{"id":14936,"date":"2024-01-04T10:01:00","date_gmt":"2024-01-04T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14936"},"modified":"2024-01-04T23:43:01","modified_gmt":"2024-01-04T22:43:01","slug":"demiurxia-grolos-de-eternidade-patricia-torrado-queiruga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14936","title":{"rendered":"DEMIURXIA. \u201cGrolos de eternidade\u201d Patricia Torrado Queiruga"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/IMG_1919-rotated.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"643\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/IMG_1919-1024x643.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-14937\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/IMG_1919-980x615.jpeg 980w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2024\/01\/IMG_1919-480x301.jpeg 480w\" sizes=\"auto, (min-width: 0px) and (max-width: 480px) 480px, (min-width: 481px) and (max-width: 980px) 980px, (min-width: 981px) 1024px, 100vw\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignleft size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"217\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/PATRICIA-TORRADO2-217x300.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-7783\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p style=\"font-size:25px\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/colaboracions\/demiurxia\" target=\"_blank\">DEMIURXIA<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-medium-font-size\"><em><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/es-es.facebook.com\/patricia.torradoqueiruga\" target=\"_blank\">Patricia Torrado Queiruga<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p style=\"font-size:22px\"><strong>Grolos de eternidade<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Cando morra, se non me estourou o coraz\u00f3n de tanto amar \u00e1 mi\u00f1a xente, seguro que cando me abran a tapa do peito e separen as costelas para trasplantar o \u00f3rgano dos latexos atopar\u00e1n a pegada indeleble da s\u00faa palabra, dos seus xestos, da s\u00faa fala.<\/p>\n\n\n\n<p>Te\u00f1o na memoria da pel, tatuados groli\u00f1os de ensinanzas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Nena, para enxertar hai que facelo antes da primavera, cando as \u00e1rbores te\u00f1en a\u00ednda a saiva durmida, para que lles dea tempo a recompo\u00f1er a ferida.<\/em>&nbsp;Aquela nena ti\u00f1a s\u00f3 cinco anos, mais xa con tres ou catro \u00eda da s\u00faa man inmensa, porque todos os av\u00f3s son de mans inmensas, ao monte e logo de apa\u00f1ar o batume sentabamos sobre unha laxe, cos ollos pechados para reco\u00f1ecer as aves polo seu canto, e cando os abriamos a reco\u00f1ecelos polo seu voo ou polos salti\u00f1os entre o mato.<\/p>\n\n\n\n<p><em>Para saber se o forno est\u00e1 quente, ten que a pedra virarse branca.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Temos que coidar da natureza se queremos que ela nos protexa a n\u00f3s.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p><em>Nunca deixes que un home te mante\u00f1a.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Estuda, viaxa, so\u00f1a e loita polo que creas xusto. Lembra que malia que naciches en democracia a vida vira pronto, tolos sempre os houbo e xente aleitada no odio tam\u00e9n.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Estas p\u00edlulas vi\u00f1an a ti tiveses a idade que tiveses e no momento menos esperado, pero quedaron coma as espi\u00f1as dunha roseira, incrustadas na carne.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Pasamos fame e soubemos de escapados que o \u00fanico delito que cometeran fora o de loitar polos seus, ser cr\u00edticos ou creativos.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Dentro daquela humildade levaba con fachenda o oficio, pois sempre se creu da estirpe sagrada dos carpinteiros, que aprendera do pai e do av\u00f3.&nbsp;<em>Escoitaches como fala a madeira?<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Fux\u00eda da escola porque o obrigaban a falar castel\u00e1n, porque naquela casoupa pequecha, coas fiestras rotas, os p\u00e9s descalzos, cheos de piollos e apertados non se estaba nada ao xeito. E porque f\u00f3ra, sempre hab\u00eda mil aventuras por descubrir, mil cousas por facer, e el era armadanzas nato.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Co seu primeiro soldo na emigraci\u00f3n a Huesca mercoulle un abrigo \u00e1 nai e logo cos aforros f\u00edxolle unha casa, ben a merec\u00eda, despois de criar sete fillos e vivir de alugueiro toda unha vida nunha vivenda de chan terreo e separada do gando por unha cortinaxe.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>No tempo da vendima hai que apa\u00f1ar as uvas pola fresca, pero en d\u00edas solleiros.&nbsp;<\/em>E tinxir os dedos das cores do outono e recadar noces coma un esqu\u00edo para triscalas no taller ao longo do ano.<\/p>\n\n\n\n<p><em>Toda muller ten que saber empregar unha navalla.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>No tempo da matanza s\u00f3 se pode sacrificar un animal por aldea e d\u00eda, pois se se escoitan uns aos outros t\u00f3maselles o sangue.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><em>Fai o ben e non mires a quen.<\/em>&nbsp;Esta \u00faltima, moitas afrontas lle ten granxeado coa avoa: \u201c pero home, agora que te\u00f1en cartos vailles cobrar as portas e as vent\u00e1s que lles fixeches\u201d. A resposta era sempre a mesma: \u201csaben que me deben e saben onde vivo, mais se non queren pagar, diosllelosempreste para a botica\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Morto o caudillo, comprometeuse cos ideais dunha Galiza nacionalista e internacionalista e concorreu \u00e1s mesmas nunha listaxe municipal. O d\u00eda daquelas elecci\u00f3ns primeiras, o cura da parroquia sacouno f\u00f3ra do colexio, amosoulle un revolver e d\u00edxolle que \u201chai cosas de las que es mejor no hablar y otras que no debes criticar\u201d. Logo dunha pequena liorta e uns cantos golpes, polo ben e o descanso da muller, deixou a pol\u00edtica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">V\u00eda as corridas de touros s\u00f3 por ver se ese d\u00eda hab\u00eda sorte e alg\u00fan animal acomet\u00eda a un tolo imprudente. E como lle gustaba escoitar cantar \u00e1 Faraona, e eu con el, embelesados ollando a forza daquela muller sen pelos na lingua.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Naquela casa sementada de labras de madeira a cadela aleitaba uns gati\u00f1os orfos, as gatas baixaban pescar \u00e1 seca e aprendiamos a ir \u00e1s mariolas antes incluso de saber nadar. Sempre hab\u00eda un prato quente para calquera que chegara pola porta, fose da etnia que fose, un tractor listo para quen o precisase ou unha vaca para prestar coa xugada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Incitador desta voracidade bibliogr\u00e1fica que me asedia, os domingos eran d\u00edas de festa. Cada domingo un libro. El que s\u00f3 cr\u00eda no deus dos seus pais, detractor de todos os cregos, ag\u00e1s do seu amigo Xoanxo, acubillou contra si unha familia que desque el non est\u00e1 esgazou falta de fondo e forma.<\/p>\n\n\n\n<p><em>Se alg\u00fan d\u00eda queres ser nai e o es, cr\u00edao como quixeras que te criaran a ti.<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">E como a s\u00faa lembranza sempre me galopar\u00e1 no peito, hoxe, no que ser\u00eda o seu 97 aniversario, rosca e vi\u00f1o doce, alimento de eternidade.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DEMIURXIA Patricia Torrado Queiruga Grolos de eternidade Cando morra, se non me estourou o coraz\u00f3n de tanto amar \u00e1 mi\u00f1a xente, seguro que cando me abran a tapa do peito [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":40,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,967,7,1029,129,1],"tags":[1030,2012,792],"class_list":["post-14936","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-demiurxia","category-literaria","category-xeral","tag-demiurxia","tag-grolos-de-eternidade","tag-patricia-torrado-queiruga"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14936","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/40"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14936"}],"version-history":[{"count":11,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14936\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14951,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14936\/revisions\/14951"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14936"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14936"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14936"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}