{"id":16321,"date":"2024-07-05T15:45:58","date_gmt":"2024-07-05T14:45:58","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16321"},"modified":"2024-07-05T15:46:53","modified_gmt":"2024-07-05T14:46:53","slug":"demiurxia-escritora-galega-e-nova-busca-que-a-exploten-laboralmente-patricia-torrado-queiruga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16321","title":{"rendered":"DEMIURXIA. \u201cEscritora galega e nova busca que a exploten laboralmente?\u201d Patricia Torrado Queiruga"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/IMG_2354.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"824\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/IMG_2354-1024x824.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-16322\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/IMG_2354-1024x824.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/IMG_2354-980x788.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/IMG_2354-480x386.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"217\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2-217x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7783\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p style=\"font-size:25px\"><strong><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/colaboracions\/demiurxia\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">DEMIURXIA<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-medium-font-size\"><em><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/es-es.facebook.com\/patricia.torradoqueiruga\" target=\"_blank\">Patricia Torrado Queiruga<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:18px\"><strong><strong>Escritora galega e nova busca que a exploten laboralmente?<\/strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br>Poder\u00eda ser un anuncio por palabras nunha p\u00e1xina de diario de tiraxe nacional.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u00c1s veces unha non ten m\u00e1is que tomar distancia, ou non, para ver se as cousas arrefr\u00edan, por ver se se mitiga a vea cr\u00edtica, pero&#8230; hai cousas das que se non se fala \u00e9 como se non acontecesen e hai que falar, ou polo menos, escribir.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A dous d\u00edas do 8M, un centro catal\u00e1n, que recibe subvenci\u00f3ns galegas, rulaba a seguinte mensaxe de mans dunha muller: \u201cBo d\u00eda, co\u00f1eces a algunha escritora nova que queira vir facer Sant Jordi a Barcelona, pagando ela o desprazamento e n\u00f3s pagamos unha noite de hostal? Poder\u00e1 vender libros nas Ramblas, diante do Centro Galego o d\u00eda de Sant Jordi. Confirma\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Vale, partamos de que o \u201cconvite\u201d v\u00e9n dunha persoa en particular, que est\u00e1 curiosamente na directiva do centro, e digo eu, non \u00e9 algu\u00e9n que representa a toda a entidade?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A nova pescounos co p\u00e9 cambiado, as mans na cabeza e unha morea de improperios no bico. Era posible tal mensaxe? Era posible tal atropelo, tal fachenda \u00e1 hora de expor un m\u00e9todo de explotaci\u00f3n e que esa mensaxe levase palabras como \u201cescritorA\u201d e \u201cnovA\u201d? Que se sup\u00f3n, que as escritoras novas non comen, non te\u00f1en facturas que pagar, que, adem\u00e1is de cobrar con sorte un 10% das vendas das s\u00faas obras, te\u00f1en que ir vendelas de sol a sol, te\u00f1en que pagar as s\u00faas dietas noutra comunidade cando queren promocionar a s\u00faa obra e, por riba, te\u00f1en que dar grazas de que lle po\u00f1an un cuarto nunha pensi\u00f3n?<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Fagamos contas: un voo ida e volta a Barcelona a poucas semanas de Sant Jordi, m\u00e1is transporte, m\u00e1is dietas, m\u00e1is grazas que che van po\u00f1er unha mesa para que vendas os teus libros, m\u00e1is carrexa os teus libros a poucos que queiras vender, m\u00e1is grazas que che po\u00f1en unha cadeira tam\u00e9n, e con sorte un parasol= vendiches cinco libros, dos que carrexaches trinta, mellor dito, dos que facturaches trinta porque a pouco que pesen e a pouco que levases, non van en equipaxe de man, ale! M\u00e1is gastos! E os billetes 180\u20ac, a manduca 50\u20ac, e o que lle ga\u00f1aches aos libros,&#8230; con sorte 10\u20ac. Se vives en Barcelona, pois igual non che importar\u00eda ir, pero se tes que ir dende Galiza, pois case que mellor que quedes na casa, non? Onde queda o prestixio como autoras, onde queda o prestixio do sistema literario galego? N\u00f3s far\u00edamoslle iso a unha escritora catal\u00e1? Dir\u00edamoslle v\u00e9n pola cara, vas po\u00f1er ti o material, o traballo e o transporte, n\u00f3s pag\u00e1mosche unha noite no hostal\u00a0 m\u00e1is achegado ao concello que propablemente nos custe uns 50\u20ac sen almorzo? Non, verdade, pois igual de rid\u00edculo e obsceno soa que sexa do rev\u00e9s.\u00a0 Preguntemos por a\u00ed, canto cobran xs autorxs que ve\u00f1en ao Poetas Dinversos da Coru\u00f1a? Ou ve\u00f1en polo caldo? Coido que non.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Po\u00f1amos tam\u00e9n negro sobre branco, segundo a resoluci\u00f3n do 2 de novembro de 2023 a Secretar\u00eda Xeral da Emigraci\u00f3n resolv\u00eda que se lle concedera entre outras entidades ao Centro Galego de Barcelona 9855\u20ac en calidade de axuda para obras, adquisici\u00f3n de instalaci\u00f3ns e conservaci\u00f3n do patrimonio cultural. \u00c9 pois a literatura galega un patrimonio cultural ou non o \u00e9? De selo, a ver se se vai notando un pouco en que se gastan os nosos cartos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Se a isto lle sumamos que as axudas de mans da Xunta de Galicia \u00e1 edici\u00f3n en galego e ao sector literario en xeral son exiguas ou case inexistentes, diremos que somos resistencia malia a todo, pero unha cousa \u00e9 ser resistencia e outra moi diferente \u00e9 transixir coa explotaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DEMIURXIA Patricia Torrado Queiruga Escritora galega e nova busca que a exploten laboralmente? Poder\u00eda ser un anuncio por palabras nunha p\u00e1xina de diario de tiraxe nacional. \u00c1s veces unha non [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":40,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,967,7,1029,129,1],"tags":[1030,2393,792],"class_list":["post-16321","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-demiurxia","category-literaria","category-xeral","tag-demiurxia","tag-escritora-galega-e-nova-busca-que-a-exploten-laboralmente","tag-patricia-torrado-queiruga"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16321","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/40"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16321"}],"version-history":[{"count":5,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16321\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16328,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16321\/revisions\/16328"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16321"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16321"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16321"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}