{"id":17026,"date":"2024-10-29T19:46:12","date_gmt":"2024-10-29T18:46:12","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17026"},"modified":"2024-10-29T19:47:14","modified_gmt":"2024-10-29T18:47:14","slug":"nace-o-encontro-de-musica-aberta-da-fundacion-paideia-galiza-que-celebrara-a-sua-primeira-edicion-na-coruna-o-dia-6-de-novembro","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=17026","title":{"rendered":"Nace o Encontro de M\u00fasica Aberta da Fundaci\u00f3n Paideia Galiza, que celebrar\u00e1 a s\u00faa primeira edici\u00f3n na Coru\u00f1a o d\u00eda 6 de novembro"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EMA-Fundacion-Paideia-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"722\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EMA-Fundacion-Paideia-722x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17027\" style=\"width:722px;height:auto\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O EMA \u00e9 unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia para sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e l\u00fadica aberta a todos os p\u00fablicos centrada na formaci\u00f3n, o debate e o&nbsp;<em>networking<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O I Encontro de M\u00fasica Aberta (EMA) ter\u00e1 lugar este m\u00e9rcores,&nbsp;6 de novembro, de 07.00 a&nbsp;14.00h, nos Estudios Mans da Coru\u00f1a (Pol\u00edgono de Pocomaco \u2013 Quinta Avenida, 91), baixo o lema \u201cEstamos en sinton\u00eda\u201d<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>No programa participar\u00e1n o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espect\u00e1culo&nbsp;<em>Resoando no pasado<\/em>&nbsp;e cunha masterclass de creaci\u00f3n de instrumentos, e o d\u00fao Soleado, o novo grupo de fusi\u00f3n indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodr\u00edguez, que participar\u00e1n nun showcase comentado<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O di\u00e1logo chegar\u00e1 da man de Laura Iturralde, que moderar\u00e1 a conversa creativa&nbsp;<em>Show Must Go On!: da teor\u00eda \u00e1 pr\u00e1ctica dos espect\u00e1culos en vivo<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Antes, para darlle o pistoletazo de sa\u00edda \u00e1 iniciativa, de 07.00 a&nbsp;09.00h, ter\u00e1 lugar a retransmisi\u00f3n en aberto, con p\u00fablico en directo, do programa de referencia de Radio 3&nbsp;<em>Hoy empieza todo<\/em>, guiado pola xornalista Irene Valiente&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O acceso a este novo Encontro de M\u00fasica Aberta (EMA) \u00e9 libre, con inscrici\u00f3n previa a trav\u00e9s da plataforma&nbsp;<\/strong><a href=\"https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/<\/strong><\/a><\/p>\n\n\n\n<p><br><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u201cEstamos en sinton\u00eda\u201d. As\u00ed chega o I Encontro de M\u00fasica Aberta a Galicia este mes de novembro: coa idea de sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada aberta a todos os p\u00fablicos centrada na formaci\u00f3n, o debate e o&nbsp;<em>networking<\/em>. Deste xeito, esta nova iniciativa da Fundaci\u00f3n Paideia coa colaboraci\u00f3n da Xunta de Galicia ter\u00e1 lugar o pr\u00f3ximo m\u00e9rcores,&nbsp;6 de novembro, de 07.00 a&nbsp;14.00h, nos Estudios Mans da Coru\u00f1a (Pol\u00edgono de Pocomaco \u2013 Quinta Avenida, 91). O acceso a este I Encontro de M\u00fasica Aberta (EMA) \u00e9 libre ata completar a capacidade do espazo, con inscrici\u00f3n previa a trav\u00e9s da plataforma&nbsp;<a href=\"https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/<\/a>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">No programa participar\u00e1n o artista Abraham Cupeiro, co seu singular espect\u00e1culo&nbsp;<em>Resoando no pasado<\/em>&nbsp;e cunha <em>masterclass<\/em>&nbsp;de creaci\u00f3n de instrumentos, e o d\u00fao Soleado, o novo grupo de fusi\u00f3n indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodr\u00edguez, que participar\u00e1n nun <em>showcase<\/em>&nbsp;comentado. O di\u00e1logo chegar\u00e1 da man de Laura Iturralde, que moderar\u00e1 a conversa creativa&nbsp;<em>Show Must Go On!: da teor\u00eda \u00e1 pr\u00e1ctica dos espect\u00e1culos en vivo<\/em>, xunto aos artistas Marta Verde, Teresa Tresand\u00ed e V\u00edctor Garc\u00eda Aka Death Whistle.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Antes, para darlle o pistoletazo de sa\u00edda \u00e1 iniciativa, de 07.00 a&nbsp;09.00h, ter\u00e1 lugar a retransmisi\u00f3n en aberto, con p\u00fablico en directo, do programa de referencia de Radio 3&nbsp;<em>Hoy empieza todo<\/em>, guiado pola xornalista Irene Valiente.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROGRAMA I ENCONTRO DE M\u00daSICA ABERTA DE FUNDACI\u00d3N PAIDEIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>7.00 a&nbsp;9.00h.<\/strong>&nbsp;Retransmisi\u00f3n en directo de&nbsp;<em>Hoy empieza todo<\/em>, de Radio 3, con Irene Valiente.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>9.00 a&nbsp;9.30h.<\/strong>&nbsp;Caf\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>9.30 a&nbsp;10.45h.<\/strong>&nbsp;Abraham Cupeiro:&nbsp;<em>Resoando no pasado.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><strong>10.45 a&nbsp;11.30h.<\/strong>&nbsp;Abraham Cupeiro Masterclass de construci\u00f3n de instrumentos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>11.30 a&nbsp;12.00h<\/strong>. Caf\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>12.00 a&nbsp;12.30h.<\/strong>&nbsp;Showcase comentado de Soleado.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>12.45 a&nbsp;13.50h<\/strong><strong>.<\/strong>&nbsp;<em>Show Must Go On!: da teor\u00eda \u00e1 pr\u00e1ctica dos espect\u00e1culos en vivo<\/em>: Di\u00e1logo creativo coa moderadora Laura Iturralde e a participaci\u00f3n de Marta Verde, Teresa Tresand\u00ed e V\u00edctor Garc\u00eda Aka Death Whistle.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>13.50 a&nbsp;14.00h.<\/strong>&nbsp;Peche institucional.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-gallery has-nested-images columns-default is-cropped wp-block-gallery-1 is-layout-flex wp-block-gallery-is-layout-flex\">\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Abraham-Cupeiro-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"17028\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Abraham-Cupeiro-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17028\"\/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Soleado-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"768\" height=\"1024\" data-id=\"17029\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/Soleado-768x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-17029\"\/><\/a><\/figure>\n<\/figure>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><br><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O I ENCONTRO DE M\u00daSICA ABERTA (EMA) DE FUNDACI\u00d3N PAIDEIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O I Encontro de M\u00fasica Aberta de Fundaci\u00f3n Paideia nace co obxectivo de impulsar a profesionalizaci\u00f3n da actividade musical emerxente en Galicia e de promover o talento musical emerxente do noso territorio, ademais de apoiar o potencial dos e das profesionais como axentes de transformaci\u00f3n social. O EMA busca, tam\u00e9n, favorecer a participaci\u00f3n e a expresi\u00f3n das novas figuras do sector, mellorando os seus co\u00f1ecementos profesionais e sobre a industria musical da nosa contorna e promovendo as oportunidades de di\u00e1logo de artistas noveis con axentes, promotores e outros perf\u00eds profesionais relevantes da nosa industria.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O desenvolvemento e a innovaci\u00f3n no sector da m\u00fasica emerxente en Galicia \u00e9 un dos principais valores da Fundaci\u00f3n Paideia, feito que impulsa a creaci\u00f3n deste I Encontro de M\u00fasica Aberta (EMA), que re\u00fane a figuras punteiras e reco\u00f1ecidas da industria musical, nunha aposta polo co\u00f1ecemento, o intercambio, o debate, o encontro e a reflexi\u00f3n, po\u00f1endo o foco dun xeito l\u00fadico e atractivo nas novas tendencias do sector. O EMA est\u00e1 aberto a todos os p\u00fablicos, profesionais emerxentes ou consolidados, curiosos e amantes da m\u00fasica ao vivo, que busquen descubrir ou profesionalizar os seus proxectos musicais a trav\u00e9s de ferramentas como a formaci\u00f3n, o debate e o contacto cos principais axentes da industria na actualidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O EMA xorde, tam\u00e9n, co desexo de po\u00f1er en contacto aos distintos actores e actrices da industria musical galega, coa fin de facer visible o seu labor como motores do sector. E busca, ademais, crear as condici\u00f3ns necesarias para que os proxectos musicais emerxentes te\u00f1an unha maior capacidade de profesionalizaci\u00f3n, as\u00ed como os recursos necesarios para a posta en valor do seu talento e potencial, conseguindo maior visibilidade e presenza no mercado.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE ABRAHAM CUPEIRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro \u00e9 a recuperaci\u00f3n de instrumentos perdidos no tempo, que el emprega para crear novas sonoridades e imbricalos en m\u00fasicas alleas a eles.&nbsp;Abraham Cupeiro no \u00e9 soamente un m\u00fasico, \u00e9 un verdadeiro mestre dos instrumentos, desde o corno de caza ata a zanfona, pasando polo carnyx, instrumento ancestral que Abraham reviviu nos seus concertos. A s\u00faa carreira levouno a colaborar con orquestras e artistas de renome internacional, sempre deixando unha pegada \u00fanica coa s\u00faa habilidades para combinar tradici\u00f3n e modernidade.&nbsp;Desde os escenarios m\u00e1is prestixiosos ata os recunchos m\u00e1is rec\u00f3nditos, este artista \u00fanico compartiu o seu pola m\u00fasica con audiencias de todas partes, creando experiencias sonoras inesquecibles.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Resoando no pasado<\/em>&nbsp;\u00e9 unha viaxe pola historia da humanidade a trav\u00e9s dos instrumentos. Abraham Cupeiro gu\u00edanos neste percorrido da man da s\u00faa enorme colecci\u00f3n de instrumentos milenarios. E faino con moito amor e coa pedagox\u00eda de quen co\u00f1ece os instrumentos por dentro e por f\u00f3ra como ning\u00fan outro. Porque el mesmo foi quen creou alg\u00fan dos seus propios instrumentos, como o carnyx ou o cornu, reconstru\u00eddos a partir de exemplares encontrados en Pompeya.&nbsp;<em>Resoando no pasado<\/em>&nbsp;non \u00e9 un concerto nin tampouco un mon\u00f3logo, pero Cupeiro combina aqu\u00ed elementos de m\u00fasico e contador de historias, nun espect\u00e1culo fascinante no que descubrir un pouco m\u00e1is do ser humano a trav\u00e9s das m\u00fasicas creadas ao longo dos s\u00e9culos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, o obradoiro de creaci\u00f3n de instrumentos de Abraham Cupeiro \u00e9 o sitio no que o p\u00fablico poder\u00e1 experimentar xunto ao artista na recreaci\u00f3n de instrumentos do pasado, xerando, incluso, novos instrumentos que sorprenden polas s\u00faas capacidades mel\u00f3dicas e a s\u00faa sonoridade. Este obradoiro \u00e9, sen d\u00fabida, o proxecto m\u00e1is coidado polo creador.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE SOLEADO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Soleado \u00e9 o novo grupo de fusi\u00f3n indie-folk formado polo guitarrista e compositor de Vetusta Morla Juanma Latorre e a cantante e compositora Ester Rodr\u00edguez. O seu novo sinxelo,<em>&nbsp;Los amores perros,<\/em>&nbsp;emprega unha linguaxe como de canci\u00f3n de verbena, met\u00e1foras moi relacionadas co romanceiro e a canci\u00f3n popular (a reixa, o pano, a romar\u00eda, o pan e o vi\u00f1o\u2026) que contrastan cun retrouso pop e unha base electr\u00f3nica. O tema, producido unha vez m\u00e1is por Pau Paredes, conta coa colaboraci\u00f3n das pandereteiras-cantareiras Lilaina (Aliboria).<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE&nbsp;<em>SHOW MUST GO ON!: DA TEOR\u00cdA \u00c1 PR\u00c1CTICA DOS ESPECT\u00c1CULOS EN VIVO<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este di\u00e1logo creativo \u00e9 un espazo para descubrir a arte do espect\u00e1culo a trav\u00e9s da experiencia dos seus protagonistas. Dende a creatividade ata a execuci\u00f3n, esta actividade moderada por Laura Iturralde invita ao p\u00fablico a formar parte do di\u00e1logo e da exploraci\u00f3n dos retos e acertos dos eventos en directo, cunha sesi\u00f3n pr\u00e1ctica e unha mesa redonda aberta a preguntas e ideas.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Laura Iturralde ded\u00edcase \u00e1 pl\u00e1stica esc\u00e9nica desde 2015, especializ\u00e1ndose na direcci\u00f3n de arte para espect\u00e1culos en vivo. A s\u00faa proposta art\u00edstica transforma espazos a trav\u00e9s da luz, creando atmosferas que enriquecen a narrativa dos proxectos. Colaborou con artistas ou entidades como Mercedes Pe\u00f3n, Brigitte Vasallo, Guadi Galego, Tanxugueiras, David Amor e os Centros Dram\u00e1ticos Galego e Nacional. Nos \u00faltimos anos foi merecedora de seis premios Mar\u00eda Casares, destacando a mellor escenograf\u00eda en 2018 e a mellor iluminaci\u00f3n en diversas ocasi\u00f3ns, as\u00ed como o premio nacional Rogelio de Egusquiza en 2021, no que acumula un total de dez nomeamentos nos \u00faltimos seis anos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A FUNDACI\u00d3N PAIDEIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde a s\u00faa creaci\u00f3n en 1986, a Fundaci\u00f3n Paideia Galiza ten apostado por converterse en referente na profesionalizaci\u00f3n e empregabilidade de persoas e sectores vulnerables. Na actualidade, a Fundaci\u00f3n Paideia Galiza centra a s\u00faa actividade no desenvolvemento de cinco \u00e1reas de traballo: emprendemento, formaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n, discapacidade e emprego, mocidade e mobilidade e desenvolvemento territorial.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dentro da \u00e1rea de emprendemento, vense prestando especial atenci\u00f3n \u00e1 industria musical, ofertando posibilidades de formaci\u00f3n, gravaci\u00f3n e promoci\u00f3n a bandas e solistas emerxentes galegas e galegos, encami\u00f1adas \u00e1 profesionalizaci\u00f3n da s\u00faa actividade. Para a consecuci\u00f3n deste obxectivo, a Fundaci\u00f3n Paideia Galiza organiza, de forma continuada, programas de formaci\u00f3n en emprendemento musical, xornadas de divulgaci\u00f3n, cursos,&nbsp;<em>masterclass<\/em>, actividades de titorizaci\u00f3n e mentor\u00eda, residencias art\u00edsticas, concursos e certames, que conforman un corpo de acci\u00f3ns dedicadas \u00e1 profesionalizaci\u00f3n da actividade musical emerxente en Galicia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Desde o ano 2017, Fundaci\u00f3n Paideia Galiza e a Axencia Galega de Industrias Culturais ve\u00f1en colaborando na procura e definici\u00f3n dunha pol\u00edtica cultural innovadora para a industria musical emerxente, tanto en formas como en contidos, mediante o desenvolvemento de ciclos de xornadas profesionais e outras plataformas para a promoci\u00f3n e difusi\u00f3n de proxectos musicais emerxentes.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-embed is-type-wp-embed is-provider-fundaci-n-paideia-galiza wp-block-embed-fundaci-n-paideia-galiza\"><div class=\"wp-block-embed__wrapper\">\n<blockquote class=\"wp-embedded-content\" data-secret=\"T0mGJCjkK6\"><a href=\"https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/\">ENCONTRO DE MUSICA ABERTA<\/a><\/blockquote><iframe loading=\"lazy\" class=\"wp-embedded-content\" sandbox=\"allow-scripts\" security=\"restricted\" style=\"position: absolute; clip: rect(1px, 1px, 1px, 1px);\" title=\"\u00abENCONTRO DE MUSICA ABERTA\u00bb \u2014 Fundaci\u00f3n Paideia Galiza\" src=\"https:\/\/www.paideia.es\/encontro-musica-aberta\/embed\/#?secret=0DjmUqilYW#?secret=T0mGJCjkK6\" data-secret=\"T0mGJCjkK6\" width=\"600\" height=\"338\" frameborder=\"0\" marginwidth=\"0\" marginheight=\"0\" scrolling=\"no\"><\/iframe>\n<\/div><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O EMA \u00e9 unha nova iniciativa que nace co apoio da Xunta de Galicia para sintonizar ao sector musical galego en torno a unha xornada profesional e l\u00fadica aberta a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2209,2597,2596,2599,2598],"class_list":["post-17026","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-abraham-cupeiro","tag-fundacion-paideia","tag-i-encontro-de-musica-aberta","tag-show-must-go-on-da-teoria-a-practica-dos-espectaculos-en-vivo","tag-soleado"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17026","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17026"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17026\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17031,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17026\/revisions\/17031"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17026"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17026"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17026"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}