{"id":15353,"date":"2024-03-13T23:54:13","date_gmt":"2024-03-13T22:54:13","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15353"},"modified":"2024-03-13T23:54:15","modified_gmt":"2024-03-13T22:54:15","slug":"as-duas-funcions-de-iribarne-na-coruna-esgotan-as-suas-entradas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15353","title":{"rendered":"As d\u00faas funci\u00f3ns de IRIBARNE na Coru\u00f1a esgotan as s\u00faas entradas"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large is-resized\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-0466-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-0466-1024x683.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15354\" style=\"width:783px;height:auto\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-0466-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-0466-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Un Teatro Rosal\u00eda de Castro ateigado acoller\u00e1 a \u00faltima creaci\u00f3n de ButacaZero o venres 15 e o&nbsp;s\u00e1bado 16 de marzo&nbsp;\u00e1s 20.30 horas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Esta proposta esc\u00e9nica transmedia compl\u00e9tase coa m\u00fasica de Berto, entrevistas en aberto na canle de YouTube de ButacaZero e a publicaci\u00f3n da edici\u00f3n galega do texto<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A obra ten d\u00faas candidaturas aos Premios Max: a de Lidia Veiga \u00e1 mellor actriz e a de Diego Vilar ao mellor dese\u00f1o de iluminaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>IRIBARNE \u00e9 unha coproduci\u00f3n de ButacaZero co Centro Dram\u00e1tico Nacional (CDN) e coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-1248-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-1248-1024x683.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15355\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-1248-980x653.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/@geraldineleloutre-1248-480x320.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>IRIBARNE<\/strong>, o \u00faltimo espect\u00e1culo de\u00a0<a href=\"https:\/\/butacazero.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">ButacaZero<\/a>, chega esta semana ao\u00a0<a href=\"https:\/\/entradas.ataquilla.com\/ventaentradas\/es\/teatro\/teatro-rosalia-castro\/16890--ciclo-principal-primavera-2024-iribarne-de-esther-carrodeguas.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>Teatro Rosal\u00eda de Castro<\/strong>\u00a0<\/a>con d\u00faas funci\u00f3ns que xa esgotaron as s\u00faas entradas hai semanas. A revisi\u00f3n da figura de Manuel Fraga en clave de humor escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida polo coru\u00f1\u00e9s Xavier Casti\u00f1eira estar\u00e1 na cidade herculina o\u00a0<strong>venres 15 e o\u00a0s\u00e1bado 16 de marzo, ambas as d\u00faas sesi\u00f3ns \u00e1s 20.30 horas<\/strong>.A platea ateigada est\u00e1 a ser a norma da xira galega de IRIBARNE desde a s\u00faa estrea en Vilalba en xaneiro e, de feito, a obra xa pasou por Santiago, Pontevedra e Vilagarc\u00eda e tam\u00e9n al\u00ed esgotou as entradas. Esta boa acollida eng\u00e1dese \u00e1 experimentada por IRIBARNE en Madrid o pasado outono, onde a peza estivo en cartel un mes completo e acadou o aplauso un\u00e1nime do p\u00fablico e da cr\u00edtica. IRIBARNE -unha coproduci\u00f3n de ButacaZero co Centro Dram\u00e1tico Nacional (CDN) e coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia- tam\u00e9n ten previsto recalar en Lugo (11 abril), Tomi\u00f1o (20 abril), Cangas (4 maio), Bilbao (9 maio), Nar\u00f3n (18 maio), Vitoria (7 xu\u00f1o) e Ribadavia (xullo).<br>Ademais, recentemente fix\u00e9ronse p\u00fablicas as candidaturas aos Premios Max, principais galard\u00f3ns estatais de artes esc\u00e9nicas, e nesta primeira fase dos galard\u00f3ns IRIBARNE obtivo d\u00faas candidaturas: a de Lidia Veiga \u00e1 mellor actriz e a de Diego Vilar ao mellor dese\u00f1o de iluminaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS CA TEATRO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En paralelo \u00e1 xira, ButacaZero est\u00e1 a compartir na s\u00faa canle de YouTube material extra que complementa a peza teatral, xa que IRIBARNE \u00e9, por definici\u00f3n, un proxecto transmedia que incl\u00fae a banda sonora de Berto e produtos audiovisuais. Xa \u00e9 posible acceder a tres entrevistas feitas durante o proceso de investigaci\u00f3n de investigaci\u00f3n teatral a Manuel Rivas, a Xes\u00fas Palmou e mais a Encarna Otero. Este material foi dese\u00f1ado pola xornalista e escritora Inma L\u00f3pez Silva e conta coa realizaci\u00f3n de Pablo Fontenla. Al\u00e9n diso, xa est\u00e1 \u00e1 venda a edici\u00f3n galega do texto teatral que chega \u00e1s librar\u00edas da man de Edici\u00f3ns Positivas e a un prezo de 15 euros. A s\u00faa adquisici\u00f3n tam\u00e9n \u00e9 posible nos espazos onde se representa a obra.IRIBARNE \u00e9 o s\u00e9timo proxecto do t\u00e1ndem creativo formado por Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira, ambos os dous responsables da compa\u00f1\u00eda ButacaZero, e segue o ronsel das s\u00faas anteriores obras, fundamentadas na investigaci\u00f3n e na reflexi\u00f3n para dialogar co presente dende unha ollada cr\u00edtica e ir\u00f3nica. A obra est\u00e1 escrita por Carrodeguas, que a presenta como &#8220;un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aqu\u00ed cami\u00f1ando da man dun deses personaxes secundarios pero incriblemente imprescindibles da nosa historia&#8221;. Segundo ela, \u00e9 &#8220;o traballo m\u00e1is dif\u00edcil que escrib\u00edn ata agora&#8221; e engade que &#8220;foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, as\u00ed como o lugar dende o que se situar&#8221;.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, para Casti\u00f1eira, responsable da direcci\u00f3n de IRIBARNE, &#8220;este personaxe \u00e9 inabarcable\u201d e \u201centendo o que fixo, pero non dende onde o fixo e por que o fixo&#8221;, e salienta as contradici\u00f3ns que foron atopando durante o proceso de investigaci\u00f3n, tanto da s\u00faa biograf\u00eda persoal como da s\u00faa traxectoria pol\u00edtica.Ambos os dous sinalan que pertencen a unha xeraci\u00f3n, a da Transici\u00f3n, que medrou rodeada dun &#8220;silencio t\u00e1cito arredor da historia pol\u00edtica recente&#8221;, e que se embarcaren neste proxecto axudounos a entender de onde vimos. &#8220;Par\u00e9ceme moi interesante que a obra, que se sustenta sobre o silencio, abra portas ao di\u00e1logo, a\u00ednda que sexa para provocar controversia&#8221;, apunta Carrodeguas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>POSTA EN ESCENA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A montaxe est\u00e1 articulada en tres episodios, que reflicten a evoluci\u00f3n pol\u00edtica do noso pa\u00eds, dende o franquismo ata a transici\u00f3n e a democracia, para culminar co per\u00edodo de hexemon\u00eda de Fraga en Galicia. &#8220;Pareceunos que un pol\u00edtico que ocupara cargos de alta responsabilidade e que se mantivo no poder ao longo dun per\u00edodo tan dilatado poder\u00eda ser un personaxe interesante para falar sobre a identidade de Espa\u00f1a&#8221;, sinala a dramaturga.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A posta en escena de IRIBARNE ofrece, con ritmo fren\u00e9tico, un xogo coral no que todo o elenco -integrado por Xurxo Cort\u00e1zar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, M\u00f3nica Garc\u00eda, Anxo Outumuro e Lidia Veiga- se vai dando o relevo para interpretar ao protagonista. Tr\u00e1tase dunha &#8220;peza extremadamente teatral, moi tola, moi divertida de ver&#8221;, afirma o seu director. Nela caben todas as iconas pop das diferentes \u00e9pocas, dende Palomares ata Salom\u00e9, Massiel, Serrat&#8230; pasando por episodios m\u00e1is tr\u00e1xicos, como Grimau, os asasinatos de ETA ou a morte de Franco. &#8220;Percorremos dende a infancia ata a morte de Fraga, e iso \u00e9 toda a historia recente do pa\u00eds&#8221;, afirma Casti\u00f1eira. &#8220;Pero non estamos a intentar facer Historia nin un biopic, sen\u00f3n darlle unha volta moi c\u00f3mica e contempor\u00e1nea, ollando dende aqu\u00ed e dende o agora, sen acritude, o pasado&#8221;, concl\u00fae o director.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Completan o equipo art\u00edstico Diego Valeiras, que firma o espazo esc\u00e9nico xunto ao propio Xavier Casti\u00f1eira e mais o vestiario, Diego Vilar, a cargo da iluminaci\u00f3n, Pablo Fontenla, responsable da parte audiovisual, a core\u00f3grafa Sabela Dom\u00ednguez e o produtor musical Berto, creador da banda sonora orixinal da obra, que incl\u00fae o single WHO THE F*CK IS IRIBARNE?<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A COMPA\u00d1\u00cdA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">ButacaZero \u00e9 a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira. Con propostas como&nbsp;<em>Voaxa e Carm\u00edn, #cami\u00f1os<\/em>,&nbsp;<em>Despois das ondas<\/em>,&nbsp;<em>32m2<\/em>,&nbsp;<em>Pagagena&nbsp;<\/em>ou&nbsp;<em>O \u00fanico que verdadeiramente quixen toda a vida \u00e9 ser delgada<\/em>, a compa\u00f1\u00eda sit\u00faase como un referente do teatro contempor\u00e1neo no panorama esc\u00e9nico galego. As s\u00faas creaci\u00f3ns concr\u00e9tanse en dramaturxias feitas \u00e1 medida, nas que a tradici\u00f3n teatral se mestura coas linguaxes contempor\u00e1neas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Esther F. Carrodeguas \u00e9 actriz, directora,&nbsp;<em>perfomer&nbsp;<\/em>e, sobre todo, escritora. Rianxeira de pura raza, asenta o seu curr\u00edculo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. O seu estilo cabalga sobre as lindes que separan os x\u00e9neros. Graduada en Direcci\u00f3n e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Tur\u00edn, os seus proxectos teatrais beben da s\u00faa faceta period\u00edstica. Cunha decena de obras teatrais publicadas, os seus textos foron estreados ben na s\u00faa propia plataforma profesional (ButacaZero) ben noutras compa\u00f1\u00edas privadas (De Ste Xeito, Outubro Produci\u00f3ns) ou p\u00fablicas (Centro Dram\u00e1tico Galego, Teatro Espa\u00f1ol ou Centro Dram\u00e1tico Nacional). Precisamente no 2021 foi escollida para desenvolver unha das residencias dram\u00e1ticas que outorga o CDN, onde escribiu o texto&nbsp;<em>Supernormales<\/em>, co que foi finalista nos Premios MAX 2023 na categor\u00eda de Mellor Autor\u00eda e que foi, sen d\u00fabida ningunha, un dos grandes \u00e9xitos da pasada tempada tanto para o p\u00fablico como para a cr\u00edtica.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Xavier Casti\u00f1eira \u00e9 licenciado en Direcci\u00f3n de Escena pola RESAD de Madrid e pos\u00fae un mestrado en Teatro e Artes Esc\u00e9nicas pola Universidade de Vigo. Tam\u00e9n realizou estudos de Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica pola USC. Actualmente cursa o doutorado na UCM, investigando aspectos neurobiol\u00f3xicos nos procesos de recepci\u00f3n esc\u00e9nicos. Desde os seus comezos no mundo do teatro compaxinou o seu labor creativo co docente, impartindo desde 1988 aulas en diversos grupos afeccionados e en obradoiros regulares de interpretaci\u00f3n, direcci\u00f3n ou investigaci\u00f3n esc\u00e9nica. No ano 2011 incorp\u00f3rase ao corpo de profesorado da ESAD de Galicia. Dirixiu unha vintena de obras de teatro, entre elas case todas as de ButacaZero, pero tam\u00e9n para compa\u00f1\u00edas como Goliardos, Mairiztz, La Escuela de M\u00fasica Creativa, Outumuro Produci\u00f3ns ou De Ste Xeito.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/03\/Dossier-prensa-IRIBARNE_baixa.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">Dossier-prensa-IRIBARNE_baixa<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Un Teatro Rosal\u00eda de Castro ateigado acoller\u00e1 a \u00faltima creaci\u00f3n de ButacaZero o venres 15 e o&nbsp;s\u00e1bado 16 de marzo&nbsp;\u00e1s 20.30 horas Esta proposta esc\u00e9nica transmedia compl\u00e9tase coa m\u00fasica de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[1191,1402,1294],"class_list":["post-15353","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-butacazero","tag-iribarne","tag-teatro-rosalia-de-castro-da-coruna"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15353","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15353"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15353\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15357,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15353\/revisions\/15357"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15353"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15353"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15353"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}