{"id":14860,"date":"2023-12-15T20:25:07","date_gmt":"2023-12-15T19:25:07","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14860"},"modified":"2023-12-15T20:26:45","modified_gmt":"2023-12-15T19:26:45","slug":"vilalba-acollera-en-xaneiro-a-estrea-en-galicia-de-iribarne-a-nova-obra-de-butacazero-sobre-manuel-fraga","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14860","title":{"rendered":"Vilalba acoller\u00e1 en xaneiro a estrea en Galicia de IRIBARNE, a nova obra de ButacaZero sobre Manuel Fraga"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"aligncenter size-large\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/Cartel-Iribarne-scaled.jpg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"724\" height=\"1024\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/Cartel-Iribarne-724x1024.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-14861\"\/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>O concello natal do pol\u00edtico ser\u00e1, o 13 de xaneiro, o punto de partida dunha xira que percorrer\u00e1 boa parte da xeograf\u00eda galega e outras cidades do resto de Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>A obra desembarca en Galicia tras a s\u00faa presentaci\u00f3n en Madrid, onde estivo en cartel un mes e esgotou todas as entradas<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>IRIBARNE \u00e9 unha revisi\u00f3n da figura de Fraga en clave de humor coproducida por ButacaZero co Centro Dram\u00e1tico Nacional (CDN) e a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Al\u00e9n de Vilalba, IRIBARNE xa ten datas confirmadas en Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coru\u00f1a, Lugo, Ribadavia, Barco de Valdeorras, Vilagarc\u00eda de Arousa, Tomi\u00f1o, Cangas, Nar\u00f3n, Miranda del Ebro, Bilbao e Vitoria<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Logo da s\u00faa celebrada presentaci\u00f3n en Madrid, <strong><a href=\"https:\/\/butacazero.com\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">ButacaZero <\/a><\/strong>vai estrear en Galicia a s\u00faa \u00faltima proposta esc\u00e9nica, <strong><a href=\"https:\/\/butacazero.com\/espectaculos\/iribarne\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">IRIBARNE<\/a><\/strong>, o <strong>vindeiro 13 de xaneiro en Vilalba<\/strong>. O Auditorio Carmen Est\u00e9vez ser\u00e1 o punto de partida dunha xira por boa parte de Galicia e numerosas cidades espa\u00f1olas que se desenvolver\u00e1 durante o 2024. A peza, unha revisi\u00f3n da figura de Fraga en clave de humor, \u00e9 unha coproduci\u00f3n de ButacaZero co Centro Dram\u00e1tico Nacional (CDN) e a Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Despois da s\u00faa estrea galega no concello natal de Fraga, IRIBARNE comezar\u00e1 unha intensa xira que xa ten outras trece datas confirmadas dentro e f\u00f3ra de Galicia e entre as que figuran Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coru\u00f1a, Lugo, Ribadavia, Barco de Valdeorras, Vilagarc\u00eda de Arousa, Tomi\u00f1o, Cangas, Nar\u00f3n, Miranda del Ebro, Bilbao e Vitoria.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">IRIBARNE \u00e9 o s\u00e9timo proxecto do t\u00e1ndem creativo formado por Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira, ambos os dous responsables da compa\u00f1\u00eda ButacaZero, e segue o ronsel das s\u00faas anteriores obras, fundamentadas na investigaci\u00f3n e na reflexi\u00f3n para dialogar co presente dende unha ollada cr\u00edtica e ir\u00f3nica. A obra est\u00e1 escrita por Carrodeguas, que a presenta como &#8220;un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aqu\u00ed cami\u00f1ando da man dun deses personaxes secundarios, pero incriblemente imprescindibles da nosa historia&#8221;. Segundo ela, \u00e9 &#8220;o traballo m\u00e1is dif\u00edcil que escrib\u00edn ata agora&#8221; e engade que &#8220;foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, as\u00ed como o lugar dende o que se situar&#8221;. Pola s\u00faa banda, para Casti\u00f1eira, responsable da direcci\u00f3n de IRIBARNE, &#8220;este personaxe \u00e9 inabarcable\u201d e \u201centendo o que fixo, pero non dende onde o fixo e por que o fixo&#8221;, e salienta as contradici\u00f3ns que foron atopando durante o proceso de investigaci\u00f3n, tanto da s\u00faa biograf\u00eda persoal como da s\u00faa traxectoria pol\u00edtica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ambos os dous sinalan que pertencen a unha xeraci\u00f3n, a da transici\u00f3n, que medrou rodeada dun &#8220;silencio t\u00e1cito arredor da historia pol\u00edtica recente&#8221;, e embarcarse neste proxecto axudounos a entender de onde vimos. &#8220;Par\u00e9ceme moi interesante que a obra, que se sustenta sobre o silencio, abra portas ao di\u00e1logo, a\u00ednda que sexa para provocar controversia&#8221;, apunta Carrodeguas.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>POSTA EN ESCENA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A montaxe est\u00e1 formulada en tres episodios, que reflicten a evoluci\u00f3n pol\u00edtica do noso pa\u00eds, dende o franquismo, a transici\u00f3n e a democracia, para culminar co per\u00edodo de hexemon\u00eda de Fraga en Galicia. &#8220;Pareceunos que un pol\u00edtico que ocupara cargos de alta responsabilidade e que se mantivo no poder ao longo dun per\u00edodo tan dilatado poder\u00eda ser un personaxe interesante para falar sobre a identidade de Espa\u00f1a&#8221;, sinala a dramaturga.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">A posta en escena de IRIBARNE ofrece, con ritmo fren\u00e9tico, un xogo coral no que todo o elenco -integrado por Xurxo Cort\u00e1zar, Jorge de Arcos, Esther F. Carrodeguas, M\u00f3nica Garc\u00eda, Anxo Outumuro e Lidia Veiga- se vai dando o relevo para interpretar ao protagonista. Tr\u00e1tase dunha &#8220;peza extremadamente divertida, moi tola, moi teatral de ver&#8221;, afirma o seu director. Nela caben todas as iconas pop das diferentes \u00e9pocas, dende Palomares ata Salom\u00e9, Massiel, Serrat&#8230; pasando por episodios m\u00e1is tr\u00e1xicos, como Grimau, os asasinatos de ETA ou a morte de Franco. &#8220;Percorremos dende a infancia ata a morte de Fraga, e iso \u00e9 toda a historia recente do pa\u00eds&#8221;, afirma Casti\u00f1eira. &#8220;Pero non estamos a intentar facer Historia nin un biopic, sen\u00f3n darlle unha volta moi c\u00f3mica e contempor\u00e1nea, mirando dende aqu\u00ed e agora, sen acritude, o pasado&#8221;, concl\u00fae o director.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Completan o equipo art\u00edstico Diego Valeiras, que asina o espazo esc\u00e9nico xunto ao propio Xavier Casti\u00f1eira e mais o vestiario, Diego Vilar, a cargo da iluminaci\u00f3n, Pablo Fontenla, responsable da parte audiovisual, a core\u00f3grafa Sabela Dom\u00ednguez e o produtor musical Berto, creador da <a href=\"https:\/\/open.spotify.com\/intl-es\/album\/0TKyBPz7f7oi4zCRkZ9nfY\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">banda sonora orixinal da obra<\/a> que incl\u00fae o single <a href=\"https:\/\/open.spotify.com\/intl-es\/track\/4IlRGQEujJDPkswWaOyixA?si=b0aa2516839343e0\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">WHO THE F*CK IS IRIBARNE?<\/a> e que est\u00e1 editada por Subterfuge Records.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>SOBRE A COMPA\u00d1\u00cdA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>ButacaZero<\/strong> \u00e9 a plataforma creativa posta en marcha por Esther F. Carrodeguas e Xavier Casti\u00f1eira. Con propostas como <em>Voaxa e Carm\u00edn<\/em>, <em>#cami\u00f1os<\/em>, <em>Despois das ondas<\/em>, <em>32m2<\/em>, <em>Pagagena <\/em>ou <em>O \u00fanico que verdadeiramente quixen toda a vida \u00e9 ser delgada<\/em>, a compa\u00f1\u00eda sit\u00faase como un referente do teatro contempor\u00e1neo no panorama esc\u00e9nico galego. As s\u00faas creaci\u00f3ns concr\u00e9tanse en dramaturxias feitas \u00e1 medida, nas que a tradici\u00f3n teatral se mestura coas linguaxes contempor\u00e1neas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Esther F. Carrodeguas<\/strong> \u00e9 actriz, directora, <em>perfomer <\/em>e, sobre todo, escritora. Rianxeira de pura raza, asenta o seu curr\u00edculo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. O seu estilo cabalga sobre as lindes que separan os x\u00e9neros. Graduada en Direcci\u00f3n e Dramaturxia pola ESAD de Galicia e licenciada en Xornalismo entre Santiago de Compostela e Tur\u00edn, os seus proxectos teatrais beben da s\u00faa faceta period\u00edstica. Cunha decena de obras teatrais publicadas, os seus textos foron estreados ben na s\u00faa propia plataforma profesional (ButacaZero) ben noutras compa\u00f1\u00edas privadas (De Ste Xeito, Outubro Produci\u00f3ns) ou p\u00fablicas (Centro Dram\u00e1tico Galego, Teatro Espa\u00f1ol ou Centro Dram\u00e1tico Nacional). Precisamente no 2021 foi escollida para desenvolver unha das residencias dram\u00e1ticas que outorga o CDN, onde escribiu o texto <em><a href=\"https:\/\/dramatico.mcu.es\/regresa-supernormales\/\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Supernormales<\/a><\/em>, co que foi finalista nos Premios MAX 2023 na categor\u00eda de Mellor Autor\u00eda e que foi, sen d\u00fabida ningunha, un dos grandes \u00e9xitos da pasada tempada tanto para o p\u00fablico como para a cr\u00edtica.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><strong>Xavier Casti\u00f1eira<\/strong> \u00e9 licenciado en Direcci\u00f3n de Escena pola RESAD de Madrid e pos\u00fae un mestrado en Teatro e Artes Esc\u00e9nicas pola Universidade de Vigo. Tam\u00e9n realizou estudos de Filolox\u00eda Hisp\u00e1nica pola USC. Actualmente cursa o doutorado na UCM, investigando aspectos neurobiol\u00f3xicos nos procesos de recepci\u00f3n esc\u00e9nicos. Desde os seus comezos no mundo do teatro compaxinou o seu labor creativo co docente, impartindo desde 1988 aulas en diversos grupos afeccionados e en obradoiros regulares de interpretaci\u00f3n, direcci\u00f3n ou investigaci\u00f3n esc\u00e9nica. No ano 2011 incorp\u00f3rase ao corpo de profesorado da ESAD de Galicia. Dirixiu unha vintena de obras de teatro, entre elas, case todas as de ButacaZero, pero tam\u00e9n para compa\u00f1\u00edas como Goliardos, Mairiztz, La Escuela de M\u00fasica Creativa, Outumuro Produci\u00f3ns ou De Ste Xeito.<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n<a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2023\/12\/20231215-NP-Xira-Iribarne.pdf\" class=\"pdfemb-viewer\" style=\"\" data-width=\"max\" data-height=\"max\" data-toolbar=\"bottom\" data-toolbar-fixed=\"off\">20231215-NP-Xira-Iribarne<\/a>\n<p class=\"wp-block-pdfemb-pdf-embedder-viewer\"><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O concello natal do pol\u00edtico ser\u00e1, o 13 de xaneiro, o punto de partida dunha xira que percorrer\u00e1 boa parte da xeograf\u00eda galega e outras cidades do resto de Espa\u00f1a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[23,7,6,1],"tags":[1191,1703,1402],"class_list":["post-14860","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-autoresas","category-creacion","category-novas","category-xeral","tag-butacazero","tag-esther-f-carrodeguas","tag-iribarne"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14860","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14860"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14860\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14864,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14860\/revisions\/14864"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14860"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14860"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14860"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}