{"id":16956,"date":"2024-10-16T21:45:42","date_gmt":"2024-10-16T20:45:42","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16956"},"modified":"2024-10-16T21:45:44","modified_gmt":"2024-10-16T20:45:44","slug":"o-pazo-da-cultura-de-carballo-acolle-este-xoves-17-a-mostra-aberta-da-residencia-paraiso-do-artista-jose-ramon-hernandez-director-artistico-de-osikan-viveiro-de-creacion-no-marco","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16956","title":{"rendered":"O Pazo da Cultura de Carballo acolle este xoves 17 a mostra aberta da \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 do artista Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez, director art\u00edstico de Osik\u00e1n &#8211; viveiro de creaci\u00f3n, no marco do FIOT"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EYILA-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EYILA-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-16957\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EYILA-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/EYILA-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Da man das Residencias Para\u00edso, impulsadas polo Colectivo RPM, o creador traballou o pasado mes de xullo en Carballo no proceso creativo do seu proxecto&nbsp;<\/strong><strong>\u2018Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo de la resistencia\u2019, co que explora a espiritualidade como potencia pol\u00edtica para a transformaci\u00f3n social<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Agora, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, este xoves, 17 de outubro, \u00e1s 20.00h, no Sal\u00f3n de Actos do Pazo da Cultura de Carballo, con acceso libre ata completar a capacidade da sala&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado polo colectivo RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Ribadavia e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O pasado mes de xullo, o artista\u00a0interdisciplinar\u00a0<strong>Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez, fundador e director art\u00edstico de Osik\u00e1n \u2013 vivero de creaci\u00f3n,\u00a0<\/strong>iniciaba en Carballo a s\u00faa andaina na oitava edici\u00f3n das\u00a0<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>,\u00a0un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo\u00a0<strong>Colectivo RPM<\/strong>. E o fac\u00eda no\u00a0<strong>Pazo da Cultura<\/strong>, do 18 ao 30 de xullo, en torno\u00a0\u00e1 s\u00faa proposta titulada\u00a0<strong><em>Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo de la resistencia<\/em><\/strong>, un proxecto de creaci\u00f3n esc\u00e9nica que explora a espiritualidade como potencia pol\u00edtica para a transformaci\u00f3n social.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Agora, ma\u00f1\u00e1\u00a0<strong>xoves, 17 de outubro, \u00e1s 20.00h<\/strong>,\u00a0<strong>Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez\u00a0<\/strong>ofrecer\u00e1 unha\u00a0<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 lugar no Sal\u00f3n de Actos do\u00a0<strong>Pazo da Cultura<\/strong>, no marco da 33\u00aa edici\u00f3n do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, con acceso libre ata completar a capacidade da sala:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><a href=\"https:\/\/fiot.gal\/programa\/eyila-ashe-ebbora\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/fiot.gal\/programa\/eyila-ashe-ebbora\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo de la resistencia<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto de creaci\u00f3n esc\u00e9nica que explora a espiritualidade como potencia pol\u00edtica para a transformaci\u00f3n social. Insp\u00edrase nos saberes subalternos das persoas afro, trans, racializadas e migrantes do sur global e os feminismos negros que se est\u00e1n producindo en Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo de la resistencia<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 a segunda investigaci\u00f3n da serie esc\u00e9nica&nbsp;<em>Opira<\/em>, iniciada en Cuba en 2019 e que prop\u00f3n explorar o cruzamento entre o corpo filos\u00f3fico yoruba, as ritualidades afrocaribe\u00f1as e as performatividades contempor\u00e1neas. Tr\u00e1tase dun exercicio de combinaci\u00f3n do espiritual e o mat\u00e9rico a partir da escoita profunda e a cr\u00edtica dos cami\u00f1os e designios que propo\u00f1en cada uns dos doce signos do dilogg\u00fan, sistema ancestral yoruba de adivi\u00f1aci\u00f3n na Regra Osha Ifa, practicada en Nixeria, Ben\u00edn, Cuba, Brasil e outros pa\u00edses do Caribe e AbyaYala, para mirar as problem\u00e1ticas das nosas sociedades contempor\u00e1neas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez<\/strong>&nbsp;(Palma Soriano, Cuba, 1988) \u00e9 un artista interdisciplinar afrocubano graduado do Instituto Superior de Arte de Cuba, fundador e director art\u00edstico de&nbsp;<strong>Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n<\/strong>. A s\u00faa pr\u00e1ctica despr\u00e1zase entre a direcci\u00f3n art\u00edstica, a dramaturxia, a coreograf\u00eda, o comisariado de artes en vivo, a instalaci\u00f3n, a performance, a educaci\u00f3n, a mediaci\u00f3n e a xesti\u00f3n cultural. A s\u00faa investigaci\u00f3n creativa pon o foco nas ritualidades afrodescendientes, a performatividade das corporaleidades perif\u00e9ricas, as materias, as espiritualidades, as memorias, as migraci\u00f3ns, as cartograf\u00edas e os desexos. Ensaia os l\u00edmites entre a ficci\u00f3n e a realidade, o traballo con documentos non ficcionais e as ferramentas do sensible para afectar e intervir procesos sociais e comunidades.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Promovido polo&nbsp;<strong>Colectivo RPM<\/strong>&nbsp;\u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013, o programa&nbsp;<strong>Residencias Para\u00edso 2024<\/strong>&nbsp;dir\u00edxese a artistas de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigaci\u00f3n ou creaci\u00f3n durante d\u00faas ou tres semanas. A iniciativa conta cun importe total de 22.000\u20ac e, neste 2024, acoller\u00e1 9 propostas en residencia \u2013cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000\u20ac (impostos inclu\u00eddos) cada unha\u2013 para favorecer as distintas fases do proxecto art\u00edstico seleccionado, desde a investigaci\u00f3n, a escritura, o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou, tam\u00e9n, as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2024, as residencias art\u00edsticas desenvolvense entre abril e outubro no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia. Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre os 203 proxectos recibidos na actual convocatoria das residencias, o Colectivo RPM seleccionou a Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela Covelo Velasco &amp; \u00c9lise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n e Furia Sotelo como \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso vai na procura de artistas de danza e artes vivas preocupadas e ocupadas polas derivas do seu tempo. Pretende fomentar a aparici\u00f3n de novos proxectos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n arredor das novas linguaxes contempor\u00e1neas, alimentando o campo de acci\u00f3n da comunidade art\u00edstica do noso territorio, tanto a que xa existe como a que est\u00e1 por chegar. Normalizar o concepto de residencia art\u00edstica resulta fundamental para o presente e o futuro das pol\u00edticas culturais en Galicia, porque significa atender e respectar o espazo e o tempo dedicado \u00e1 investigaci\u00f3n art\u00edstica, o verdadeiro xerme de todo o que vir\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O maior valor de Residencias Para\u00edso \u00e9 que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n de espazos de distinta natureza, desde teatros ou centros culturais at\u00e9 espazos non convencionais. O exercicio de di\u00e1logo entre todas as partes (impulsores, coprodutores e espazos c\u00f3mplices), dota dunha identidade singular ao programa.&nbsp;Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja ou Laila Tafur, entre moitas outras.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto&nbsp;interinstitucional&nbsp;do Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Pontevedra, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Ribadavia e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Colectivo RPM<\/strong>&nbsp;\u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mante\u00f1e un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.\u00a0Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N:&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/10\/2024.10.16.-NP-mostra-Residencia-Paraiso-Osikan-FIOT.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2024.10.16.-NP-mostra-Residencia-Paraiso-Osikan-FIOT<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Da man das Residencias Para\u00edso, impulsadas polo Colectivo RPM, o creador traballou o pasado mes de xullo en Carballo no proceso creativo do seu proxecto&nbsp;\u2018Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2135,2444,2403,2404,2405,2136],"class_list":["post-16956","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-colectivo-rpm","tag-fiot","tag-jose-ramon-hernandez","tag-osikan","tag-pazo-da-cultura-de-carballo","tag-residencias-paraiso-2024"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16956","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16956"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16956\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16959,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16956\/revisions\/16959"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16956"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16956"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16956"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}