{"id":14293,"date":"2023-10-07T10:01:00","date_gmt":"2023-10-07T09:01:00","guid":{"rendered":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14293"},"modified":"2023-10-07T01:09:39","modified_gmt":"2023-10-07T00:09:39","slug":"andanzas-do-suso-de-lamelina-santa-amaranta-de-cedeira","status":"publish","type":"post","link":"http:\/\/culturaliagz.com\/?p=14293","title":{"rendered":"Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a. SANTA AMARANTA DE CEDEIRA"},"content":{"rendered":"\n<p><\/p>\n\n\n<div class=\"wp-block-image\">\n<figure class=\"alignright size-medium\"><a href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"225\" height=\"300\" src=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-8740\" srcset=\"http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377-225x300.jpeg 225w, http:\/\/culturaliagz.com\/wp-content\/uploads\/2021\/11\/D0D3B433-167F-4987-80C9-35A78DD28377.jpeg 469w\" sizes=\"auto, (max-width: 225px) 100vw, 225px\" \/><\/a><\/figure>\n<\/div>\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><strong><a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"http:\/\/culturaliagz.com\/category\/andanzas-do-suso-de-lamelina\" target=\"_blank\">Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/strong><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right has-medium-font-size\"><em><a href=\"http:\/\/galegos.galiciadigital.com\/es\/jesus-trashorras-nogueira\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">Suso de Lameli\u00f1a<\/a><\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\" style=\"font-size:18px\"><strong>SANTA AMARANTA DE CEDEIRA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\"><br><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">S\u00e1bese que existe unha xerarqu\u00eda celestial: hai diferentes clases sociais entre os santos e as santas, que se reflicte na terra a xeito de popularidade e devoci\u00f3n por parte dos fieis. Por exemplo, San Pedro, Santa Catalina de Siena ou San Bieito son m\u00e1is respectados e reco\u00f1ecidos, o que lles permite ocupar un lugar pr\u00f3ximo ao Creador, mentres outros e outras te\u00f1en que conformarse con estar m\u00e1is afastados.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Sobre este tema recomendo o libro: \u201cThe Celestial Hierarchy: Different Social Classes\u201d do te\u00f3logo irland\u00e9s de Cork, Liam Brennan. Libro que causou unha grande controversia a mediados do s\u00e9culo XIX, xa que foi considerado pola Igrexa Cat\u00f3lica de her\u00e9tico e o seu autor excomungado. Como xa nos d\u00e1 a entender o t\u00edtulo da obra, nela f\u00e1lase das diferentes clases sociais e os roles dos anxos e dos santos no plan divino.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Santa Amaranta de Cedeira, at\u00f3pase entre as santas menos co\u00f1ecidas e p\u00f3dese dicir de practicamente nula devoci\u00f3n. O seu lugar no Para\u00edso est\u00e1, por tanto, moi afastado de O Noso Se\u00f1or, na compa\u00f1a de outras tan ignoradas como ela: Santa Cirenia de Mon\u00e7ao ou Santa Basemat de Plasencia, por po\u00f1er dous exemplos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Pero quen foi Santa Amaranta de Cedeira? Amaranta Domui\u00f1o &nbsp;Peirallo naceu en torno a finais do s\u00e9culo XVIII na vila de Cedeira, de familia de pescadores. Amaranta, xa de pequeni\u00f1a mostrou un car\u00e1cter rebelde e desafiante, sen respectar os mandatos dos seus pais nin acatar as normas da Igrexa Cat\u00f3lica. Chegada a adolescencia o seu comportamento non mellorou, todo o contrario, volveuse unha rapaza libidinosa a que todos os mozos da comarca acud\u00edan para saciar o seu apetito sexual. As andruviadas da moza chegaron a o\u00eddos do bispo que cominou ao cura p\u00e1rroco a tomar cartas no asunto. &nbsp;Este, despois de discutilo cos pais, decidiu desterrala da vila. Desde os 16 anos ata a s\u00faa morte aos 52, pasou d\u00eda e noite no pico dun cantil, soportando as inclemencias do tempo e a bravura do Atl\u00e1ntico. Algo parecido a Sim\u00f3n, o Estilita, que pasou os \u00faltimos 37 anos da s\u00faa vida sobre unha columna. E Amaranta, igual que o santo de Cilicia, tivo que vencer as tentaci\u00f3ns do demo, que non foron poucas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ningu\u00e9n se pod\u00eda achegar a ela, ag\u00e1s os pais para levarlle a comida ou roupa de abrigo. Pero quen pode coa mocidade? Os rapaces da vila comezaron ir vela \u00e1s agachadas . Al\u00ed, ante a s\u00faa presenza, esp\u00edanse e d\u00e1banse ao vicio solitario, solt\u00e1ndolle palabras obscenas &nbsp;e provoc\u00e1ndoa. Ela aguantaba con coraxe, pois estaba arrepentida da s\u00faa vida anterior e quer\u00eda expiar os moitos pecados que cometera.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Ao cabo dun tempo o cura soubo das visitas e en lugar de prohibilas, alentounas. Pensou que era unha boa forma de probala na s\u00faa virtude, tent\u00e1ndoa co que m\u00e1is lle magoaba. Por al\u00ed foron pasando varias xeraci\u00f3ns e a todas se resistiu. Ou iso era a versi\u00f3n oficial ( a versi\u00f3n que interesaba para presentar ao papa a vida casta de Amaranta de cara \u00e1 s\u00faa canonizaci\u00f3n futura). Pero tam\u00e9n corr\u00eda pola vila, medio en segredo, que m\u00e1is dunha vez acabara axunt\u00e1ndose con alg\u00fan veci\u00f1o, mesmo con D. Ubaldo, o se\u00f1or cura. Pero xa se sabe o que pasa nestes casos. Se damos cr\u00e9dito a todos os dixomed\u00edxomes imos aviados.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-justify\">Morreu Amaranta e non se lembra enterro m\u00e1is grandioso na comarca. Tres d\u00edas de rosarios, peregrinaci\u00f3ns ao lugar onde pasara a vida, misas polo seu eterno descanso&#8230; Para logo ser soterrada nun lugar de honra a car\u00f3n da igrexa. Non pasar\u00edan 50 anos e Amaranta Domu\u00ed\u00f1o Peirallo pasou a ser Santa Amaranta de Cedeira. Durante un tempo foi moi venerada na bisbarra, ata que un d\u00eda desapareceu misteriosamente a \u00fanica imaxe que dela se ti\u00f1a. Dise que a roubaron uns rapaces de Ortigueira e que nun tempo andaron dun lugar a outro, realizando actos indecentes coa s\u00faa efixie ata que a perderon ou destru\u00edron. Desde ent\u00f3n ningu\u00e9n volveu saber nada da imaxe e a santa foi quedando aos poucos no esquecemento. Hoxe, preguntas en Cedeira por Santa Amaranta e o m\u00e1is probable \u00e9 que non atopes ningu\u00e9n que saiba dela. \u00c9 m\u00e1is, cando lle contas a historia, po\u00f1en cara de sorpresa e m\u00edrante coma un becho raro, como dicindo: A ti f\u00e1ltache un ver\u00e1n, rapaz!<\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Andanzas do Suso de Lameli\u00f1a Suso de Lameli\u00f1a SANTA AMARANTA DE CEDEIRA S\u00e1bese que existe unha xerarqu\u00eda celestial: hai diferentes clases sociais entre os santos e as santas, que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_et_pb_use_builder":"","_et_pb_old_content":"","_et_gb_content_width":"","_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[974,23,967,7,129,1],"tags":[976,1864,975,993],"class_list":["post-14293","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-andanzas-do-suso-de-lamelina","category-autoresas","category-colaboracions","category-creacion","category-literaria","category-xeral","tag-andanzas-do-suso-de-lamelina","tag-santa-amaranta-de-cedeira","tag-suso-de-lamelina","tag-xesus-trashorras"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14293","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14293"}],"version-history":[{"count":4,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14293\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":14298,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14293\/revisions\/14298"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14293"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14293"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"http:\/\/culturaliagz.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14293"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}