{"id":16633,"date":"2024-09-02T22:32:36","date_gmt":"2024-09-02T21:32:36","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16633"},"modified":"2024-09-02T22:33:50","modified_gmt":"2024-09-02T21:33:50","slug":"a-artista-furia-sotelo-inicia-hoxe-a-sua-residencia-paraiso-no-pazo-da-cultura-de-naron","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16633","title":{"rendered":"A artista Furia Sotelo inicia hoxe a s\u00faa \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-full\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"2560\" height=\"1707\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-scaled.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-16634\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-scaled.jpg 2560w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-1280x854.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-1-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) and (max-width: 1280px) 1280px, (min-width: 1281px) 2560px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Desde este luns 2 e ata o venres 13 de setembro, no marco das Residencias Para\u00edso 2024, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega traballar\u00e1 na s\u00faa proposta&nbsp;<em>Sobre o extrav\u00edo ou a arte de perderse<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Tr\u00e1tase dun solo de danza no que Nuria Sotelo,&nbsp;baixo a direcci\u00f3n de Ana Vall\u00e9s,&nbsp;investiga sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero que xa est\u00e1, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Unha vez finalizada a s\u00faa residencia, a artista ofrecer\u00e1 unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 tam\u00e9n lugar no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o venres 13, \u00e1s 20.00h, con acceso libre ata completar a capacidade da sala<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado polo colectivo RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Ribadavia e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A artista\u00a0<strong>Furia Sotelo<\/strong>\u00a0inicia a s\u00faa andaina na oitava edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso 2024 este\u00a0<strong>luns, 2 de setembro<\/strong>, en Nar\u00f3n. As\u00a0<strong>Residencias Para\u00edso<\/strong>\u00a0son un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. O\u00a0<strong>Pazo da Cultura de Nar\u00f3n<\/strong>\u00a0acolle, desde hoxe e ata o\u00a0<strong>venres 13 de setembro<\/strong>, a residencia do artista en torno \u00e1 proposta a creadora galega que ten por t\u00edtulo\u00a0<strong><em>Sobre o extrav\u00edo ou a arte de perderse<\/em><\/strong>,\u00a0un solo de danza no que Nuria Sotelo, baixo a direcci\u00f3n de Ana Vall\u00e9s, investiga sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero que xa est\u00e1, sobre o olvido necesario e a arte de perder.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Unha vez finalizada a s\u00faa residencia, a artista ofrecer\u00e1 unha&nbsp;<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso<\/strong>, que ter\u00e1 lugar no mesmo Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o venres, 13 de setembro, \u00e1s 20.00h, con acceso libre ata completar a capacidade da sala. Paralelamente, Furia Sotelo participar\u00e1, xunto ao resto de \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Sobre o extrav\u00edo ou a arte de perderse<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 un solo de danza no que Nuria Sotelo, baixo a direcci\u00f3n de Ana Vall\u00e9s, investiga sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero que xa est\u00e1, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Cando o corpo fai lugar e a presenza transforma o espazo, convert\u00e9ndose en parte do mesmo, transform\u00e1ndose en obxecto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">No proceso de creaci\u00f3n de&nbsp;<strong><em>Sobre o extrav\u00edo ou a arte de perderse<\/em><\/strong>&nbsp;contar\u00e1n co dese\u00f1o de iluminaci\u00f3n de Laura Iturralde e a composici\u00f3n sonora de Camille Hedouin, para xerar unha suspensi\u00f3n de tempo e espazo, rompendo as\u00ed a sensaci\u00f3n do tempo lineal, na que incorporar o movemento dun corpo brando, coa lixeireza dun corpo disposto \u00e1 danza, coa naturalidade coti\u00e1 do cami\u00f1ar, lavarse as mans ou preparar unha cafeteira.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-2-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"200\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/Furia-Sotelo-2-200x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-16635\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><strong>SOBRE FURIA SOTELO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A compa\u00f1\u00eda Licenciada Sotelo aparece en 2010 coa presentaci\u00f3n de Nuria dirixida por Ana Vall\u00e9s coa obra&nbsp;<em>M\u00e9tanse nos seus asuntos<\/em>. A partir dese momento,&nbsp;<strong>Licenciada Sotelo<\/strong>, co corpo e o movemento como centro, cami\u00f1a en busca dunha linguaxe esc\u00e9nica ecl\u00e9ctica e multidisciplinar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Licenciada Sotelo produce diversas pezas que se puideron ver en redes de teatros auton\u00f3micas e festivais nacionais e internacionais. No 2016 recibe o premio da 30\u00aa edici\u00f3n do Certame Coreogr\u00e1fico de Madrid pola s\u00faa obra&nbsp;<em>Ensaio amor<\/em>&nbsp;e, co seu pen\u00faltimo espect\u00e1culo de sala&nbsp;<em>Mortais e vulnerables<\/em>, a compa\u00f1\u00eda pasa a chamarse&nbsp;<strong>Furia Sotelo<\/strong>.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Nuria Sotelo<\/strong>&nbsp;\u00e9 veterinaria conversa, bailarina, core\u00f3grafa, fundadora e directora art\u00edstica da compa\u00f1\u00eda de danza-teatro Furia Sotelo, directora do Espazo de danza do Campus de Ourense UV, docente no eido do movemento, traballadora no \u00e1mbito social das artes, impulsora e coordinadora do espazo de creaci\u00f3n art\u00edstica e acci\u00f3n social no rural A Casa Vella. No seu af\u00e1n por colaborar co desenvolvemento art\u00edstico do territorio, centrou o seu traballo en Galicia, traballando como int\u00e9rprete en diferentes compa\u00f1\u00edas de danza e de teatro, e realiza encargos e colaboraci\u00f3ns puntuais como core\u00f3grafa para diferentes artistas, compa\u00f1\u00edas e eventos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Ana Vall\u00e9s<\/strong>&nbsp;\u00e9 cofundadora da compa\u00f1\u00eda Matarile Teatro (1986), na que dirixiu m\u00e1is de 30 montaxes. O \u00faltimo,&nbsp;<em>FR\u00c1XIL Handle With care<\/em>, 3\u00aa parte da&nbsp;<em>Trilox\u00eda da fraxilidade<\/em>, foi estreado en 2023 en coproduci\u00f3n co Teatro Espa\u00f1ol e o CDG. O seu traballo visual foi exposto tanto individualmente como en exposici\u00f3ns colectivas en Uruguai, Italia, Per\u00fa, Espa\u00f1a e Bulgaria.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Promovido polo&nbsp;<strong>Colectivo RPM<\/strong>&nbsp;\u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013, o programa&nbsp;<strong>Residencias Para\u00edso 2024<\/strong>&nbsp;dir\u00edxese a artistas de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigaci\u00f3n ou creaci\u00f3n durante d\u00faas ou tres semanas. A iniciativa conta cun importe total de 22.000\u20ac e, neste 2024, acoller\u00e1 9 propostas en residencia \u2013cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000\u20ac (impostos inclu\u00eddos) cada unha\u2013 para favorecer as distintas fases do proxecto art\u00edstico seleccionado, desde a investigaci\u00f3n, a escritura, o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou, tam\u00e9n, as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2024, as residencias art\u00edsticas desenv\u00f3lvense entre abril e outubro no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia. Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre os 203 proxectos recibidos na actual convocatoria das residencias, o Colectivo RPM seleccionou a Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela Covelo Velasco &amp; \u00c9lise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n e Furia Sotelo como \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso vai na procura de artistas de danza e artes vivas preocupadas e ocupadas polas derivas do seu tempo. Pretende fomentar a aparici\u00f3n de novos proxectos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n arredor das novas linguaxes contempor\u00e1neas, alimentando o campo de acci\u00f3n da comunidade art\u00edstica do noso territorio, tanto a que xa existe como a que est\u00e1 por chegar. Normalizar o concepto de residencia art\u00edstica resulta fundamental para o presente e o futuro das pol\u00edticas culturais en Galicia, porque significa atender e respectar o espazo e o tempo dedicado \u00e1 investigaci\u00f3n art\u00edstica, o verdadeiro xerme de todo o que vir\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O maior valor de Residencias Para\u00edso \u00e9 que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n de espazos de distinta natureza, desde teatros ou centros culturais at\u00e9 espazos non convencionais. O exercicio de di\u00e1logo entre todas as partes (impulsores, coprodutores e espazos c\u00f3mplices), dota dunha identidade singular ao programa.&nbsp;Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja ou Laila Tafur, entre moitas outras.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto&nbsp;interinstitucional&nbsp;do Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Pontevedra, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Ribadavia e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Colectivo RPM<\/strong>&nbsp;\u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mante\u00f1e un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.&nbsp;Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N:<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal\/<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/09\/2024.09.02.-NP-Residencia-Paraiso-Furia-Sotelo-Naron.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2024.09.02.-NP-Residencia-Paraiso-Furia-Sotelo-Naron<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde este luns 2 e ata o venres 13 de setembro, no marco das Residencias Para\u00edso 2024, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega traballar\u00e1 na s\u00faa proposta&nbsp;Sobre o extrav\u00edo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2135,2457,2182,2136,2486],"class_list":["post-16633","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-colectivo-rpm","tag-furia-sotelo","tag-pazo-da-cultura-de-naron","tag-residencias-paraiso-2024","tag-sobre-o-extravio-ou-a-arte-de-perderse"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16633","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16633"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16633\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16638,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16633\/revisions\/16638"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16633"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16633"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16633"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}