{"id":15933,"date":"2024-05-22T19:17:53","date_gmt":"2024-05-22T18:17:53","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15933"},"modified":"2024-05-22T19:17:56","modified_gmt":"2024-05-22T18:17:56","slug":"o-vello-carcere-acolle-este-venres-24-de-maio-as-20-00h-a-mostra-aberta-da-residencia-paraiso-de-cris-balboa","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15933","title":{"rendered":"O Vello C\u00e1rcere acolle este venres, 24 de maio, \u00e1s 20.00h, a mostra aberta da \u2018Residencia Para\u00edso\u2019 de Cris Balboa"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/Cristina-Balboa.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/Cristina-Balboa-1024x682.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15934\" style=\"width:783px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/Cristina-Balboa-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/Cristina-Balboa-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>No marco da oitava edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega est\u00e1 a traballar en Lugo, desde o pasado 13 de maio, na s\u00faa proposta&nbsp;<\/strong><strong><em>Sinte,&nbsp;<\/em><\/strong><strong>un proxecto que ten a m\u00fasica como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Tras finalizar a estad\u00eda da s\u00faa residencia art\u00edstica, Cris Balboa presenta este venres,&nbsp;24 de maio, \u00e1s&nbsp;20.00h, con acceso libre, unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que ter\u00e1 tam\u00e9n lugar no Vello C\u00e9rcere de Lugo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto impulsado polo colectivo RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Ribadavia e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O pasado 13 de maio,\u00a0<strong>Cris Balboa<\/strong>\u00a0iniciaba a s\u00faa andaina na oitava edici\u00f3n das <a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/gl\/residencias-artisticas\/residencias-paraiso\/2024\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Residencias Para\u00edso 2024<\/a>,\u00a0un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo <a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/gl\/residencias-artisticas\/residencias-paraiso\/2024\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Colectivo RPM. <\/a>E o fac\u00eda no <a href=\"https:\/\/ovellocarceredelugo.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Vello C\u00e1rcere de Lugo<\/a>, en torno \u00e1 s\u00faa proposta art\u00edstica titulada\u00a0<strong><em>Sinte<\/em><\/strong>.\u00a0<em>Sinte<\/em>\u00a0\u00e9 un proxecto\u00a0que ten a m\u00fasica como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberaci\u00f3n. Agora, este\u00a0<strong>venres,\u00a024 de maio, \u00e1s\u00a020.00h<\/strong>, con acceso libre ata completar a capacidade da sala, a creadora galega ofrecer\u00e1 -tam\u00e9n no Vello C\u00e1rcere- unha\u00a0<strong>mostra aberta do seu traballo en proceso.<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O PROXECTO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>Sinte<\/em><\/strong>&nbsp;\u00e9 un proxecto coa m\u00fasica como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberaci\u00f3n. Unha viaxe desde a fraxilidade para desarmar as corazas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todas somos seres sensibles vibrando en frecuencias diversas. Cris Balboa relata con paix\u00f3n o seu conflito co mundo que nos rodea desde un punto de vista singular e persoal, buscando influ\u00edr nos estados de \u00e1nimo colectivos a trav\u00e9s da m\u00fasica electr\u00f3nica.&nbsp;<em>Sinte<\/em>&nbsp;proponse como un lugar de expresi\u00f3n nunha sociedade cada vez m\u00e1is afeita \u00e1 frialdade das transacci\u00f3ns econ\u00f3micas, desbordada pola velocidade terminal que nos fai menos conscientes da nosa realidade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A ARTISTA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Cris Balboa&nbsp;<\/strong>\u00e9 unha creadora galega que ten como motor a presentaci\u00f3n esc\u00e9nica do absurdo coti\u00e1n na procura dun di\u00e1logo xeracional onde investiga a posibilidade de transformaci\u00f3n social e persoal que ten a arte. O seu traballo art\u00edstico mestura palabra, acci\u00f3n, danza, audiovisuais e m\u00fasica, cruzando a s\u00faa obra con elementos narrativos que oscilan entre a iron\u00eda, o humor, o hedonismo ou mesmo a desesperaci\u00f3n. Os seus textos, que parten do autorretrato e a autoficci\u00f3n como formas comunicativas, buscan xerar un sentimento de identificaci\u00f3n co espectador para reflexionar sobre a vida dende o coti\u00e1n, situando o seu corpo e a s\u00faa experiencia como centro da d\u00fabida sobre o que somos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En 2011 forma a s\u00faa compa\u00f1\u00eda Funboa Esc\u00e9nica e desenvolve proxectos en colaboraci\u00f3n con artistas como L\u00faa G\u00e1ndara, Manuel Parra, F\u00e9lix Fern\u00e1ndez, Estevo Gonz\u00e1lez e Paulina Funes, entre os que se encontran as obras&nbsp;<em>O que segue<\/em>,&nbsp;<em>Technocracia<\/em>,&nbsp;<em>Sushi gratis<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Masa madre + sal marina,<\/em>&nbsp;presentadas en diversos festivais e eventos estatais.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Promovido polo\u00a0<strong>Colectivo RPM<\/strong>\u00a0\u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013, o programa\u00a0<strong>Residencias Para\u00edso 2024<\/strong>\u00a0dir\u00edxese a artistas de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigaci\u00f3n ou creaci\u00f3n durante d\u00faas ou tres semanas. A iniciativa conta cun importe total de 22.000\u20ac e, neste 2024, acoller\u00e1 9 propostas en residencia  -cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000\u20ac (impostos inclu\u00eddos) cada unha\u2013 para favorecer as distintas fases do proxecto art\u00edstico seleccionado, desde a investigaci\u00f3n, a escritura, o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou, tam\u00e9n, as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2024, as residencias art\u00edsticas desenvolvense entre abril e outubro no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia. Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e&nbsp;22 de setembro&nbsp;na Illa de San Sim\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Entre os 203 proxectos recibidos na actual convocatoria das residencias, o Colectivo RPM seleccionou a Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela Covelo Velasco &amp; \u00c9lise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n e Furia Sotelo como \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso vai na procura de artistas de danza e artes vivas preocupadas e ocupadas polas derivas do seu tempo. Pretende fomentar a aparici\u00f3n de novos proxectos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n arredor das novas linguaxes contempor\u00e1neas, alimentando o campo de acci\u00f3n da comunidade art\u00edstica do noso territorio, tanto a que xa existe como a que est\u00e1 por chegar. Normalizar o concepto de residencia art\u00edstica resulta fundamental para o presente e o futuro das pol\u00edticas culturais en Galicia, porque significa atender e respectar o espazo e o tempo dedicado \u00e1 investigaci\u00f3n art\u00edstica, o verdadeiro xerme de todo o que vir\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O maior valor de Residencias Para\u00edso \u00e9 que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n de espazos de distinta natureza, desde teatros ou centros culturais at\u00e9 espazos non convencionais. O exercicio de di\u00e1logo entre todas as partes (impulsores, coprodutores e espazos c\u00f3mplices), dota dunha identidade singular ao programa.&nbsp;Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja ou Laila Tafur, entre moitas outras.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto&nbsp;interinstitucional&nbsp;do Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Pontevedra, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Ribadavia e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Colectivo RPM<\/strong>\u00a0\u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mante\u00f1e un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.\u00a0Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.\u00a0M\u00e1is\u00a0informaci\u00f3n:<strong>\u00a0<\/strong><a href=\"https:\/\/www.colectivorpm.gal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">https:\/\/www.colectivorpm.gal\/<\/a>.\u00a0\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/2024.05.22.-NP-mostra-Vello-Carcere-Residencia-Paraiso.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2024.05.22.-NP-mostra-Vello-Carcere-Residencia-Paraiso<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No marco da oitava edici\u00f3n das Residencias Para\u00edso, impulsadas polo Colectivo RPM, a creadora galega est\u00e1 a traballar en Lugo, desde o pasado 13 de maio, na s\u00faa proposta&nbsp;Sinte,&nbsp;un proxecto [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[2135,2238,1242,2136],"class_list":["post-15933","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-colectivo-rpm","tag-cris-balboa","tag-o-vello-carcere","tag-residencias-paraiso-2024"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15933","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15933"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15933\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15938,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15933\/revisions\/15938"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15933"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15933"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15933"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}