{"id":15164,"date":"2024-02-20T23:03:33","date_gmt":"2024-02-20T22:03:33","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15164"},"modified":"2024-02-20T23:03:36","modified_gmt":"2024-02-20T22:03:36","slug":"mondra-sila-lua-o-rabelo-e-nenaza-catuxa-salom-lontreira-e-amoebo-sumanse-ao-atlantic-pride-2024","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15164","title":{"rendered":"Mondra, Sila Lua, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo s\u00famanse ao Atlantic Pride 2024"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Atlantic-Pride-2024-Avance-FEB.png\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"819\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Atlantic-Pride-2024-Avance-FEB-819x1024.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-15165\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A nova escena musical galega conv\u00e9rtese en protagonista do festival, que celebrar\u00e1 a s\u00faa quinta edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 7 ao 14 de xullo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>No programa do Atlantic Pride est\u00e1 tam\u00e9n confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Rosa L\u00f3pez, Las Ketchup e Luc\u00eda P\u00e9rez e Nebulossa, o d\u00fao que representar\u00e1 a Espa\u00f1a no Festival da Canci\u00f3n de Eurovisi\u00f3n 2024 este mes de maio con&nbsp;<em>Zorra<\/em><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO-, o Concello da Coru\u00f1a e Turismo Coru\u00f1a, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia&nbsp;e Global Grafic<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-scaled.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-1024x768.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15166\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-1024x768.jpeg 1024w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-300x225.jpeg 300w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-768x576.jpeg 768w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-1536x1152.jpeg 1536w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-2048x1536.jpeg 2048w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-510x382.jpeg 510w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-1080x810.jpeg 1080w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-1280x960.jpeg 1280w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-980x735.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/Mondra-\u00a9-Zeltia-Iglesias_02-480x360.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A nova escena musical galega incorp\u00f3rase ao cartel do <a href=\"https:\/\/atlanticpride.es\/\">Atlantic Pride 2024<\/a>. Mondra, Sila L\u00faa, O Rabelo e Nenaza, Catuxa Salom, Lontreira e Amoebo s\u00famanse ao programa do festival, que celebrar\u00e1 a s\u00faa quinta edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 7 ao 14 de xullo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Deste xeito, o Atlantic Pride ser\u00e1 testemu\u00f1a este ver\u00e1n da&nbsp;FOL\u012aA das ARDENTES de Mondra,&nbsp;unha experiencia musical, visual e performativa en di\u00e1logo coa m\u00fasica tradicional galega; unha proposta \u00edntima e irreverente a un tempo, da man dunha das voces m\u00e1is celebradas da escena musical actual e o seu relato de resistencia e celebraci\u00f3n. Os Xard\u00edns de M\u00e9ndez N\u00fa\u00f1ez da cidade herculina bailar\u00e1n tam\u00e9n ao ritmo de Sila Lua e o seu singular son, una mestura libre de x\u00e9neros a medio cami\u00f1o entre a m\u00fasica urbana de fala hispana e a electr\u00f3nica experimental europea. Pola s\u00faa banda, O Rabelo e Nenaza convidar\u00e1n ao p\u00fablico a non deixar de bailar coa s\u00faa proposta conxunta, que mestura a m\u00fasica tradicional galega con ritmos como o reguet\u00f3n, o tecno, o neoperreo e o funk favela<em>.&nbsp;<\/em>Pola s\u00faa banda,Catuxa Salom dar\u00e1 boa conta da s\u00faa experimentaci\u00f3n coa m\u00fasica tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electr\u00f3nicas, mentres que Lontreira, de novo viaxando da electr\u00f3nica \u00e1 m\u00fasica tradicional, sorprender\u00e1 cun caleidoscopio estil\u00edstico de sons variados, que van do&nbsp;speak-word ao dream-pop ou mesmo do tecno-folk a un vangardista reguet\u00f3n. Finalmente, a efervescencia de Amoebo convertir\u00e1&nbsp;o Atlantic Pride nunha aut\u00e9ntica verbena galega de sons urbanos contempor\u00e1neos, bailes desmedidos, humor e moita diversi\u00f3n.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Atlantic Pride \u00e9 un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO-, o Concello da Coru\u00f1a e Turismo Coru\u00f1a, co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia&nbsp;&nbsp;e Global Grafic. No seu cartel, ademais destes novos nomes reci\u00e9n anunciados, est\u00e1 tam\u00e9n confirmada a presencia das estrelas eurovisivas Rosa L\u00f3pez, Las Ketchup, Luc\u00eda P\u00e9rez e Nebulossa, o d\u00fao de electropop formado por Mar\u00eda Bas e Mark Dasousa, que representar\u00e1 a Espa\u00f1a no Festival da Canci\u00f3n de Eurovisi\u00f3n este 2024 co seu tema&nbsp;<em>Zorra<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O ORGULLO DO NORTE<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A Coru\u00f1a volver\u00e1 ser a sede do Orgullo do Norte entre o 7 e o 14 de xullo para celebrar a quinta edici\u00f3n do Atlantic Pride. Neste 2024, o festival prop\u00f3n oito xornadas de m\u00fasica e celebraci\u00f3n ao redor da diversidade sexo-afectiva e de identidade na que promete ser, novamente, nunha das citas imprescindibles do ver\u00e1n no noroeste peninsular, que moi pronto desvelar\u00e1 novos nomes e actividades. O Festival Atlantic Pride nace en 2019 coa vontade de situar \u00e1 cidade herculina como a capital do bo ambiente e a celebraci\u00f3n sen distinci\u00f3ns nin barreiras e, en 2022, regresou \u00e1 s\u00faa esencia con toda a forza, enchendo A Coru\u00f1a e as s\u00faas r\u00faas de m\u00fasica en directo durante oito xornadas. En 2023, o Atlantic Pride logrou alcanzar m\u00e1is de 100.000 espectadores, marca que a cita se prop\u00f3n bater este ano.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Atlantic Pride nace na Coru\u00f1a no ano 2019 como un festival pioneiro, gratu\u00edto e inclusivo, destinado a reivindicar a liberdade afectiva, sexual e de identidade dende unha perspectiva l\u00fadica e inclusiva. Est\u00e1 impulsado pola Asociaci\u00f3n Orgullo Coru\u00f1a -ORCO- e o Concello da Coru\u00f1a e Turismo Coru\u00f1a, e conta co patrocinio principal de Estrella Galicia, Xunta de Galicia\u00a0\u00a0e Global Grafic. O proxecto, que trata de aglutinar a todas as capas da sociedade coru\u00f1esa dentro dunha contorna segura e amigable, desenv\u00f3lvese en torno a varios d\u00edas de concertos e actividades culturais, entre elas, o seu Certame de Literatura LGTBI+, coa fin de atraer ao p\u00fablico local e de f\u00f3ra, como un referente cultural, tur\u00edstico e social do noroeste.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE AS NOVAS BANDAS E ARTISTAS CONFIRMADAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Mondra<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mondra \u00e9 artista, cantareiro e bailador. Medra vencellado \u00e1 m\u00fasica e ao baile tradicional galego, as\u00ed como ao teatro e ao audiovisual. Desde 2021 forma parte, como como vocalista e bailador, de DeMente, a compa\u00f1\u00eda de danza Fran Sieira, responsable dunha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega. No 2024, recibir\u00e1 o Premio Alfredo Iglesias, da&nbsp;<em>Revista Coralia<\/em>, a artista revelaci\u00f3n. En setembro de 2023, publica&nbsp;<em>ARD\u0112N<\/em>&nbsp;(Altafonte Music Spain), o seu primeiro traballo discogr\u00e1fico, producido por Berto. O \u00e1lbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en di\u00e1logo coa m\u00fasica tradicional galega. \u00c9 unha proposta \u00edntima e irreverente a un tempo, un relato de resistencia e celebraci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Os primeiros avances do \u00e1lbum,&nbsp;<em>SACOdePULGAS<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>beijos de LK<\/em>, superan as 50.000 escoitas no Spotify, plataforma na que o artista acumula m\u00e1is de 17.000 o\u00edntes mensuais.&nbsp;<em>PUNHETA!<\/em>, en colaboraci\u00f3n coas Fillas de Cassandra, supera as 240.000 reproduci\u00f3ns na plataforma e m\u00e1is de 40.000 visualizaci\u00f3ns no YouTube, sendo un dos temas m\u00e1is escoitados no ver\u00e1n do 2023 na Galiza.&nbsp;<em>RUANDO<\/em>, a car\u00f3n de AIDA (Tanxugueiras), aglutina preto de 100.000 reproduci\u00f3ns no compendio das plataformas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mondra estrea o seu primeiro espect\u00e1culo, a FOL\u012aA das ARDENTES, en abril do 2023, dando inicio a unha xira de m\u00e1is de trinta concertos ao longo de todo o territorio galego. Aclamado pola cr\u00edtica, o espect\u00e1culo foi acollido por grandes festivais galegos como as Revenidas, o Festival da Luz ou o Agrocuir. A FOL\u012aA das ARDENTES \u00e9 un espect\u00e1culo de gran formato que tende unha man \u00e1 percusi\u00f3n tradicional galega e \u00e1 electr\u00f3nica, e outra \u00e1s danzas urbanas. O espect\u00e1culo, baixo a direcci\u00f3n art\u00edstica do bailar\u00edn e core\u00f3grafo Daniel Rodr\u00edguez, abre unha porta \u00e1 terra ARDENTE. Son ARDENTES Artur Puga e Julia S\u00e1nchez-Biezma, \u00e1s percusi\u00f3ns; e Sabela Dom\u00ednguez, Julia Laport, Jandros Rodr\u00edguez e Daniel Valde, na danza. Na presentaci\u00f3n do \u00e1lbum&nbsp;<em>ARD\u0112N<\/em>, nas salas Capitol e Rebull\u00f3n, Mondra esgotou todas as entradas d\u00edas antes dos concertos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Sila Lua<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Sila Lua, artista e produtora galega, leva desde 2017 desenvolvendo o seu son, algo a medio cami\u00f1o entre a m\u00fasica urbana de fala hispana e a electr\u00f3nica experimental europea; una mistura libre de x\u00e9neros froito da s\u00faa crianza espa\u00f1ola e dos seus anos vivindo e estudando produci\u00f3n musical en Londres. As s\u00faas canci\u00f3ns, de forte mensaxe l\u00edrico, produci\u00f3ns detalladas e unha elegancia misteriosa, val\u00e9ronlle o t\u00edtulo de \u201cdiva marciana do novo pop escuro europeo\u201d por parte da prensa especializada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este talento emerxente logrou o ano pasado un \u00e9xito viral cos seus temas&nbsp;<em>Nada<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Quiero llorar<\/em>, parte da banda sonora oficial da cuarta temporada da serie&nbsp;<em>\u00c9lite<\/em>, de Netflix, e que acumula xa +4M&nbsp;<em>streams<\/em>&nbsp;combinados e +200k Shazams (<em>Nada<\/em>&nbsp;alcanzou o posto #160 nas listas globais de Shazam na primeira semana da estrea da&nbsp;&nbsp;serie). Isto brindoulle a oportunidade de escribir a encargo&nbsp;<em>Tanta vida<\/em>, canci\u00f3n orixinal da serie de Atresplayer Premium&nbsp;<em>La edad de la ira<\/em>.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Agora presenta o seu primeiro \u00e1lbum,&nbsp;<em>ROMPE<\/em>, un traballo conceptual que xira en torno ao mar, os seus s\u00edmbolos, os seus mitos e a s\u00faa inmensidade, e que est\u00e1 composto por 11 cortes. Unha mestura moi coidada de m\u00fasica urbana, electr\u00f3nica e pop na que a artista estivo traballando o pasado ano e medio xunto ao produtor Mumbai Moon e onde contou con varios m\u00fasicxs, productorxs e colaboradorxs invitadxs de Espa\u00f1a, Brasil e Ecuador.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>O Rabelo e Nenaza<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">O Rabelo \u00e9 un animal humano que gusta de xogar, estar \u201ctranqui\u201d e rir. \u00c9 antifascista, transfeminista, anarquista a favor da tenrura, os coidados e a violencia reactiva. Nos seus concertos fai m\u00fasica ao xeito en que se fac\u00edan as festas de antes, as r\u00faas, mesturando a m\u00fasica tradicional galega con x\u00e9neros como o reguet\u00f3n ou o tecno, para convidar \u00e1 xente a bailar. Xoga coa identidade a trav\u00e9s da arte esc\u00e9nica para cuestionar o que \u00e9 normal e o que facemos co malestar. Explora a mitolox\u00eda, a marxinalidade e o normativo a trav\u00e9s da mestura e das expresi\u00f3ns art\u00edsticas. Da obradoiros de regueifa, fai charlas e debates en centros de ensino e desenvolveu proxectos art\u00edsticos arredor da escrita e a m\u00fasica, con publicaci\u00f3ns como&nbsp;<em>El libro de Iarnal,<\/em>&nbsp;<em>Tenruras e raivas<\/em>,&nbsp;<em>Betadine<\/em>&nbsp;ou os discos Suor e&nbsp;<em>Silva<\/em>, entre outros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nenaza \u00e9 unha artista drag galega que reivindica a feminidade a trav\u00e9s do imaxinario da mitolox\u00eda galega. \u00c9 un ser fant\u00e1stico que mestura o et\u00e9reo e protector das fadas cun mundo escuro, violento e punk, froito das violencias exercidas sobre as persoas que viven o x\u00e9nero de forma feminina. Na s\u00faa&nbsp;<em>performance<\/em>&nbsp;utiliza o corpo, o movemento e o son. M\u00e1is al\u00f3 do seu proxecto performativo, en 2022 comeza a s\u00faa carreira como DJ mesturando ritmos de neoperreo e funk favela con electr\u00f3nica e&nbsp;<em>deconstructed<\/em>, trallando en festas e clubs, ademais de en galer\u00edas de arte e museos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Catuxa Salom<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Catuxa Salom \u00e9 unha artista galega de ra\u00edces arxentinas e unha das voces m\u00e1is potentes da escena folk electr\u00f3nica do momento. No seu debut discogr\u00e1fico experimenta coa m\u00fasica tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electr\u00f3nicas, conseguindo unha sonoridade que nos conecta co noso lado m\u00e1is salvaxe. De Aimogasta \u00e1s monta\u00f1as de Lugo, a artista constr\u00fae un relato cargado de simbolismo, onde a natureza e o movemento est\u00e1n en primeiro plano. O seu directo magn\u00e9tico e vibrante promete ritmos de baile.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Lontreira<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Adriana Cores, H\u00e9ctor Rodr\u00edguez (Rotce) e Iv\u00e1n Barral son os tres compo\u00f1entes de Lontreira, grupo de m\u00fasica en galego con ra\u00edces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da s\u00faa formaci\u00f3n. Desde os seus inicios no ver\u00e1n 2022, Lontreira non deixa de dar pasos de xigante na industria musical, compo\u00f1endo sen descanso novos temas e argallando directos que logren sorprender ao espectador, convert\u00e9ndose nunha prometedora banda emerxente galega. O seu tema <em>Coraz\u00f3n de toxo<\/em>\u00a0foi elixido canci\u00f3n do ver\u00e1n en Galicia en 2022 pola CRTVG e, con ela, visitaron citas tan imprescindibles como o Surfing The L\u00e9rez, o Atlantic Fest ou o 17\u00ba, entre moitos outros festivais. No ano 2023 foi elixida finalista na categor\u00eda de banda emerxente nos 10\u00ba Premios Mart\u00edn C\u00f3dax da M\u00fasica, e foi, tam\u00e9n, unha das 14 bandas seleccionadas entre m\u00e1is de 300 para participar no MUMI\u00a0\u00a0M\u00fasicas do Minho 2023.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Lontreira presentou en 2023 o seu primeiro traballo discogr\u00e1fico,&nbsp;<em>Apnea<\/em>, que intercala poemas e canci\u00f3ns para ir narrando singraduras da vida a trav\u00e9s das conexi\u00f3ns especiais cos espazos naturais que lles rodean. Para H\u00e9ctor Rodr\u00edguez, teclista e compositor do grupo, a m\u00fasica \u00e9 unha vocaci\u00f3n que quere transformar en profesi\u00f3n. Para Adri, a m\u00fasica \u00e9 unha afecci\u00f3n \u201cherdada polo ambiente cultural no que me criei na casa\u201d coa que quere transmitir a s\u00faa paix\u00f3n polo medio natural. Pola s\u00faa parte, Iv\u00e1n Barral, guitarrista autodidacta e \u00faltimo en incorporarse a Lontreira, \u00e9 o encargado de lanzar as \u201cbalas guitarreiras\u201d que envolven de melod\u00eda ao p\u00fablico. Xuntos crean arte, unha arte que queren compartir na terra que a inspira, Galicia, e a complicidade co seu p\u00fablico. Sen d\u00fabida, a&nbsp;<em>troupe<\/em>&nbsp;pode presumir de cargar cada directo con novidades e postas en escena que pouca xente agarda ver.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Amoebo<\/strong><strong><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Amoebo \u00e9 efervescencia, unha reconstruci\u00f3n da verbena galega, unha proposta de m\u00fasica urbana que se alimenta de ritmos latinos e do idol pop dos anos 80. Amoebo \u00e9 festa e diversi\u00f3n sen tapuxos, bailes desmedidos e moito humor, todo isto reflectido en tem\u00e1ticas que tocan o costumismo galego, o amor, o sexo e o d\u00eda a d\u00eda da xuventude galega, desde unha visi\u00f3n do neto que mira con nostalxia ao rural desde un entorno m\u00e1is urbano.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A banda prop\u00f3n directos cunha alta intensidade que incitan a mover as cadeiras e a chorrear de suor. Amoebo imita o formato orquestra a pequena escala, con interacci\u00f3n co p\u00fablico, bailes e escenograf\u00eda sen fin. A s\u00faa s\u00edntese de sons que evocan ao pasado -como o funk pop, as cumbias, as bachatas e os merengues- con sons m\u00e1is actuais -como o autotune e os drums agresivos- forman un c\u00f3ctel explosivo que non deixa indiferente a ningu\u00e9n. A s\u00faa \u00e9 unha proposta interxeneracional e inclusiva, que busca romper estereotipos, con canci\u00f3ns como medicina para a presi\u00f3n da vida coti\u00e1, para crear un espazo de reconciliaci\u00f3n coa diversi\u00f3n, o baile, a verbena e o rural galego. En Amoebo no hai cabida para las vergo\u00f1as e os complexos. Todos somos libres de gozar do que somos e do xeito que queiramos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Amoebo foi ideado e creado en 2022 por Aaron Valle (<em>frontman<\/em>, cantante e m\u00fasico), a quen non tardaron en sumarse David Fern\u00e1ndez (m\u00fasico e produtor) e Gloria Campello (produtora e responsable de audiovisuais). Lanzaron o seu primeiro sinxelo, &#8220;Primeiro pase\u201d, no mes de abril de 2022, avanzando a s\u00faa s\u00edntese de sons e dando as primeiras pistas do que ser\u00eda seu en\u00e9rxico directo. En ver\u00e1n de 2022 ga\u00f1aron o concurso Sonidos Mans e participaron no Festival de la Luz, xirando desde ent\u00f3n por m\u00faltiples puntos de Galicia. No 2023 avanzan novos\u00a0<em>singles<\/em>\u00a0do que ser\u00e1 o seu primeiro LP,\u00a0<em>Cada vez mellor<\/em>. Neste traballo, con influencias de artistas como Dua Lipa ou Lali, mesturan o disco, o pop-funk, a electr\u00f3nica e os ritmos latinos e urbanos actuais, nun c\u00f3ctel explosivo para non deixar de bailar.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/20240220-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20240220-NP-novas-confirmacions-Atlantic-Pride<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A nova escena musical galega conv\u00e9rtese en protagonista do festival, que celebrar\u00e1 a s\u00faa quinta edici\u00f3n na Coru\u00f1a do 7 ao 14 de xullo No programa do Atlantic Pride est\u00e1 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,57,1],"tags":[2064,2059,2062,2063,1785,2061,2060],"class_list":["post-15164","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-amoebo","tag-atlantic-pride-2024","tag-catuxa-salom","tag-lontreira","tag-mondra","tag-o-rabelo-e-nenaza","tag-sila-lua"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15164","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15164"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15164\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15169,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15164\/revisions\/15169"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15164"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15164"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15164"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}