{"id":16337,"date":"2024-07-07T17:31:28","date_gmt":"2024-07-07T16:31:28","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16337"},"modified":"2024-07-07T17:31:31","modified_gmt":"2024-07-07T16:31:31","slug":"o-rabelo-e-nenaza-meiga-i-e-morreo-chegan-este-luns-8-de-xullo-ao-atlantic-pride","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16337","title":{"rendered":"O Rabelo e Nenaza, Meiga-I e Morreo chegan este luns, 8 de xullo, ao Atlantic Pride"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/Promo-Morreo-Mambo-2-by-Sharon-Lopez-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/Promo-Morreo-Mambo-2-by-Sharon-Lopez-1024x682.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-16338\" style=\"width:783px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/Promo-Morreo-Mambo-2-by-Sharon-Lopez-980x652.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/Promo-Morreo-Mambo-2-by-Sharon-Lopez-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A Praza de Pontevedra ser\u00e1 testemu\u00f1a, de 20.00 a&nbsp;00.30h, da segunda sesi\u00f3n de directos do festival, co dj S.Alma ao cargo dos pratos que animar\u00e1n as pinchadas da xornada<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Meiga-I ofrecer\u00e1 un percorrido pola memoria LGTB+ galega, para co\u00f1ecer a historia diversa da nosa terra, a trav\u00e9s de mon\u00f3logos, percusi\u00f3n tradicional e canto en directo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Rabelo e Nenaza far\u00e1n bailar ao p\u00fablico coa s\u00faa mestura de m\u00fasica tradicional galega con ritmos como o reguet\u00f3n, o tecno, o neoperreo e o funk favela, mentres que Morreo\u00a0presentar\u00e1 o seu cat\u00e1logo sinest\u00e9sico de pop iberoamericano corido e luminoso<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este luns, 8 de xullo, o <a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Atlantic Pride<\/a> da Coru\u00f1a estrea o escenario da Praza de Pontevedra para celebrar a s\u00faa segunda xornada de directos, da man de O Rabelo e Nenaza, Meiga-I e Morreo, mentres que as pinchadas aos pratos correr\u00e1n a cargo do dj S.Alma.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Meiga-I ofrecer\u00e1 un percorrido pola memoria LGTB+ galega, para co\u00f1ecer a historia diversa da nosa terra, a trav\u00e9s de mon\u00f3logos, percusi\u00f3n tradicional e canto en directo.&nbsp;Pola s\u00faa banda, O Rabelo e Nenaza convidar\u00e1n ao p\u00fablico a non deixar de bailar coa s\u00faa proposta conxunta, que mestura a m\u00fasica tradicional galega con ritmos como o reguet\u00f3n, o tecno, o neoperreo e o funk favela<em>.&nbsp;<\/em>Finalmente,Morreo destilar\u00e1 hedonismo e xuventude sobre o escenario, para presentar o seu cat\u00e1logo sinest\u00e9sico de pop iberoamericano corido e luminoso, cargado de baixos tropicais, referencias castizas e riffs de teclados ca\u00f1\u00eds.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Luns, 8 de xullo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><em>Praza de Pontevedra<\/em><\/p>\n\n\n\n<p>(20.00 a&nbsp;00.30h)<\/p>\n\n\n\n<p>20.00h&nbsp;S.Alma<\/p>\n\n\n\n<p>21.00h&nbsp;O Rabelo e Nenaza<\/p>\n\n\n\n<p>22.00h&nbsp;Meiga-I&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>22.30h&nbsp;Morreo&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>23.30h&nbsp;S.Alma<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O RABELO E NENAZA<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Rabelo \u00e9 un animal humano que gusta de xogar, estar \u201ctranqui\u201d e rir. \u00c9 antifascista, transfeminista, anarquista a favor da tenrura, os coidados e a violencia reactiva. Nos seus concertos fai m\u00fasica ao xeito en que se fac\u00edan as festas de antes, as r\u00faas, mesturando a m\u00fasica tradicional galega con x\u00e9neros como o reguet\u00f3n ou o tecno, para convidar \u00e1 xente a bailar. Xoga coa identidade a trav\u00e9s da arte esc\u00e9nica para cuestionar o que \u00e9 normal e o que facemos co malestar. Explora a mitolox\u00eda, a marxinalidade e o normativo a trav\u00e9s da mestura e das expresi\u00f3ns art\u00edsticas. Da obradoiros de regueifa, fai charlas e debates en centros de ensino e desenvolveu proxectos art\u00edsticos arredor da escrita e a m\u00fasica, con publicaci\u00f3ns como&nbsp;<em>El libro de Iarnal,<\/em>&nbsp;<em>Tenruras e raivas<\/em>,&nbsp;<em>Betadine<\/em>&nbsp;ou os discos Suor e&nbsp;<em>Silva<\/em>, entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nenaza \u00e9 unha artista drag galega que reivindica a feminidade a trav\u00e9s do imaxinario da mitolox\u00eda galega. \u00c9 un ser fant\u00e1stico que mestura o et\u00e9reo e protector das fadas cun mundo escuro, violento e punk, froito das violencias exercidas sobre as persoas que viven o x\u00e9nero de forma feminina. Na s\u00faa&nbsp;<em>performance<\/em>&nbsp;utiliza o corpo, o movemento e o son. M\u00e1is al\u00f3 do seu proxecto performativo, en 2022 comeza a s\u00faa carreira como DJ mesturando ritmos de neoperreo e funk favela con electr\u00f3nica e&nbsp;<em>deconstructed<\/em>, trallando en festas e clubs, ademais de en galer\u00edas de arte e museos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>MEIGA-I<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Meiga-i \u00e9 unha personaxe perform\u00e1tica resultado da mistura do folk galego coa linguaxe drag para crear unha aut\u00e9ntica fantas\u00eda galega. No seu mon\u00f3logo musical, a drag pandereteira conta e canta a historia de liberaci\u00f3n dunha coitada criatura que padece de posesi\u00f3ns folcl\u00f3ricas. A trav\u00e9s de mon\u00f3logo, percusi\u00f3n tradicional e canto en directo, ademais de interactuar e divertir, intenta divulgar co seu exemplo e, se consegue facer reflexionar, marcha content\u00edsima.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A s\u00faa fantas\u00eda amosa unha creaci\u00f3n que non esquece a simbolox\u00eda e a tradici\u00f3n propias, con mensaxe e vocaci\u00f3n contempor\u00e1nea contra o \u201ccosmopaletismo\u201d e as marmuradoras. Meiga-I reinterpreta ao seu xeito e introduce na s\u00faa narraci\u00f3n m\u00fasica pop, tradicional e fusi\u00f3n galega. Mesturando alegr\u00eda e seriedade, a artista percorre temas como o autodescubrimento, o legado das cantareiras, os prexu\u00edzos, a empat\u00eda, a amizade, a historia diversa&#8230; Actualmente, a s\u00faa fantas\u00eda est\u00e1 en proceso de facerse m\u00fasica nun EP de ritmos tradicionais, electr\u00f3nicos e optimistas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>MORREO&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Morreo iniciaban a s\u00faa andaina musical e sentimental en 2019 tras co\u00f1ecerse nunha cita de Tinder. En pandemia compuxeron os 11 temas de Fiesta Nacional, un debut co que se fixeron un oco en medios como El Pa\u00eds, RTVE ou Jenesaispop e visitaron festivais como o Low ou o Contempopr\u00e1nea. Alz\u00e1ronse co prestixioso Premio Rock Villa de Madrid e foron seleccionados para actuar na canle de YouTube dos Grammy.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Con dous discos \u00e1s s\u00faas costas, p\u00f3dese dicir que Morreo reinventouse co seu novo \u00e1lbum,&nbsp;<em>Alegr\u00eda<\/em>&nbsp;(2023), un espertar da xuventude e o hedonismo, cargado de baixos tropicais, referencias castizas e riffs de teclados ca\u00f1\u00eds. Pero, tam\u00e9n, sons lo-fi rom\u00e1nticos, rumbas disco,&nbsp;<em>samples<\/em>&nbsp;e letras cheas de costumismo e alegr\u00eda. Un cat\u00e1logo de pop iberoamericano corido e luminoso.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O ATLANTIC PRIDE 2024<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre o 7 e o 14 de xullo, A Coru\u00f1a volver\u00e1 ser a sede do \u2018Orgullo do Norte\u2019 para celebrar a quinta edici\u00f3n do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival prop\u00f3n oito xornadas de m\u00fasica e celebraci\u00f3n ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular.&nbsp;O Atlantic Pride est\u00e1 impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a, co apoio da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e o patrocinio principal de Estrella Galicia, Coru\u00f1a The Style Outlets e Globalgrafic.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Na s\u00faa quinta edici\u00f3n, est\u00e1 confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Nebulossa, Rosa L\u00f3pez, Las Ketchup e Luc\u00eda P\u00e9rez, xunto a figuras que pisan forte na nova escena galega, como Mondra, Sila L\u00faa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo. Na festa deste \u2018Orgullo do Norte\u2019 non faltar\u00e1n, tampouco, as voces de grandes divas como Chanel, Luna Ki e Supremme de Luxe, ademais das drags Nomi Bull, Cloe Savage e Meiga-I.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">No cartel deste Atlantic Pride 2024 destacan tam\u00e9n nomes como os de Nena Daconte, Shego, Morreo, Ra\u00fal, Selena Leo, Eris MacKenzie e Filloas. O grupo Vengaboys ser\u00e1 o encargado de po\u00f1er o acento internacional ao festival, mentres que as pinchadas correr\u00e1n a cargo dos dj\u2019s EME DJ, S.Alma, La Suprema, D-Lemma,\u00a0DJ90, DJ Licho, Roi Porto, La Eterna e DJ Flashback. O festival contar\u00e1, tam\u00e9n, coa actuaci\u00f3n especial do Coro \u201cCores\u201d. Na web\u00a0<a href=\"http:\/\/www.atlanticpride.es\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">www.atlanticpride.es<\/a>\u00a0\u00e9 posible consultar o calendario e a informaci\u00f3n pr\u00e1ctica desta quinta edici\u00f3n do festival.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Atlantic Pride nace na Coru\u00f1a no ano 2019 coa vontade de situar \u00e1 cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras. Tr\u00e1tase dun festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social do noroeste.\u00a0Na s\u00faa pasada edici\u00f3n, en 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar m\u00e1is de 40.000 espectadores, marca que a cita se prop\u00f3n bater este ano.\u00a0<br><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/20240707-NP-luns-8-Atlantic-Pride.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20240707-NP-luns-8-Atlantic-Pride<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Praza de Pontevedra ser\u00e1 testemu\u00f1a, de 20.00 a&nbsp;00.30h, da segunda sesi\u00f3n de directos do festival, co dj S.Alma ao cargo dos pratos que animar\u00e1n as pinchadas da xornada Meiga-I [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2059,2304,2326,2061],"class_list":["post-16337","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-atlantic-pride-2024","tag-meiga-i","tag-morreo","tag-o-rabelo-e-nenaza"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16337","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16337"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16337\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16340,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16337\/revisions\/16340"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16337"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16337"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16337"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}