{"id":16564,"date":"2024-08-16T10:00:00","date_gmt":"2024-08-16T09:00:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16564"},"modified":"2024-08-15T23:54:07","modified_gmt":"2024-08-15T22:54:07","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-de-viaxes-e-lembranzas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16564","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. DE VIAXES E LEMBRANZAS"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:22px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>DE VIAXES E LEMBRANZAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Non cabe d\u00fabida de que cada persoa \u00e9 un mundo. Hai quen non fai m\u00e1is que viaxar de aqu\u00ed para acol\u00e1, percorrendo lugares e cidades dos cinco continentes, mentres outros apenas saen do seu lugar de nacemento. Este \u00faltimo \u00e9 o caso dun parente meu, que s\u00f3 fixo tres viaxes: a primeira de l\u00faa de mel a Lugo, a segunda a A Coru\u00f1a, obrigado a cumprir o servizo militar, e a terceira para visitarme en A Veiga.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Outros am\u00f3sanse fachendosos, alardeando de co\u00f1ecer moito mundo, como Eduard\u00edn de Matos, \u201cque en padestea\u201d. As d\u00faas viaxes m\u00e1is longas que fixo foron a Mansilla de las Mulas no cami\u00f3n de Rosendo a por palla para o gando e a Pontevedra para pasar dous anos servindo \u00e1 patria. Viaxes que se encargaba de narrar unha e outra vez.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E fac\u00eda ben en presumir delas, porque eu, que a\u00ednda me movo algo polo mundo, non co\u00f1ezo Mansilla de las Mulas, o cal \u2014xa o contei algunhavez\u2014 \u00e9 algo que me fai perder o sono. Casualmente, haber\u00e1 un mes estiven moi preto, en Villab\u00farbula, a aldea dun amigo fil\u00f3sofo (dos fil\u00f3sofos e dos mosquitos de ver\u00e1n, c\u00f3idate, nalg\u00fan momento hanche amargar o d\u00eda). Falamos de ir comer a Mansilla, pero ao final a maior\u00eda dos presentes optou por ir a Le\u00f3n. Meu gozo nun pozo!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Por certo, este amigo meu, \u00e1 parte de facerse preguntas unha e outra vez, \u00e9 un crack. Cando foi da pandemia, perdeu, por desgraza, ao seu pai. Como cura contra o acontecido e como non pod\u00eda sa\u00edr, decidiu reconstru\u00edr a casa vella paterna, sen coller nunca na s\u00faa vida un pico e unha pala. E p\u00faxose mans \u00e1 obra. Ao principio aproveitando o encerro e despois, fins de semana e vacaci\u00f3ns. Agora xa a ten case rematada, tanto por dentro como por f\u00f3ra. E todo el so\u00ed\u00f1o, menos o tellado, que encargou a un experto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando entras na s\u00faa casa, o primeiro que che chama a atenci\u00f3n \u00e9 o cheiro a madeira acabada de cortar, mesturado co aroma de flores. Cada recuncho da casa conta unha historia, pois moitos dos mobles est\u00e1n feitos a base de material reciclado, que outrora cumprira outra funci\u00f3n e cada sensaci\u00f3n \u00e9 un recordo vivo do esforzo e a dedicaci\u00f3n do meu amigo. Ao percorrer os seus cuartos e corredores, \u00e9 como se estiveses viaxando ao pasado; sensaci\u00f3n reforzada por as diferentes fotograf\u00edas que vas<br>atopando penduradas das paredes. Cada obxecto, cada moble, cada imaxe\u2026 contan unha historia, unha parte da vida que se desvaneceu co tempo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Eduard\u00edn de Matos, o home que percorreu medio mundo, desde Pontevedra a Mansilla, atopar\u00edase feliz na compa\u00f1a do amigo fil\u00f3sofo, xa que era moi aquelado. Non s\u00f3 coidaba do seu gando, sen\u00f3n que tam\u00e9n boa parte da s\u00faa casa foi arranxada coas s\u00faas habilidosas mans.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O meu parente, Eduard\u00edn, o amigo fil\u00f3sofo, tres xeitos diferentes de viaxar. E logo estou eu, que nunca fun a Mansilla de las Mulas. Ben, minto, pasei unha vez, por unha confusi\u00f3n (para os que me co\u00f1ecen, algo moi habitual en min). Pero foi como se non fose, porque non parei. Ti\u00f1a que estar ao mediod\u00eda en Salda\u00f1a, que me agardaba unha comida familiar,amenizada coa m\u00fasica duns gaiteiros, que malia ser palentinos, tocaban de vicio a gaita galega.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a DE VIAXES E LEMBRANZAS Non cabe d\u00fabida de que cada persoa \u00e9 un mundo. Hai quen non fai m\u00e1is que viaxar de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,2464,975,993],"class_list":["post-16564","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-de-viaxes-e-lembranzas","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16564","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16564"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16564\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16565,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16564\/revisions\/16565"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16564"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16564"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16564"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}