{"id":16014,"date":"2024-06-08T12:51:47","date_gmt":"2024-06-08T11:51:47","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16014"},"modified":"2024-06-08T12:51:51","modified_gmt":"2024-06-08T11:51:51","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-alasca","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=16014","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. ALASCA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:25px\"><strong>ALASCA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Creo que xa llo contei outra vez, doutor. O meu alcume &nbsp;non lle v\u00e9n polo estado de USA, nin pola cantante. De feito \u00e9 Alasca con \u201cc\u201d e non con \u201cK\u201d. &nbsp;Foille cousa de Dar\u00edo, e rem\u00f3ntase a cando \u00edamos en primaria. O se\u00f1or cura, que nos impart\u00eda doutrina cat\u00f3lica, decidiu formar un coro para as misas. Eu estaba moi animada, admiraba moito a Marta S\u00e1nchez e so\u00f1aba con ser de maior cantante. Ti\u00f1a todos os discos de \u201cOl\u00e9 Ol\u00e9\u201d e na casa sempre estaba cantando&nbsp;\u2014ben, cantar \u00e9 un dicir, xa ver\u00e1 por que\u2014temas como \u201cNo controles\u201d, \u201cLili Marlene\u201d ou \u201cVoy a mil\u201d. As\u00ed que me apuntei ao coro e resultou ser un desastre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao segundo d\u00eda, D. Remixio d\u00edxome: &nbsp;\u201cMira Elisa, o teu non \u00e9 o canto, polo que \u00e9 mellor que de agora en diante est\u00e9s caladi\u00f1a. Podes seguir no coro, pero s\u00f3 movendo os labios, facendo coma se cantases\u201d. Asist\u00edn a dous ensaios m\u00e1is, pero sentinme tan mal que abandonei, humillada e avergonzada- O \u00fanico consolo veu de Dar\u00edo, que acheg\u00e1ndose a min dixo:&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Non fiques triste, Alasca; vales m\u00e1is ca todas as rapazas da vila.<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Oes, e por que me chamas Alasca?&nbsp;\u2014pregunteille<\/p>\n\n\n\n<p>\u2014Pensa no teu nome e apelidos, e daraste conta\u2014&nbsp;contestoume.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E ao intre decateime; por suposto non ti\u00f1a nada que ver con Alaska. (Amaia Lasarte Carreira:Alasca). O meu pai \u00e9 de Zumaia, de a\u00ed o meu nome e o primeiro apelido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Coitado de Dar\u00edo, canto me quer\u00eda! E como lle te\u00f1o xa contado, D. Paulino, desde aquela fix\u00e9monos inseparables, ata converterse o noso, xa de adolescentes, nunha relaci\u00f3n de parella que durou m\u00e1is de dez anos. Que dedos, doutor, os daquel mozo, e que lingua. Como lle gustaba xogar co meu cl\u00edtoris, que acababa por po\u00f1ermo duro como ningu\u00e9n o consegu\u00eda; ben, se exceptuamos a Sofia. A\u00ednda hoxe con s\u00f3 lembrarme me corro, doutor. Estabamos no auxe da xuventude e xa se sabe, fod\u00edamos en calquera momento e lugar. Tempos aqueles, divina xuventude!<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Despois aparecer\u00eda Sof\u00eda nas nosas vidas. Ao principio foinos moi ben. Entendi\u00e1monos os tres a perfecci\u00f3n e sen asomo de celos. Cantas veces me te\u00f1o ido, simplemente vendo como lla met\u00eda a Sof\u00eda mentres, m\u00f3bil en man, os gravaba. A\u00ednda conservo alg\u00fans v\u00eddeos. Ben o sabe, D. Paulino, pois xa os temos visto xuntos e ben que lle agradan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero, a\u00ednda ben non sei por que, ser\u00eda a rutina de tantos anos, comecei a cansarme de Dar\u00edo, ao tempo que cada vez me tiraba m\u00e1is a cona de Sof\u00eda. Acabamos por romper e quedar as d\u00faas soas. Sof\u00eda non era s\u00f3 a mi\u00f1a amante, sen\u00f3n que tam\u00e9n era a mi\u00f1a xefa; a dona de \u201cAsesoraGest\u201d. Foron anos marabillosos, pero todo o bo ten un fin. Nos \u00faltimos meses a cousa non pintaba nada ben. Eu cada vez estaba peor, totalmente dominada polo alcohol e sobre todo pola coca. Sof\u00eda non cesaba de rifarme e eu non soamente non lle fac\u00eda caso, sen\u00f3n que me r\u00eda na s\u00faa cara. \u201c Vas acabar mal, nena. Non podes seguir as\u00ed. E xa non \u00e9 s\u00f3 por ti, \u00e9 tam\u00e9n por min. Eu non aguanto m\u00e1is e calquera d\u00eda destes m\u00e1ndote \u00e1 merda\u201d, adoitaba dicirme, d\u00eda si e d\u00eda tam\u00e9n. E acabou por estourar todo dun xeito inusitado, unha ma\u00f1\u00e1 de principios de xu\u00f1o. E todo por culpa daquel cliente, un italiano de N\u00e1poles que ti\u00f1a unha casa rural pola Ribeira Sacra. Que bo estaba o cabr\u00f3n! Mentres lle cubr\u00eda uns impresos comezou achegarse a min, solermeiro, coma quen non quere a cousa, e non puiden resistirme. \u00cda tempo que non probaba un mango, desde que deixara a Dar\u00edo, case dous anos, as\u00ed que o agarrei pola man e leveino ao ba\u00f1o. Se lle conto, doutor. Nunca tan ben me sentou un \u201cpolvo\u201d como aquel; nunca, doutor, x\u00farollo. Nin con Dar\u00edo nin con Sof\u00eda me sucedeu cousa igual e mire que te\u00f1o gozado ben. Con s\u00f3 pensalo, humed\u00e9censeme as bragas, mi madri\u00f1a! E xusto cando estabamos sa\u00edndo do ni\u00f1o de amor, entra Rosa, que vi\u00f1a de tomar o caf\u00e9 e c\u00e1zanos a medio vestir, acabando de arranxarnos. Non dixo nada, pero pola cara que puxo fun consciente de que o noso tocara ao seu fin. Agardou que marchara o cliente, e dirix\u00edndose a min nun ton serio e seco sentenciou:<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u2014Podes marchar tomar o caf\u00e9 e non volvas m\u00e1is. Esta tarde ou ma\u00f1\u00e1 vou polo piso, recollo as mi\u00f1as cousas e marcho para xunto os meus pais. Para a semana o luns ou o martes pasas por aqu\u00ed a recoller o finiquito.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E da noite para a ma\u00f1\u00e1 quedei sen \u201ccurro\u201d. Un ano de paro e enganchada \u00e1 droga coma nunca, agora con m\u00e1is motivo, pois atop\u00e1bame moi soa e deprimida. Foi ent\u00f3n cando a mi\u00f1a veci\u00f1a Luisa me botou unha man. Ben deitei dela, D. Paulino, que boa muller lle \u00e9. Mais como o asunto cada vez \u00eda a peor, acabou convenc\u00e9ndome de ingresar nesta s\u00faa cl\u00ednica, doutor, que tan boa fama ten.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ai!, D. Paulino, non sexa malo, que me est\u00e1 po\u00f1endo coma unha moto. A\u00ednda vai entrar dun momento a outro unha enfermeira e a que se pode armar; non me vaia pasar coma con aquel cliente. Que vergo\u00f1a, doutor! Pero siga, siga. Xa que empezou. Cada d\u00eda que pasa g\u00fastame m\u00e1is o novo m\u00e9todo que decidiu aplicarme desde que se esqueceu de Freud e de toda esa mandanga. Abof\u00e9, que &nbsp;a este paso, pronto vou estar curada. Xa deixei os \u201cgin tonic\u201d e case non consumo coca. Cando estea ben, vai ter que facerme un oqui\u00f1o na s\u00faa cl\u00ednica, de auxiliar, ou secretaria, do que vostede considere. Pero siga, doutor, non nota que duras se me est\u00e1n po\u00f1endo as tetas. Siga, siga&#8230;, non se corte, que o est\u00e1 facendo moi ben. Ai!, doutor, ben deito de vostede. Que ser\u00eda de min sen o seu consolo e sen as s\u00faas mans tan delicadas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a ALASCA Creo que xa llo contei outra vez, doutor. O meu alcume &nbsp;non lle v\u00e9n polo estado de USA, nin pola cantante. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[2302,976,975,993],"class_list":["post-16014","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-alasca","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16014","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=16014"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16014\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16015,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/16014\/revisions\/16015"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=16014"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=16014"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=16014"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}