{"id":15504,"date":"2024-04-10T20:52:50","date_gmt":"2024-04-10T19:52:50","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15504"},"modified":"2024-04-10T21:49:13","modified_gmt":"2024-04-10T20:49:13","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-os-espiritos-de-miramar","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15504","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. OS ESP\u00cdRITOS DE MIRAMAR"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:23px\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>O ESP\u00cdRITOS DE MIRAMAR<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">\u00c1s veces, tendemos a non tomar en serio relatos de sucesos sobrenaturais;\u00a0todo o contrario, reaccionamos\u00a0con escepticismo ou mesmo con burla. Historias sobre aparici\u00f3ns de entes queridos ou co\u00f1ecidos poden ser recibidas con risas ou incredulidade.\u00a0Sen embargo, para aqueles que as contan, estes eventos poden ter un impacto profundo e persoal. En moitas ocasi\u00f3ns, son\u00a0algo m\u00e1is\u00a0m\u00e1is\u00a0ca\u00a0simples contos; son expresi\u00f3ns de medos, esperanzas e o desexo de conexi\u00f3n co m\u00e1is al\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Debo admitir que sempre me considerei parte do grupo de esc\u00e9pticos que dubidan destas historias. Non obstante, un suceso recente no Monestir de Miramar, situado na id\u00edlica Valldemossa ao p\u00e9 da impresionante serra da Tramuntana, fixo que as mi\u00f1as convicci\u00f3ns vacilasen.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Monestir de Miramar, fundado en 1271 polo visionario Ram\u00f3n Llul e co patrocinio do rei Jaime II, foi unha instituci\u00f3n pioneira dedicada \u00e1 difusi\u00f3n do co\u00f1ecemento e \u00e1 comprensi\u00f3n intercultural. Al\u00ed, un grupo de frailes franciscanos entregouse \u00e1 aprendizaxe do \u00e1rabe e \u00e1 pr\u00e1ctica da arte luliana, un m\u00e9todo de pensamento dese\u00f1ado para promover a conversi\u00f3n dos non cristi\u00e1ns a trav\u00e9s do di\u00e1logo racional e respectuoso. A pesar da s\u00faa nobre misi\u00f3n, a iniciativa non durou moito tempo e, co paso dos s\u00e9culos, o monasterio caeu no esquecemento, quedando case en ru\u00ednas.Ser\u00eda&nbsp;no ano 1872 cando o arquiduque Luis Salvador de Austria, un erudito apaixonado pola cultura e a historia das Illas Baleares, redescubriu e restaurou&nbsp;o mosteiro. Co seu refinado gusto da \u00e9poca, o archiduque transformou o lugar nun santuario de aprendizaxe e beleza, preservando as\u00ed unha peza clave do patrimonio cultural da rexi\u00f3n.&nbsp;Hoxe en d\u00eda \u00e9 unha especie de museo adicado a Llul e ao arquiduque.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Como xa ben dixen, a visita a este recinto fixo que a mi\u00f1a incredulidade sobre sucesos sobrenaturais se tambaleara. Ao entrar&nbsp;na estancia que alberga o mausoleo de Vratislau Viborny \u02d7unha escultura en m\u00e1rmol, obra de Antonio Tantardini, adicada por Luis Salvador ao seu primeiro secretario, suposto amante, a gu\u00eda, unha agradable moza navarra, pechou a porta con discreci\u00f3n, un xesto pouco habitual xa que normalmente permanecen abertas. Tras finalizar a s\u00faa exposici\u00f3n, volveu abrila e revelounos o motivo do seu cerre. Contounos que unha ma\u00f1\u00e1, mentres estaba totalmente concentrada relatando &nbsp;as aventuras amorosas do arquiduque (un home, en palabras da gu\u00eda, a quen lle gustaba tanto o pescado como a carne), &nbsp;sentiu unha presenza detr\u00e1s dela. Ao xirarse, viu como d\u00faas sombras misteriosas se lle achegaban. Por un intre ficou en silencio, sen saber o que facer, ante o estupor dos visitantes, que tem\u00edan por ela, crendo que lle \u00eda dar un ataque. Recuperando a compostura, e sen m\u00e1is explicaci\u00f3ns, guiounos \u00e1 seguinte sala. Segundo ela, est\u00e1 convencida que eran os espiritos de Vratislau e de Luis Salvador.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Continuamos a visita con total normalidade, mergull\u00e1ndonos na tranquilidade e beleza do lugar. O \u00faltimo punto do noso percorrido era a aula onde Ram\u00f3n Llul impart\u00eda clases de \u00e1rabe e desvelaba a s\u00faa teor\u00eda sobre a existencia de Dios.&nbsp;Era un espazo cargado de sabedor\u00eda e misticismo, onde o pasado parec\u00eda palpitar entre as paredes de pedra.&nbsp;Agardei a que marcharan todos, para mellor poder sacar unhas fotos. De s\u00fapeto, un estrondo sacudiu o silencio, un forte e seco golpe que fixo que me sobresaltara. Era a Tramuntana, ese vento m\u00edtico que sopla con forza por estas terras, que pechara con \u00edmpetu a vella xanela. Fiquei tranquilo, pero cando me dispu\u00f1a a sa\u00edr sent\u00edn como unha forte presi\u00f3n no ombreiro. Lembreime do que nos vi\u00f1a de contar a gu\u00eda, asustado, din a volta e al\u00ed por uns segundos crin ver a silueta de Ram\u00f3n Llul, a\u00ednda que s\u00f3 fose unha ilusi\u00f3n creada pola luz e as sombras. Botei os p\u00e9s f\u00f3ra da sala e do mosteiro. A tramuntana soplaba con forza e semellaba burlarse dos meus medos. Non quitaba da cabeza o que me vi\u00f1a de pasar e sent\u00edame identificado co que lle sucedera \u00e1 moza navarra. Estiven a piques de comentarlle o suceso, pero decid\u00edn pechar a boca. Agora estou convencido que os espiritos de Ram\u00f3n Llul e Luis Salvador de Austria permanecen entre as paredes deste lugar de sosego e paz. Deixei atr\u00e1s o mosteiro e tras botar unha \u00faltima ollada \u00e1s tranquilas e fermosas augas do Mediterr\u00e1neo, que desde al\u00ed se divisan, dirixinme ao autob\u00fas, mentres \u00eda lembrando o que nos dixera a gu\u00eda que contaba o arquiduque na s\u00faa grande obra Die Balearen: \u201cNing\u00fan outro lugar da terra pode levar con m\u00e1is propiedade o nome de Miramar\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a O ESP\u00cdRITOS DE MIRAMAR \u00c1s veces, tendemos a non tomar en serio relatos de sucesos sobrenaturais;\u00a0todo o contrario, reaccionamos\u00a0con escepticismo ou mesmo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,2152,975,993],"class_list":["post-15504","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-o-espiritos-de-miramar","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15504","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15504"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15504\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15507,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15504\/revisions\/15507"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15504"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15504"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15504"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}