{"id":15069,"date":"2024-02-08T23:08:05","date_gmt":"2024-02-08T22:08:05","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15069"},"modified":"2024-02-08T23:08:08","modified_gmt":"2024-02-08T22:08:08","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-mudanzas-en-brigancia","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15069","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. MUDANZAS EN BRIGANCIA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong>MUDANZAS DE BRIGANCIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Hai m\u00e1is de dous anos, ch\u00e1mame ao m\u00f3bil Bernardo: \u201cSabes o que est\u00e1 pasando en Santalla de Conforto?\u201d \u201cSe non mo contas, non\u201d, respondinlle. E empezou a falar. O que me contou deixoume abraiado, e iso que a\u00ednda o asunto estaba en cueiros; tempo despois ser\u00eda noticia de alcance internacional.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Santalla de Conforto \u00e9 unha pequena vila da Brigancia profunda. Al\u00ed un bo d\u00eda, Consuelo, unha modista de prestixio, deixouse ver polas r\u00faas da mesma, convertida en carballo. Para ser m\u00e1is exacto, convertida, convertida, non, vestida de carballo. Pero era tan boa a&nbsp;caracterizaci\u00f3n, que realmente semellaba un \u201cquercus robur\u201d errante. A veci\u00f1anza non daba creto. \u201cVolv\u00e9usevos louca Consuelo, mira polo que lle deu. A morte do seu marido deixouna traumatizada. Coitada!\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Non pasar\u00edan quince d\u00edas des que a modista mudara en carballo, cando se presentou no seu obradoiro, Pascual, o fillo m\u00e1is novo do boticario: \u201c Cheli\u00f1o, e poder\u00edasme confeccionar un traxe de casti\u00f1eiro?\u201d. Dito e feito. Ao cabo dunha semana Pascual estaba feito un castiro centenario. \u201cOutro que toleou\u201d, murmuraba a xente.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Mais a cousa non quedou as\u00ed. Ao pouco apareceu Sonia do Fogueteiro mudada en acivro: a muller do alcalde, en pexegueiro; Dositeu de Cando, en cerdeira&#8230; Deste xeito a vila foise enchendo de \u00e1rbores: carballos, casti\u00f1eiros, acivros, ameixeiras, bidueiros&#8230; Cando xa media vila mudara en \u00e1rbore andante, presentouse na casa da modista, Fernando, o dono do serradoiro, querendo ser un eucalipto. \u201cIso si que non, Fernandi\u00f1o. En eucaliptos e pi\u00f1eiros non traballo, xa temos abondos\u201d. \u201cFaime logo un de teixo se non che importa\u201d, pediulle. Pasada unha semana apareceu pola vila o primeiro teixo viaxeiro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">En cousa dun ano a vila mudou nunha fraga, algo ins\u00f3lito e rechamante. Ben, como adoita suceder, sempre hai unha excepci\u00f3n, Pep\u00edn da carnicer\u00eda negouse en redondo a ser \u00e1rbore. Nin a intervenci\u00f3n do alcalde para que recapacitase e mudase en maceira ou no que quixese, valeu de nada. Mesmo o ameazaron con boicotearlle a carnicer\u00eda, mais el resistiuse. \u201cOnde mellor carne \u00edan comprar que no seu establecemento? \u201c Remataron con deixalo en paz, ao ver que non ced\u00eda: \u201c Sempre foi medio raro, que lle imos facer. Ten que haber xente para todo\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Nin que dicir ten, que o suceso transcendeu as fronteiras de Brigancia, para converterse en noticia mundial. Xa desde o momento que se deron os catro ou cinco primeiros casos ( daquela foi cando recib\u00edn a chamada de Bernardo), comezaron a chegar a Santalla os primeiros reporteiros. De feito, eu fun un deles, como enviado do diario \u201cO Retroceso\u201d. Logo vir\u00edan as radios, as televisi\u00f3ns, que seguir\u00edan o acontecemento d\u00eda a d\u00eda con programas especiais \u2014nin cando fora da consulta de independencia de Brigancia se vira semellante despregue\u2014; as\u00ed durante cinco ou seis meses, ata que se soubo que en Castromour\u00e1n de Abaixo, a xente comezara a mudar en mam\u00edferos. Un d\u00eda apareceu o alcalde transformado en burro, para logo verse polas r\u00faas, cochos, vacas, raposos, osos, ratos&#8230;,, todo tipo de bicher\u00eda do pa\u00eds. Unha aut\u00e9ntica animalada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Agora t\u00f3calle a &nbsp;Castreli\u00f1o da Moura, al\u00ed a veci\u00f1anza est\u00e1 en proceso de mudar en r\u00e9ptil. Hai cousa duns d\u00edas apareceron os primeiros lagartos, e algunha que outra pinchorra e esc\u00e1ncer, cos que de nenos tanto nos gustaba xogar.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Hai rumores de que todo isto \u00e9 unha estratexia dos independentistas, para chamar a atenci\u00f3n e de paso ver se deste xeito, por fin, Iberlandia \u00e9 quen de deixalos ceibes, acadando as\u00ed a tan ansiada independencia. A min antes parec\u00edame unha destas tan en voga teor\u00edas conspiranoicas, pero agora xa empezo a crer que algo de certo debe haber. Desde logo \u201cO Retroceso\u201d, vai seguir, como \u00e9 a s\u00faa norma, &nbsp;atento aos acontecementos para no seu momento informar dun xeito rigoroso de todo o que aconteza na nosa Brigancia.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a MUDANZAS DE BRIGANCIA Hai m\u00e1is de dous anos, ch\u00e1mame ao m\u00f3bil Bernardo: \u201cSabes o que est\u00e1 pasando en Santalla de Conforto?\u201d \u201cSe [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":39,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,2036,975,993],"class_list":["post-15069","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-mudanzas-en-brigancia","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15069","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/39"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15069"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15069\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15072,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15069\/revisions\/15072"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15069"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15069"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15069"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}