u00f3n e actividade a actividade, porque participan, opinan, animan, critican e, sobre todo, viven con n\u00f3s a ilusi\u00f3n polo FIOT\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE \u2018CASTING LEAR\u2019, ESPECT\u00c1CULO GA\u00d1ADOR DO PREMIO DO P\u00daBLICO DO FIOT33<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esta versi\u00f3n-simulacro \u00e9 unha autoficci\u00f3n a partir dun cl\u00e1sico (ou un cl\u00e1sico autoficcionado) que investiga os cruces entre ficci\u00f3n e realidade para reflexionar sobre a paternidade, o amor e o perd\u00f3n, nun brillante exercicio teatral tan valente como l\u00fadico. Unha porta aberta para pensar sobre como nos relacionamos cos nosos pais, tanto os biol\u00f3xicos como os metaf\u00f3ricos, mesmo o propio Shakespeare, abordando a influencia do pasado e como os que nos preceden nos constr\u00faen.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na adaptaci\u00f3n contempor\u00e1nea de Andrea Jim\u00e9nez do&nbsp;<em>Rei Lear<\/em>&nbsp;de Shakespeare, teatro e performance mest\u00faranse con humor e tenrura nunha proposta irreverente e innovadora, emocionante e intensa que abre un espazo de encontro con toda unha xeraci\u00f3n de actores e homes, permitindo unha profunda reflexi\u00f3n sobre as relaci\u00f3ns humanas e os roles paternos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En&nbsp;<em>Casting Lear<\/em>&nbsp;o actor protagonista na pel do Rei Lear \u00e9 unha inc\u00f3gnita, xa que cambia en cada unha das representaci\u00f3ns do espect\u00e1culo, polo que o nome do int\u00e9rprete -que non co\u00f1ece o texto ata unhas horas antes do inicio da funci\u00f3n- foi unha sorpresa para o p\u00fablico que a que acudiu ao FIOT a ver a obra, feito que sup\u00f3n toda unha experiencia esc\u00e9nica e que converteu \u00e1 peza nunha das revelaci\u00f3ns da temporada en Espa\u00f1a.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En Carballo, Lear foi interpretado polo querid\u00edsimo Quico Cadaval, fito que provocou unha m\u00e1xica conexi\u00f3n co p\u00fablico e converteu a este espect\u00e1culo contempor\u00e1neo e experimental de gran calado no \u00e9xito indiscutible do Programa de Sala, cun entusiasta patio de butacas que rompeo en aplausos e alzouse en p\u00e9 en bloque nada m\u00e1is rematar a funci\u00f3n. A s\u00faa creadora, Andrea Jim\u00e9nez, \u00e9 un valor en alza da creaci\u00f3n esc\u00e9nica actual, directora de obras para importantes instituci\u00f3ns teatrais e galardoada con premios como o Ojo Cr\u00edtico de Teatro no 2019 pola compa\u00f1\u00eda Teatro en Vilo, da que \u00e9 fundadora.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>UNHA PANOR\u00c1MICA GLOBAL SOBRE O #FIOT33<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este outono, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, reuniu de novo en Galicia a algunhas das figuras m\u00e1is imprescindibles da escena teatral contempor\u00e1nea para celebrar a s\u00faa 33\u00aa edici\u00f3n. Do 26 de setembro ao 31 de outubro, dramaturg@s e director@s tan celebrad@s como Daniel Veronese, Pablo Rem\u00f3n, Jos\u00e9 Troncoso, Esther Carrodeguas, os Premios Nacionais de Literatura Dram\u00e1tica Paula Carballeira e Alberto Conejero e Andrea Jim\u00e9nez, ademais de int\u00e9rpretes de renome como Javier C\u00e1mara, Malena Alterio, Israel Elejalde, Marta Nieto, Paula Quintas, C\u00e1ndido Paz\u00f3 ou Evaristo Calvo, e compa\u00f1\u00edas sempre interesantes como Las Ni\u00f1as de C\u00e1diz, Berrobamb\u00e1n ou Teatro Kamikaze, entre moitas outras, participaron no FIOT.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Baixo o lema \u2018Agora \u00e9 sempre\u2019, a 33\u00aa edici\u00f3n do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo achegou ao p\u00fablico textos de grandes cl\u00e1sicos como Shakespeare, Homero, Eur\u00edpides ou Ch\u00e9jov, vistos desde o prisma contempor\u00e1neo, revisitando conflitos atemporais para propo\u00f1er unha singular viaxe que vai do presente \u00e1 eternidade, do contempor\u00e1neo \u00e1 tradici\u00f3n, do particular ao universal&#8230; do agora ao sempre.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Deste xeito, o FIOT regresou durante cinco semanas \u00e1s t\u00e1boas, r\u00faas e espazos non convencionais de Carballo cun programa aberto a todos os p\u00fablicos, formatos e sensibilidades, que concentrou 36 espect\u00e1culos, procedentes de 3 pa\u00edses (Espa\u00f1a, Arxentina e Cuba) e 7 comunidades aut\u00f3nomas espa\u00f1olas (Galicia, Valencia, Catalu\u00f1a, Madrid, Castela e Le\u00f3n, Andaluc\u00eda e Navarra), con 8 estreas absolutas, 1 estrea en Espa\u00f1a, 6 estreas en Galicia e m\u00e1is dunha trintena de actividades de mediaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Da man do #FIOT33, este outono desfilaron por Carballo propostas como&nbsp;<em>En mitad de tanto fuego,<\/em>&nbsp;de Alberto Conejero; a versi\u00f3n 1 de&nbsp;<em>Vania x Vania,<\/em>&nbsp;de Teatro Kamikaze, dirixida por Pablo Rem\u00f3n e protagonizada por Javier C\u00e1mara, Israel Elejalde e Marta Nieto, entre outros;&nbsp;<em>Los amigos de ellos dos,<\/em>&nbsp;con Malena Alterio e David Lorente, baixo a batuta de Daniel Veronese;&nbsp;<em>IRIBARNE,<\/em>&nbsp;de ButacaZero, escrita e interpretada por Esther Carrodeguas;&nbsp;<em>Las bingueras de Eur\u00edpides<\/em>, das sempre interesantes Ni\u00f1as de C\u00e1diz, con direcci\u00f3n de Jos\u00e9 Troncoso;&nbsp;<em>Casting Lear,&nbsp;<\/em>de Andrea Jim\u00e9nez; ou o desembarco en Espa\u00f1a dun dos grandes \u00e9xitos da carteleira arxentina das \u00faltimas tempadas:<em>&nbsp;El brote,<\/em>&nbsp;da Compa\u00f1\u00eda Criolla.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Non faltaron \u00e1 cita a prestixiosa compa\u00f1\u00eda galega Berrobamb\u00e1n, coa Premio Nacional de Literatura Dram\u00e1tica en 2023 Paula Carballeira, que presentaron a estrea absoluta da peza coproducida polo FIOT\u00a0<em>Mulleres que viven soas #MQVS<\/em>. Entre os creadores galegos, destacaron nomes como os de Paula Quint\u00e1s, tam\u00e9n cunha estrea absoluta, a de <em>Multiperspectivas#3<\/em>, ou C\u00e1ndido Paz\u00f3 e Evaristo Calvo, entre moitas outras figuras.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>UN ENCONTRO QUE NON S\u00d3 \u00c9 TEATRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O FIOT \u00e9 a cita coas artes esc\u00e9nicas m\u00e1is prestixiosa de Galicia&nbsp;e un dos referentes culturais do noroeste peninsular. Cada outono re\u00fane a m\u00e1is de 10.000 persoas, durante un mes,&nbsp;ao redor dun programa que concentra&nbsp;preto de 40 espect\u00e1culos e unha trintena de actividades paralelas, da man de&nbsp;artistas e compa\u00f1\u00edas de renome da escena espa\u00f1ola, galega e internacional.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Figuras como Carmen Maura, Blanca Portillo, Carmen Machi, Marti\u00f1o Rivas ou Xos\u00e9 A. Touri\u00f1\u00e1n; ademais de formaci\u00f3ns de referencia como Els Joglar, Yllana, Kamikaze Produci\u00f3ns, Ch\u00e9vere ou Voadora, entre outras moitas, desfilaron polas t\u00e1boas do FIOT nas s\u00faas m\u00e1is de&nbsp;tres d\u00e9cadas de historia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O compromiso social, a aposta polas voces singulares e \u00fanicas, a calidade, a autenticidade e a apertura a x\u00e9neros e linguaxes diversas (teatro de texto,\u00a0<em>performance<\/em>, teatro xestual e de obxectos, autoficci\u00f3n, circo, teatro documento&#8230;) conforman ano tras ano a identidade do FIOT.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Coa vontade de achegar a Carballo as mellores propostas do circu\u00edto esc\u00e9nico actual a nivel galego, nacional e internacional, o programa do festival conta con diferentes li\u00f1as de programaci\u00f3n e, as\u00ed, ademais do Programa de Sala, no FIOT alternaranse outras interesantes secci\u00f3ns, que apostan polos x\u00e9neros, os formatos e os p\u00fablicos m\u00e1is diversos. No FIOT hai narraci\u00f3n oral na R\u00faa dos Contos; teatro experimental e novos creadores no OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado); circo, teatro de r\u00faa ou teatro f\u00edsico en Teatro de R\u00faa; obras curtas de pequeno formato en espazos non convencionais no Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado, tem\u00e1ticas orientadas \u00e1s inquietudes adolescentes no FIOTeen, etc.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Fiel \u00e1 s\u00faa vontade de ser \u201co coraz\u00f3n do teatro en Galicia\u201d, en paralelo \u00e1 programaci\u00f3n esc\u00e9nica, o FIOT desenvolve unha intensa actividade con entrevistas en formato podcast, residencias art\u00edsticas, encontros profesionais, colaboraci\u00f3ns con outros proxectos esc\u00e9nicos, exposici\u00f3ns ou o premio Xograr de Outono, este ano outorgado a Avelino Gonz\u00e1lez. Na web do festival,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.fiot.gal<\/a>, \u00e9 posible consultar toda a informaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><br><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N\u00a0<\/strong><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/fiot.gal<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo botou con \u00e9xito o pano da s\u00faa 33\u00ba edici\u00f3n o pasado 31 de outubro nun ano no que contou con preto de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[2627,2626,2504,2628],"class_list":["post-17118","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-andrea-jimenez","tag-casting-lear","tag-fiot33","tag-premio-do-publico-do-fiot33"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17118","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17118"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17118\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17120,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17118\/revisions\/17120"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17118"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17118"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17118"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}