{"id":15055,"date":"2024-01-17T22:52:02","date_gmt":"2024-01-17T21:52:02","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15055"},"modified":"2024-01-17T22:54:17","modified_gmt":"2024-01-17T21:54:17","slug":"iribarne-chega-esta-fin-de-semana-a-santiago-de-compostela-coas-xa-entradas-esgotadas","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=15055","title":{"rendered":"IRIBARNE chega esta fin de semana a Santiago de Compostela coas xa entradas esgotadas"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/@geraldineleloutre-0466-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"683\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/@geraldineleloutre-0466-1024x683.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-15056\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/@geraldineleloutre-0466-980x653.jpg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/@geraldineleloutre-0466-480x320.jpg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O Auditorio de Galicia acolle este s\u00e1bado 20 de xaneiro, \u00e1s 19.00 horas,&nbsp;o novo espect\u00e1culo de ButacaZero, unha revisi\u00f3n da figura de Fraga en clave&nbsp;de humor escrito por Esther F. Carrodeguas, con direcci\u00f3n de Xavier Casti\u00f1eira<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A funci\u00f3n enm\u00e1rcase dentro do \u2018Foco Esther F. Carrodeguas\u2019, programa&nbsp;de Compostela Cultura que esta temporada reunir\u00e1 tres dos m\u00e1is recentes<\/strong> <strong>traballos da dramaturga e actriz coa s\u00faa compa\u00f1\u00eda ButacaZero: a mencionada&nbsp;<em>IRIBARNE<\/em>&nbsp;e as pezas&nbsp;<em>O \u00fanico que verdadeiramente quixen toda a vida \u00e9 ser&nbsp;delgada<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Rapadas<\/em>, que se van representar xa no mes de maio<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Ademais, o venres 19 de xaneiro, \u00e1s 19.00h, tam\u00e9n no Auditorio de Galicia,&nbsp;Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira ofrecer\u00e1n un encontro aberto ao p\u00fablico&nbsp;dentro das acci\u00f3ns #conversando promovidas por Compostela Cultura<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong><em>IRIBARNE<\/em>&nbsp;\u00e9 unha coproduci\u00f3n de ButacaZero co Centro Dram\u00e1tico&nbsp;Nacional (CDN) e a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Este s\u00e1bado,\u00a0<strong>20 de xaneiro<\/strong>, \u00e1s 19.00 h,\u00a0<a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/butacazero.com\/espectaculos\/iribarne\/\" target=\"_blank\"><strong>IRIBARNE<\/strong><\/a>, o novo espect\u00e1culo de <a href=\"https:\/\/butacazero.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">ButacaZero<\/a>, aterra en Santiago de Compostela, coas entradas xa esgotadas desde hai semanas. Tr\u00e1tase da celebrada revisi\u00f3n da figura de Manuel Fraga\u00a0Iribarne\u00a0en clave de humor escrita por Esther F. Carrodeguas, con direcci\u00f3n de Xavier Casti\u00f1eira. A peza foi estreada con \u00e9xito en Galicia a pasada fin de semana, no concello natal do pol\u00edtico, Vilalba, con todo o patio de butacas en p\u00e9 entre aplausos ao finalizar a obra.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A funci\u00f3n que chega agora a Santiago enm\u00e1rcase dentro do \u2018Foco Esther F. Carrodeguas\u2019, programa de Compostela Cultura que esta temporada reunir\u00e1 tres dos m\u00e1is recentes traballos da dramaturga e actriz coa s\u00faa compa\u00f1\u00eda ButacaZero: a mencionada&nbsp;IRIBARNE&nbsp;e as pezas&nbsp;<em>O \u00fanico que verdadeiramente quixen toda a vida \u00e9 ser delgada<\/em>&nbsp;(proposta en primeira persoa na que Carrodeguas se ispe ante o p\u00fablico falando de gordofobia)&nbsp;e&nbsp;<em>Rapadas<\/em>&nbsp;(lectura performativa&nbsp;sobre as rapadas da&nbsp;Guerra&nbsp;Civil&nbsp;espa\u00f1ola&nbsp;que acontecer\u00e1 na Igrexa da&nbsp;USC),&nbsp;que se van representar xa no mes de maio.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">M\u00e1is al\u00f3 da funci\u00f3n do s\u00e1bado 20, o venres 19 de xaneiro, \u00e1s 19.00h, tam\u00e9n no Auditorio de Galicia, os artistas ofrecer\u00e1n un encontro aberto ao p\u00fablico dentro das acci\u00f3ns&nbsp;<strong>#conversando<\/strong>&nbsp;promovidas por Compostela Cultura (de acceso libre ata completar a capacidade da sala).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Logo da s\u00faa celebrada presentaci\u00f3n en Madrid o pasado outono, onde a peza estivo en cartel un mes completo esgotando todas as entradas e acadando o aplauso un\u00e1nime do p\u00fablico e da cr\u00edtica, este 2024&nbsp;IRIBARNE&nbsp;-unha coproduci\u00f3n de&nbsp;<strong>ButacaZero&nbsp;<\/strong>co&nbsp;<strong>Centro Dram\u00e1tico Nacional (CDN)<\/strong>&nbsp;e a&nbsp;<strong>Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia<\/strong>-at\u00f3pase de xira por toda a xeograf\u00eda galega e numerosas cidades espa\u00f1olas, con datas xa confirmadas en&nbsp;Pontevedra, A Coru\u00f1a, Lugo, Ribadavia, Barco de Valdeorras, Vilagarc\u00eda de Arousa, Tomi\u00f1o, Cangas, Nar\u00f3n, Miranda del Ebro, Bilbao e Vitoria.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">IRIBARNE\u00e9 o s\u00e9timo proxecto do t\u00e1ndem creativo formado por&nbsp;<strong>Esther F. Carrodeguas<\/strong>&nbsp;e&nbsp;<strong>Xavier Casti\u00f1eira<\/strong>, ambos os dous responsables da compa\u00f1\u00eda ButacaZero, e segue o ronsel das s\u00faas anteriores obras, fundamentadas na investigaci\u00f3n e na reflexi\u00f3n para dialogar co presente dende unha ollada cr\u00edtica e ir\u00f3nica. A obra est\u00e1 escrita por Carrodeguas, que a presenta como &#8220;un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aqu\u00ed cami\u00f1ando da man dun deses personaxes secundarios, pero incriblemente imprescindibles da nosa historia&#8221;. Segundo ela, \u00e9 &#8220;o traballo m\u00e1is dif\u00edcil que escrib\u00edn ata agora&#8221; e engade que &#8220;foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, as\u00ed como o lugar dende o que se situar&#8221;.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pola s\u00faa banda, para Casti\u00f1eira, responsable da direcci\u00f3n de&nbsp;IRIBARNE, &#8220;este personaxe \u00e9 inabarcable\u201d e \u201centendo o que fixo, pero non dende onde o fixo e por que o fixo&#8221;, e salienta as contradici\u00f3ns que foron atopando durante o proceso de investigaci\u00f3n, tanto da s\u00faa biograf\u00eda persoal como da s\u00faa traxectoria pol\u00edtica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ambos os dous sinalan que pertencen a unha xeraci\u00f3n, a da Transici\u00f3n, que medrou rodeada dun &#8220;silencio t\u00e1cito arredor da historia pol\u00edtica recente&#8221;, e embarcarse neste proxecto axudounos a entender de onde vimos. &#8220;Par\u00e9ceme moi interesante que a obra, que se sustenta sobre o silencio, abra portas ao di\u00e1logo, a\u00ednda que sexa para provocar controversia&#8221;, apunta Carrodeguas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>POSTA EN ESCENA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A montaxe est\u00e1 formulada en tres episodios, que reflicten a evoluci\u00f3n pol\u00edtica do noso pa\u00eds, dende o franquismo, a transici\u00f3n e a democracia, para culminar co per\u00edodo de hexemon\u00eda de Fraga en Galicia. &#8220;Pareceunos que un pol\u00edtico que ocupara cargos de alta responsabilidade e que se mantivo no poder ao longo dun per\u00edodo tan dilatado poder\u00eda ser un personaxe interesante para falar sobre a identidade de Espa\u00f1a&#8221;, sinala a dramaturga.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A posta en escena de&nbsp;IRIBARNEofrece, con ritmo fren\u00e9tico, un xogo coral no que todo o elenco -integrado&nbsp;<strong>por Xurxo Cort\u00e1zar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, M\u00f3nica Garc\u00eda, Anxo Outumuro&nbsp;<\/strong>e&nbsp;<strong>Lidia Veiga<\/strong>&#8211; se vai dando o relevo para interpretar ao protagonista. Tr\u00e1tase dunha &#8220;peza extremadamente divertida, moi tola, moi teatral de ver&#8221;, afirma o seu director. Nela caben todas as iconas pop das diferentes \u00e9pocas, dende Palomares ata Salom\u00e9, Massiel, Serrat&#8230; pasando por episodios m\u00e1is tr\u00e1xicos, como Grimau, os asasinatos de ETA ou a morte de Franco. &#8220;Percorremos dende a infancia ata a morte de Fraga, e iso \u00e9 toda a historia recente do pa\u00eds&#8221;, afirma Casti\u00f1eira. &#8220;Pero non estamos a intentar facer Historia nin un&nbsp;<em>biopic<\/em>, sen\u00f3n darlle unha volta moi c\u00f3mica e contempor\u00e1nea, mirando dende aqu\u00ed e agora, sen acritude, o pasado&#8221;, concl\u00fae o director.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Completan o equipo art\u00edstico&nbsp;<strong>Diego Valeiras<\/strong>, que asina o espazo esc\u00e9nico xunto ao propio Xavier Casti\u00f1eira e mais o vestiario,&nbsp;<strong>Diego Vilar<\/strong>, a cargo da iluminaci\u00f3n,&nbsp;<strong>Pablo&nbsp;Fontenla<\/strong>, responsable da parte audiovisual, a core\u00f3grafa&nbsp;<strong>Sabela&nbsp;Dom\u00ednguez<\/strong>&nbsp;e o produtor musical&nbsp;<strong>Berto<\/strong>, creador da&nbsp;<a href=\"https:\/\/open.spotify.com\/intl-es\/album\/0TKyBPz7f7oi4zCRkZ9nfY\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">banda sonora orixinal da obra<\/a>&nbsp;que incl\u00fae o single&nbsp;<a href=\"https:\/\/open.spotify.com\/intl-es\/track\/4IlRGQEujJDPkswWaOyixA?si=b0aa2516839343e0\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><em>WHO THE F*CK IS IRIBARNE?<\/em><\/a><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A COMPA\u00d1\u00cdA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><a href=\"https:\/\/butacazero.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><strong>ButacaZero<\/strong><\/a>&nbsp;\u00e9 a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira. Con propostas como&nbsp;<em>Voaxa e Carm\u00edn<\/em>,&nbsp;<em>#cami\u00f1os<\/em>,&nbsp;<em>Despois das ondas<\/em>,&nbsp;<em>32m<sup>2<\/sup><\/em>,&nbsp;<em>Pagagena<\/em>&nbsp;ou&nbsp;<em>O \u00fanico que verdadeiramente quixen toda a vida \u00e9 ser delgada<\/em>, a compa\u00f1\u00eda sit\u00faase como un referente do teatro contempor\u00e1neo no panorama esc\u00e9nico galego. As s\u00faas creaci\u00f3ns concr\u00e9tanse en dramaturxias feitas \u00e1 medida, nas que a tradici\u00f3n teatral se mestura coas linguaxes contempor\u00e1neas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Esther F. Carrodeguas<\/strong>&nbsp;\u00e9 actriz, directora,&nbsp;<em>perfomer<\/em>&nbsp;e, sobre todo, escritora. Rianxeira de pura raza, asenta o seu curr\u00edculo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. O seu estilo cabalga sobre as lindes que separan os x\u00e9neros. Graduada en Direcci\u00f3n e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Tur\u00edn, os seus proxectos teatrais beben da s\u00faa faceta period\u00edstica. Cunha decena de obras teatrais publicadas, os seus textos foron estreados ben na s\u00faa propia plataforma profesional (ButacaZero) ben noutras compa\u00f1\u00edas privadas (De Ste Xeito, Outubro Produci\u00f3ns) ou p\u00fablicas (Centro Dram\u00e1tico Galego, Teatro Espa\u00f1ol ou Centro Dram\u00e1tico Nacional). Precisamente no 2021 foi escollida para desenvolver unha das residencias dram\u00e1ticas que outorga o CDN, onde escribiu o texto&nbsp;<a href=\"https:\/\/dramatico.mcu.es\/regresa-supernormales\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><em>Supernormales<\/em><\/a>, co que foi finalista nos Premios MAX 2023 na categor\u00eda de Mellor Autor\u00eda e que foi, sen d\u00fabida ningunha, un dos grandes \u00e9xitos da pasada tempada tanto para o p\u00fablico como para a cr\u00edtica.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Xavier Casti\u00f1eira<\/strong>&nbsp;\u00e9 licenciado en Direcci\u00f3n de Escena pola RESAD de Madrid e pos\u00fae un mestrado en Teatro e Artes Esc\u00e9nicas pola Universidade de Vigo. Tam\u00e9n realizou estudos de Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica pola USC. Actualmente cursa o doutorado na UCM, investigando aspectos neurobiol\u00f3xicos nos procesos de recepci\u00f3n esc\u00e9nicos. Desde os seus comezos no mundo do teatro compaxinou o seu labor creativo co docente, impartindo desde 1988 aulas en diversos grupos afeccionados e en obradoiros regulares de interpretaci\u00f3n, direcci\u00f3n ou investigaci\u00f3n esc\u00e9nica. No ano 2011 incorp\u00f3rase ao corpo de profesorado da ESAD de Galicia. Dirixiu unha vintena de obras de teatro, entre elas, case todas as de ButacaZero, pero tam\u00e9n para compa\u00f1\u00edas como Goliardos, Mairiztz, La Escuela de M\u00fasica Creativa, Outumuro Produci\u00f3ns ou De Ste Xeito.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><strong>M\u00c1IS INFO:&nbsp;<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>XIRA IRIBARNE&nbsp;|&nbsp;<\/strong>DATAS CONFIRMADAS<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Vilalba<\/strong>&nbsp;<strong>ESTREA EN GALICIA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Auditorio Municipal Carmen Est\u00e9vez | s\u00e1bado 13 xaneiro | 19.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/entradasvilalba.es\/evento\/teatro\/iribarne-1\"><u>https:\/\/entradasvilalba.es\/evento\/teatro\/iribarne-1<\/u><\/a>&nbsp;| ENTRADAS ESGOTADAS<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Santiago de Compostela I&nbsp;<\/strong>Auditorio de Galicia | s\u00e1bado 20 xaneiro | 19.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.compostelacultura.gal\/espectaculos\/evento\/iribarne\"><u>https:\/\/www.compostelacultura.gal\/espectaculos\/evento\/iribarne<\/u><\/a>&nbsp;|&nbsp;ENTRADAS ESGOTADAS<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Miranda del Ebro I&nbsp;<\/strong>Teatro Apolo | venres 26 xaneiro | 20.30 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/entradas.tourmiranda.es\/TicketMiranda\/programacion\/Pases\/displayPase\/f41b9dac9107e38b28ae5cc6b112dc24\">https:\/\/entradas.tourmiranda.es\/TicketMiranda\/programacion\/Pases\/displayPase\/f41b9dac9107e38b28ae5cc6b112dc24<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Pontevedra I&nbsp;<\/strong>Pazo da Cultura de Pontevedra | xoves 8 febreiro | 20.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Barco de Valdeorras I&nbsp;<\/strong>Teatro Municipal Lauro Olmo | venres 23 febreiro | 21.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Vilagarc\u00eda de Arousa I&nbsp;<\/strong>Auditorio Municipal de Vilagarc\u00eda de Arousa | 24 febreiro | 20.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>A Coru\u00f1a |&nbsp;<\/strong>Teatro Rosal\u00eda de Castro | venres 15 e s\u00e1bado 16 marzo | 20.30 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/entradas.ataquilla.com\/ventaentradas\/es\/teatro\/teatro-rosalia-castro\/16890--ciclo-principal-primavera-2024-iribarne-de-esther-carrodeguas.html\">https:\/\/entradas.ataquilla.com\/ventaentradas\/es\/teatro\/teatro-rosalia-castro\/16890&#8211;ciclo-principal-primavera-2024-iribarne-de-esther-carrodeguas.html<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Lugo I&nbsp;<\/strong>Auditorio Municipal Gustavo Freire | xoves 11 abril | 20.30 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/entradaslugo.es\/evento\/iribarne?type=teatro\">https:\/\/entradaslugo.es\/evento\/iribarne?type=teatro<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Tomi\u00f1o I&nbsp;<\/strong>Auditorio Municipal de Goi\u00e1n | s\u00e1bado 20 abril | 21.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Cangas I&nbsp;<\/strong>Auditorio Municipal de Cangas (Auditorio Xos\u00e9 Manuel Pazos) | \u00a1 4 maio | 20.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Bilbao I&nbsp;<\/strong>Teatro Arriaga | xoves 9 maio | 19.30 h<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.teatroarriaga.eus\/programacion\/iribarne\/#entradas-arriaga\">https:\/\/www.teatroarriaga.eus\/programacion\/iribarne\/#entradas-arriaga<\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Nar\u00f3n I&nbsp;<\/strong>Pazo da Cultura | s\u00e1bado 18 maio | 20.00 h<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Vitoria I&nbsp;<\/strong>Teatro Principal de Vitoria | venres 7 xu\u00f1o | 19.30 h I&nbsp;<a href=\"https:\/\/principalantzokia.janto.es\/\"><u>https:\/\/principalantzokia.janto.es\/<\/u><\/a><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ribadavia I&nbsp;<\/strong>Auditorio do Castelo | MIT Ribadavia 2024 (19-27 xullo)<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/20240117-NP-Compostela-IRIBARNE.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20240117-NP-Compostela-IRIBARNE<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Auditorio de Galicia acolle este s\u00e1bado 20 de xaneiro, \u00e1s 19.00 horas,&nbsp;o novo espect\u00e1culo de ButacaZero, unha revisi\u00f3n da figura de Fraga en clave&nbsp;de humor escrito por Esther F. [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,129,6,57,1],"tags":[2032,1191,1705,1703,1402,1870,1704],"class_list":["post-15055","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-literaria","category-novas","category-outras-artes","category-xeral","tag-auditorio-de-galicia","tag-butacazero","tag-centro-dramatico-nacional","tag-esther-f-carrodeguas","tag-iribarne","tag-mostra-internacional-de-teatro-de-ribadavia","tag-xavier-castineira"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15055","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=15055"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15055\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":15059,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/15055\/revisions\/15059"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=15055"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=15055"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=15055"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}