{"id":15453,"date":"2024-04-01T20:57:57","date_gmt":"2024-04-01T19:57:57","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15453"},"modified":"2024-04-01T20:58:01","modified_gmt":"2024-04-01T19:58:01","slug":"o-colectivo-rpm-anuncia-as-e-os-artistas-seleccionadas-e-seleccionados-para-as-residencias-paraiso-2024","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15453","title":{"rendered":"O Colectivo RPM anuncia as e os artistas seleccionadas e seleccionados para as Residencias Para\u00edso 2024"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"683\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo-683x1024.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15454\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo-683x1024.jpeg 683w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo-200x300.jpeg 200w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo-768x1152.jpeg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo-480x720.jpeg 480w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-MIT-Ribadavia-2021-Adriana-Reyes-\u00a9-Rosinha-Rojo.jpeg 800w\" sizes=\"auto, (max-width: 683px) 100vw, 683px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O programa de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro en Galicia contar\u00e1 en 2024 con Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela Covelo Velasco &amp; \u00c9lise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n e Furia Sotelo como \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>As residencias art\u00edsticas desenvolveranse entre abril e outubro de 2024 no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego en Compostela, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de setembro na Illa de San Sim\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O proxecto, impulsado por RPM, conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Ribadavia e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"682\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-1024x682.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15455\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-1024x682.jpg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-300x200.jpg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-768x512.jpg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-1536x1024.jpg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-1080x720.jpg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-1280x853.jpg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza-480x320.jpg 480w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/Residencias-Paraiso-2023-Alejandra-Balboa-Pazo-Cultura-Pontevedra-\u00a9-Fernando-Suarez-Cabeza.jpg 2000w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As Residencias Para\u00edso \u2013un programa anual de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio\u2013 contan xa coas e cos artistas seleccionadas e seleccionados para a s\u00faa oitava edici\u00f3n, que se desenvolver\u00e1 ao longo deste 2024 en nove espazos de toda Galicia. Entre os 203 proxectos recibidos na actual convocatoria, o Colectivo RPM \u2013entidade independente dedicada ao impulso da danza e a creaci\u00f3n contempor\u00e1nea en Galicia\u2013 ven de seleccionar a Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela Covelo Velasco &amp; \u00c9lise Moreau, Cris Balboa, Lucas Damiani, Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n e Furia Sotelo como \u2018Artistas Para\u00edso 2024\u2019.\u00a0<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A comisi\u00f3n encargada da selecci\u00f3n de proxectos destas Residencias Para\u00edso 2024 estivo formada por un total de cinco profesionais do sector: Bea Fern\u00e1ndez (artista e responsable de La Poderosa en Barcelona), Bal Castro (artista galego, artista Para\u00edso 2023), Lola Correa (comisaria independente galega), F\u00e9lix Fern\u00e1ndez (artista e co-coordinador de Residencias Para\u00edso) e Caterina Varela (artista e directora de Residencias Para\u00edso).&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O programa Residencias Para\u00edso 2024 dir\u00edxese a artistas de Galicia, Espa\u00f1a e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigaci\u00f3n ou creaci\u00f3n durante d\u00faas ou tres semanas. A iniciativa&nbsp;conta cun importe total de 22.000\u20ac e, neste 2024, acoller\u00e1 9 propostas en residencia&nbsp;\u2013cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000\u20ac (impostos inclu\u00eddos) cada unha\u2013&nbsp;para favorecer as distintas fases do proxecto art\u00edstico seleccionado, desde a investigaci\u00f3n, a escritura, o traballo dramat\u00farxico, a creaci\u00f3n coreogr\u00e1fica ou, tam\u00e9n, as residencias de car\u00e1cter t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">As residencias art\u00edsticas desenvolveranse entre abril e outubro de 2024 no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello C\u00e1rcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Sal\u00f3n Teatro do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia. Paralelamente, as e os artistas residentes seleccionadas e seleccionados participar\u00e1n nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que ter\u00e1 lugar os d\u00edas 20, 21 e 22 de setembro de 2024 na Illa de San Sim\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O proxecto Residencias Para\u00edso, impulsado por RPM, \u00e9 un programa interinstitucional que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas instituci\u00f3ns coprodutoras do programa: \u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Ribadavia e Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>PROXECTOS SELECCIONADOS NAS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO 2024<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Neste 2024, o programa \u00e1brese nun novo espazo colaborador, a Casa da Cultura de Vimianzo.&nbsp;Al\u00ed,&nbsp;<strong>Sergio Marey<\/strong>&nbsp;levar\u00e1 a cabo unha residencia de creaci\u00f3n para o seu proxecto&nbsp;<em>Todo o mundo&nbsp;<\/em><em>\u00e9 contra min-eh<\/em>, para a construci\u00f3n dunha peza performativa a partir do seu propio ensaio de investigaci\u00f3n sobre o colectivo LGBTIQA+ na m\u00fasica tradicional galega publicado en 2023. Sergio Marey prop\u00f3n unha reflexi\u00f3n sobre a importancia de mirar ao folclore galego desde unha perspectiva queer, reinvidicando a nosa cultura popular como un espazo de liberdade.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Xa no ver\u00e1n, a primeira das d\u00faas residencias combinadas entre a Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro \/ CDG en Santiago de Compostela acoller\u00e1 o proxecto&nbsp;<em>Do outro lado<\/em>, dos creadores galegos&nbsp;<strong>Fran Rodr\u00edguez e Brais Pombo<\/strong>. O proxecto ofrece unha mirada ecoloxista \u2013a cabalo entre a linguaxe audiovisual e a esc\u00e9nica\u2013 para afondar na tensi\u00f3n entre capitalismo, territorio e comunidade, coa revolta veci\u00f1al acontecida nos anos 80 na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes, Pontevedra) como tel\u00f3n de fondo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A continuaci\u00f3n, a bailarina e creadora aragonesa&nbsp;<strong>Ana Cotor\u00e9<\/strong>&nbsp;ser\u00e1 a segunda artista residente entre a Cidade da Cultura e o Sal\u00f3n Teatro \/ CDG co seu proxecto N<em>o necesito un nombre para ser mascota<\/em>. Nesta residencia de creaci\u00f3n, Cotor\u00e9 traballar\u00e1 nos conceptos de domesticaci\u00f3n e cansanzo dentro do sistema capitalista, en xeral, e do sistema da arte, en particular, coa sa\u00fade mental como foco de atenci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">No marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) desenvolverase unha residencia na Igrexa da Madalena co colectivo madrile\u00f1o&nbsp;<strong>Desgarradura<\/strong>&nbsp;\u2013do que forma parte o galego Lucas Ares\u2013, para o seu proxecto&nbsp;<em>The miracle worker<\/em>. Tr\u00e1tase dun proxecto de creaci\u00f3n no que constru\u00edr un dispositivo esc\u00e9nico capaz de imaxinar o milagre do reencontro arredor dos conceptos de fogar, familia, recordo e perd\u00f3n, contrastando o traballo co v\u00eddeo en directo en espazos non convencionais.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A artista galega&nbsp;<strong>Noela Covelo<\/strong>&nbsp;e a francesa&nbsp;<strong>\u00c9lise Moreau<\/strong>&nbsp;\u2013afincadas en Barcelona\u2013 ser\u00e1n as artistas residentes do Pazo da Cultura de Pontevedra co seu proxecto&nbsp;<em>En esta sala hay magia<\/em>. Con este proxecto de investigaci\u00f3n que indaga nos mecanismos do x\u00e9nero da \u00f3pera \u2013cunha perspectiva experimental a partir da obra de&nbsp;<em>A frauta m\u00e1xica<\/em>\u2013, as artistas traballar\u00e1n paralelamente nos campos sonoro e coreogr\u00e1fico.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Por outra banda, O Vello C\u00e1rcere de Lugo ser\u00e1 o espazo de residencia da creadora esc\u00e9nica galega&nbsp;<strong>Cris Balboa<\/strong>&nbsp;para o seu proxecto&nbsp;<em>Sinte<\/em>, no que autobiograf\u00eda e a m\u00fasica electr\u00f3nica mest\u00faranse nunha viaxe desde a fraxilidade \u00e1 celebraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, O Vello C\u00e1rcere de Lugo acoller\u00e1 a investigaci\u00f3n performativa&nbsp;<em>Hydra,<\/em>&nbsp;do creador uruguayo afincado en Lisboa&nbsp;<strong>Lucas Damiani<\/strong>.&nbsp;<em>Hydra<\/em>&nbsp;\u00e9 un proceso de investigaci\u00f3n que vai na procura dun encontro \u00edntimo con materias en estado de transformaci\u00f3n; unha paisaxe l\u00edquida de corpos, sons e materias que revelan o desexo e as s\u00faas oscilaci\u00f3ns co xeo como elemento de estudo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O investigador cubano afincado en Madrid&nbsp;<strong>Jos\u00e9 Ram\u00f3n Hern\u00e1ndez \/ Osik\u00e1n &#8211; vivero de creaci\u00f3n<\/strong>&nbsp;mergullarase no seu proceso de creaci\u00f3n titulado&nbsp;<em>Eyil\u00e1 ash\u00e9 ebbora &#8211; archivo vivo de resistencia<\/em>&nbsp;no Pazo da Cultura de Carballo. \u00c9 un proxecto de creaci\u00f3n esc\u00e9nica que explora a espiritualidade como potencia pol\u00edtica para a transformaci\u00f3n social. Insp\u00edrase nos saberes subalternos das persoas afro, trans, racializadas e migrantes do sur global e os feminismos negros que se est\u00e1n producindo en Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E, para rematar, as residencias Para\u00edso estar\u00e1n no Pazo da Cultura de Nar\u00f3n con&nbsp;<em>Sobre o extrav\u00edo ou a arte de perderse<\/em>, da creadora galega&nbsp;<strong>Furia Sotelo<\/strong>, que volve a deixarse dirixir pola dramaturga Ana Vall\u00e9s nun novo proxecto en formato solo, no que estar\u00e1n acompa\u00f1adas pola m\u00fasica Camille Hedouin (Mounqup) e a dese\u00f1adora de luz Laura Iturralde.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFORMACI\u00d3N SOBRE AS RESIDENCIAS PARA\u00cdSO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un programa de residencias art\u00edsticas dese\u00f1ado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas instituci\u00f3ns, en activo desde o ano 2017. A trav\u00e9s dunha convocatoria anual, acomp\u00e1\u00f1anse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas \u00e1 danza e as artes vivas en colaboraci\u00f3n con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigaci\u00f3n, creaci\u00f3n e t\u00e9cnicas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A convocatoria anual das Residencias Para\u00edso publ\u00edcase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepci\u00f3n de propostas. Est\u00e1 aberta a artistas galega\/os, estatais e portuguesa\/es. As e os artistas seleccionada\/os na convocatoria realizan unha residencia de entre d\u00faas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de entre 1.500 e 3.000 \u20ac, segundo as necesidades do proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Paralelamente, en di\u00e1logo coas e cos artistas, des\u00e9\u00f1ase unha programaci\u00f3n expandida espec\u00edfica para acompa\u00f1ar cada unha das residencias. Este concepto de programaci\u00f3n expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creaci\u00f3n cara \u00e1 comunidade. Nalg\u00fans casos, act\u00edvanse mostras abertas dos procesos, pr\u00e1cticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creaci\u00f3n, conferencias, etc.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, \u00e9 dicir, p\u00f3dese participar cun proxecto de investigaci\u00f3n, un proxecto de creaci\u00f3n ou para realizar unha residencia t\u00e9cnica. Cada ano, a finais do mes de setembro, organizamos un encontro coas artistas Para\u00edso da edici\u00f3n en curso na Illa de San Sim\u00f3n. Este encontro \u00e9 unha convivencia de tres d\u00edas, un espazo compartido entre artistas Para\u00edso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas \u00e1 rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en v\u00eddeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo hist\u00f3rico que se ampl\u00eda ano tras ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso vai na procura de artistas de danza e artes vivas preocupadas e ocupadas polas derivas do seu tempo. Pretende fomentar a aparici\u00f3n de novos proxectos de investigaci\u00f3n e creaci\u00f3n arredor das novas linguaxes contempor\u00e1neas, alimentando o campo de acci\u00f3n da comunidade art\u00edstica do noso territorio, tanto a que xa existe como a que est\u00e1 por chegar. Normalizar o concepto de residencia art\u00edstica resulta fundamental para o presente e o futuro das pol\u00edticas culturais en Galicia, porque significa atender e respectar o espazo e o tempo dedicado \u00e1 investigaci\u00f3n art\u00edstica, o verdadeiro xerme de todo o que vir\u00e1.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O maior valor de Residencias Para\u00edso \u00e9 que sucede grazas a unha rede que atravesa de norte a sur o noso territorio a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n de espazos de distinta natureza, desde teatros ou centros culturais at\u00e9 espazos non convencionais. O exercicio de di\u00e1logo entre todas as partes (impulsores, coprodutores e espazos c\u00f3mplices), dota dunha identidade singular ao programa.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao longo da s\u00faa historia, nas Residencias Para\u00edso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Lu\u00edsa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia V\u00e1zquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compa\u00f1\u00eda Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, Mar\u00eda Roja ou Laila Tafur, entre moitas outras.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Residencias Para\u00edso \u00e9 un proxecto de Colectivo RPM en colaboraci\u00f3n coa Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Industrias Culturais. Est\u00e1 coproducido pola&nbsp;\u00c1rea de Cultura, Turismo e Promoci\u00f3n da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Pontevedra, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, o Concello de Ribadavia e a Fundaci\u00f3n Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboraci\u00f3n do Centro Dram\u00e1tico Galego, o Centro Coreogr\u00e1fico galego, O Vello C\u00e1rcere de Lugo, o FIOT \u2013 Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Nar\u00f3n e o Padroado da Cultura do Concello de Nar\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE O COLECTIVO RPM<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Colectivo RPM \u00e9 un colectivo de artistas vencellados \u00e1 danza e \u00e1s artes vivas que imaxina, dese\u00f1a e acompa\u00f1a proxectos contextuais desde Galicia. Mante\u00f1e un claro compromiso polo di\u00e1logo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creaci\u00f3n contempor\u00e1nea, a investigaci\u00f3n e a visibilidade da comunidade art\u00edstica da danza e as artes vivas. Ademais do acompa\u00f1amento de artistas e procesos, o colectivo tam\u00e9n xera di\u00e1logos e acci\u00f3ns coas comunidades locais para achegar a pr\u00e1ctica art\u00edstica \u00e1 cidadan\u00eda.\u00a0Dentro das li\u00f1as de acci\u00f3n do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Para\u00edso -constru\u00eddo cunha rede de teatros e espazos c\u00f3mplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programaci\u00f3ns expandidas abertas ao p\u00fablico. Este programa est\u00e9ndese f\u00f3ra de Galicia na li\u00f1a Cruceiros Para\u00edso que posibilita abrir li\u00f1as de colaboraci\u00f3n con outros espazos estatais e internacionais.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/04\/2024.04.01.-NP-resolucion-Residencias-Paraiso.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">2024.04.01.-NP-resolucion-Residencias-Paraiso<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O programa de residencias art\u00edsticas para a danza e as artes vivas pioneiro en Galicia contar\u00e1 en 2024 con Sergio Marey, Fran Rodr\u00edguez &amp; Brais Pombo, Ana Cotor\u00e9, Desgarradura, Noela [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2135,2136],"class_list":["post-15453","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-colectivo-rpm","tag-residencias-paraiso-2024"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15453","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15453"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15453\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15457,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15453\/revisions\/15457"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15453"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15453"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15453"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}